Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
essay about abraham lincoln
Indispensables
Donde ...
Guia
USURPACIóN, ESPECULACIóN, DESFEITA AMBIENTAL...30-11-2010
Haz click para ampliar Promalar pide á Xunta talar 80 hectáreas nos montes de Aldán.

Medio Rural nega o acceso ao expediente á xestora que reclama os montes.

A tala ten un fin únicamente recaudatorio, a que fixeron fai dous anos baixo o xeriátrico deixóu a ramada no sitio e non repoboaron nin un triste piñeiro.

Os fíos que moven estes especuladores van ben alto: a vista oral do xuízo da reclamación dos montes leva xa anos parada e sen sequera data.

No acordo de goberno asinado por BNG, PSdeG PSOE e ACE figuraba a defensa das reclamacións veciñais sobre os montes de Aldán. O único movemento sobre o tema foi a sesión fotográfica de Clara Millán con Juan Lago, o cabeza visible de Promalar, con sorrisas de ourella a ourella no Bosque Encantado...

E agora? imos permitir o saqueo e a desfeita dos montes?
>> Ampliar datos Aldán Comunal


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: USURPACIóN, ESPECULACIóN, DESFEITA AMBIENTAL...30-11-2010
Pois si con Clara se fixo/desfixo algo espera a que veña SOTELO, q co seu beneplacito tálase ata a alameda si puideran.
O pino talado
RE: USURPACIóN, ESPECULACIóN, DESFEITA AMBIENTAL...30-11-2010
Evidentemente, Sotelo sabe bastante de este tema. Deulle cabida no Pxom do 2005 ao convenio de Aldán e o asinou, chegando a dicir que era o único xeito que tiña Aldán de recuperar os seus montes comunales, que todo o mundo en Aldán sabe que foron usurpados.

A "recuperación" de Sotelo era deixar construír perto de 10.000 vivendas, restándolle esa edificabilidade aos veciños e expropiarlle de paso as veijas para ter estradas de ate 24 m de ancho para que os señoritos chegaran cómodos nos seus Audis. E a cambio facían computar os montes (con pendentes de 35º) como zonas verdes, nejosio redondo.

Se volvera intentaríao de novo, sen dúbida. O PP dende Santiago está preparando o terreo para esa utópica volta ao ladrillo que afortunadamente mírase cada día máis dificil.

Indo como imos, vai ser mellor que nos fagamos idea de voltar ao máis básico, e non se pode permitir que un recurso como os montes queden en máns de estes perigosos especuladores, que xa botaron abaixo Alfageme (contando con sustanciosos apoios do Igape e a Xunta) e en xeral da cantidade de ladróns e parásitos que oubean arredor do Morrazo agardando cacho.
Aldán Comunal
RE: USURPACIóN, ESPECULACIóN, DESFEITA AMBIENTAL...30-11-2010
se coñeces a alguen que estea na directiva comunal (se es que a hai) aconsella-le que consulte coa mdirectiva da comunidade de montes do O Hio, sei que tamen teñen problemas cos de Promalar, e grazas a que estiveron atentos conseguron pararlles os pes. Que falen co avogado Calixto Escariz que tamen lles teñe moita tirria.
un saudo e sorte
Thoribio
RE: USURPACIóN, ESPECULACIóN, DESFEITA AMBIENTAL...01-12-2010
jajajajaj estes Falan de Clara Millan como si fora a salvadora jajajaja segir soñando con Sotelo que a xente non e boba
nada
RE: USURPACIóN, ESPECULACIóN, DESFEITA AMBIENTAL...01-12-2010
???? rexes ben meu?
de nada
RE: USURPACIóN, ESPECULACIóN, DESFEITA AMBIENTAL...01-12-2010
ollo que este e negosio de sotelo , polo tanto os paus a quen correspondan , que non se diga que somos inorantes .
o can
RE: USURPACIóN, ESPECULACIóN, DESFEITA AMBIENTAL...02-12-2010
É bastante alucinante que non se saiba realmente quen está detrás de Promalar S.L.. Dende logo, non son peixes pequenos, cando estaba Cuíña, o padriño de Sotelo, na consellería de ordenación do territorio, modificouse o proxecto de vía rápida para que chegara ate Aldán, coa finalidade indubidable de poñer a 15 minutos de Vigo as urbanizacións proxectadas sobre os terreos usurpados polo conde e vendidos por 500 millón de pesetas pola súa viúva.

Tivo unha actuación destacada, tanto no convenio de aldán como o de Massó o profesor titular de dereito administrativo na universidade autónoma de Madrid Dr. Francisco Javier Jiménez de Cisneros Cid, que chegou a informar os convenios coma se fose asesor do equipo redactor e participar directamente nas negociacións para levar adiante os convenios. Xunto a el aparece o arquitecto Juan Carlos Cabanelas Rodríguez, que tamén participou nas negociacións dos convenios e a súa muller (tamén arquitecta) asinou os planos (aberrantes) que figuraban no convenio de Massó asinado por Sotelo.

De Juan Cabanelas parte o fío ourensán, que parece unha das pistas máis fiables. Xa sabíamos das compras de Adolfo Domínguez enriba de Laguelas (As Malvinas), aínda que parece que despois quedouse con eses terreos a súa irmán e que finalmente tamén as absorbeu Promalar S.L.. Juan Cabanelas é un arquitecto moi ligado as administracións (do PP), sendo director de Xestur dende 1991 a 2005, e relacionase (presentouse como colaborador) con Norman Foster, que non esquezamos que ten a muller que é de Ourense.

Outro fío lévanos a traveso de Antonio Acuña, avogado e ex concelleiro do PP, xa que foi quen interveu na venda dos terreos do conde a Promalar S.L. cara a territorios ignotos. Antonio Acuña foi ou é socio xunto a Alberto Gil Novas de Acuiculturas Marinas del Noroeste SA, a empresa que obtivo permiso de López Veiga para instalar 612 gaiolas de engorde de rodaballo diante da praia da Xunqueira, e que foi considerada como empresa tapadeira e de branqueo de cartos do mafioso italiano Giovanni L.R. capo de unha organización que operaba dende Vigo e que foi detido no 2008 e recentemente ( o 22 de outubro) en Portugal.

Que medo...
onde están os fiscales?
RE: USURPACIóN, ESPECULACIóN, DESFEITA AMBIENTAL...02-12-2010
http://www.burbuja.info/inmobiliaria/burbuja-inmobiliaria/183792-vigo-mafia-italiana-giovanni-lore.html
info
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados