Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
Concellos
Indispensables
Donde ...
Guia
25 DE XULLO13-07-2010
Persoeiros da sociedade galega chaman a manifestarse con Causa Galiza pola autodeterminación e contra o capital

http://causagaliza.org/rag

Causa Galiza avanzou esta mañá os actos para o 25 de Xullo, que se convocan baixo o lema Para enfrentarmos o capital, aquí e agora soberanía nacional. A organización afianza neste cuarto ano o programa, encabezado pola marcha unitaria que vai sair ás 13:00 da Alameda, e que por primeira vez vai incluír tamén un concerto. Ademais, a iniciativa presentou un manifesto de apoio, asinado por numerosos persoeiros da sociedade, a cultura e o mundo sindical galego.

Volvendo ao adro de San Martiño Pinario onde se dera a coñecer a iniciativa en 2007, Causa Galiza presentou hoxe á mañá os actos unitarios do soberanismo galego para o Día da Patria, que convoca por cuarto ano consecutivo. Organizados baixo o lema Para enfrentarmos o capital, aquí e agora soberanía nacional, a xornada dará comezo coa tradicional manifestación, que terá saída ás 13:00 na Alameda de Compostela.

Causa Galiza presentou tamén un manifesto de apoio no que máis de sesenta sinaturas da sociedade, a cultura e, especialmente, do mundo sindical galego chaman a participar dos actos convocados pola iniciativa soberanista. Leonardo F. Campos (O Leo), un dos asinantes do documento, deu leitura o manifesto no que se afirma que “a superación do marco xurídico-político español, baseado fundamentalmente na Constitución Española e no Estatuto de Autonomía, ten que vir do exercicio inalienábel do dereito de Autodeterminación”. O cantautor punk quixo sinalar que se prestara a facer de voceiro dese manifesto porque “é a primeira vez que me sinto identificado e ilusionado cunha iniciativa”.

Charo Lopes, membro da portavocía, destacou os esforzos de Causa Galiza por “incidir nas relacións entre a loita autodeterminista e a actual situación económica”, reflectida no lema deste 25 de Xullo. Así mesmo, avanzou o programa de actos da organización para este Día da Patria. Ao remate da manifestación, a iniciativa vai realizar o xa tradicional xantar de convivio no parque de Belvís.

Neste mesmo espazo, van realizarse debates políticos sobre os movementos autodeterministas no Estado Español, a relación da crise coa reivindicación soberanista ou a situación da lingua galega. O programa compleméntase ademais con presentacións de libros, competicións de billarda e fútbol e actividades para os nenos e nenas. A partir das 20:00, e como principal novidade, vaise celebrar un concerto coas actuacións de Projecto [‘trεpja], Labregos no tempo dos Sputniks e Fracasados de antemano.


Manifesto de apoio á Iniciativa Popular Causa Galiza e aos actos do día da Patria Galega

As persoas asinantes deste manifesto, comprometidas co noso Pobo e o noso País declaramos:

1º O noso compromiso coa superación do marco xurídico-político español, negador da nosa realidade nacional e da capacidade do noso Pobo para decidir por si mesmo. A superación deste marco, baseado fundamentalmente na Constitución Española e no Estatuto de Autonomía, ten que vir do exercicio inalienábel do dereito de Autodeterminación.

2º Recoñecemos na Iniciativa Popular, Causa Galiza, un proxecto necesario para a acumulación de forzas autodeterministas. O desenvolvemento pleno da Iniciativa é fundamental para enfrontar os retos que temos por diante: socialización do dereito de Autodeterminación, denuncia da insuficiencia do marco constitucional e autonómico e rexeitamento dunha hipotética reforma estatutaria.

3º Facer um chamamento aos traballadores e traballadoras, estudantes, activistas e militantes, aos cidadáns e cidadás deste País e ao Pobo galego en xeral para participar activamente nos actos axendados por Causa Galiza para o día da Patria e moi especialmente para secundar a manifestación que sairá da Alameda de Compostela ás 13:00 horas que reclamará a Soberanía Nacional.

Adiante a loita pola Autodeterminación e a Soberanía Nacional!

Asinantes:

María Xosé Abuín (secretaria nacional CIG-Saúde)

Rafael Aguirrebengoa Esnaola (membro da executiva nacional CIG-Administración)

Roberto Alonso Iglesias (secretario comarcal CIG-Servizos Compostela)

Maruchi Álvarez Barreiro (secretariado nacional CUT)

Pablo Andrade Taboada (activista queer)

Anxo Angueira (profesor)

Xiana Arias (xornalista e escritora)

Carlos Barros Gonçalves (xornalista)

Laura Bugalho Sánchez (membro da executiva confederal da CIG)

Begoña Caamaño (xornalista e escritora)

Marcos Cadórniga López (membro da executiva comarcal CIG-Pontevedra)

Manuel A. Camaño Fandiño (secretariado nacional CUT)

Xan Carballo Rodríguez (executiva comarcal CUT-Coruña)

Francisco Xavier Cartelle Pérez (membro da executiva confederal da CIG)

Xabier Castro (executiva comarcal CUT-Morrazo)

Ricardo Castro Buerguer (secretariado nacional CUT)

Rubém Centeno Paradela (activista queer)

Manuel Chao Dobarro (avogado)

Borxa Colmenero Ferreiro (avogado e activista do C.S. Aguilhoar)

Leonardo Da Cruz (secretario comarcal CUT-Compostela)

José Manuel Dopico (activista transfeminista)

Ramón Fernández (secretario comarcal CUT-Morrazo)

Leonardo Fernández Campos (cantautor punk e poeta)

Ana María Fernández Naya (membro da executiva comarcal CIG-Coruña)

Duarte Ferrín Iglesias (activista de A Ría Non Se Vende)

Óscar Gomes (voceiro de Ceivar)

Pilar González Rodríguez (educadora infantil)

Rosario Iglesias (executiva comarcal CUT-Ribeira)

Sabela Iglesias Garrido (activista de A Ría Non Se Vende)

Ramiro Ledo Cordeiro (cineasta)

Manuel López Besteiro (secretariado nacional CUT)

Cristina López Novas (executiva comarcal CUT-Morrazo)

Xesús Anxo López Pintos (portavoz comarcal CIG-Ferrol)

Gustavo Luca de Tena (xornalista)

Nuria Mariño González (executiva comarcal CUT-Vigo)

Encarnación Martínez Collazo (executiva comarcal CUT-Vigo)

Conchi Mogo (membro do C.S. Mádia Leva!)

Adolfo Naya Fernández (membro da executiva nacional CIG-Servizos)

Gemma Novelle Marcos (executiva comarcal CUT-Vigo)

Anxo Otero Prados (membro da executiva nacional CIG-Químicas)

Marcos Payno (músico)

Xurxo Paz (activista do C.S. Aturuxo)

Rafael Peña Vidal (membro da executiva comarcal CIG-Compostela)

Dionisio Pereira (historiador)

Beatriz Peres Bieites (militante reintegracionista)

María do Cebreiro Rábade Villar (escritora)

Davide Rodeiro (responsábel nacional de Siareiros Galegos)

Xosé Ramón Rodríguez Franco (secretario comarcal CUT-Coruña)

Francisco Rodríguez Martínez (membro da executiva nacional CIG-Metal)

Olga Romasanta (membro da A.C. Foucelhas)

X. Manuel Romero (secretario comarcal CUT-Ribeira)

Alexandre Romero Maceda (secretario comarcal FGAMT-CIG Ferrol)

Paulo Paio Rubido Bará (secretario nacional CIG-Servizos)

Ana Salgado (crítica literaria)

Eduardo Sanches Maragoto (militante reintegracionista)

Ramón Santos Hermida (activista transfeminista)

Eduardo Sebio Molguero (membro da executiva comarcal CIG-Compostela)

Pepita Seoane Vaz (militante antifascista)

Isabel Suárez (executiva comarcal CUT-Morrazo)

Carlos Taibo (profesor universitario)

Paulo Tobío (membro do C.S. A Revolta)

Telmo Varela (secretario comarcal CUT-Vigo)

Carlos Vázquez (secretario comarcal CIG-Servizos Ourense)

Xermán Viluba (presidente da Liga Nacional de Billarda)

María Xosé Vizoso González (membro da executiva nacional FGAMT-CIG).
gandalf


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: 25 DE XULLO13-07-2010
joder vaya lista de traballoderes.........
jua
RE: 25 DE XULLO13-07-2010
Non home os traballadores son eses da roja, multimillonarios en pantalóns cortos, hai que foderse!!!!
O SINIOR AFRANIO
RE: 25 DE XULLO13-07-2010
Ostias, falta a sinatura de Adolfo Domínguez!!! que ese si que é un gran traballador XD
f&r
RE: 25 DE XULLO13-07-2010
vaya payasada fai uns dias saliron os fachas españois e agora tocalle o turno os fachas galegos, a culpa e de quen vos fai caso si forades a traballar
nen bandeiras nen fronteiras
RE: 25 DE XULLO13-07-2010
Canta razón. Suscribo o comentario, só que eu penso que cantas máis fronteiras mellor.
f&r
RE: 25 DE XULLO13-07-2010
Xa entendo a estes defensores da Patria Galega, levan debaixo do brazo o "Mein Kampf" de Hitler, e a esvástica non se lles mira porque a levan tapada por riba cunha desas estrelas vermellas que agora seica representan a todolos galegos, non sei...
Lobo
RE: 25 DE XULLO13-07-2010
O lobo estepario ataca de novo, que pena que sexa unha especie venida a menos na península ibérica, cre o ladrón que todos son da sua condición
O SINIOR AFRANIO
RE: 25 DE XULLO14-07-2010
AFRANIO aqui si que vas a ir a gritar beeeee beeeee beeeee ou non?
gaviota
RE: 25 DE XULLO14-07-2010
fora causagz!! biba clara millon e os bnewais de kanjas
workclass
RE: 25 DE XULLO14-07-2010
BIBA! Como están as escolas, que medo.
f&r
RE: 25 DE XULLO14-07-2010
A ver se te enteras galega, vou defender a miña terra, a miña cultura, a miña lingua etc etc etc, non a moda da "roja", e se fai falta eu so non coma vos que necesitades compañía se non caca de la vaca. Por certo non decías que eras Moañesa e galega????? pois demóstrano tamén o 25 de xullo, pois hai varias manifas e podes escoller a que máis che guste. saude e terra
O SINIOR AFRANIO
RE: 25 DE XULLO14-07-2010
Os da ROJA son tan traballadores como FERRIN, cada un no seu. ¿ e que Ferrin e tan pobriño que ten que andar a pedir?.
Antonio Maria rouco Varela
RE: 25 DE XULLO15-07-2010
E moito máis loable andar a pedir que gañar millóns e mandalos para Suiza ou Andorra coma a meirande parte dos deportistas profesionais teñen por costume.
f&r
RE: 25 DE XULLO15-07-2010
Pero e que o Sr FERRIN non anda a pedir., E que vive como un monarca, (en todos lados se cocen fabas.)
Antonio Maria rouco Varela
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados