Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
Concellos
Indispensables
Donde ...
Guia
MORRAZO=SUBURBIO (DOT)04-09-2010
Haz click para ampliar O Foro Social de Cangas ten presentado alegación ás Directrices de Ordenación do Territorio, que veñen de rematar o seu período de esposición pública. Podedes ler o escrito presentado en http://www.cangasnonsevende.org/docs/DOTalegacionForoXX.doc.

Expresamos a nosa sorpresa pola desidia amosada polo concello de Cangas ao non presentar alegacións a unhas directrices que desprezan a Cangas considerandoa como unha simple zona suburbial da área metropolitana de Vigo, negándolle calquer valor cultural ou turístico, (non cita nin o xacemento do Facho, nin o Cruceiro de Hío, nin a ex-Colexiata, nin o casco vello de Cangas, nin as igrexas románicas, nin os castros, nin os petroglifos...) sen considerar tampouco actividade industrial ou produtiva algunha e simplemente considerándoa como zona urbana e de segunda residencia. Desprezando as carácterísticas rurais presentes no concello. Omitindo calquera mención a transporte público, sobre todo ó marítimo. Limitando os valores naturais ao LIC Costa da Vela e á Carballeira de Coiro, omitindo case 478 Hectareas de chan rústico de proteción de espazos naturais na península de Hio e na costa de Darbo, e confundindo zonas de proteción da natureza con zonas de lecer urbano.

FORO SOCIAL DE CANGAS
www.cangasnonsevende.org
>> Ampliar datos foro social de Cangas


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: MORRAZO=SUBURBIO (DOT)04-09-2010
E logho Cangas non tiña no turismo a súa máxima xustificación?
No farol cambian valor turístico por artístico
espe
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados