Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
Concellos
Indispensables
Donde ...
Guia
QUE CARALLO FAI UN EDIFICIO NA LAGOA DE VILARIñO: DAVID CONTRA GOLIAT 19-09-2010
Haz click para ampliar A aldea de Vilariño non hai quen a recoñeza ten bloques de edificios por todos lados que xa parece Benidorm. Coa crise parecía que os promotores ían dar un respiro pero seica que na aldea de Vilariño aínda hai algúns que a pesar de non dar vendido os pisos xa construídos seguen intentando meter cemento ata na PROTEXIDA LAGOA para facer miniestudios a costa de todo. Algo haberá que facer para parar esa desfeita, os veciños da aldea non poden sós.
Os bechos da lagoa de Vilariño


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: QUE CARALLO FAI UN EDIFICIO NA LAGOA DE VILARIñO: DAVID CONTRA GOLIAT 20-09-2010
Tes toda a razón, Vilariño non é a que foi. Pero agora chega tarde lamentarse por que os que venderon os terreos foron os propios veciños, ou pensabades que vendiades os terreos para que os cultivasen?.
A denuncia chega tarde, mal e con obxetivos distintos os que se expresan na prensa. Onde estaba a AA.VV. cando construiron o edificio que a hai na entrada da lagoa?. Pois ese tamén é un atentado pero nadie dixo nada, nin a AA.VV. nin os do Gato, nin Anduriña....nadie. Ah iso sí, Anduriña votou abaixo o paseo previsto por que non era o suficientemente protector , como diria Trillo "manda huevos".
Que a miña intervención sirva de reflexión e non de ofensa, nada mais lonxe da miña intención.
Saludos
JALISCO
RE: QUE CARALLO FAI UN EDIFICIO NA LAGOA DE VILARIñO: DAVID CONTRA GOLIAT 20-09-2010
Qué fácil botarlle a culpa das aberracións aos que venden os terreos!
Cando a especulación entra nunha zona, normalmente hai un traballo previo de desgaste, non hai traballo, non hai inversións públicas, os impostos e os controis as actividades existentes aumentan, incluso poden aumentar as multas de tráfico (despois da entrada das moreas de cartos polo Prestige, o estado empregouse a fondo para recuperar de multitude de xeitos eses cartos que entraran tan “facilmente”).

O campo leva anos sen producir o suficiente para que a xente viva del, o monte abandonado, no marisqueo a pé quedan unha dúcia de mulleres perto da idade de xubilación, o peixe segue valendo coma hai vinte anos (pero o gasoleo non), as conserveiras fuxiron, non hai chan industrial ou o que hai destínase á especulación, as facilidades para ter unha boa educación ou formación e acadar un bo emprego non son muitas ...

Chega xente de fora cun poder adquisitivo maior, os prezos tamén van subindo pouco a pouco e é bastante normal que a xente mire a venta dos terreos como unha das poucas posibilidades de seguir vivindo. E as promesas tamén son sempre as mesmas: imos viver do turismo, o turismo é a actividade económica de maior futuro e crecemento, bla, bla, bla...Verdade Sotelo? E os concellos encantados, o beneficio neto dunha vivenda nova é do 50% do seu valor (vivenda = dereito fundamental asegurado pola constitución, miras?) e os cartos salpícanlle a todo o que está “no allo”, recualificacións, licenzas “casi” legais, o concello financia as obras de pantalla con estes cartos, etc, etc...

Despois, os cartos recibidos polo concello (que deberan ser para asegurar os servizos ás novas construccións) desapareceron, e o nivel de vida baixou de repente: rúas sucias, sen arranxar, parques inexistentes, transporte público inexistente, non hai outro remedio que privatizar todo... E aínda por riba, as entradas de cartos polos alugueres dos veraneantes desapareceron porque agora teñen piso, e van comprar ao Eroski, que habilmente sabe onde abrir novos centros...

E os cartos dos terreos probablemente fóronse, se non hai entradas todo vaise, e as “oportunidades” de traballo están nun posto con salario mínimo e horas extras non pagadas no Eroski ou....fora do teu pobo
San Ladrillo
RE: QUE CARALLO FAI UN EDIFICIO NA LAGOA DE VILARIñO: DAVID CONTRA GOLIAT 20-09-2010
O paseo previsto era simplemente ILEGAL, e as alegacións dos grupos ecoloxístas simplemente o facían notar. Se non o quixeron modificar e o retiraron sería por razóns que coñecen eles. Botarlle a culpa aos ecoloxístas de que non o fixeran é afirmar que é mellor vivir sen leis e que é preferible que o gobernante de turno faga en cada momento o que lle pete, ou sexa ser un lacaio mental carne de dictadura, fora becho
esquiroles mentais
RE: QUE CARALLO FAI UN EDIFICIO NA LAGOA DE VILARIñO: DAVID CONTRA GOLIAT 20-09-2010
¿De quen é o tellado da chabola que se mira por detras da pancarta???
un
RE: QUE CARALLO FAI UN EDIFICIO NA LAGOA DE VILARIñO: DAVID CONTRA GOLIAT 20-09-2010
Carallo, vaia ollo! sejuro que é o primeiro paso para un megachalé de 300 m2 con piscina cuberta, pista de tenis e garaxe para a escudería...
Como flipan aljúns!, a quen untache para que a tí che deran unha licencia para un EDIFICIO que aínda que ninguén poda creelo din que cabería entre os postes de pedra e os de cemento?
a culpa é da que asina a licencia
RE: QUE CARALLO FAI UN EDIFICIO NA LAGOA DE VILARIñO: DAVID CONTRA GOLIAT 20-09-2010
Nón baballes i céntrate nó tema sin empesar a insultar que é ó que fasedes xeralménte con todo aquel que nón está aplaudindo as burradas de turno. desde o meu punto de vista os metros cuadrados de un edificio non sinñifican que uns sexan ilegais e outros nón si non se pode construir non se pode nin 50. nin 100,polo tanto a lei temos que cumprila todos ¿Ou acaso che colle ó dedo a porta????
un
RE: QUE CARALLO FAI UN EDIFICIO NA LAGOA DE VILARIñO: DAVID CONTRA GOLIAT 20-09-2010
Eu creo que o terreo onde queren construír non ten máis de cen metros cadrados, e non está limitado por nada que se poda chamar rúas, e está en zona de protección de un humedal protexido, e xa me imaxino que no papel e seguindo a escola do afamado urbanista Marnotes pódese xustificar calquera cousa, incluso o edificio que Sotelo permitíu na rotonda de Pedra Alta cando parecía imposible que alí cupera nada, pero iso non quere dicir que non sexa unha aberración e que nos está a mostrar o urbanismo cutre, especulador e feista que propón a loca da alcaldesa, e seguro que cunha denuncia ben posta bótase abaixo, pero cama sempre teñen que ser os veciños/as os que jasten os cartos en vez de ter un concello que sexa o que non permita barbaridades.
premio ao feísmo
RE: QUE CARALLO FAI UN EDIFICIO NA LAGOA DE VILARIñO: DAVID CONTRA GOLIAT 20-09-2010
eu me pregunto para que esta a oposicion e mais para que carallo sirve a politica que goberne quen goberne os que mandan son os banqueros e os poderosos os politicos convertironse en marionetas de estes e sempre ten que ser os veciños os que teñen que protestar e perder o seu tempo mentras os que viven da politica pasan totalmente de todo e prefiren mirar para outro lado, asta os juevos de tanto politiquillo prepotente e cacique e que permite que os por hoxe o concello de cangas en urbanismo sea unha gran merda
politicos ir a traballar mangantes
RE: QUE CARALLO FAI UN EDIFICIO NA LAGOA DE VILARIñO: DAVID CONTRA GOLIAT 23-09-2010
AA. SAN LADRILLO E OUTROS...
Tes razón no desarrollo pero esquezes unha cousa moi importante. O s que venderon antes os terreos son agora os que están detrás da pancarta. Penso que non é coherente nin ético.
Referente o paseo, discrepo totalmente xa que ainda aceptando que o dubido a suxerencia de que é ilegal.... non estaria mellor ese proxecto consolidado que como está na actualidade?.
Outra cousa, onde estaban a AA.VV. e organizacións ecoloxistas cando construiron todos os edificios do marxen esquerdo da rua David Cal?. Eu non mirei a ningúen protestar e moito menos denunciar.
Tampouco saeu nadie a protestar cando fixeron todos os edificios, algúns en terreo público, nin a falla de espacios para o Centro de Saude, etc..
JALISCO
RE: QUE CARALLO FAI UN EDIFICIO NA LAGOA DE VILARIñO: DAVID CONTRA GOLIAT 24-09-2010
"Os paseos marítimos localizaranse fóra da ribeira do mar e serán preferentemente peonís" Lei de Costas, artigo 44.1
(A ribeira do mar é parte do dominio público marítimo terrestre e inclúe as praias e os dunares e marca a liña a partir da que se miden as servidumes de protección)
O paseo que proxectaban estaba dentro da ribeira do mar e ía contra a lei de costas, para facelo ben deberan facer como en Agrelo, expropiar fincas e facelo fora da ribeira.
info
RE: QUE CARALLO FAI UN EDIFICIO NA LAGOA DE VILARIñO: DAVID CONTRA GOLIAT 24-09-2010
Eu flipo, todo moi ben, pero chego a conclusión de que mellorar nesta aldea é imposible. O do paseo e mellor non facer nada que todo quede como está, a estrada que vai o muelle, os carros das embarcacións no medio das dunas, o festival.....
Temos o que nos merecemos, así nos vai con tanto " técnico" en leis, en paxaros, en cobrar subvencións, en denunciar a outros colectivos por facer cousas....
Unha lastima
JAÑOTES
RE: QUE CARALLO FAI UN EDIFICIO NA LAGOA DE VILARIñO: DAVID CONTRA GOLIAT 24-09-2010
Xa sabes, hai un modelo que funciona sen leis, "funciona" en muitos países do mundo, tampouco perde muito tempo en contestar alegacións, obter ordes de rexistro nin sentencias e chámase ditadura.
Xuntádevos co PP, que xa non sabe como saír de tanta denuncia de corrupción e ánimo, a arrejlar o país!
dpmt
RE: QUE CARALLO FAI UN EDIFICIO NA LAGOA DE VILARIñO: DAVID CONTRA GOLIAT 24-09-2010
Jalisco onde estabas ti para saber que os colectivos veciñais non fixeron nada coas anteriores edificacións? Fuches ti ás reunións? firmáches ti os escritos? ou miraches para outro lado como moitos esperando a que os papáns de sempre actuaran como a eles lles fixeron sempre tanto caso... andas un pouco equivocadiño; Presentaches ti alghún escrito? ou ti eres do bando das promotoras que todo vale para ghanar cartos aínda que afecte a terreo protexido.
A ra da laghoa
RE: QUE CARALLO FAI UN EDIFICIO NA LAGOA DE VILARIñO: DAVID CONTRA GOLIAT 25-09-2010
Aquí todo o mundo critica a AA.VV. de Vilariño e non me parece ben. As persoas que están en dita asociación foron as que realmente se moveron e perderon o seu tempo en escritos e indo dun lado para outro. O mellor, os que falades estabades paseando e dedicándolle tempo as vosas familias mentres eles llo dedicaban a evitar que isto se fixese. Non o conseguiron? Pois mala sorte, xa todos sabemos como funcionan as cousas na política. Pero polo menos o intentaron. Ánimo a nosa asociación e avisade se facedes outra quedada popular. Un saúdo.
veciña de Vilariño
RE: QUE CARALLO FAI UN EDIFICIO NA LAGOA DE VILARIñO: DAVID CONTRA GOLIAT 25-09-2010
Chamade a o presidente das Festas de Darbo que el sa ten experiensia nestes temas de accidentes tanto que sexan xeograficos coma que sexan de índole persoal.
Bueno sempre que teña un momento libre porque seguro que aínda esta liado có tema ra Rapariga
un
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados