Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
night elie wiesel essay questions
Indispensables
Donde ...
Guia
A QUEIMA DA CASETA DE AREAMILLA16-09-2010
Non hai ninguén que denuncie os actos de vandalismo contra os bens públicos como foi a queima da caseta de salvamento da praia de Areamilla? Tanta teima en este foro para denunciala e agora todos caladiños. Son uns salvajes, uns animais, uns energúmenos e uns descerebrados e o lume habería que plantarllo a eles no c
Os que atacaron e pediron que se sacara xa conseguiron o que querían, sacala do medio definitivamente, mentres se respetan outras cousas que si fan daño.
Os cartos invertidos en estes anos tirados pola borda por uns descerebrados alentados por outros descerebrados que o único que queren e seguir estancados no pasado. Tiñamos un bo servicio en esta praia e unha caseta de salvamento preparada e cómoda para os socorristas, non como aquel contenedor de obra que nos poñía o pp agora quedamos sen ela e supoño que estes que están gobernando sen cartos non nos pondran outra nin podran pedir a bandeira azul para o ano que ven así que quedaremos sen servicios para esta praia, contratación de menos socorristas máis paro.
Querian plantas nas dunas? pois a mirar que medra agora na area queimada.
Con persoaxes que solo viven no pasado e que non permiten que avancemos sempre seguiremos igual e Cangas sempre na prensa como pobo ingobernable.
>> Ampliar datos ACTOS VANDÁLICOS


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: A QUEIMA DA CASETA DE AREAMILLA16-09-2010
Canta razón tes, non hai moito máis que engadir.
bruma
RE: A QUEIMA DA CASETA DE AREAMILLA16-09-2010
Por favor, NON mestures os dous problemas.

Por un lado temos un problema de falta de consideración polo noso PATRIMONIO NATURAL (ti, denunciante eres un claro exemplo...). E por outro lado temos un problema de civismo, que se arranxa, cunha mellora da educación...

Non creo, que ninguén, preocupado polo medio ambiente se dedique a plantar LUME, queimando así, as prantas dunares que pedia que se respetaran... Ademais cando o problema NON era a caseta, senón a súa UBICACIÓN (con movela 20 metros bastaba).

Por certo, que este alegato meu, non impida que continúes coa túa mentalidade reaccionaria, propia do século XIX (Medio Ambiente=para os ecologistas. Progreso=a toda costa). Gústame a túa mentalidade, sobre todo é boísima nun pobo que vive para, e por un TURISMO, que busca o noso PATRIMONIO NATURAL (as nosas praias e a paisaxe). Os madrileños NON veñen a Cangas a ver o POLIGONO INDUSTRIAL ILEGAL de A PORTELA, nin a nave de FRIGORÍFICOS del MORRAZO en o Salgueirón, se me apuras, seguro que tampouco veñen a ver a canteira de Rodal en Aldán, nin a saida das augas da depuradora de Balea... Isto, os madrileños, o deixan para que DISFRUTES TI do teu PROGRESO mal entendido e interpretado.

Pois iso, desfruta TI do TEU PROGRESO... e deixame a min desfrutar do PATRIMONIO NATURAL de Cangas, e por moitos anos...

Un saúdo.
Señor Louzán
RE: A QUEIMA DA CASETA DE AREAMILLA16-09-2010
Por certo, a ver se as investigacións policiales dan resultados e se colle os ENERGUMENOS que queimaron a caseta e tamén as plantas do sistema dunar... IGNORANTES neste Concello, SOBRAN. A ver se de unha vez por todas algún paga ante a xustiza.

Un saúdo.
Señor Louzán
RE: A QUEIMA DA CASETA DE AREAMILLA16-09-2010
totalmente de acordo co sr. Louzán
afiliado
RE: A QUEIMA DA CASETA DE AREAMILLA17-09-2010
Sr. Louzan o respecto e o coidado polo patrimonio natural non é incompatible co progreso, non me acuses do que xente coma ti representa, si para ti ter unha caseta digna para os socorristas e con visibilidade e acceso para dar un servicio axeitado e atentar o patrimonio natural ti eres o que estás estancado no s.XIX mentras non tedes problemas en que un chiringuito se monte nas dunas, poñan mesas e sillas, emporquen todo, monten festas e abran a auga cando a eles lles peta.
Son tan defensor do patimonio natural coma ti pero tamén quero que Cangas non sexa pasto de cobardes que alimentan as mentes enfermas dos que non teñen dous dedos de frente e os fomentan para cometer estes actos e que impiden que sexamos un pobo do seculo XXI. E por moito que che disguste moitos vivimos de ese turismo que tanto odias, non tes mais que preguntar e sabrás que cafeterías, restaurantes, hoteis, campings, a praza de abastos, os comercios, panaderías etc...necesitan e viven de ese turismo e gracias a ter praias con bandeiras moitos consiguen un traballo no vran, os que limpan as praias, os socorristas, os patrons, non é un traballo estable, pero permite aliviar algunhas maltrechas economias.
Vive no XXI e non pretendas dar leccións de moralidade e de respecto polo medio a ninguén.
ACTOS VANDÁLICOS
RE: A QUEIMA DA CASETA DE AREAMILLA17-09-2010
¿por que queimaron esa caseta?
eu
RE: A QUEIMA DA CASETA DE AREAMILLA17-09-2010
Eu dubido que ninguén dos que denunciou a caseta, a pasarela e o chiringuito n zona de dunas fora o/a que queimou a caseta.

Dubido das probas das que fala a prensa. Unha litrona con mecha e en bastante bo estado?, parece bastante absurdo...

E penso que fora queimada intencionalmente ou non, a insensibilidade ambiental do/a que a mandou colocar é evidente, aumentando este ano coa colocación dunha pasarela EXCAVANDO a duna e a vexetación de debaixo e permitindo ademais un chiringuito enriba do dunar. Insensibilidade ambiental e destrución totalmente gratuíta, a caseta podería estar perfectamente ao lado da rampa de pedra de acceso á praia e no outro extremo da praia aínda hai unha caseta abandonada de outro chiringuito, sen necesidade de colocar outro no dunar, así como se podería quitar o campo de volei e o sendeiro que parte a duna en dous.

Quen mira a vexetación de Liméns dende que valaron o dunar, é unha auténtica gozada!, e se queredes mirar como é un dunar en pleno esplendor ide a Corrubedo, é coma un xardín exótico, unha verdadeira atracción turística, algo mellor que un “exótico” chiringo con sillas de plástico.
insensibilidade ambiental
RE: A QUEIMA DA CASETA DE AREAMILLA17-09-2010
Sí, pois ide axiña que o garrulo de feijoo non vai tardar nin medio ano en dar vía libre a urbanización de corrubedo
f&r
RE: A QUEIMA DA CASETA DE AREAMILLA17-09-2010
politicos todos son iguales o unico que lle importa son os seus bolsillos mentras os militantes matanse entre eles buscando un enchufe.... mas de lo mismo bng pp psoe vaia panda
eu
RE: A QUEIMA DA CASETA DE AREAMILLA17-09-2010
Eu o único que sei é que co lume volatizaronse uns 30.000 mil euros ca caseta e o material que nela había, cartos que se suntaron con parte dos meus impostos e dos vosos , do sudor da miña frente e da vosa , así que todo o demáis son contos, iso é unha marranada na que perdemos todos, sexa cal xesa a ideoloxía de cada quen. Como din os de fora "Cangas" é "Cangas", que bonito, en fin...
Lobo
RE: A QUEIMA DA CASETA DE AREAMILLA17-09-2010
A verdade é que o lamento moito por TI, porque fuches a tropezar comigo... NON penso deixarte coa última palabra... nin o penses por un intre...

Vou desgranar un por un, tódalas túas incongruencias e falacias, e vou comezar polo principio:

1) Esgrimes: "Sr. Louzan o respecto e o coidado polo patrimonio natural non é incompatible co progreso"
Contéstoche: Por suposto, unha frase moi bonita, unha frase do manual "o político verde". Centrémonos no areal e no dunar de Areamilla. Vamos a comprobar ata que punto respetou o "progreso" o patrimonio natural desta zona: Os máis vellos recordaran como era o dunar de Areamilla... ata que, na década dos 40, os carros de Bois, "roubaron" a area para realizar parte do aterrado da fabrica de Massó. Avanzamos e progresamos, e a mediados da década dos 90, o señor Euloxio (BNG) decidiu, de forma ILEGAL, aterrar 1/4 do sistema dunar para construir un paseo perimetral con prazas de aparcamento para vehículos (Un respecto ó patrimonio natural, de CARALLO...). O final da década dos 90, a canalización das augas fecais que chegan a depuradora de Balea, colocouse polo PUTO medio do dunar de Areamilla (outra forma cojonuda de respectar...). Sotelo (PP) comezou coa colocación das casetas de salvamento no dunar, e posteriormente continuou con esta práctica o Tripartito (BNG,PSOE e ACE)... Asi RESPETAMOS o Patrimonio Natural... ¿Pódesme explicar que Patrimonio queda por joder en Areamilla?

2) Escribes: "...non me acuses do que xente coma ti representa, si para ti ter unha caseta digna para os socorristas e con visibilidade e acceso para dar un servicio axeitado e atentar o patrimonio natural ti eres o que estás estancado no s.XIX..."

Respondo: Está demostrado cientificamente, por parte das ciencias da física, da matemática, e apresuraríame a dicir da bioloxía... que DENDE un punto MÁIS elevado (estou falando do PUNTO de INICIO da RAMPA de PEDRA, onde está un dos "chiringuitos") existe MELLOR VISIBILIDADE e MELLOR ACCESO, que dende onde estaba situada... só había que desprazala 20 metros, pero o Concello faltáballe o respecto suficiente polo Patrimonio Natural...

3) Escribes: "...mentras non tedes problemas en que un chiringuito se monte nas dunas, poñan mesas e sillas, emporquen todo, monten festas e abran a auga cando a eles lles peta."

Respondo: A maioría das cousas que comentas foi denunciada AMPLAMENTE, polo grupo ANDURIÑA. Pero como escribes por escribir (careces de información... ou eres un ignorante) descoñeces que existen múltiples informes presentados ante o CONCELLO (gobernos de varios cores políticos…), denuncias presentadas ante o SEPRONA, e un libro divulgativo da zona, que denuncia todo iso que escribes.

4) Escribes: "Son tan defensor do patimonio natural coma ti..."
Resposta: Deixalo BEN claro... non teño ningunha dúbida... (como podes comprobar, son sarcástico...).

5) Escribes: "...pero tamén quero que Cangas non sexa pasto de cobardes que alimentan as mentes enfermas dos que non teñen dous dedos de frente e os fomentan para cometer estes actos e que impiden que sexamos un pobo do seculo XXI."

Respondo: Falas de COBARDES, cando esa xente está denunciando e informando as autoridades, POÑENDO o seu NOME e DNI... Menuda COBARDÍA... O resto da frase, deixa moito que desexar, porque é un alegato político de precampaña...

6) Escribes: "E por moito que che disguste moitos vivimos de ese turismo que tanto odias..."
Resposta: ONDE, meu REI, ONDE lees TI que EU ODIE o turismo. TODO o contrario, utilizo o exemplo do sector turístico, para explicarche o VALOR de CONSERVAR o noso Patrimonio Natural... O que acontece, e que NON tes argumentos para debater, e utilizas a típica estratexia defensiva de poñer na boca do outro interlocutor palabras que non utilizou, para así argumentalo dende o teu punto de vista... (con esta xogada demostráchesme que queres aspirar a un carguiño político... tes que facer méritos?)

7) Escribes: "...non tes mais que preguntar e sabrás que cafeterías, restaurantes, hoteis, campings, a praza de abastos, os comercios, panaderías etc...necesitan e viven de ese turismo e gracias a ter praias con bandeiras moitos consiguen un traballo no vran, os que limpan as praias, os socorristas, os patrons, non é un traballo estable, pero permite aliviar algunhas maltrechas economias."

Resposta: Non teño que preguntar NADA, eu xa o sei, por iso esgrimín o turismo como xustificación para CONSERVAR o Patrimonio Natural que nos queda... Lee o que escribín eu... Por certo, esqueciches un posto de traballo que tamén se beneficia do turismo: PEÓN na BRIGADA de DESBROCES da DEPUTACIÓN de PONTEVEDRA, no Concello de Cangas (a ver se te sentes ALUDIDO...).

8) Escribes: "Vive no XXI e non pretendas dar leccións de moralidade e de respecto polo medio a ninguén."
Resposta: Eu vivo no século XXI, e faltaríame tempo para darche unhas boas leccións de MORALIDADE e RESPETO pola Natureza. Non penses que por ver a película de Avatar danche o carné de ECOLOXISTA...

Agardo a túa resposta, un saudiño.
Señor Louzán
RE: A QUEIMA DA CASETA DE AREAMILLA17-09-2010
Tranqui Antón Paxuriños vaite a dar un "sifá"se te alteras así.Por certo o do carguiño político vaiche planchado.
Ecolojetass
RE: A QUEIMA DA CASETA DE AREAMILLA18-09-2010
jajajaja, Non das ningunha rapaz, se continuas así, non vas a ascender de peón na brigada da deputación... dígocho eu que son o presi...

Outro xoguetiño roto... iso é o que eres. Cando se utilizan argumentos contra a vosa forma de pensar reaccionaria, non tedes outra forma de defensa, que os insultos persoais e colectivos do estilo "ecologhetas", "rojos" etc.

A min sobramente ARGUMENTOS, TI adoleces deles...

Un saúdo.
Señor Louzán
18-09-2010
Dialogar con persoeiros coma ti que vos creedes os mais intelixentes e os máis "argumentados" e por suposto sempre coa ultima palabra, non merece a pena porque acabas de demostrar que non sabes da misa a mitad.
Como podes obsevar para respostarte non preciso mudar de nick, e para desgranar unha a unha as tuas frases tería argumentos sobrados pero despois de calarte co comentario anterior xa abonda.
Reafirmome ao indicar que este tipo de actos están alentados por mentalidades reaccionarias, e con argumentacións coma a tua convencerás os débiles de personalidade a cometer barbaridades coma esta iso é o grave. Porque por desgraza os barbaros e descerebrados non pensan, se alimentan das opinions de outros para considerar que o fan con razóns, e esperaran que estes agradecido, eles desfixeronse do que non querias agora pensa ben por onde vas tirar a proxima vez xa ves os resultados dos teus desexos.
Agora quedate ti coa última palabra que eu seguirei creendo que así nos vai.

ACTOS VANDÁLICOS
RE: A QUEIMA DA CASETA DE AREAMILLA18-09-2010
A ver Paxuriños,non te enteras de nada eu non son ACTOS VANDÄLICOS.O reaccionario sempre foche ti e os teus comentarios o reafirman.Como daste por aludido con o de Ecolojetas,normal pois só protestas por algunhas cousas mentras que por verdadeiros atentados medioambientais que temos en Cangas día si e día tamén estas caladiño coma unha .....;curiosamente só te metes cos temas que se poden sacar rendemento político,que maneira máis curiosa de entender o ecoloxismo.O de "rojos" inventas-no tí xa que eu non mencionei ese termo,pero aí xa indicas a profundidade de teus "argumentos".Por certo non sei a quen te refires con o peón ... pero sempre pensei que é un traballo tan honrado coma outro.Se te refires a enchufes debes saber moi ben do que falas verdade,na Xunta entrou moita xente así fai anos co o PP gobernando...
Ecolojetass
RE: A QUEIMA DA CASETA DE AREAMILLA18-09-2010
O roio é que o Sr Louzán deixou en evidencia as vosas carencias mentais poñendovos en ridículo dunha forma que nin sequera chegades a comprender, e por iso, en lugar de marchar co rabo entre as pernas a tentar convencer a 4 xubilados, aínda volvedes a facer máis fondo o voso burato.

Polo menos é divertido
f&r
RE: A QUEIMA DA CASETA DE AREAMILLA20-09-2010
No ridículo máis absoluto, e a mirar se tirades as p**** palmeiras do dunar de Rodeira
bloque sosialista popular
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados