Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
Concellos
Indispensables
Donde ...
Guia
OS ORZAMENTOS AUTONóMICOS E ESTATAIS NON PENSAN EN MOAñA22-10-2010
Agora que estamos de orzamentos do Estado e da Xunta chega o momento de ver canto do que nos prometen é fume e canto é realidade. Desgraciadamente para Moaña, Fervenza segue a vender fume, leva vendendonos o fume de Feijoo xa vai para dous anos. Despois de non haber inversión para MOaña o ano pasado este ano volvemos a estar igual. Xa non ten excusas. ¿E vaise presentar a alcalde? Sabe moi ben que se quer, el soíño pode traer para Moaña o Centro de saúde e o Auditorio que tanto lle bota en cara a Millán. Que vote unha enmenda ou encontra dos seus orzamentos para que se inclúan esas infraestruturas dunha vez por todas. Pero non o vai facer, porque non pinta nada, so está pa cobrar e levantar a man (xa non entremos nos sus negocios). Pero agora verémolo polas rúas denunciando qu enon temos centro de saúde e auditorio todos os días, total non ten vergonza. Un insulto a intelixendia de todos os vecños ¿que vai vender? ¿que con 50000 euros vai facer o Centro de saúde? A ver que excusa atopa agora, xa hai terreos e etán desafectados, acabouse o tempo Fervenza.
Pero se o da Xunta é triste, o do Estado non o é menos, ¿onde están os cartos da praia de Meira? Outra vez fora e sen un chavo, a ver que nos vende Pastoriza esta vez, o ano pasado dabanlle 50000 euros, e gracias a quen asignaron 500000€, pero este ano a cousa é peor, e non dan nada ¿que vai pasar agora? O Psoe deixanos na estacada.

E con isto resumese o orzamento do ano que ven no Concello de Moaña, nin un euro por parte de ninguén.
Marx


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: OS ORZAMENTOS AUTONóMICOS E ESTATAIS NON PENSAN EN MOAñA22-10-2010
non sei de que vos estrañades cos investimentos da xunta , estando o pp sempre foron nulos ou migallas da mesa . De fervenza eu non espero nada , e un pobre diablo , e politicamente esta morto , ten os dias contados . Do goberno do estado ese e outro cantar, pois invertiu en moaña nos ultimos anos mais cartos que ningun outro goberno desde que hai democracia , o que non se pode pensar e que todos os anos vai ser igual , o millor os cartos que chegaron tiñan que invertirse en outras cousas , ou simplemente non chega para todo . E que fixo o consello de moaña aparte de sacar a toda costa o plan xeral , sin importarlle para nada sementar de ladrillo moaña , sin atender os vecillos nin as suas reclamasions , so atendeu as dos especuladores , empresarios e vichicomas , encher moaña de semento e ladrillo , ese e o investimento de concello , e claro ahora dase conta que non hai casa de salud , auditorio , gastados un feixe de cartos encima da plaza para que cajen as gaivotas nel , un centro cultural en domaio que e un insulto a toda a parriquia , aceras da estrada berducedo ......................
Pero segui mos igual o unico que interesa en moaña e que aproben como e da maneira que sexao PXOU , con iso xa se acabaron os problemas para o consello . Pero podemos decir que temos paseo , catro campos de futbol, pistas de atletismo , catro campos de xogos para petanca , outros catro para chogar a chave , vinte parques infantiles , cuarenta viosaludables .............. , e que , que vamos a facer para o ano sin cartos , uns poden desir que invertiron en moaña varios millons de euros , outros non diran nada por vergoña , e os outros diran que fixeron as bases para que os construtores , as imobiliarias , especuladores , etc gañen cartos nos proximos anos a conta duns veciños que silenciaron as suas reclamacions .
Gracias a todos por demostrarnos o que sodes.
o can
RE: OS ORZAMENTOS AUTONóMICOS E ESTATAIS NON PENSAN EN MOAñA22-10-2010
O goberno si deixara de despilfarrar os cartos. Un exemplo son os "carteliños" do Plan E fazendo a sua propaganda electoral, se os invertira en cousas proveitosas. Pensar que cada cartel deses que vemos nas beirarruas costou o redor dos 1.800 euros, sí asi como oides. Agora multiplicar e saberedes a de centos de millons tirados nas beirarruas por España adiante. En moitos pobos e maior o custo do cartel que a inversión.
Unha vergoña, e despois din que nos temos que apretar o cinturon, que teñen que subir os impostos, que teñen que baixar os salarios, etc, etc, etc... Unha vergoña. E ainda por riba a colocar a todos os amijotes antes de que acabe o mandato para que todos saian coa sua pension de por vida. ¡España va bien!, sí pero so pa uns poucos.
Sisalde
RE: OS ORZAMENTOS AUTONóMICOS E ESTATAIS NON PENSAN EN MOAñA22-10-2010
fervensita é un impresentable, un asnarin en cutre, so lle falta intentar chapurrear o injles, o unico do que se preocupou nestes anos e en falar barato e sacar adiante o seu nejosio da crus da maseira, biquiños ferve..
o creido
RE: OS ORZAMENTOS AUTONóMICOS E ESTATAIS NON PENSAN EN MOAñA22-10-2010
aver sisalde os carteliños que se fixeron solos ou por arte de magia por senon te decataches deulle traballo a xente non vaias de espabilado e que fixo o amigo deputado que temos aqui dime que fixo ir de taberna en taberna envenenando a xente con mentiras
suso
RE: OS ORZAMENTOS AUTONóMICOS E ESTATAIS NON PENSAN EN MOAñA22-10-2010
O que hai que oir. Resulta que podemos empapelar o pais con carteis de propaganda sociata, si asi lle estamos dando traballo a xente...
Que mais da, despois subimos os impostos, baixamos o salario os funcionarios, conxelamos as pensions, etc... e recaudamos por outro lado. Habia que ver de quen é amijote o que fixo os carteis.
Sisalde
RE: OS ORZAMENTOS AUTONóMICOS E ESTATAIS NON PENSAN EN MOAñA22-10-2010
Pareceme vergonzoso ver como o denunciante , claramente identificado para o BNG, asume que ningún partido politico trae diñeiro doutras administracions (debeuse olvidar dos plans Es, que fallade memoria)....que aportou o BNG? ¿dende que admiinistracion?, quero decir con esto, que é moi facil "predicar" , pero outra moi distinta e dar trigo....Cando o BNG colle poder , pasalle igual que o resto de partidos, subimos os iates etc.etc..¿ou non vos lembrades?, ou creamos o aparato de Seaga, etc antes criticaban tracsa, e despois eles fan a deles....
Falar a gratuito neste pais, polo tanto deixense de demagoxia e asuman todolos politicos que ante unha crisis como esta , haberá que joderse e espera por certas cousas...
Un saúdo, nacioanlista e de clase.
pepe botera
RE: OS ORZAMENTOS AUTONóMICOS E ESTATAIS NON PENSAN EN MOAñA23-10-2010
Pero imos aver, que parece que agora se firen as sensibilidades dos culpables, ou dos principais culpables.
¿Facemos un repasiño?
1º- Os fondos non son do PP ou do PSOE, eles REPARTEN ¿entendedes iso?, e a realidade é a que é. Eu non dixen que os cartos fosen dos uns ou dos outros, ou do BNG, dixen que quen está a repartir-administrar- asignar OS FONDOS DE TODOS E TODAS OS/AS MOAÑESES E MOAÑESAS A NIVEL AUTONÓMICO OU ESTATAL OU PROVINCIAL SON O PP E O PSOE ¿ou non é así? quen reparte os fondos en Moaña é o BNG iso é certo, moi ben por certo o reparto nestes anos cunha mellora do concello sen precedentes. Pero ese tema deixamolo para as eleccions.
Se queda claro este punto ¿de que plan E me falas? ¿do que recorta os fondos para os concellos para os proximos 10 anos?¿do que elimina a posiblidade crediticia?¿do que se lle da ós bancos para salvarlles ó cu? ¿do que reduce o 5% os salarios dos traballadores públicos?¿do que quere aumentar a idade de xubilación? ¿do que aumenta os impostaos?¿do plan dos 4,5 millóns de parados? ¿DE QUE P. PLAN E ME FALAS?, amigo Socialista "demagogo", iso podeno facer calquera, eu son de esquerdas, pero esta política... de esquerdas nada. Os 5 millóns que ZP "asignou a Moaña" nos plans E dos que falas "VAINOLO SACAR DA PIEL A TODOS ¿ou non? e mentras Galloso vai chupar 3 aniños mais en Caixanova. ¿a quen lle agradeceremos o plan E agora? agora vas decir que a Crise Mundial. Así que non me veñas con caralladas de agradecer nada a ZP ou o PSOE, mellor estabas caldaiño, porque ó fin e o cabo falas de pasado e eu falo do presente ¿cal é o PLan E deste ano ou obra prevista do Estado en Moaña? Ningunha, e a única pendiente era a da praia de Meira e aliminaronna ¿certo ou non? pois iso, a ver se pensades que todos nos chupamos o dedo e non sabemos o que ven ahí.
En canto ós vosos amigos do PP, mais do mesmo, a mesma merda con distinto cheiro. Eles NON REPARTIRON UN CHAVO PARA MOAÑA dos cartos de TODOS E TODAS OS/AS MOAÑESES E MOAÑESAS na Xunta.

2º- Como sabes, amigo de ZP, os impostos recadanno tres administracións; Concello, Xunta e Estado.
O Concello so recada os impostos directos e tasas municipais que non supoñen nin o 10% dos impostos que pagamos. Son o Estado e a Xunta quenes recadan os nosos impostos; IVE, IRPF,Seguridade Social, Idrocarburos, Tabacos.... todo, logo ¿quen reparte os cartos que chegan ó concello?¿quen é o culpable de que ó concello de Moaña dese reparto non chegue nada? deixese de facer demagoxia vostede, a asuma a realidade. Non me fale de Iates, nin chorraditas varias, que é o que teñen os do PP e os do PSOE agora copianno. Coa de merda que teñen nas súas casa van fixarse no po de quen está mais limpo, e falas de demagoxia. Veña veña, formade o partido único dunha vez que ó fin e o cabo xa non hai diferencia. E Pepiño Blanco quere volver a poñer a peaxe en Rande, jajaja, isto xa é a última para os Sociatas locais, uns poñen peaxe no corredor e os outros en Rande. E que non hai por onde collervos.

Saúdos nacionalistas e de clase (Da obreira)
Marx
RE: OS ORZAMENTOS AUTONóMICOS E ESTATAIS NON PENSAN EN MOAñA23-10-2010
agora si os santños son os nacionalistas os que reparten equitativamente os que apoian a clase obreira xa se ve en cangas e demas concellos,os da transparencia os que consinten que se faga un poligono en zona protexida e remitome o plan xeral que iso cheira que tira para tras os que son amigos do medio ambiente mentras alguns queren arrasar o monte si si nacionalistas de chaqué
suso
RE: OS ORZAMENTOS AUTONóMICOS E ESTATAIS NON PENSAN EN MOAñA24-10-2010
Vale suso vale. Xa xustificaches todo. Imosche dara razón, o PP e o PSOE non lle dan nada a Moaña porque se gobernase o BNG na Xunta e no Goberno e nas Deputacións, non lle darían nada tampouco. jajaja. Veña anda veña, ¿tanto medo lle tedes o bloque? MImadriña, so hai 2 deputados en Madrid e 12 na Xunta, e parece que son os culpables de todo coma se quen gobernase non fora o PP e o Psoe. O que pasa é que sodes como sodes e pensades que todo o mundo ten que ser igual ca vos, entonces non vivides pensando que tedes que atopar algo sucio nos demais. Pois nada, seguide. Non vou comentar nada nin de Cangas nin de Pxom, dado que non sei a que conto ven iso cando estou a falar de orzamentos ¿decide Clara Millán os cartos que lle da a Xunta, o Estado ou a DEputación a Cangas? penso que non. ¿Non participan TODOS os partidos políticos na redación do Pxom, BNG, PSOE, PP, INMO en identicas condicións os catro, xa que todos pasaron polo tramite.? pois iso, cada quen puso o que creeu, e non me creo nada que fose precisamente o BNG quen puso o Poligono industrisl, nin outros ámbitos, pero ese documento e cousa de Todos.
En fin, que vos poñades como vos poñades, quen goberna manda, e quen está na oposición non lle queda mais ca pedir e protestar, teño dereito a pedir e protestar ¿ou tamen mo queredes quitar? ti tamén protestas, con mais ou menos razón.
QUE NOS DISCRIMINAN, QUE NON NOS DAN NIN UN CHAVO, QUE NON VAN FACER NADA DO QUE PROMETERON NO MORRAZO que parece que somos parvos agora. Gastan mais nun so concello coma MOS ca en todo o Morrazo, se vos parece ben iso, pois adiante, seguide defendendo o idefendible.
Marx
RE: OS ORZAMENTOS AUTONóMICOS E ESTATAIS NON PENSAN EN MOAñA24-10-2010
hai que ven ou sexa que se pode facer un plan con irregularidades manifiestas e eles non din nada enton¿que son os parvos? veña home sodes tan sumisos coma calquera
suso
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados