Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
Concellos
Indispensables
Donde ...
Guia
RODEIRA SEN EDIFICIOS XA!15-11-2010
Haz click para ampliar Todas las playas gallegas están siendo destruidas por el mar; no hay una que se salve. En un medio natural, la playa se reconstruiría un poco más tierra adentro, pero dentro está todo ocupado con poblaciones y casas y entonces la playa no tiene más remedio que desaparecer o enterrar las casas como está pasando en Portugal. Y eso mismo va a pasar aquí. Nosotros no podemos más que decirlo y que no nos hagan caso.

Juan Ramón Vidal Romaní, catedrático de la Universidade da Coruña
>> Ampliar datos qué bonito construir en terreo gratix!


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: RODEIRA SEN EDIFICIOS XA!15-11-2010
tanto porto deportivo tanto recheo que esperades temos o que nos merecemos tamen a culpa de que a xente pase de movilizarse e de entender este tipo de movidas a teñen os que encabezan este tipo de asociacions e grupos ecoloxistas que despois montan un espectaculo lamentble como o que pasou coa silla de Meira, pero bueno o problema o temos ahi e nos estamos a quedar sin praias o dia que solo queden pedras despois choraremos, home sempre se pode volver aterrar e edificar
e o
RE: RODEIRA SEN EDIFICIOS XA!16-11-2010
E dalle coa cadeira! Luita Verde foi coherente coa súa defensa continuada do patrimonio: para calquera actuación nun Ben de Interese Cultural fai falla un permiso, se non o tiñan e ninguén controla o que pasa parece normal presentar unha denuncia.
Se alguén ten unha idea innovadora e brilante que a traballe ben, a improvisación pode demostrar xenialidade, pero as máis das veces é inconsciencia e irresponsabilidade
castelo
RE: RODEIRA SEN EDIFICIOS XA!16-11-2010
Si,veña, a recuperar.. tiremos tamen toda a alameda nova, o paseo por diante do forte e deixemos en Cangas a 4 persoas.. Por favor..
Un
RE: RODEIRA SEN EDIFICIOS XA!16-11-2010
castelao a loita verde se le va mucho la pinza,
un mais
RE: RODEIRA SEN EDIFICIOS XA!16-11-2010
Unha praia sen dunar detrás camiña cara a súa desaparición. No Vao recuperaron o dunar, na Xunqueira tamén.

Pero os voraces de Cangas queren máis espazo para chiringuitos, ou para chalés, que algún espabilado forrouse no seu día, ou...ate que non haxa praia.

Aplicando estritamente a lei de costas hai que desmantelar o instituto, o pavillón, o cuartel, o chalé, os chalés, o aparcamento... E o resultado sería unha preciosa praia e muita máis xente vindo a ela, non ó revés.

Sobran casas
chamiso
RE: RODEIRA SEN EDIFICIOS XA!16-11-2010
Sabes o que pasa? que coa lei de costas non se pode obrar, pero esas cousas que ti citas estan feitas antes da lei de costas, asique quedanse onde estan e os envidiosos aguantadesvos.
Un
RE: RODEIRA SEN EDIFICIOS XA!16-11-2010
Loita Verde, neste caso máis papista que o Papa, GRACIAS a Xulio e Roberto a idea foi innovadora, nunca antes Moaña saíra en tantos medios de comunicación, unha publicidade "gratis" para o municipio, e unha silla que se fai dano "nun lugar protexido e sen permiso" facilmente se retira, así se retirara outro lixo. ¡Desculpas non é silla é cadeira¡
PAPISTA
RE: RODEIRA SEN EDIFICIOS XA!16-11-2010
Sen esquecernos da estrada, a cal tampouco cumpre.
f&r
RE: RODEIRA SEN EDIFICIOS XA!16-11-2010
a lei de costas esta para pasala polos collóns porque eu vexo en moitos sitios cousas que parece mentira que existan eu non sei que pasa coa xustiza neste pais deben de dar licencias para todo segundo o que pagues porque o de punta couso e o de toralla coa lei na man tiña que desaparecer todo iso pola lei de costas ten que haber un acceso a costa para veiculos cada 500m de costa e toralla ten mais e non deisan pasar e en punta couso mais do mesmo e xa non digamos o camiño para a xente cada 200m e a zona de serbidumbre ou de uso e disfruto de todos de seis metros por riba da marea mais alta, e xa non falemos das edificacions.pero isto e así un exemplo claro e o das casas que tiraron e tiñan licencias da xunta e do alcalde de turno e logo tiraronllas abaixo e ainda por riba tiveron que pagar por derrubalas, e hai outros que non teñen licenza nin nada e non hai dios quen llas tire. todo isto levame a pensar que a xustiza neste país fai auga por todolos lados e que as leis por desgracia non valen nin para tiralas polo sumidoiro, e todo isto ven dado porque o poder xudicial e lexislativo dependen do politico e mentres isto siga así xamais habera unha xustiza digna no noso pais e isto non cambiara porque non lles conven os politicos que son o cancer do noso pais.
pedro
RE: RODEIRA SEN EDIFICIOS XA!16-11-2010
Co asunto da cadeira en Meira habería que ver a quen realmente se lle foi a pinza.
O de Rodeira non é unha broma ó igual que o que pode pasar na maior parte do litoral galego pero a peña prefire preocuparse noutras cuestións máis banais ou de interese persoal e privado.
SOS LITORAL
RE: RODEIRA SEN EDIFICIOS XA!16-11-2010
As usurpacións de dominio público non prescriben nunca.
o de tod*s é de tod*s
RE: RODEIRA SEN EDIFICIOS XA!16-11-2010
Tes razón, Rodeira é unha cousa e co da silla pasaronse. Está demostrado retirarona sen máquinas, sen escombros, sen danos en xeral. Rodeira, cuartel, instituto, casas... ijualito.
PAPISTA
RE: RODEIRA SEN EDIFICIOS XA!17-11-2010
Hay que joderse, un ilustrado, y además de LA CORUÑA.

Ley de costas en mano:

"Dominio marítimo terrestre: Hasta donde alcance tierra a dentro la mayor ola del mayor temporal posible"

Con esto, me sobra la ciudad de LA CORUÑA al completo. Recordemos que todos los inviernos el orzan es invadido. Ya por no hablar de lo de la semana pasada.

Y entrando en cangas............. xDDDDDDDDDDDDDDDD

Avenida de bueu al completo, Eugenio Sequeiros al completo, El forte al completo, RODEIRA AL COMPLETO.

Mucho ecologista de postal.

Por cierto, uno de estos rellenos fue para acabar con un grave problema de salud.

¡¡¡¡A ver quien dice donde fue!!!

En fin, moita loita verde, pero seguro que todos teñen coche. Utilizan a electricidade e teñen auga corrente.

Que sí, que sois muy hipócritas.
Cosas que pasan
RE: RODEIRA SEN EDIFICIOS XA!17-11-2010
E que queres dicir con iso, que a lei non se pode aplicar?

Para min que ti es un dos da “finca do areal”, que manda carallo xa o nome da asociación. Sigue, sigue coa definición da lei de costas: as praias ou zonas de depósito de material solto, tales como areas, gravas, seixos e pelouros, incluíndo escarpes, bermas e dunas, teñan ou non vexetación, formadas pola acción do mar ou do vento mariño, u outras causas naturais ou artificiais.

O dominio público en Viñó chega case a Donón, porque é todo area, aínda que non cheguen as ondas.

A invasión de dominio público foi sempre o xeito de obter terreo gratis na mellor ubicación: a praza de abastos, as alamedas, as lonxas, o concello, a fábrica de Massó..
Eu non vou pedir que boten abaixo a praza de abastos, chégame con que se recoñeza que é un ben público, ou que as fábricas de Ojea funcionen en réxime de concesión, porque tamén están en terreo público, pero, se fora posible, que as leven a outra parte e destinen o espazo ao goce público.

E o instituto e o cuartel, igual, estarían mellor en outra parte e deixarían un espazo público que trocaría totalmente a imaxe de Cangas, non moi atractiva por certo chegando por estrada, entres por onde entres.

O que non me cadra o máis mínimo, sendo ecoloxista ou sen selo, é a usurpación e privatización dun terreo público por parte de particulares. Nin en Couso, nin no Pedrón no seu día, nin nos Alemáns, nin en Viñó, nin en Rodeira por suposto. Espabilados que obtiveron o seu terreo privatizando o terreo público, con influencias para evitar accións legais contra eles e ande eu quente ríase a xente..

Porque dicir que un recheo fíxose para acabar con un problema de saúde é dunha ignorancia supina. Se hai un vertido hai xeitos de sanealo, evitándoo ou depurándoo e verténdoo fora dunha zona de uso público, porque rechear non é máis que alonxar o problema uns metros máis. Paréceme que o ecoloxismo molesta porque o que toca son os privilexios de algúns.
da coruña ou da lúa
RE: RODEIRA SEN EDIFICIOS XA!17-11-2010
A cadeira de Meira foi instalada no lugar da Torre sin autorización da Consellería de Cultura a sabendas de que o lugar estaba protexido e era un Ben de Interese Cultural (BIC), a máxima proteción dun ben cultural autonómico.
O lugar foi ademáis agredido por canto e tamén a sabendas de que xa estaban denunciados os feitos os autores permitíronse o luxo de facer unha romaría masificando o xacemento de peña.
Aínda que pior cos autores foron quen tendo as competencias para aplicala lexislación en materia de proteción e conservación do patrimonio cultural, especialmente o alcalde de Moaña, a autoridade máis cercana, quen non foron de facelo, incluso cando a escultura era un feito anónimo, deixándose levar polo populismo e a papanatería imperante promovida polos medios, en especial o Faro de Vigo.
Noutros países pídese autorización para instalar unha escultura nun ben protexido e promociónase estes bens en condicións, non coma sucedeu desgraciadamente no caso da Torre de Meira, onde se actuou ilegalmente e se banalizou e masificou inadecuadamente o lugar.
Para rematar hai que ter en conta que o verdadeiro interese do mesmo é o patrimonial (aínda que estexa nas ruínas) e o natural e paisaxístico.



en defensa do patrimonio
RE: RODEIRA SEN EDIFICIOS XA!17-11-2010
Amén.
PAPISTA
RE: RODEIRA SEN EDIFICIOS XA!18-11-2010
Que se me esqueceu:

A cadeira aparte de ser instalada sin autorización foi ubicada dentro da propia área de proteción integral do xacemento ó lado mesmo de onde están as cimentacións da torre medieval.
en defensa do patrimonio
RE: RODEIRA SEN EDIFICIOS XA!19-11-2010
la ley de costas creo que es del 1976 y todo lo anteriormente hecho es legal, luego hay gente que le tiene terreno arrendado a costas de antes de la ley y todo eso es legal, ahora lo que tenian que hacer es rescindir esos contratos y todos los edificios que pertenecieran al govierno, xunta o ayuntamiento deberian sacarlos y dar ejemplo (sacando los de investigaciones marinas).Ahora los rellenos hechos para las empresas es algo mas escamoso porque hay mucha gente trabajando y es un tema mas dificil, pero lo que yo personalmente pararia ya es lo de los puertos deportivos privados eso si que es una verguenza, aun leí este dia en el faro, en vigo a 95E el metro cuadrado al mes, eso es una salvajada y luego otros 595E ya me direis que hijo de vecino va a poder amarrar yo se de una persona que tiene una embarcacion que ocupa 6 metros cuadrados y cojió el amarre a puertos y paga ciento y pico euros al año y aí pagaria 7000E al año, ahora que cada uno saque sus conclusiones.
pedro
RE: RODEIRA SEN EDIFICIOS XA!19-11-2010
O concello de Moaña, e apesar do lavado de imaxe con proxectos de mellora ambiental coma o da Xunqueira, é o que sigue ter máis superficie recheada na ría en todo o Morrazo.
Comezando por Domaio e pasando por Meira e Moaña ata Tirán, hai recheos dende hai máis de tres décadas ata a actualidade. Entre os usos que se lle deu están os industriais (dende Rande ata o porto de Domaio dentro da Rede Natura, e dende A Borna ata O Cocho, en terreos da Autoridade Portuaria de Vigo) e a dotación de paseos marítimos (Domaio, Meira e Moaña ata O Con). Tampouco se pode esquecer o terreo gañado á ría polas obras portuarias con explanadas e diques barreira en Domaio, Meira e Moaña, algunhas delas de perniciosos efectos na dinámica litoral. Só se salva de momento a costa de Tirán aínda que sofreu tamén recheos portuarios en Vilela no seu momento. Todas estas zonas entran dentro da área directamente inundable pola crecida global dos océanos.
Mais tamén están ameazadas as zonas supralitorais e final de vales que foron recheados con fins edificatorios dende máis antigo. Aí se poden ver compremetidas tamén vivendas e edificios enteiros con residentes, ata colexios públicos e centros sociais.
Cando no seu momento Costas deslindou o centro urbano e arredores non foi baladí que recollera áreas nas que posteriormente se edificou ilegalmente e contra natura entre o val do río do Puntillón e o do río da Fraga, onde antes eran zonas inundábeis tanto fluviais como mariñas ou conxuntas e agora hai varios colexios de primaria, industrias e edificios. Pola zona aínda se sigue proxectando e construíndo na actualidade a escasos metros da ribeira do mar.
Por engadido o novo Plan Xeral de Odenación Municipal nega a proteción do solo rústico existente dende os 200 metros dende a ribeira do mar e quere deixar como urbanizable varias zonas aínda conservadas en Domaio, Meira e Tirán, práticamente o que lle queda no seu litoral.
Hai un par de meses colocaron unha escultura dunha cadeira sen autorización nun monte protexido polo seu patrimonio na parroquia de Meira que no seu momento servíu de atalaia de observación e defensiva cara á ría.
As vistas dende ese promontorio son de supoñer que moi distintas dende aquela, hai séculos, ás de agora e non hai máis que subirse ó seu curuto e ver como está na actualidade o panorama baixando polos tres costados camiño da ría.
O mesmo se podería dicir se nos subimos ata o alto do Faro, da Carballosa ou da Paralaia, vexa por onde se vexa.
SOS LITORAL
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados