Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
Concellos
Indispensables
Donde ...
Guia
CONTAMINAçOM MERCURIO ELNOSA//A.C. ALMUINHA EM RELAçOM COM O ESTUDO FEITO PúBLICO NESTES DIAS 19-11-2010
Haz click para ampliar Desde a A.C. Almuinha queremos manifestar a nossa gram preocupaçom em relaçom com a noticia aparecida nestes dias sobre os niveis de contaminaçom que soportam as comarcas próximas à zona industrial de Lourizám, tras a publicaçom do informe 'Inmisiones de mercurio en la industria clorcáustica 2006-2010' elaborado por investigadores da Universidade de Castela-A Mancha para a organizaçom ecologista “Ecoloxistas en acción”.

Nesta ocasom, é a fábrica de ELNOSA a que reclama a nossa atençom. Segundo o estudo mencionado, ELNOSA registra niveis de emissom de mercurio até 7 vezes superiores ao recomendado pola Organizaçom Mundial da Saude (OMS); mentres a OMS recomenda como límite máximo 200 nanogramos por metro cúbico de ar, este estudo detectou niveis de até 1408 nanogramos por metro cúbico de ar. Deste jeito, fica demostrado que a industria do cloro emite moito mais mercurio do que declara oficialmente, ponhendo em risco a saúde d@s vecinh@s e a qualidade do peixe que consumimos, e as quantidades de mercurio presentes no ambiente e no corpo humano seguem aumentando.

O mercurio, que se expande polo ar, auga ou solo, e pode percorrer grandes distancias chegando a lugares bastante afastados do lugar da emisom, provoca efeitos gravísimos sobre a saúde das pessoas, demostrado em diferentes estudos médicos, já que estamos a falar de um neurotóxico que pode afectar à formaçom do cerebro: trastornos neurológicos e de comportamento como tremores, labilidade emocional, perda de memória, trocos no sistema neuromuscular, dores de cabeça, problemas renais e de tiroides, e a exposiçom é moi preocupante durante o embarazo ou a lactáncia. Amais disto, pode provocar danos no sistema cardiovascular e por se nom fosse suficiente, os compostos do mercurio podem ser cancerígenos.

Esta alarmante situaçom é consequência da utilizaçom por ELNOSA de tecnologia obsoleta (tecnologia de celdas de mercurio), que data do século XIX, existindo na actualidade tecnologia moito mais limpa (processo de membrana) que elimiraria a contaminaçom emitida por este motivo, e que consume um 30% menos de energia. Por que ELNOSA nom substitúe esta tecnologia? Por um único motivo, o obxectivo de ELNOSA, como o de qualquer outra empresa privada, é a obtençom do máximo beneficio posível, e a substituiçom desta tecnologia por outra mais limpa supom ums custes que nom estám dispostos a asumir porque os beneficios seriam menores, e mais tendo em conta que a permanência do complexo industrial de Lourizám tem os dias contados em Lourizám. Estamos ante um exemplo mais de como o capital prioriza o lucro dumhas quantas pessoas (gestores e directivos da empresa) sobre a saúde da decenas de milheiros de pessoas que vivimos perto de Lourizám.

Mas se a prioridade da procura do lucro sobre a saúde da populaçom por parte de umha empresa é intolerável, que podemos dizer da postura dos nossos responsáveis políticos, que supostamente som eligid@s para defender o interesse geral? O Estado espanhol nom está a fazer nada para conseguir eliminar a contaminaçom emitida por causa do mercurio, e a Xunta menos ainda. As instituiçons político-administrativas (tanto galegas como espanholas) som instrumentos do capital, continuamente dam mostras de que prefirem beneficiar aos grandes intereses económicos que as necesidades da populaçom (tendo exemplos de sobra precisamente nestes tempos de crise onde som reduzidos os salários, as prestaçons, os serviços sociais…, mentres as grandes rentas, intocáveis, continuam livres de qualquer control, com os seus insultantes beneficios).

Por todo isto, esigimos-lhe à Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras da Xunta de Galicia umha intervençom urgente, que deixe de dar escusas como que nos controis que fai a Xunta nom se inclúem os niveis de mercurio, que inclua a mediçom de mercurio nestes controis, e que ponha os intereses da maioria da populaçom por diante dos beneficios de ELNOSA.

Continuamos afirmando que é intolerável e inadmisível a permanência do complexo industrial ENCE-ELNOSA por mais tempo na sua ubicaçom actual. A saúde e o beneficio da maioria da populaçom tem que estar por riba do lucro dos gestores e directivos desta e de qualquer outra empresa, polo que esigimos a retirada inmediata do complexo ENCE-ELNOSA da nossa ria e que se obrigue a ELNOSA a limpar o solo e as augas que contaminassem (para o qual hai que fazer um control sobre a sua actividade e emisons).



veciño de marin


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: CONTAMINAçOM MERCURIO ELNOSA//A.C. ALMUINHA EM RELAçOM COM O ESTUDO FEITO PúBLICO NESTES DIAS 19-11-2010
¿ E porque carallo falas en portughes si es de Marin ?
a voltas coa lingua
RE: CONTAMINAçOM MERCURIO ELNOSA//A.C. ALMUINHA EM RELAçOM COM O ESTUDO FEITO PúBLICO NESTES DIAS 19-11-2010
Que gran refexión sobre a nova amijo, e porque falas portujés si es de Marín, arriba tolerancia, que cada un escriba como lle pete, ou non os entendes?.

Do mercurio non comentas nada, so están a denunciar unha cousa que nos afecta nocivamente,
Pa catro jatos que se preocupan en moverse aljo creo que merecen respeto, minimo iso.
Aupa Almuinha
xoubaman
RE: CONTAMINAçOM MERCURIO ELNOSA//A.C. ALMUINHA EM RELAçOM COM O ESTUDO FEITO PúBLICO NESTES DIAS 19-11-2010
Fala tan galego coma tí.
Chámase "lusista" i é o galego que deberíamas falar si fosemos unha nación normalizada.

Aparte diso e para non perder o fío, paréceme ben que se insista no tema da contaminación.
Vainos en xogo a nosa saúde e, sobre todo, a dos nosos fillo.
galiza normalizada...e sin contaminación
RE: CONTAMINAçOM MERCURIO ELNOSA//A.C. ALMUINHA EM RELAçOM COM O ESTUDO FEITO PúBLICO NESTES DIAS 20-11-2010
galego iso os collons iso e portugues, e que antes o galego era así pois antes era latin e enton todos a falar latin, moito tirades para portugal e haber si sabemos algo de historia que foron os nobles portugueses quen nos venderon a castela, e un traidor e peor que un enemigo, haber se nos damos conta que por uns motivos ou outros os idiomas evolucionan e tan progres que sodes non deisades evolucionar o idioma, estades lusitando o galego polo que sodes iguales cos que queren impoñer o castelan, igualiños
pedro
RE: CONTAMINAçOM MERCURIO ELNOSA//A.C. ALMUINHA EM RELAçOM COM O ESTUDO FEITO PúBLICO NESTES DIAS 20-11-2010
De momento non somos unha nación normalizada, e o texto faise pesado, pérdome... iso non quita que ENCE-ELNOSA, fóra da ría xa.
ENCE-ELNOSA, fóra da ría
RE: CONTAMINAçOM MERCURIO ELNOSA//A.C. ALMUINHA EM RELAçOM COM O ESTUDO FEITO PúBLICO NESTES DIAS 20-11-2010
O galego normativo e o que temos porque en cada provincia galega tiñamos palabras distintas (irman, irmao, etc) e este e o galego o que está aí escrito e o portugues e os que queiran falar portugues que vaian a portugal isto e galicia e aquí hai que falar galego ou castelan, a verdade que estou hasta os collen de ver (em galiza em galego) pois iso está escrito en portugues e o mais me retorce o estomago que estes independentistas tiren tanto para portugal cando nos se non fora polos traidores portugueses seriamos independentes xa estou farto de que os independentistas paseen a nosa bandeira por un pais que nos vendeu.podemos perdoar pero non esquecer eles o deles e nos o noso.
Por outra parte o de ence non ten nome xa fai anos que deberia estar fora e vergonzoso
pedro
RE: CONTAMINAçOM MERCURIO ELNOSA//A.C. ALMUINHA EM RELAçOM COM O ESTUDO FEITO PúBLICO NESTES DIAS 21-11-2010
Pra min o galego, o de verdade, e o que mamei na casa, o que oin falar os meus avós, ainda que non o fale sempre teñolle cariño, e dame noxo escoitar a estes lusistas. Perdoade pero e o que sinto eu son galega e despois española, portughesa NUNCA. En canto a Ence é penoso pero moita xente vive do traballo que dan, ogalla poideran solventalo sin que se perderan centos de postos de traballo.
Mari
RE: CONTAMINAçOM MERCURIO ELNOSA//A.C. ALMUINHA EM RELAçOM COM O ESTUDO FEITO PúBLICO NESTES DIAS 22-11-2010
Pois moita máis xente vivía do que daba antes a ría, e non te poñas a contar a xente que botou do rural a eucaliptización e a perda de bosques autóctonos.
o deserto verde
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados