Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
cover page for research project
Indispensables
Donde ...
Guia
UNHA EMPRESA SEN NINGúN CENTRO EN GALICIA FAISE CO 11210-08-2010
Telemark Spain será a adxudicataria do macroconcurso da Xunta para o "servizo de explotación do número único de emerxencias 112". A empresa de orixe leonés cobrará máis de 5,1 millóns por prestar este servizo á nova Axencia Galega de Emerxencias, segundo publicará o Diario Oficial de Galicia nas próximas datas.

A maioría dos centros de traballo desta operadora están en Sudamérica, en concreto nas zonas de Lima e Trujillo (Perú) e Pereira (Colombia). Ten tamén oficinas en León e Tarragona, pero ningunha en Galicia.

A fin dos servizos galegos de teleoperadoras

Cómpre lembrar que o sector dos 'call-centers' daba emprego a miles de galegos hai uns poucos anos. Con todo, a progresiva deslocalización das operadoras a países con menores custos laborais provocou a marcha da práctica totalidade das compañías e conflitos laborais como na delegación de Atento na Coruña, unha das poucas empresas que seguen operando dende o país.

Segundo poida saber este confidencial, ao concurso tamén se presentaron Atento, Global Sales Solutions, Mk Plan 21 e a UTE Contacnova.

O cambio da adxudicataria pode traer consecuencias para gran parte dos centos de especialistas do do 112, que na súa gran maioría non traballa para a Xunta, senón para empresas privadas mediante diferentes subcontratas
OUTRA MAIS DE FEIJOO


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: UNHA EMPRESA SEN NINGúN CENTRO EN GALICIA FAISE CO 11210-08-2010
Éche o que ten a privatización de servizos básicos, logo chamas o 112 para avisar dun afogamento na praia de Tirán e preguntanche que en que parte da costa brava queda iso.
f&r
RE: UNHA EMPRESA SEN NINGúN CENTRO EN GALICIA FAISE CO 11210-08-2010
No que Quintana y Touriño no privatizaron nada, ir a joder por ahí, antes seguro que habías las mismas cacicadas por desgracia, pero calladitos todos que somos progres.
otro
RE: UNHA EMPRESA SEN NINGúN CENTRO EN GALICIA FAISE CO 11211-08-2010
Non sei si alegrarme ou por triste. Se algún dos que falan ou redactaron a denuncia traballara no sector do telemarketing, ainda sabrian que non se perde moito.

O raro é que non lle deran o servizo a UNISONO SOLUCIONES DE NEGOCIO, que xa recibe de abondo en axudas cada semán.

Por min que ya dean a quen queiran, teñen que atenderte en GALEGO POR LEI, como en castelán.

Un saúdo que a explotación no sector do telemarketing está moi arraigado en galicia, como para xerar ainda máis.

PD: Non falar moito senon coñecedes o sector.
Cosas que pasan
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados