Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
Concellos
Indispensables
Donde ...
Guia
AS PAPELEIRAS DO RIO DA RIBEIRA09-08-2010
Simplemente recordarlle o Sr. Dani Rodas que si fai falla pedir un crédito para poder dotar a Praia do Rio da Ribeira en Tirán de unha mísera papeleira ou contenedor de basura, xa que a carencia delas obriga a os veciños a lévala pa casa no mellor dos casos, ou no peor deixala esparcida pola area. Tirán merece os mesmos servizos ca calquer praia do municipio.
ARNEIRON


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: AS PAPELEIRAS DO RIO DA RIBEIRA09-08-2010
A merda que se leva para apraia tense que levar de volta pra casiña. Xa ves o que pasa nas praias que hai papeleiras, a xente tira a bolsas cheas a plan fora, veñen as gavotas e fan un cisco. Non costa tanto coller a bolsiña e lavala ata un contedor, que hainos en calquera esquina. Estamos aconverter as praias en instalacións "inaturais" con tanto serviciio extra. A praia vaise ó que se vai, e non tes por que deixar nada do que levas.
Esa
RE: AS PAPELEIRAS DO RIO DA RIBEIRA09-08-2010
Totalmente de acuerdo esa
outra
RE: AS PAPELEIRAS DO RIO DA RIBEIRA09-08-2010
Eu non sei que carallo pasa neste pais. Antes ías a praia e habia pedras, bocho... e merda e basura que viña aboiada polo mar adiante, alcantarillas a botar... agora, arranxaronse algúns dos problemas, loxicamente, co alcantarillado, depuradoras, recollida de lixo.... pero, temos qu eter duchas nas praias, vixiantes, pasarelas, amacas, camillos adoquinados, aparcamentos, zonas arboladas, cagadoiros, maquinas que peneiren a area, limpadores de bocho, papeleiras cada 10 metros... xa solo falta que poñan un pantalla de tv coa wii... por aquilo de non aburrirse. Pois como se dixo arriba, a merda que levas para a praia é túa, e ben a podes levar de volta para a casiña, outra cousa é que na praia haxa merda que non é túa, que viu coa marea, ou o que sexa, esa terana que limpar o concello (sen esquencer, que amerda que acaba no mar é porque alguen a bota, non se xera por maxia), e se non queres levar a basura a un contenedor cando deixes a praia, pois telo doado, non leves mais ca o imprescindible, unha toalliña, a proteción solar e unha sombrilla, non fai falta mais. A ver se agora as praias teñen que ser piscinas, solo falta que se pida que cloren a auga para evitar infecións.
Propoño o modelo Cies, cada visitante leva a súa basura de volta, e xa non se precisa papeleiras, non fai falla personal, e as praias deixan de ser un gasto esperpentico nesta época, na que non temos pra comer e gastamos en estampitas.
Dacordo
RE: AS PAPELEIRAS DO RIO DA RIBEIRA10-08-2010
Está máis que comprobado que a demagoxia non ten límites, cando denuncio a falta de papeleiras non estou pedindo que se dote a praia de un servizo de spa, senon algo tan normal coma un recipiente que existe en calquer rúa de calquer pobo ou cidade do mundo para que os cidadáns non tiren os papeis na rúa. Os contenedores dos que se supón que tería que haber, están a 500 metros, un cerca do Marusía e outro no Fuxón, de todos modos si considerades que non fai falla este tipo de servizo nas praias, pa que carallo presumides de Bandeira Azul no Cón, que non se peneire a area, eliminar as duchas, cagar na praia é enchela de esterco.¡Hai que ter collóns!.
ARNEIRON
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados