Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
Read Full Article
Indispensables
Donde ...
Guia
ABERRACIóNS DO DECRETO DO GALEGO21-09-2010
AOS MEIOS DE COMUNICACIÓN

A aplicación do decreto do Partido Popular, onde se regula a imposición do español sobre o galego, está provocando situacións absurdas por non definilas como dramáticas. Os libros de música de 6º de primaria do colexio da Laxe de Marín, que o curso pasado estaban en galego e neste en español, veñen totalmente nun único idioma traducindo tamén as cancións. Así, os nenos e nenas teñen que aprender a canción da “saia da Carolina” deste xeito: “La falda de Carolina tiene un lagarto pintado, cuando Carolina baila el lagarto le da al rabo...”

A persecución organizada desde a Xunta e a Consellaría de Educación polo Partido Popular contra o noso idioma é dogmática, racista e xenófoba, supón un desprezo a todo o que sexa galego, ao idioma, á cultura e até ás cancións populares.

Como unha administración pública, neste caso a Consellaría de Educación, pode permitir que un libro de música para os alumnos e alumnas de primaria este impreso deste xeito tan patético? Só desde unha ideoloxía retrógrada e atrasada se pode pretender trasladar o ensino en Galiza a tempos pretéritos onde o idioma galego era unha anécdota simpática.

A entrada en vigor do chamado decreto do plurilingüismo aprobado o inverno pasado en solitario polo partido popular xunto coa redución de aulas e profesorado no ensino dan preveer un inicio de curso conflitivo.

O novo e polémico decreto que regula a utilización das linguas no ensino, no que non se tivo en conta a opinión do profesorado, non resposta a ningún tipo de criterio pedagóxico que procure mellorar a educación do estudantado, respostando pola contra a intereses políticos que procuran a desaparición da nosa lingua.

A suposta vantaxe que para o PP representa a libre elección por parte de cada colexio das linguas a usar en cada unha das materias está a se convertir en fonte de conflitos ademais de nun caos organizativo xa que hai centros que non decidiron aínda nada, outros que xa repartiron e o consello escolar botou abaixo o decidido, e outros que nin saben de que vai o decreto.

O inicio do curso escolar en Marín non só ven acompañado destas situacións absurdas, tamén nos trae a masificación do alumnado debido á redución de aulas e profesorado. Os rapaces e rapazas que van por primeira vez á escola con tres anos tiñan que estar repartidos entre os distintos centros, pero a eliminación de aulas para eles no Sequelo fixo que no colexio da Laxe teñan que ter aulas con 22 alumnos. Pode un mestre atender el só a 22 nenos/as de 3 anos?

Xa denunciamos antes do inicio do curso a redución de aulas e de mestres en primaria e secundaria, tanto en Marín como no resto do Morrazo. Isto está repercutindo negativamente na calidade do ensino público na nosa vila. A diminución de aulas no ensino público e igual ao incremento de aulas no ensino privado coa cobertura económica da Xunta. Esta é a política real do Partido Popular, quitar do público para financiar o privado. Quitarnos a todos para darllo a uns poucos moi ben relacionados coa dereita máis arcaica. O programa político do PP do que non falou durante a campaña electoral consiste no deterioro do servizos públicos, como o ensino e a sanidade, que son os piares dun estado de benestar e que miden o grao de avance dunha sociedade.

Este curso escolar estará marcado pola masificación das aulas e a conflitividade que vai traer a aplicación do decreto lingüístico da Xunta. Confiamos que as nais e os pais dos alumnos sexan capaces de reaccionar e demandar as melloras necesarias nos centros educativos de Marín, nos seguiremos denunciando todos os atentados lingüísticos e o deterioro do ensino na nosa vila.


Colectivo Nacionalista de Marin
>> Ampliar datos colectivo nacionalista


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: ABERRACIóNS DO DECRETO DO GALEGO21-09-2010
Isto é o que hai por desgracia. Os avances destes anos son agora pasos atrás. A lingua é a súa enimiga e representa para eles o mal porque non españoliza, e contra iso fan o que fan, os rapaces canto mais ignorantes mellor, canto menos galegos mellor, canto mais da dereita mellor.
Menos galego, menos mestres, menos libros gratis, menos comedores, menos transporte escolar, menos colexios, menos aulas, menos recusrsos... levamos anoa e medio de redución, mentras tanto, si que s epoden gastar 7 u 8 millóns na visita do Papa porque seica é negocio (para eles) formar persoas non lles é negocio, non é rentable, non gañan cartos.
Esta é a nosa historia, que se repite unha e outra vez.
ë para estar tristes
Sempre en Galiza
RE: ABERRACIóNS DO DECRETO DO GALEGO21-09-2010
eu non estou triste , estou cheo de odio eterno a estes crapolas,. asesinos do noso idioma , e tamen odio perpetuo a sr. lago dos bilingues, outra asesina do noso idioma , que si puderan farian igual que no 36 . vivimos en un estado caciquil , como nos tempos de xelmirez , ciciquismo rancio que esta instalado en casi todas as institucions e medios de comunicacion o servicio dos nacionalistas españoles , son os herdeiros do F.......
O CAN
RE: ABERRACIóNS DO DECRETO DO GALEGO21-09-2010
"La falda de Carolina.." MANDA CARALLO!!!
nó mental
RE: ABERRACIóNS DO DECRETO DO GALEGO21-09-2010
Lamentable...unha demostración máis da subnormalidade e auto-odio do PP...pero a isto se chegou por culpa de todos os galegos que se creron que eran inferiores e prefiren renunciar á súa lingua para ser uns madrileños fracasados.
farruco
RE: ABERRACIóNS DO DECRETO DO GALEGO21-09-2010
Los gallegos pedimos un cambio de gobierno, no por complejo de inferioridad, sino por la mediocridad y fraude del bipartito, cuando el bng está en la oposición son los salvapatrias, pero cuando gobierna se le acaban los principios y gobiernan simplemente con revanchismo político, olvidandose automáticamente del perfil de sus votantes, un claro ejemplo del engaño electoral del bng y psoe lo tenemos en Cangas, todo boquilla en la oposición cuando comenzamos a gobernar nos pasamos todo por el forro.
anonimo
RE: ABERRACIóNS DO DECRETO DO GALEGO21-09-2010
a que forro te refires?
Co BNG o galego non se discriminaba, apoiabase, e tentabase que polo menos o 50% do ensino fomentase o idioma co fin de conseguir competencia ligüística suficiente, agora estes acaban cos avances.
Antes os libros eran gratuítos, agora xa non, e ainda reducen as axudas para este ano en 3 millóns de euros.
Antes tiñamos Galescolas, nas que os rapaces podían entrar en contacto co galego dende cativos, a pesar dos seus pais, agor temos galiñas azuis, en camiño de ser privatizadas e so en Castelán.
Antes tiñamos mais mestres e a ratio de alumnos por aula era menor, agora unha mestra de infantil ten que educar a 22 ou 23 cativos de 3 anos.
Antes abrianse comedores escolares, ou cando menos, non se pechaban, agora pechanse comedores, colexios, unitarias...
Antes reducíanse as axudas ós concertados, agora aumentanse.
Antes non se permitía a separación por sexos, agora fomentase con mais axudas.
¿de que me estas a falar?, de que como as esquerda non foi capaz de colmar todas as expectativas temos que suicidarnos como pobo, e facemonos a aiakiri empregando a Feijoo?, así nos vai.
Língua viva
RE: ABERRACIóNS DO DECRETO DO GALEGO22-09-2010
Este artigo é moi discutible dende logo pero o do monotema está clarísimo:
http://www.lavozdegalicia.es/opinion/2010/09/21/0003_8737498.htm?utm_source=buscavoz&utm_medium=buscavoz
dos c***óns
RE: ABERRACIóNS DO DECRETO DO GALEGO22-09-2010
os medios de comunicacion en xeral desde a sua fundacion estan pola labor de que o castelan aplaste o galego , iso e asi e non se pode negar . Hai casos como o da voz de galicia , que profesan un odio, desprezo umillante e exerseno dia a dia , por non falar da canle da voz que na tertulia da tardiña , con persoas enfermas polo odio que teñen o noso pais , a cultura , a fala ......
Eo mais triste e que cada ano a voz resibe uns cantos millons de € por fomentar o galego , isto non ocurre en ninguha outra parte do mundo .
que dano fixo galicia para que tanta xente ruin a odie da maneira.
o tirano
RE: ABERRACIóNS DO DECRETO DO GALEGO24-09-2010
e agora xa sabedes o que tendes que facer periodistas , xornais , tv , radios ....... deixar quedar ben a xunta , o PaPa por su posto , e non falar nada dos CATRO MILLONS QUE COSTA A VISETA DO Pai Pai , e que se mire que a xente esta contenta e que desbordan cristianismo a maso . Relixion +dereita= droga do pobo.
o PaPa
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados