Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
http://essaytop.technology/
Indispensables
Donde ...
Guia
IDEAS DE PEROGRULLO PASTORIZA.08-11-2010
Quero protestar contra as ideas de perogrullo Pastoriza, teniente de alcalde de Moaña. A ultima é que desfagan a ra,pa da Ramona, porque a el non lle fai falta. Esa rampa usase moitas veces pola xente que quere desenbarcar ou baixar embarcacións. Se hai xente que perece parba e non entende de sinais, será problema deles por deixar os coches na pleamar, pero o de Pastoriza parece de iluminados, sempre se lle ocorren as ideas mais torpes de Moaña, e atrevese a decir que a ninguén lle vai parecer mal ¿preguntou algo? decide el e fuera. Pois non, a rampa debe seguir onde está, coma toda a vida, e os coches... que aprendan.
Vaia


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: IDEAS DE PEROGRULLO PASTORIZA.08-11-2010
e que entende Pastorisa de rampas?. Simplemente con colocar unha sinal de prohibido aparcar e xa está.
Ramon
RE: IDEAS DE PEROGRULLO PASTORIZA.08-11-2010
Estes do BNG, sempre polo camiño fácil, sen facer nada que poida molestar a ninguén.
dito esto, tentarei razoar o meu plantexamento.

Dende logo comparto comparto con moita xente que por mor das mareas non se deben de quitar rampas, dito esto, non é menos certo o descontrol que existen coas rampas en Moaña, temos moitas rampas, e casi todas "okupadas", as de Meira, ou estan chea de barcos que non respetan o uso diario, e decir ocupan todo o espazo quedando inutil para o resto dos usuarios (esta práctica está prohibida por portos, estando obligados a deixar espazo para subir e baixar polo menos unha embarcacion), as dos clubes de remos , porque son dos clubes de remos, molestanlle que vaian unhas embarcaions de paseo ou pesca pola súa rampa, os bateiros mais do mesmo (atravesan vigas nas rampas para a seguridade dos camions e fannas inútiles para o resto dos usuarios)....e decir temos un mal uso e incontrolado (polo menos a xestion podería ser moito máis eficaz) das moitas rampas existentes en Moaña.
En pleno centro de Moaña,onde os atascos cada ano son mais serios ,atópase a susodita "Rampa da Ramona",e a min pareceme lóxico que saquemos da zona os cohes e mais a propia rampa da Ramona, e eu estou totalmente dacordo que liberar ese espazo e darlle continuidade os paseos marítimos.
Debemos exisir unha mellor xestión das rampas, e esto vai para Victor Pastoriza e para Valentín Piñeiro, que agora parece que se preocupa polo uso mariñeiro das rampas (Valentín)...levamos no sector sempre entrampando e pedindo favores os clubes de remo etc etc.. para poder traballar ou disfrutar do mar.
Insisto, con un bó uso do resto das rampas, sobra esa no medio de moaña.
Tamén e certo que é máis fácil, quedar ben con todos e o carallo, que non se faga nada....
Ainda que esta técnica xá a utilizou o BNG co paseo de con, primeiro opúxose, e despois foi inaugurala, ou mesmo presumen dela, ou a vía rápida , primeiro Millán foi o monte "cos veciños" e despois foi cortar a cinta co conselleiro de turno ...
en fin...
Llanero solitario
RE: IDEAS DE PEROGRULLO PASTORIZA.08-11-2010
Comparto o comentario do llanero, tamén ten moita razón no que dí.
Dalle fuego
RE: IDEAS DE PEROGRULLO PASTORIZA.09-11-2010
TOTALMENTE DE ACORDO CO LLANERO PRA QUE NON SEXA SOLITARIO. PUNTUALIZAR QUE AS RAMPAS SON NECESARIAS PERO NON DE APARCADOIRO NIN PRA TOMAR CHIQUITAS, A DO CON PASAYE TRES CUARTOS DO MESMO. QUERESE BAIXAR UN BARCO E AI QUE ANDAR A BUSCAR A OS DONOS POLAS TABERNAS.
FAILUME
RE: IDEAS DE PEROGRULLO PASTORIZA.09-11-2010
Home FAI LUME, non serias tí quen apareceu un sabado con todo petado polo mercadillo as doce da mañan e querendo botar o mar a tua fermosa lancha pitando arreo pra que todo o mundo se apartara e che mirara con cara de envidia como te lucias. Pero bueno
como se atreve o MAR a non estar no seu sitio despois do follon que montei co trafico parado ata o muelle dando volta e agora resulta que a RAMPA DE RAMONA faltalle a AUGA. Mui sencillo, o SABADO POLA MAÑAN NON É O MELLOR DIA PARA PRESUMIR DE LANCHA NA DE RAMONA, e o MAR rixese POLA LUA, polo tanto SUBE e TAMEN BAIXA un MARIÑEIRO deberia saber isto, pero claro eiqui pensamos que os cartos dan a INTELIGENCIA e asi nos vai.

Casualmente NINGUN PROFESIONAL DO MAR TEN PROBLEMAS COA RAMPA DE RAMONA.
JAJAJAJAJAJA
RE: IDEAS DE PEROGRULLO PASTORIZA.10-11-2010
O perogrullo, do "JAJAJA", que argumento ten?
¿hai algo que non entendas do comentario do Llanero solitario?...tal e como falas parece que dubidas das lúas ....Primeiro lee, analiza e despois fai un comentario, pero deixa as sandeces.
Este foro perde con xente coma tí.
un saúdo
perico dos palotes
RE: IDEAS DE PEROGRULLO PASTORIZA.10-11-2010
O maos triste desto, e que o Valentín presuma de saber as mareas, e non se dá nin conta que non respeta as normas de convievncia deste pobo.
¡AS RAMPAS SON DE USO MARIÑEIRO¡ non para quen sepan moito de lúas. JEtas.
esperpento
RE: IDEAS DE PEROGRULLO PASTORIZA.10-11-2010
a rampa da ramona e nesesaria para todos para os que traballan no mar e para os que non , o que non e un aparcadoiro de coches iso tameno sabemos todos , do centro de moaña xa desapareseu a praia , os barcos da ardora, a rampa frente a orensana e muitas cousas mais , terminaremos por pedir que desaparesa o mar , e todo por que a comodidade da xente fai que si poderan entraban co coche na plaza . Andar e saude , e non sobra nada do que hai en moaña .
o can
RE: IDEAS DE PEROGRULLO PASTORIZA.10-11-2010
tendes razón, acabarán por tapiar o mar para facer aparcamentos para que teñamos a posibilidade de aparcar cada un de nos en frente de todos e cada un dos postos do mercadillo e así poder ata probar a roupa dende dentro do noso coche.... a ver si todos temos un pouquiño de sentidiño común todos nos e tamén pastoriza e valentin, todos...
gaviota
RE: IDEAS DE PEROGRULLO PASTORIZA.10-11-2010
Estou dacordo con que sobran tanto a rampa da Ramona coma os cohes que alí aparcan.Esto quere decir que Valentín non respeta as normas cívicas deste concello, posto que reconoce que aparca alí, porque sabe moito de lúas....vaites vaites..
lucho do con
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados