Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
http://fastessaylb.com/
Indispensables
Donde ...
Guia
¿FERVEZA ESPECULA?22-08-2010
Segundo o Faro de Vigo de hoxe (domingo 22) o PP de Moaña ten “problemas íntimos”.
A min non é que me pareza mal que os do PP de Moaña anden a “chanchaso” limpo entre eles, o que de verdade me escandaliza é que o ínclito deputado Sr. Fervenza teña unha acusación formal de comprar o terreo do polígono a 6 € e o vendelo a 90 € sin dar explicacións ós representantes dos moañeses e moañesas que lle pagamos o sueldazo que cobra.
¿Iso non é especulación ou enriquecemento ilícito ou algo que non sei definir mui ben pero que cheira mui mal? (correxídeme o que cosideredes conveniente).
Que este individuo use prácticas mafiosas para acalar ós seus correlixionarios non me extraña dado o partido do que se trata (o PP, por suposto) e tendo en conta que esas maneiras mafiosas son práctica habitual dos seus dirixentes e o seguidismo cego e papanatas que practican as súas bases.
Pero Fervenza é un Deputado do Parlamento de Galiza (para vergoña dos moañeses e moañesas) ¿non tería que haber algún fiscal ou policía ou o que sexa que investiguen este asunto e nos den as aclaracións que nos merecemos?
Ou non as merecemos, xa non sei
O Vello Rosmón


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: ¿FERVEZA ESPECULA?22-08-2010
Vamos a ver, descubrimos a polvora hoxe ou que?. Cando este señor foi nomeado deputado, era construtor, nadaba na opulencia daquela burbulla e no medio da tropa do ladrillo (algo normal no seu partido) e cando se decidiu que ningún construtor podía optar a ser cargo público fixo a manobra de "pasarlle a empresa a muller", logo, deixaba sa por arte de maxia construtor (ainda que ampresa da muller se chame Jose fervenza Costas).
Canso se presentoui a alcalde moitos, sobre todo dos demais partidos, xa denunciaban que ese señor non podía chegar a alcalde, con todo o que ten o seu arredor. Pero para os Peperos, el era puro e bondadoso, e o apoiaron sen dubidalo, todo o mundo mentia, e eles dician a verdade.
En cada follón que montaron, en cada conflicto veciñal, en cada boicoteo de pleno, en cada unha das fotos de faro que sacaban, sempre lle daban a razón, cando a maioria deciamos o que agora din eles mesmos. ¿e que?, pois iso, que desa tropa non se aprobeita un, o da bisera primeiro andibo prendendo lume aquí e alá, e agora vai de puro e casto, o Nahur, polo que nin dios da un duro, agora resulta ser mais coherente e di que os métodos terroristas de Fervenza non son axeitados (como outros vimos denuncianco dende hai tempo), e fervenza di que os metodos do vello eran demasiado "fascistas", vamos, que vaia tropa. E por riba, o trapicheo do polígono, onde O mingueo tamen anda manchado , e sen embargo ladra e traba mais ca un can últimamente, agora que se ve como nº 2... ese vagoneta quere deixar o metal e sentarse na poltrona... pois levanna clara.
Pero esa tropa estase descubrindo como vemos, e cada día mais, porque ó final, todo o que antes eran súas mentiras agora son verdades, e todas as súas verdades agora vese que sempre foron mentiras.
Penitencia
RE: ¿FERVEZA ESPECULA?22-08-2010
E co do Poligono de Bueu que pensas que pasa, algo parecido, misteriosamente en mans de xente do entorno do PP,primeiro compran un terreno rústico a catro perras, gracias a información privilexiada, despois espran anos, aproban PXOM e se fan de Ouro, e as persoas que queiran unha nave que pajen ben, inda por riba o poligono ind que quere facer en Moaña,, sería un atentado medioambiental que mataría o nacemento do Rió da Fraga además de numerosos exemplares de flora e fauna autóctonos e conseguiría unha desprotección do monte que debderá ser alomenos parque natural, ou cambiar de categoría
, xa choraremos cando non queden carballos salgueros, castiñeirosetc, o bosque tradiciionjal e ben explotado é o futuro
Arriba o eucalipto
RE: ¿FERVEZA ESPECULA?23-08-2010
Dende sempre teño claro que a fervenza non lle interesa a politica máis que para lucro persoal:
Presidente do poligono daquela (Sociedade de interés económico se chama) para comprar tirado e vender a precio de ouro, logo aspirante a alcalde para rematar a xogada: un acordo de urbanización beneficioso para os promotores e pouco beneficio para o Concello (cesións de risa, coeficiente de ocupación das naves alto, etc...) desengañarvos, solo mira o seu cu e non os intereses dos veciños, e si ten que "cortarlle" a cabeza a algún dos seus o fará sen dudalo para o seu beneficio
EU O TEÑO CLARO
RE: ¿FERVEZA ESPECULA?23-08-2010
sempre foi asi e seguira sendo , os dirixentes da dereita sempre buscaron rodearse de persoas inorantes para poder dominalos sin prolemas, e cando un bota fora do testo, as gaivotas co instinto carroñeiro o comen sin paixon.
0 tirano
RE: ¿FERVEZA ESPECULA?24-08-2010
Non tedes nin idea do que faledes, e esas acusacións son moi graves e pareceme a min que quen as infundou vaille cair o pelodudo moito que isto xesa asi, e que sepades que na asamblea do venres isto xa quedou aclarado, e todos confiamos en Fevenza
popular
RE: ¿FERVEZA ESPECULA?24-08-2010
Coño, debe ter moita idea Fervenza, debe ter unha idea de carallo cando leva 4 anos acusando ó goberno de mil e unha cousas sen fundamento, sen probas, e claramente emntindo e enganando a xente. A estratexia da mentira é a do PP, gracias a iso está Feijoo na Xunta, que o final leva ano e medio enganandonos, e de todo o que dixo que ía facer , nada de nada, e o pouco que fai é montar lios e follons, privatizara todo tren, reducir servizos, e escapar pa madrid cada vez que pasa algo aquí ¿onde estaba co tema dos incendios? no 2006 "estaba botando unha man coa mangueirita" este ano carallo, estaba tentando tapar que galicia se queima polos catro costados, e menos mal que ven a chover, senon...
En fin, se fervenza non ten nada que ver co polígono que o diga e listo, pero iso tampouco pode.
Se fervenza ten probas de que Nahur ten algo co BNG que o demostre.
E se non ten probas de nada, que cale, el e o seu perrito faldero, que so fai ladrar cando tiña que estar mais cladiño ca ninguen.
Fervenza é como é, pero non podedes estar sempre dandole a volta a realidade, que agora parece que conspira o mundo contra vos, e vos tedes a razon e o mundo se equivoca.
Xa chegará o día, e todo acabará. Xa lle pasou a outros antes no PP, e non pasou nada. Pensade que cada 5 lexislaturas tocalle gobernar ó PP, pois ben, nesta non toca, así que tranquilidade, pensade nas de 2019, e ide preparando o candidato.
Judeomasónica
RE: ¿FERVEZA ESPECULA?26-08-2010
Feijoo esta na Xunta porque gañou con maioria absoluta, e isto foi porque o Touriño e o Quintana LA CAGARÓN, Feijoo alomenos non veranea en Barcos con vandeiras as que non quere, e ademais de mentiras pouco amiguiños esta a cumplir todo o seu programa electoral e se non votadelle una ollada, que de vez en cando leer ven ben, e con respecto o de Fervenza o de Especulador ides a ter que demostramo ou e que non podedes?? ala ala cada un o seu que en todos lados ai que rascar ehhh
cuadro
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados