Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
http://fastessaylb.com/
Indispensables
Donde ...
Guia
RECUPERACION DO LITORAL NA XUNQUEIRA-MOAñA20-07-2010
Haz click para ampliar ¿recuperacion litoral na xunqueira?....como se pode presumir de recuperar o litoral na xunqueira, se están introducindo toneladas de cemento na praia....esto é unha vergonza.
Xa non entro a valorar o custo da cementada, entre outras cousas porque o dano medioambiental non ten prezo.
Que alguén mo explique.....
Eu entendo que o deporte é importante..pero tanto como para sacrificar outra vez a xunqueira , repetirase a historia do campo de futbol, dentro duns anos será o Concello quen pague ou reclame sacar o cemento do lugar...para recuperalo ,esto é increible.
Por certo en onde andan os de LUITA VERDE...igual se perden en Masso...lamentable
¿LUITA VERDE ONDE ESTÁ?


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: RECUPERACION DO LITORAL NA XUNQUEIRA-MOAñA20-07-2010
Así é como actúa o BNG....e a oposicion en Moaña...onde está?....este tema está na rúa en Moaña dende hai moito tempo e non hai quen actúe...
vaia politicos
Cangués de pro
RE: RECUPERACION DO LITORAL NA XUNQUEIRA-MOAñA20-07-2010
Esto pasa por non saber onde meter os cartos dos plans Es....foron un autentico despilfarro en moitos pobos...por certo esa "cementada" custou 100 millons das antigas pesetas.Un disparate economico e ecolóxico...
Marajota
RE: RECUPERACION DO LITORAL NA XUNQUEIRA-MOAñA20-07-2010
Nengunha necesidade deportiva nen social debería xustificar o sacrificio de decadas da xunqueira.....
sobra terreo e monte por explorar na comarca
Daily Mirror
RE: RECUPERACION DO LITORAL NA XUNQUEIRA-MOAñA21-07-2010
O pior de todo é que parece que son un parche porque alguna das pistas non cumplen coa reglamentación...
O pior de todo
RE: RECUPERACION DO LITORAL NA XUNQUEIRA-MOAñA21-07-2010
Bajo mi punto de vista es un autentico parche, puesto que seguimos con muchas deficiecias, tanto a nivel de disciplinas deportivas (no acoje a todas) como a nivel aseos (carece de ellos) y vestuarios en el cual seguiremos como hace 30 años, es decir "sin duchar para casa".....Por otra parte creo que el deterioro de las pistas de tartán va a ser mucho mas rápido de lo esperado, el hecho de ser pistas abiertas provoca el uso incorrecto en muchas ocasiones (calzado inadecuado)...es una pena que no se invirtiera pensando en el futuro del deporte del atletismo , buscando ubicacion adecuada y un proyecto serio..
un saludo
Atleta samertolameu
RE: RECUPERACION DO LITORAL NA XUNQUEIRA-MOAñA21-07-2010
Alucinante, agora recupero, agora escarallo, agora recupero...realmente o do Plan E é un descontrol.

E indudablemente tamén, a culpa é de Luita Verde por non ter presentado unha denuncia a tempo, estes ecoloxistas que se cren, que o vran é para ir a praia ou qué?
oééééé oééééé oééééé
RE: RECUPERACION DO LITORAL NA XUNQUEIRA-MOAñA21-07-2010
E X.M. Millán e Victor Pastoriza and company que din? ¿están contentos coa desfeita da xunqueira?
¿E o ecoloxista de Daniel Rodas?
Vaia troupe
La trape
RE: RECUPERACION DO LITORAL NA XUNQUEIRA-MOAñA21-07-2010
un campo de atletismo olimpico solo hai en barcelona e en sevilla algo paresido, do resto......
e aqui estamos a falar de moaña.
o tirano
RE: RECUPERACION DO LITORAL NA XUNQUEIRA-MOAñA21-07-2010
De acordo, unha recuperación medioambiental non debería ter este tipo de infraestructuras, pero estamos a falar dun casco urban dun pobo practicamente, co cal é unha mellora sustancial, algúns poden ver o vaso medio cheo e outros medio libre, pero a cuestión é que a zona quedou inmellorable, incluso co tema dos xunco, que uns decían que estaban secos e non iban medrar pero a realidade acabou por demostrarnos que non foi asi e agora lucen esplendorosos os dunha parte e os da outra parte estan medrando vigorosamente. Con respecto as críticas por parte dos atletas pouco que dicir, simplemente que é algo, non pensaredes que Moaña en estes momentos pode permitirse ter un estadio de atletismo??? home si se pode facer unha cousiña máis pequena, pero onde e canto custaría????. En definitiva, sin ser o mellor do mundo esta recuperación (Eu diría que incluso máis que unha recuperación é unha adecentación da zona) mellorou unha barbaridade con respecto o estado anterior, iso sí poderian mellorarse cousas, pero iso esperemos que o señor natur-aleza nos trate de instruirnos coa sua crítica constructiva, Saude
O SINIOR AFRANIO
RE: RECUPERACION DO LITORAL NA XUNQUEIRA-MOAñA21-07-2010
O Siñor Lambecús do BNG
tudo bein
RE: RECUPERACION DO LITORAL NA XUNQUEIRA-MOAñA21-07-2010
Pois sí, é verdade, recuperouse a zoa e logo chafan o tema con esta metedura de pata.
Si os de Moaña estamos esperando a que os dirixentes das Asociacións ecoloxistas digan algo imos apañados. Estes dirixentes ( non o colectivo) soio se preocupan dos temas que teñan tirón mediático ( Massó, caseta dos socorristas de Areamilla.....) o resto non lles importa.
Pero é o que hai, son os dirixentes que logo saen como " os últimos de filipinas" nos plenos de Cangas pero non din nada de isto de Moaña, nin do roubo das sinais de Cabo Home, nin saen nos medios denunciando estes casos.
Unha pena que estes colectivos estén nas mans destas persoas.
Farto dos dirixentes ecoloxistas
RE: RECUPERACION DO LITORAL NA XUNQUEIRA-MOAñA21-07-2010
ala ala, veña, está todo mal. jaja
Antes estaba moitisimo mellor, onde vai parar.
Xaxa
RE: RECUPERACION DO LITORAL NA XUNQUEIRA-MOAñA21-07-2010
O proxecto de recuperación ambiental da Xunqueira prevía nesa zona un espacio de uso deportivo.
A Lei de Costas permite situar en dominio público marítimo-terrestre instalacións deportivas ao aire libre.
O proxecto das pistas de atletismo foi autorizado por Costas.
A praia da Xunqueira é unha praia urbana e o seu dominio público está urbanizado; non son as dunas de Corrubedo, nin siquera a praia de Liméns.
Durante anos houbo na zona un cuartel da guardia civil en ruinas, un bosque de silvas na parcela do cuartel; un aparcamento chabolistas ao lado do día; un campo de fútbol que ocupaba 15.000 metros cuadrados cuns muros de tres metros de alto, e ninguén se qeixaba: todo estaba ben ata que veu alguén que dixo que estaba mal e cambiouno todo.
O "atleta" de Moaña pode utilizar as modestas pistas que o Concello pode construír, ou ben esperar 30 anos a que o Concello poida construír outras, ou ir a Cangas e usar as que construíu a Xunta costando 10 veces máis e que practicamente non se usan. Aí o tartán nunca se vai a desgastarse.
Esperar a que acaben as obras antes de tanto queixarvos, e sobre todo esperar a que usen as pistas as ducias de atletas do Clube de Atletismo Samertolameu e os centos de rapaces dos colexios de Reibón a A Seara. Despois ides onda eles e dicirlles que hai que levantalas porque son un "atentado" ambiental. E de paso tamén hai que levantar os campos de fútbol-7, o paseo da Seara, o Pósito, o Palco da Música, porque todos son "atentados" ambientais.
Desde logo, hai quen fala porque non sabe estar calado...
OUTRO ATLETA
RE: RECUPERACION DO LITORAL NA XUNQUEIRA-MOAñA22-07-2010
outro atleta,podese dicir mais alto pero non mais claro.concordo contigo.
lois
RE: RECUPERACION DO LITORAL NA XUNQUEIRA-MOAñA22-07-2010
Que quieran hacer una pista de atletismo para o club de atletismo, me parece bien, pero lo que no me parece bien, es que la pista que estan haciendo sea de tan alto coste y no sirva para competiciones y solo sea para entrenar las personas que la utilicen.
Ally
RE: RECUPERACION DO LITORAL NA XUNQUEIRA-MOAñA22-07-2010
Se estades a esperar polos ecoloxistas ides apañados. Mentres goberne o BNG non van abrir a boca, isto esta mais ca politizado.
O xunco
RE: RECUPERACION DO LITORAL NA XUNQUEIRA-MOAñA22-07-2010
un respeto para os ecoloxistas que gracias a eles o morrazo e tamen moaña non esta peor , o que pasa e que estan solos loitando polo ben de todos e o mesmio tempo na maioria das veces con casi todos en contra . Fan unha gran labor, pero sabemos que e ocultada tanto polos politicos como polos medios de comunicacion, animo e para diante , loita verde sempre.
o can
RE: RECUPERACION DO LITORAL NA XUNQUEIRA-MOAñA22-07-2010
Pareceme lamentable que non teñamos vision comarcal das cousas....ben sexa no atletismo, posto que temos un campo comarcal faito en cangas ou noutros ambitos como , sanidade garda civil etc.etc..Non me extraña que os veciños de Meira queiran o medico a porta da casa....

Mellor seria destinar os cartos a compra de terreo para nun futuro facer todalas necesidades...

A esto os politicos non lle ben rédito electoral....o seu paso efímero polo concello fai non pensar nestas solucions...e o "agobio"do Plan E xustifica todo.
En canto a utilizacion dos nenos de Reibon para xustificalo pareceme lamnatable....
E mais no seu momento o BNG quería facer os campos de queniata no monte do Con...para despexar a xunqueira,debeu ser un lapsus .....digo eu....
Agoras xustifican coa cariña dos nenos de Reibon....
dardo
RE: RECUPERACION DO LITORAL NA XUNQUEIRA-MOAñA22-07-2010
Estou dacordo co despilfarro que supon non aprobeitar os recursos con vison comarcal...
o BNG presume dunha cousa e logo fai a contraria, igual que coa privatizacion dos servizos...
SOS masso
RE: RECUPERACION DO LITORAL NA XUNQUEIRA-MOAñA22-07-2010
segun algun , agoraa culpa e de costas...non te jode ou da zona maritimo terrestre etc.etc...de que foi a proposta ? ¡quen o aprovou?
politica basura
RE: RECUPERACION DO LITORAL NA XUNQUEIRA-MOAñA23-07-2010
Xá teñen dabondo co C.S DO SALGUEIRON.
deixade tranquilos ós de luita verde
RE: RECUPERACION DO LITORAL NA XUNQUEIRA-MOAñA23-07-2010
Pero de verdadade de que non habrá naide que controle cómo e de que forma se van a gastar cerca de 100 kilos de pesetas nesta obra...Que % lles queda no bolsillo a cada concellal por esta obra, ou sólo lle queda o de deportes ou cal corresponda..., porque eiquí non se move naide, están todos caladiños como petos...será que están todos de acordo...e por qué será???
Abelendo
JAJAJA23-07-2010
SE fixeran aparcamentos ahí...mellor nos iría
Solana
RE: RECUPERACION DO LITORAL NA XUNQUEIRA-MOAñA23-07-2010
NO NOVÓ DISIONáRIO , da regál académia , Bnguai, asetuáse tádas as palábras, "LLÁNAS". estades acabados!!!
romél
RE: RECUPERACION DO LITORAL NA XUNQUEIRA-MOAñA23-07-2010
estoy de acuerdo con algun comentario que se expone aqui
sobre que antes esto estaba peor con el cuartel, campo de futbol etc
y veo muy bien que se haga esta pista de atletismo
pero ¿de verdad que no hay otro sitio donde ponerla?
anda que no habra sitios
estoy totalmente a favor de que se hagan cosas en moaña pero hay que saber elegir un poco el sitio
sargo57
RE: RECUPERACION DO LITORAL NA XUNQUEIRA-MOAñA24-07-2010
Que mania que tedes co atletismo, ainda non está a obra rematada e xa decides que é un desastre. ¿Hebrá outro sitio? Si home, na tua casa segguro que tes sitio para un estadio, agora di un sitio ti, así chanciño, e de paso xa , que saia o lote por 500000 euros, cun plazo de execución de 6 meses.
Menos mal que non vos fan caso , senon non se facia nada, porque poñedes pegas ata pola cor da folla dos árbores que se elixan.
Errequeerre
RE: RECUPERACION DO LITORAL NA XUNQUEIRA-MOAñA24-07-2010
Eu solo quero decir unha cousa. Todos estabamos de acordo en levar o campo de futbol para outro lado para mellorar a zona e agora non me parece nornal que no sitio donde estaba o campo agora poñanse unhas pistas.
O final todo é politica..... A que leva ???? por decir algo .... deportes en Moaña é a muller dunha persona importante dentro do atletismo... ?????
politica = amigos = cousas mal feitas
relojero
RE: RECUPERACION DO LITORAL NA XUNQUEIRA-MOAñA25-07-2010
Deportes en Moaña=por fin alguen se acordou,
seguide así!
Luis de Matos
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados