Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
Concellos
Indispensables
Donde ...
Guia
NOTA DE PRENSA (GALEGO):27-10-2010
Haz click para ampliar A revista Retranca, especial visita do Papa, secuestrada pola imprenta

O número da revista Retranca que estaba a piques de saír, que tiña como tema central a próxima visita do Papa a Galiza, acaba de ser secuestrado pola imprenta. Os propietarios da empresa Imprenta Jiménez Godoy, radicada en Murcia, néganse a entregar os exemplares da revista para a súa distribución, aducindo o seu desacordo moral co contido da mesma.

Nunha conversa telefónica mantida con Kiko da Silva, director de Retranca, o dono de Imprenta Jiménez Godoy explicou que a revista, aínda que xa estaba impresa e lista para o envío á distribuidora, non se ía entregar porque a empresa que dirixe estaba en total desacordo “co ataque ao Papa e á Igrexa”. É a primeira vez que unha imprenta, cun traballo xa impreso e cun contrato de por medio, decide unilateralmente non entregar a publicación alegando a súa disconformidade cos contidos da mesma. Retranca deixa claro que foi a imprenta a que acudiu á nosa empresa para ofrecerse a imprimir a nosa publicación, sabendo de sobra que se trata dunha revista satírico-política.

Desde Retranca queremos tranquilizar aos nosos lectores anunciando que o número secuestrado estase a imprimir xa noutra imprenta e que chegará aos quioscos en breve.

Tamén queremos facer público que estamos tratando cos nosos avogados para tomar medidas contra os danos e prexuízos causados polo incumprimento de contrato da Imprenta Jiménez Godoy.

Retranca é unha revista galega de humor satírico que leva nos quioscos desde o ano 2007 e que o vindeiro sábado día 30 de outubro celebrará o seu terceiro aniversario cun acto no Café Moderno de Pontevedra ás 20.00 horas. Retranca, a primeira revista galega de humor que consegue sobrevivir sen subvencións, recibiu na súa curta existencia o Premio do Público do Salò do Cómic de Barcelona e acaba de recibir o Premio Ourense á Mellor Iniciativa de Banda Deseñada.

O número era un especial sobre a visita do Papa a Galiza, e conta como autores invitados a colaboradores de la revista EL JUEVES (Jordi March, Guillermo, Manuel Bartual, Fer e Bernardo Vergara) ademais dos colaboradores habituais da revista.
>> Ampliar datos Rachinguer Z


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: NOTA DE PRENSA (GALEGO):27-10-2010
sempre para diante , e contra os fachas que queren aniquilar a libertade de pensamento, opinion, esprecion ..... contra eses loita sempre .
o can
RE: NOTA DE PRENSA (GALEGO):27-10-2010
a Censura dunha imprenta, manda carallo, o que temos que oir
xoubaman
RE: NOTA DE PRENSA (GALEGO):27-10-2010
Joder e que a Oscar Graña nada lle sale ben jajajaja, mira ti el podria tamen dar clares de censura que se lle da mi ben
juas
RE: NOTA DE PRENSA (GALEGO):27-10-2010
Só unha dúbida,se a revista é tan galega como a levan a editar a Murcia?Aquí en Galicia sobran imprentas que farían ese traballo e máis ainda como están as cousas.
Con retranca
RE: NOTA DE PRENSA (GALEGO):27-10-2010
Xa puxeron a andar as engranaxes do ocultismo e da censura. Tentan maquillar a galiza de cara o exterior e non dan feito
f&r
RE: NOTA DE PRENSA (GALEGO):28-10-2010
Dendo logho canto turrorista que fala falár
clarita vende masso
RE: NOTA DE PRENSA (GALEGO):30-10-2010
a min que veñan falando de censura agora os do BNG a verdade e que me da a risa a puta risa, ademas que falan os do BNG que en fascismo son mais fascistas co PP mil veces polo menos os do PP van de cara non se disfrazan de progres e despois resulta ser outra cousa
ooohh
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados