Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
Concellos
Indispensables
Donde ...
Guia
DEPORTE EN MOAñA30-08-2010
Primeiramente gustariame saber a quen se lle ocurriu a brillante idea de vallar a pista de BALONCESTO,( e non de futbol nin de bicicletas como pensan algüns pais, por que e moi comodo deixar os crios ahí, que non se perdan mentres toman cafés . O estado desta pista e lamentable, en lugar de gastalos cartos nunha alambrada innecesaria deberian invertilos en cambiar as canastas xa que as estructuras estan rotas en moitas das soldaduras. Falamos agora do carril bici ou cachos de carril bici, porque son diversos e continuos os obstaculos a sortear circulando en bicicleta, ademais, e visible a mala educación da xente que aparca nas entradas e saidas do carril coa consiguiente permisividade das autoridades,
lovada


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: DEPORTE EN MOAñA30-08-2010
¿Cal é a queixa? ¿Non querías almbrada?¿Non querias carris bici? Non se entende ben o que dis. Penso que o problema mais grave é a falta de educación da xente, o mal uso e o deterioro ven provocado pola xante mesma, que como dis, fai o que lle peta que "xa o arreglará o concello". No parque novo da Seara é un escandalo como usan os columpios para nenos pais e adultos, sabendo que con pesos superiores os dos rapaces todo se jode antes. E o da lura... en ningunha parte do mundo a xente se lle da por subirse a unha escultura, patexala e utilizala como enredo. Ata no Fisgon se sube a xente ¿que queremos? paus e mais paus, como dis, as autoridades permiten , xa é triste que se teñan que poñer multas por colgarse dunha estatua, polo ma uso dun parque, ou por aparcar no carril bici... iso di moito da sociedade dun pobo, de moaña.
Paaseante
RE: DEPORTE EN MOAñA30-08-2010
E por que non regular e sancionar o mal uso dos bens públicos?..Desgraciadamente e a unica forma de ir educando..pasa co tráfico etc.etc..
Os politicos sespre serán os responsables, non tentemos evadir responsabilidades....o das canastas é unha vergoña, imaxinome que traeran unhas novas...o carrril bici...en fin hai moito que mellorar...
baixo meu punto de viusta a denuncia e moi clara, non sei o que non entende o anterior comentarista...entendese perfectamente o que a tí non che parece ben, e eu comparto contigo todo.
Sabonis
RE: DEPORTE EN MOAñA31-08-2010
e os cans que mexan no choco e no fisgon teñen que ser multados, seamos serios levar o choco e poñer mais verde e o fisgon a rancalo e tiralo o mar .
moaña
RE: DEPORTE EN MOAñA31-08-2010
Esta moi clara a queixa e a comparto. Parece que o unico deporte que existe e o futbol (eu son futbolero) e deberianse fomentar deportes como o basket ou o tenis; e creo que no paseo sobra sitio pra 1 ou duas pistas mais, ainda que o sitio ideal seria donde está a nova pista de atletismo. O da pista de basket do paseo non ten nome, ou si... garderia vallada para pais comodos
veciño
RE: DEPORTE EN MOAñA31-08-2010
O "veciño", ten razon, o sitio ideal e o paseo da Xunqueira, total un pouco máis de cemento non pasa nada, ¿verda Valentín?, o outro día xuntificou a obra do atletismo dicindo que encaixaba no entorno..."ten cojones o tío".....
jamacuco
RE: DEPORTE EN MOAñA31-08-2010
O mellor das pistas de atletismo foi o color "asul fashion" a justo do alcalde...

Dentro de vinte anos tiraremos este atropello...

pistas fora do paseo da xunqueira
RE: DEPORTE EN MOAñA01-09-2010
Pois pa gustos a colores, e ainda que o principio pensei que quedaría peor, penso que cando esté rematada, co verde vai quedar moi ben. O azúl pareceme un puntazo, que fará destacar a zona. Co tempo será un lugar emblemático. Cando todo esté verde e as árbores medren quedará cojonudo.
Por certo, para os ecoloxistas, fagas onde fagas as pistas, ou o que se faga, haberá que joder algo ¿non? ou se o fas no monte non jdes monte? Pa unha vez na p. historia que se fai algo neste pueblo que non vaia dirixido ó futbol, parece que todo son críticas, porque saen caras, porque se fan nese lugar, pola cor, polas dimensións... parece que os campos de futbol non lle molestan a ninguen, o campo de keniata o lado do río, ou o do praia de meira... foron grandes ideas, igual que o campo de futbol na xunqueira co murallón, agora, unha pista de atletismo parece a aberración suprema.
Recordovos que os colexios estan sobre unha xunqueira, e hai 2 anos todos sabemos como estaba ese paseo, bueno, non estaba.
Xa veremos como queda todo o final.
Bolt
RE: DEPORTE EN MOAñA01-09-2010
A crítica a construccion das pistas e por escoller unha zona onde a día de hoxe se destinou moitísimos recursos para recuperala, de feito recupeorse unha zona maravillosa.
Esto non quita que se equivocasen metendo a toda presa a pasta do plan E en forma de cemento outra vez na propia xunqueira , houbera sido mais rentable escoller un sitio adecuado e facer unhas instalacions de verdade, porque recordovos que estas son de "mentira".....
Dende logo dende o punto de vista do atleta esto será un paso adiante, epro entendo que os politicos deben velar por todo o povo e escoller as mellores opcions e por suposto aceptar crítricas.

Bolt
RE: DEPORTE EN MOAñA01-09-2010
perdón o anterior comentario non e de Bolt ...
Abelendo
RE: DEPORTE EN MOAñA01-09-2010
Gustaríame saber se alguén ten algunha alternativa ó que se fixo para o atletismo en Moaña, empezando polos 5000 metros cadrados necesarios para facer esas pistas que serían de verdade, en que sitio se podería facer, que non agredise nada a natureza, e que non tivese un custe superio o que custaron as pistas azuis. Eu non sei de ningún sitio no concello, porque criticase o sitio, pero recordo que onde están as pistas era unha explanada de xabre, non habia árbore snin nada parecido.
¿sería mellor non ter feito nada?
Bolt
RE: DEPORTE EN MOAñA01-09-2010
seguramente a falla de ideas nos gobernantes e as presas por invertir o diñeiro fixeron este atropello....entendo que para eso está un político, e está claro que colleron o camiño máis doado.

Lóxicamente destinar ese diñeiro a compra de terreos noutro lugar daría para eso, para comprar terreos , e habría que esperar a outra partida para continuar co proxecto .
Pero baixo un punto de vista integral e sen medo o paso do tempo , sería unha solucion maravillosa.
Onde os atletas terían o seu stadio para facer todalas modalidades de competicions, vestiarios, probas nacionais etc.etc...

Mestre Mateo
RE: DEPORTE EN MOAñA01-09-2010
A bolt , miraselle o plumeiro, plantexa o que se fixo ou nada....joder amigo que facil o pos.
Pensa un pouquiño anda...
miau
RE: DEPORTE EN MOAñA01-09-2010
A ver, a parte do plumeiro que se me ve, ninguen deu a solución mellor, ideas mellores dounas eu tamén, coma vos;
Idea perfecta:
Mercar os terreos nunha zona que non moleste, afastada do entorno urbano, pero sen perturbar ningún espazo natural, nin afectar ningunha zona verde ou cauce fluvial, e facer un estadio como dios manda, con pista de 400X8, zona de salto, foso, zona lanzamentos con campo central, vestiarios e gradas cubertas para polo menos 400persoas, vestiarios, sala de ximnasio, iluminación , aparcamento e ben comunicado co centro e a vía rápida.
¿Que vos parece a idea? Eu penso que non está mal, o que pasa, é que non sei onde é ese sitio, nin se chegarán os cartos para todo. Pero como ben se apuntou, non sería mala idea o de gastar os cartos nuns terreos, o malo sería que estaríamos na mesma ca co centro de saude, están os terreos, pero non hai cartos para facelo, o auditorio, estan os terreos e non teñen cartos para facelo, asi, teriamos terreos para a pista, e non habería cartos para facela, e mentras esperas e esperas...
Pero bueno, non estaría mal ir pensando no futuro, e se podedes aportar onde é ese lugar que pode servir para as pistas boas pois xa se pode empezara traballar cos politicos que están e cos que vaian vindo para convencelos, a ver se cando estas estén malas pois se fai a mudanza e se da un paso mais para o atletismo.
Bolt
RE: DEPORTE EN MOAñA01-09-2010
Imos ver. Non se trata de facer una debate sobre a pista de atletismo ou polo menos non o vexo así. Unicamente seria criticable si non poden disfrutar da pista calquer veciño e se convirta en algo "privatizado", e esperemos que controlen o uso correcto e teña un mantemento adecuado. Do que se trata e de apoiar e dotar de instalacións adecuadas a outros deportes e para iso non se deben abandoar as instalacións xa existentes, que en Moaña somos moi propensos a iso
veciño
RE: DEPORTE EN MOAñA02-09-2010
A ver Bolt, se queres abandoamos o traballo, collemos os planos do plan xeral de Moaña e adicamonos a buscar a situacion perfecta para o futuro d atletismo, Moaña ten miles de heptareas de terreo e supoño que non será tan complicado aotopar unhas mellores.
Efectivamnete é probable que non dera os cartos para todo, ¿y? , mentres utilizamos as pistas provisionais de Meira e as profesionais de Cangas, que por certo son "COMARCAIS".

Remero
RE: DEPORTE EN MOAñA02-09-2010
¿pareceriavos normal meter o auditorio nun sitio incorrecto con tal de facelo?....esto mesmo fixeron en Cangas con moitas cousas, e dende logo non parece o mais axeitado, eso sí teñen de todo, pero o pobo perdeu moitisimo.
Cangués
RE: DEPORTE EN MOAñA02-09-2010
o das pistas na xunqueira e unha verdadeira cagada , poñan como se poñan, e sementar unha zona verde recuperada .os localismos podres fan estas cousas , porque os olimpicos do atletismo de moaña non xestionan para entrenarse en cangas , esto e como o do medico de meira , que como a casa do mar esta a 20k , por iso se queixan , ou como os xubilados , uns de moaña , outros de meira , domaio, e non sei que carallo pinran os de san martiño e os de tiran, e cada grupo ten que ter local , todo tipo de servicios .... e ainda asi non estan contentos , e digo eu non son xubilados do consello de moaña, e nesesario triplicar os gastos por os localismos podres que o final estamos pagando todos, xa estamos na era dun novo milenio . As pistas na xunqueira son un tapullo e un despilfarro de diñeiro e iso sabemolo todos os atletas tamen, outra cousa e calar a boca e que as fagan.
ocan
RE: DEPORTE EN MOAñA02-09-2010
Ainda que xa estamos derivando un pouco o tema, ten razon ocan cando fala de localismos. En Moaña hai un costume moi extendido que cando se fai algo, según conveña queremolo a portiña da casa, ou a portiña da casa do veciño, que aquí molesta!!, así vamos...
lovada
RE: DEPORTE EN MOAñA02-09-2010
Eu penso que está bastante claro o tema e o erro que se acometeu na Xunqueira , e coincido co "can"...uns queren médico a porta etc.etc...
a reponsabilidade está no Concello.O máis lamentable foron as declaraciuons de Valentin Piñeiro , que recordaba un forero " encaixa no proxecto da Xunqueira..." ..este home desde que xuntou con algún anda un pouco aljareado e alonxado do terreeo que pisamos o resto dos mortais.
PENOSO
RE: DEPORTE EN MOAñA02-09-2010
Bueno, como isto xa deriva a terreos que descoñezo, non sei a porta de quen estan as pistas, pois non opino mais do tema. O tempo dirá e o resultado das instalacións veranse nuns anos se se integran no entorno ou non. Non é igual ver agora valados , terra e escombro, ca todo con arbores e herba
Bolt
RE: DEPORTE EN MOAñA02-09-2010
A min a verdade e que hai algo que queda peor na Xunqueira que a pista, (por certo que non sei si a van a vallar, por que para iso facian o mesmo co antigo campo), o que fai mais daño a vista e a acampada da zona verde, algúns atan as sillas e as mesas e non te poñas alí que apañas, incluso teño visto como lle chamaban a atención a algun crio por interrumpirlle a partida de cartas cando lle caia a pelota ó lado
veciño
RE: DEPORTE EN MOAñA03-09-2010
"Veciño" deixa de decir sandeces....a xente que vai comer a Xunqueira non lle fai dano a ninguén, eso sí , poderíamos mellorar a sistema de recollida de lixo, por exemplo sacar as papeleras da alameda e deixar sólo os contenedores...facer campañas de sensiblizacion etc...despois dun Domingo coas papeleras a revosar as gaivotas pasanno pipa esparcendo a merda...
gaivota
RE: DEPORTE EN MOAñA04-09-2010
gaivota, as sandeces seran as que estás acostumado a dicir ti, respeta un pouco. Cando digo que non me gusta ese tipo de acampadas "a la orensana" e porque se apropian da zona, ou acaso non sabias que esa é unha zona para todos, e non para os que van as 8 da mañan a balizar a parcela atando mesas e sillas. Así que sin faltar, campeón!!
veciño
RE: DEPORTE EN MOAñA04-09-2010
Pa o das papeleiras, o que hai que facer é non deixar bolsas de lixo nas papeleiras que son para pequenos desperdicoos ¿ou tamen haberá que poñer un carteliño para os "burriños" do que s epode tirar dentro e non; papais, envoltorios, colillas, ... e non bolsas cheas de basura, porque a 30 mestros están oas contenedores do lixo, so 30 metros mais adiante, que é onde se debe tirar esas bolsas. ¿ti crees que o camion da basura chega ata o areeiro para recoller os contenedores?
Area
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados