Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
against same sex marriage persuasive speech
Indispensables
Donde ...
Guia
SOBRE MOAÑA08-06-2010
A ver quixera decir que o noso pobo cambiou bastante nos últimos 4 anos e para ben, hai máis e sobre todo mellores infraestructuras pero quixera denunciar dúas "cousiñas": ¿para cando o puñeteiro auditorio e para cando un centro de saúde en condicións? é que penso que son dúas cousas básicas e necesarias e fai moitos anos, moitas lexislaturas e moitos partidos gobernantes (básicamente todos) que xa pasaron polo concello e nestes dous temas ná de ná...
Paquita


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: SOBRE MOAÑA08-06-2010
Pa cando MOAÑA chegue a ter 20000 habitantes probablemente, pouco lle falta, pero partido que goberne cando pase iso se quedara moitos anos, xa verás, espero que non sexa co Fervuras, que sino, pfffffffff, canta especulación mais teremos que aturar
xoubaman
RE: SOBRE MOAÑA09-06-2010
especulación a ke temos agora, que votades por fora e non sabedes nin o k dicides
1
RE: SOBRE MOAÑA09-06-2010
Moaña non e so o centro, proque na zoa rural esta totalmente abandoada, estara moi bonito o centro , pero ir polos barrios aver como estan, e o do auditorio e o centro de saude preguntarlle os q estan no concello....
Os demais veciños de Moaña, pagan o mesmos impostos que os do centro do pobo, e non teñen nada.
Piscis
RE: SOBRE MOAÑA09-06-2010
joder paquita como se che vé o plumero.ja,ja,ja

Como dí o compañeiro, o rural está abandoado, sabaceda,broullon,paradela, tiran xa non che conto, parroquia meira etc...tan só fixeron moi habilmente inversions nas grandes urbes (moaña centro e paseo domaio) e menos mal que entraron os plans E, que si non habiache contar eu a xestion privatizadora do hipócritas que din ser de esquerdas...
parque Tiran xa
RE: SOBRE MOAÑA10-06-2010
Aqui vai polos votos que poidan obter, os do rural como somos mais parvos que os do centro, ou iso queren pensar eles, pensan que non imos demostrar nas urnas que levan duas lexislaturas tomándonos o pelo.

Para o centro plantitas, flores, farolitas e parques biosaudables e nos o mais biosaudable que temos son os fenteiros que nos medran nas cunetas.

Temos parques que dan pena, todo hai que miralo polo lado bo, os nenos xogan ao escondite entre os fenteiros, temos unha chea de camiños sen alumeado público, hai que miralo polo lado bo, os mozos e mozas levan os seus amorios escondidiños, non temos auga pública, hai que miralo polo lado bo, cando quedamos sen auga dos nosos embalses privados non nos lavamos e non gastamos a piel, nin en xabón....

Non temos saneamento en moitas casas, hai que miralo polo lado bo.... eu non lle atopo lado bo.

Non temos servicio de autobus... o lado bo que facemos exercicio de carallo pateando.

Pero estamos un pouco hasta os huevos de ser tan optimistas e mirar todo polo lado bo, Millanciño que xa non chega con ter a Millan de alcalde, non queremos Millan tamén nas nosas beiraruas, dille a Pastor que mande limpar homiño.

gaviota
RE: SOBRE MOAÑA10-06-2010
Tranquilo gaivota=carroñera, agora vos fan un parque biosaudable en cada parroquia con alameda incluida por suposto, pero pa iso tendes que falar co compañeiro o Fervuras que xa ten o material, a influencia (coa xunta) e sobre todo cartos, moitos cartos jajajaja
O SINIOR AFRANIO
RE: SOBRE MOAÑA10-06-2010
As parroquias de Moaña estan abandonadas, soamente fan invertir cartos no centro. Todos temos o mesmo dereito a que nos limpen e arreglen os camiños, todos pagamos os mesmos impostos, isto e unha discriminación
Veciñoss
RE: SOBRE MOAÑA10-06-2010
Bueno, como vexo que escriben a mesma persoa coa mesma mensaxe (pre-electoral), vese cal vai ser a estratexia do PP, repetir unha mentira un millón de veces para que se convirta en verdade (pensan que nos chupamos o dedo)
Pero, postos en campaña, eu vou tirar polos meus, e facemos un pouco de repaso:

Fentos: si moitos, demasiados na miña opinión, sobre todo nas LEIRAS PRIVADAS, polos camiños ainda que sexa un par de veces ó ano eu vexo pasra o trator a desbrozar, cousa que ata hai pouco non se vía, bueno, ata que entrou Millán. Pero ten cola a cousa, porque despois, se vai a policia a advertir a algun veciño, chega algún salvador do PP a poñer o grito no ceo porque o concello quere atracar e recadar cartos, claro. Cada un ten que limpar o seu, e nada mais, no rural e na cidade.
Asfalto: é certo, hai un ano que a super deputación do PP lle deu a Moaña un millón de euros, anunciaronno a bombo e platillo e fervenza non facia mais nada ca anuncialo polos camiños que o concello vai a asfaltar (ó mellor) decindo que se ía asfaltar tal e cual camiño gracias a el e o PP de LOuzan, pero vese que os plans de louzan son outros, pasa o tempo e os camiños sen asfaltar (eses do rural). Asfaltan por outros lados ¿que pasa con Moaña? ¿que pasa con eses cartos?
Farolas: nunca tanto alumeado houbo en Moaña, todos os camiños teñen farolas (na miña opinión é un derroche) ata os camiños polos que non pasa ninguen de noite teñen alumeado. será raro o camiño que non ten duas ou tres luces, un dispendio increible, pero vese que hai quen traballa moito "na noite" que non lle chegan.
O dos parques biosaudables: bueno, xa non sei cantos hai, pero hai tres anos non habia ningún.
Parques: están todos bastante mellor que hai tres anos, agora todos teñen columpios mais ou menos decentes, e estanse renovando todos.
Auditorio; é unha necesidade, pero penso que ten que pagalo a Xunta, o concello non ten cartos abondo. Hai un deputado no parlamento que hai un ano moito ladraba do tema pero estes últimos meses anda caladiño caladiño ¿para cando ? o ano xa pasou, e no arreglaron a crise o paro subiu, o auditorio non está, e en Moaña ainda non inauguraron nada da Xunta PP.
Saneamento: as de decirme que casas non teñen saneamento, pero han ser poucas.
Auga pública; e iso?cando fixeches a casa non sabías que non tiñas auga? sabes que hoxe en día non se pode conceder unha licencia se non tes ese servizo? se estás nesa condición por algo será, de todos os xeitos, seredes catro, e non quero saber onde carallo é iso.
Farolitas e flores; home claro,coma ten que ser ¿tamen che parece mal que haxa xardins e flores en Moaña? ah , que antes nos habia e claro, agora si, por iso, mais argumentos para ver o que imos avanzando.
O dos paseos; bueno, algo é algo, Paseo de Domaio, paseo da xunqueira, do con, a alameda... hai tres anos como estaba iso? polo menos recoñecedelo, xa non digo nada.
Pero bueno, esquences moitas cousas; dous campos de futbol, a remodelación de quintela, a gardería, a piscina, os campos de keniata, a remodelacion dos pabillons, o adecentamento do real, as barxas, a dos brencas, a zona do rosal ata o paralaia, a escola de musica,pistas de atletismo, ata o ascensor da casa do mar ,etc, etc, etc....
anda anda, que por moito que digades... o feito queda ahí, e nas eleccions ou lle poñedes un antifaz a cada moañés deses que levades postos ou todo o mundo o vai poder ver.
Nunca se fixo tanto en tan pouco tempo, que non digo que sexa todo, pero os proximos 4 anos teran tempo para seguir.
seguide repetindo a mentira, os veciños de Moaña non somos parbos, o que pasou en Galicia non pasa en Moaña nin de coña aqui vemos as cousas de verdade amiguiños, ainda que o farol e a voz boten as trolas que lles apeteza na precampaña ou na campaña.
Tralará
RE: SOBRE MOAÑA11-06-2010
Que bueno, la vecina de moaña, o la moañesa parece que ya tiene nombre... Lástima que no sea el verdadero... ¿verdad "concelleira muda"?... Sigo pensando que es una pena que tengan que venir a usar la voz que los cuatro de su partido les niegan en los plenos... para que luego digan que no era necesaria la ley de igualdad... Es una auténtica pena... Más protagonismo para las mujeres del PP en los plenos ya¡¡¡¡
Que bueno
RE: SOBRE MOAÑA11-06-2010
pero o PP ten mulleres concelleiras?
si home
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados