Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
Concellos
Indispensables
Donde ...
Guia
O NEGOCIO DO DESDOBRAMENTO30-06-2010
Non hai como estar no poder para repartir negocios seguros entre os amigos. O conselleiro de infraestruturas (e médio ambiente!!!) xa ten todo listo para o larpeiro concurso da concesión do desdobramento do corredor do Morrazo. Unha obra ilegal incluída nun inexistente Plan Move e nun Plan Director de Estradas sen aprobar, que ten un presuposto de execución material de 49.489.122,33 €, pero que rapidamente se convirten en 68.314.784,46 € como presuposto base para a licitación (?) e IVE, e que grazas ao sistema de concesión pagarase a inversión inicial en cómodas cuotas durante 25 anos. Estas cuotas, que parece que será o posible concesionario o que as oferte, xa adianta o estudo de viabilidade económica (preparado xentilmente pola administración) que poderán ser de 9.540.000 € + IVE anuais, o que da uns ridículos 303.936.696 € + IVE nos 25 anos, maquillados iso si coa conservación da estrada e das outras estradas autonómicas do Morrazo, que o estudo cifra nuns 60 millóns nos 25 anos.
Unha obra de 49 millóns póla que se pagarán 300?
Non nos deixemos manipular e botemos a patadas a estes parásitos
>> Ampliar datos Alí Babá e os seus 40 amigachos


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: O NEGOCIO DO DESDOBRAMENTO30-06-2010
Pero ademáis, segundo dician onte no Faro, leva incorporado o negocio de mantemento de toda a rede autonómica (sur e norte) do Morrazo, explotacíón dunha gasolineira restaurante en San Lourenzo e "unha prima" por número de coches que pasen polo corredor...
E logo virá a renovación da concesión...O Morrazo dunha empresa os vindeiros 100 anos¡¡
Moañes
RE: O NEGOCIO DO DESDOBRAMENTO30-06-2010
a culpa e nosa, por piraslle o pedal demais,`por votar a quen nonse debe nas elecions, por ter unha clase politica que traga con todo sin mais,pola desmemoria, acaso non recordan quen fixo esta estrada, quen foi o culpable, temos o que meresemos, agas os ecoloxistas, non escoitei a naide posisionarse encontra de verdade como ten que ser, o resultado e outro peaxe de rande o morrazo, pero tamen nesta ocacion teran que ser os veciños os que gañen esta loita que comenza.
o can
RE: O NEGOCIO DO DESDOBRAMENTO30-06-2010
Botar? Xa os votamos hai un ano ¿ou non tes memoria? é o malo dos galegos. A memoria é pouca, e enseguida nos olvidamos, somos así. Pero é o que hai, queriamos jasiosa, pois aquí a temos, agora temos que tragala todos, e a min faime un daño os jases....
En fin, agora tragaremos coa nova peaxe (claro a de audasa xa a venderan hai uns anos, estes mesmos, xusto cando ía ser libre de peaxe miraron que habia nejocio), o hospital de referencia para os do morrazo seguirá sendo privado, mais povisa pa todo dios, o hospital con maior lista de espera de toda españa e dos de europa. seguimos sen transporte metropolitano porque ninguen ten huevos a quitarlle as concesións a monbus, que por certo, lles renovaron así de colegueo nada mais chegar a xunta, polo caladiño pa que ninguen se enterara.
E tantas e tantas , e tantas... e so nun ano. E queixamonos do despacho de Touriño, da foto de Quintana.... así somos coitadiños.
POis nada, en herencia deixaremoslle os netos unha peaxe mais.
E a seguir coa jasiaosa, ainda que nos mate.
Auguiña de Mondariz.
RE: O NEGOCIO DO DESDOBRAMENTO01-07-2010
Parés que queres disir que o de Tourito e King Tana eran menudensias, pero o primeiro non se cortou de vir a inujurar a falcatruada do corredor e o sejundo ainda ten que explicar como era que se chejaba el á Xunta o problema do urbanismo especulativo en Canjas se ía solucionar, xa miramos como trata Clarita aos de Rapiña Atlántica e Promalar, pouco menos que poñéndolle alfombra de veludo.

Mais do mesmo e aínda por riba, agora na oposición mantéñense caladiños non vaia ser que os que os financian lles pechen a billa.

Ó mellor é bó ir mirándoos desaparecer un a un, nas próximas municipais desaparece o BNG, e xa irán indo tamén os outros, aínda que como continúe a economía como vai penso que as solucións que vai tomar a xente van ser muito máis radicais.
cleptocracia
RE: O NEGOCIO DO DESDOBRAMENTO01-07-2010
Ti mesmo o dis, o dos outros , o lado destes, son tonterías, pero tamen afirmas o que eu digo, a estes permiteselle todo porque sabemos quen son e xa o esperamos, aos demais cricificanse por non parecer honestos, non fai falla nin xuicios nin nada mais.
A hí temos ós centos de alcaldes do BNG no carcere, ou en xuizos, ¡¡bufff¡¡, e estes teñen todo un Conselleiro imputado a espera de sentenza e non pasa nada.
Pois iso, como ti dis, que desaparezan os pequenos para que os grandes gobernen sen oposición. Despois tiralle pedras a goliat, a ver se lle atinas no ollo.
Que triste.
Tristisimo
RE: O NEGOCIO DO DESDOBRAMENTO01-07-2010
Pois se pensaban que a xente era parva e que despois de anos dicindo unhas cousas ían tragar con que fixeran outras totalmente distintas estan fodidos.

Quintana foi un traidor a anos de loita nacionalista, e os que se manteñen agora no chope igual, e xa vale con que ven o lobo, sodes todos iguais, espabilade polo menos e traballade contra a desfeita e non só para manter os vosos pequenos recunchos de poder.
traizón a anos de loita
RE: O NEGOCIO DO DESDOBRAMENTO01-07-2010
E o de pequenos é vitimismo, o BNG chegou a ser a segunda forza parlamentaria, o que esta claro que non foi co discurso de hoxe
cc
RE: O NEGOCIO DO DESDOBRAMENTO01-07-2010
Eña, seguide votando polo partido que vos indica a televisión, como se só existisen os partidos que eles queren
f&r
RE: O NEGOCIO DO DESDOBRAMENTO02-07-2010
A xente votara a quen pense, e haberá quen se preocupe por ter información e haberá quen lle dea igual, pero é de flipaos pensar que algún partido nasceu coa licenza divina para dicir unha cousa e facer outra coma se a xente fora parva para non darse conta.
Espabilade ou desaparecede sen dala vara máis.
hai que ir morrendo
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados