Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
read this
Indispensables
Donde ...
Guia
A XUNTA NON PECHA O ORZAMENTO DA VISITA PAPAL10-08-2010
A Xunta ainda non sabe como vai gastar os catro millóns que custará a viaxe de Bieto XVI a Santiago en novembro. Oposición e asociacións piden que, ao igual que acontece no Reino Unido, sexa a Igrexa a que sufrague a estancia do pontífice que tan só estará oito horas en Santiago.


Dous millóns pola retransimisón da visita na TVG e outros dous para a organización do evento (seguridade, control de convidados e xornalistas, desplegue a policía autonómcia...). Iso é o que estima a Xunta que custarán as oito horas que Bieito XVI pase en Santiago. Uns cartos que, polo momento, non desglosa.

Os temores da oposición centranse na organización do evento. Témese que se cree unha fundación, tal e como xa aconteceu en Valencia, e que eses cartos vaian para afíns ao Partido Popular. O PSdeG xa denunciou as contratacións "a dedo" deste evento e preguntoulle ao Goberno galego pola contratación dun avogado "relacionado co PP e cos movementos católicos de Santiago" para a organización do evento. Os socialistas refirense a Víctor Cortizo que ata fai pouco era director do Secretariado da comisión episcopal de pastoral Xuvenil da Conferencia Episcopal e unha das das mans dereitas de Rouco Varela en Madrid.

Con todo, a Xunta insiste en que a organización corre a cargo da propia Igrexa e puntuliza que os gastos de aloxamento do papa e da súa comitiva corren a conta da arcas arzobispais.

Retransmisión

Outra das dúbidas do Goberno galego está no custe da retransmisión do evento. A pesar de que o estimaron en dous millóns, os gastos poderían ser maiores, tal e como xa lle aconteceu á RTVV (Radio Televisió Valenciá). Este ente público gastou 12 millóns durante a visita que o papa fixo a esta comunidade en 2006 e para a que se contrataron a comentaristas alleos á canle púlblica como os xornalistas Paloma Gómez Borrero ou Alfredo Urdaci.

Partidos da oposición e asociación critican xa esta viaxe e opoñense a que a Xunta gaste eses catro millóns previstos. En facebook xa se crearon diferentes grupos contrarios á visita papal. Moitos deles xa piden que sexa a Igrexa a que custee a viaxe papal cobrando polas súas misas tal e como vai a acontecer no Reino Unido.

Os críticos lembran que en 1982, Xoán Paulo II pasou as mesmas horas en Zaragoza que Bieito XVI pasará en Santigo e, daquela, o custe para a administración foi de pouco máis de 156.000 euros (26 millóns de pesetas).

Madrid, máis caro

Sen embargo, desde o PPdeG sinalan os "beneficios turísticos" e a "proxección internacional" que a visita papal terá para Santiago e descartan que sexa un despilfarro. E como teñen onde comparar miran para o Goberno de Madrid. E é que a futura visita de Bieito XVI a Madrid en agosto de 2011 para a Xornada Mundial da Xuventude (XMX) custará arredor de 50 millóns de euros.
O PAPA NON ACUSA A CRISE


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: A XUNTA NON PECHA O ORZAMENTO DA VISITA PAPAL10-08-2010
que lo pague la iglesia y los ignorantes y analfabetos de los catolicos
ateo y poteo
RE: A XUNTA NON PECHA O ORZAMENTO DA VISITA PAPAL10-08-2010
Hay católicos que no son ni ignorantes ni analfabetos.
ateo
RE: A XUNTA NON PECHA O ORZAMENTO DA VISITA PAPAL10-08-2010
claro los que no son ignorantes ni analfabetos son los timadores los ladrones los que que juegan con la fe de la gente los que alimentan la cultura del miedo los que viven como dios sin pegar palo al agua los que se follan a los niñ@s ....

las religiones alimentan la pobreza la y ignorancia
¡¡¡STOP RELIGION!!!
y sus celebraciones religiosas que las paguen ellos
Jamakuko
RE: A XUNTA NON PECHA O ORZAMENTO DA VISITA PAPAL10-08-2010
Como se rien de nós, nunha páxina do periódico din que os gastos corren por conta da igrexia para unhas páxinas máis adiante poñer en grande os millós de euros que a xunta invertirá en "seguridade". E dicir, primeiro métense no peto os non relixiosos co de que os cartos van por conta da igrexia, logo tentan gañarse os relixiosos poñendo ben grande a super inversión que o goberno noso, cristiano, romano e apostolico facha e neocom vai levar a cabo para traerlles a súa estrela disney favorita.

Eu non pago impostos para que a policía gaste o seu tempo e recursos protexendo a un delincuente como o papa ou os reis, eu pago impostos para que velen pola miña seguridade e a dos demais contribuíntes.

Pero aquí sempre houbo moito PAPAOSTIAS.
f&r
RE: A XUNTA NON PECHA O ORZAMENTO DA VISITA PAPAL10-08-2010
Nin todos os católicos son analfabetos, nin todos os ateos son intelixentes. Para mostra os comentarios que se escriben aquí.
unamuno
RE: A XUNTA NON PECHA O ORZAMENTO DA VISITA PAPAL11-08-2010
Home, creer en contos ficticios... moi intelixente non é xa de por sí. Para iso podes crer nos elfos de Tolkien que polo menos é minimamente coherente, non coma a biblia que semella escrita por unha panda de borrachos que non se lembraban xa do escrito na páxina anterior.

Crer nalgo por fé... manda carallo, hai que ser ben bobo.
f&r
RE: A XUNTA NON PECHA O ORZAMENTO DA VISITA PAPAL11-08-2010
Eu non son católico, pero é unha falta de respeto insultar a un católico unicamente por selo. Unha cousa é non compartila súa fe -que por certo non leva acento, para que mires que tamén hai ateos analfabetos- pero outra cousa é chamar bobo a todos por selo. A fe é unha cousa moi persoal, e o mesmo respeto que merece un ateo por non crer, meréceno un católico. Acaso Unamuno era bobo?
Unamuno
RE: A XUNTA NON PECHA O ORZAMENTO DA VISITA PAPAL11-08-2010
Home igual bobo non, pero xa me dirás que outro apelativo merece unha persoa que cree por crer sinxelamente.
f&r
RE: A XUNTA NON PECHA O ORZAMENTO DA VISITA PAPAL11-08-2010
Pois unhapersoa que cre sen máis, simplemente é un "crente". Non fai falta insultar.
Unamuno
RE: A XUNTA NON PECHA O ORZAMENTO DA VISITA PAPAL11-08-2010
Palabra de dios. Amén
f&r
RE: A XUNTA NON PECHA O ORZAMENTO DA VISITA PAPAL12-08-2010
o tambien se le puede llamar idiota sin mas y una cosa es creer y otra cosa es querer imponer su mierda de creencia
kkk
RE: A XUNTA NON PECHA O ORZAMENTO DA VISITA PAPAL12-08-2010
A persoa que simplemente cre é un crente, aquel que intenta impoñer a súa crencia é un ditador. Por desgraza, destes últimos hai moitos.
unamuno
RE: A XUNTA NON PECHA O ORZAMENTO DA VISITA PAPAL12-08-2010
Non será crédulo a palabras que tentas escribir? semella parecido mais son ben distintas.
f&r
RE: A XUNTA NON PECHA O ORZAMENTO DA VISITA PAPAL13-08-2010
Querido Unamuno, deixoche aquí un presente, a ver se segues pensando que intelixencia e fe poden ir xuntos:

http://video.google.es/videoplay?docid=739104736941335888&hl=es#
f&r
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados