Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
essay on my parents are my best friends
Indispensables
Donde ...
Guia
NON HAI MANEIRA04-10-2010
Realmente estou farto da permisividade do concello ou da policia local, ou da garda civil ou de quen coño sexa co escándalo que hai na estrada de Berducedo á altura do bar lolo, aparcan os coches ós dous lados da estrada e as veces incluso so hai sitio para pasar un só coche e bastante xusto.
En fin no centro do pobo é unha cousa e nas parroquias é outra ben distinta donde cada un fai o que lle peta, o día que haxa unha desgraza xa sairán os resposáveis de turno con aquilo de que a culpa da situación non e miña sinon doutro...
berducedo


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: NON HAI MANEIRA04-10-2010
o mesmo que pasa en abelendo co var con uve. A mesma situacion. Aparcan pegados ó bar, con liña continua e todo. Pero é igual. A policía pasa de todo. E ó que temos.

un veciño
RE: NON HAI MANEIRA05-10-2010
O mesmo que pasa no bar do Yoni en Sabaceda, os coches aparcan na beirarrúa para que os seus respectivos donos vaian atomar a chiquita e os peóns teñen que baixar á carreteira para poder pasar.
Da gusto ter xente tan "tolerante" neste país.
- ¡En algún sitio temos que aparcar o coche!
me dixo o outro día un veciño mentras outra veciña iba pola carreteira co seu bebé nunha silla-coche
na do Yoni tamén
RE: NON HAI MANEIRA05-10-2010
E no Eroski xa pasa de castaño oscuro. Os coches que van para abaixo teñen que pasar polo carril contrario e casi sin visibilidade do que ven para arriba que, non sei porqué, a min sempre me cadra o autobús
e no Eroski
RE: NON HAI MANEIRA05-10-2010
polo que se ve quen ameaza a seguridade vial son os "borrachuzas" que van ás tabernas, pero o do Eroski non o entendo ¿que pasa no eroski?
mosquito
RE: NON HAI MANEIRA05-10-2010
que os clientes (casi sempre clientas) aparcan diante, ocupando medio carrril da carreteira nun sitio que está en curva e na saída dunha rotonda.
e no Eroski
RE: NON HAI MANEIRA05-10-2010
Ademais os mismos que aparcan no Bar LOLO dese xeito despois baixan facendo rallis por berducedo abaixo, por barrios que hai nenos xogando ou entrando e saindo das casas en recordo que non hai aceras. Todos ós veciños ós temos indentificados todos menos a policía que pasa.
Berducedo mais abaixo
RE: NON HAI MANEIRA05-10-2010
estou de acordo con todo o que se dixo aqui , por que e serto , e un escamdalo o que pasa en estos sitios . A clase politica que nos tocou sufrir, todos sin destincion , non teñen vergoña, e son uns delincuentes das estradas , pois clama o ceu que a estrada de berducedo estea como hai 50 anos , cando o barrio creceu mais que ningun outro no concello . Uns poñenlle a culpa os outros , asi pasan os meses , e non lle cae a cara de vergoña a ningun, son uns miserables que os cidadans non temos por que aguantalos , e manden a policia e garda civil a estes sitios a educar os condutores . Otema do eroski e de xusgado de guardia , e que estes señores non poden descargar de noite , que hai que sufrilos todos os dias . Non e normal que pasado o veran , polas tardes para entrar en moaña colles a carabana en meira , que pasa non teñen pensado arreglar a porcallada de rotonda diante do consello , non quero saber a que se montara co novo supermercado detras do consello, e haber si alguien pensa en poñer un paso elevado diante da igrexa , que menudo sufrimento con o semaforo de marras . Xa estaben de rirse da xente , fagan algo.
o can
RE: NON HAI MANEIRA05-10-2010
Para "o Can", asombrome ao leer os comentarios feitos por vostede nas últimas datas, sempre estivo aliñado a certo partido politico , e agora sen nada que se saiba, criticalo a tope, é curioso....
este do BNG, ao final non se entenden nin respetan aos seus simpatizantes ja,ja,ja,
dende logo teñen un problema coa participacion interna que tanto presumen....burócratas e intelectuales do absurdo.
Penoso

Tranquilo "can" , o raposo cambia de pel...
Solitario
RE: NON HAI MANEIRA05-10-2010
Non só nas parroquias, amigos... Calquer día de mercadillo en Moaña, a calle de abaixo é un cristo de coches en dobre fila... e eu teño viso pasar policías por alí e pasar de todo... E despois tes que invadir carril contrario para avanzar... E estou dacordo no que denunciades todos vos tanto en Berducedo coma en Abelendo. Basta xa!
Cidadán
RE: NON HAI MANEIRA05-10-2010
Para o solitario , amigiño eu podo facer o parvo cando me apetese, ou cando quero , pero sei diferenciar o xusto do inxusto , e podes apoiar, ou simpatizar a quen queiras , pero iso non quere decir que hai que tragar con todo . Primeira mente hai que manter os principios e opinios propias dos temas que se traten , e despois ........
o can
RE: NON HAI MANEIRA05-10-2010
Andade maís que che é moi bon para o corazón, pero sobre todo para O BOLSILLO.
O NOME PONO TI
RE: NON HAI MANEIRA05-10-2010
na rua daniel castelao pasa o mesmo e a policia local de paseo
carod
RE: NON HAI MANEIRA05-10-2010
En Vilela no bar Novo Stop pasa o mesmo. Sempre atopas coches aparcados nos dous lados dificultando a circulación. Ademaís o lado do bar está a parada do autobús, por certo sen paso de peatóns, e o autobús ten que parar no medio da carretera para que a xente poda subir ou baixar. Nunca vin a policia local parar aquí.
un de Vilela
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados