Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
cassadee pope dating david blaise
Indispensables
Donde ...
Guia
POR UN MORRAZO DESENVOLVIDO, NATURAL E LIBRE DE ESPECULACIÓN08-02-2006
REUNIÓN DE GRUPOS DO MORRAZO POLA DEFENSA DO LITORAL (4 FEB 2006)

Reuníronse o sábado en Bueu mais de vinte persoas representando diferentes colectivos do Morrazo preocupados pola defensa do litoral: Anduxía de Bueu, Luita Verde de Moaña, Chilreu de Aguete, Colectivo Nacionalista de Marín, Amigos do Morrazo Verde de Moaña, APDR Asemblea de Marín, Asociación de Veciños O Tombo de Ardán, CIMO-Castelao de Aguete e Foro Social de Cangas.

Deuse un repaso as distintas actuacións que se están a levar a cabo ou se proxectan no Morrazo e a problemática que comportan:

Portos deportivos de S. Adrián de Cobres, Domaio, Moaña, Cangas e Beluso; proxectos de porto deportivo no Latón, Salgueirón e Bueu; proxecto de centro de interpretación arqueolóxica Berobreo, en Donón; proxecto de ampliación do Porto de Aldán; dragados na Praia do Santo; proxecto de ampliación do dique de Aguete, corredor do Morrazo, circunvalación de Marín...

Extraese unha conclusión clara de que unha presión urbanística descontrolada está a promover actuacións apresuradas, mal tramitadas, faltas dos suficientes estudios técnicos, e mesmo a efectuar acoso sobre os alegantes ou obter firmas a favor dos proxectos utilizando a manipulación.

Os efectos sobre o medio ambiente se están xa a mirar as claras coa desaparición da Praia de Pescadoira e de Beluso e a desaparición de bancos marisqueiros debido a compactación dos fondos producida por ralentización de correntes.


Os efectos sociais son tamén evidentes, o mar se empobrece, a especulación ofrecese como única alternativa, chegan compradores de nivel adquisitivo moito mais alto, a vida se encarece, non se crea traballo e a única saída é a venta do patrimonio familiar e a emigración.

Os portos deportivos apenas xeran empregos, as zonas comerciais dos novos portos supoñen competencia para o comercio e hostelería local, as embarcacións utilízanse unha media de 14 días o ano e para iso se venden ou alugan terreos públicos e se fan improductivas importantes zonas de pesca.

As actuacións das administracións adicadas a conservación do medio ambiente tampouco son boas, falta planificación e coordinación, se declaran zonas protexidas para dar a imaxe conservacionista e despois se permite ou mesmo promove actuacións destructivas. Como exemplo, unha rexeneración medioambiental na praia de Melide, en Cangas, duplicou o ancho das pistas, provocou erosión coa canalización de pluviais e nos mostra en carteis informativos importantes endemismos de Melide (Lugo).

Na Xunqueira de Moaña se prevé una rexeneración con importantes erros e que non é mais que a primeira fase das tres que estaban previstas con anterioridade que agora se mostra como gran logro.

Todos os grupos están de acordo en que a preservación do entorno, a mellora da calidade de vida e a obtención dun desenvolvemento sostible son prioridades sociais as que se debe chegar pola vía do diálogo e a información non manipulada.

Saliéntanse as bonitas palabras expresadas no programa electoral para as eleccións autonómicas do PsdeG PSOE, que fala de racionalización, planificación, preservación, saneamento e respecto ao entorno, e da proposta de declaración das Rías Baixas como Reserva da Biosfera. Estas palabras non poden quedar en promesas electorais incumpridas. A proposta de Reserva da Biosfera pode ser un marco de grande axuda para que a través do diálogo se preserve o entorno, se exploten adecuadamente os recursos e se obteña o desexado desenrolo sostible. Débense estudiar as alternativas axeitadas, valorizar a vida dos homes do mar, non deixar morrer o marisqueo a pé que é a verdadeira acuicultura natural e percurar outras solucións como a das mariñas secas para as embarcacións de recreo.


Decidiuse crear unha Coordinadora Pola Defensa do Litoral do Morrazo e manter reunións mensuais, sendo a seguinte o 4 de Marzo en Aguete.


POR UN MORRAZO DESENVOLVIDO, NATURAL E LIBRE DE ESPECULACIÓN

ANDUXÍA: plataforma pola conservación e rexeneración do litoral de Bueu

MORRAZO VERDE, Moaña

LUITA VERDE, Moaña/Cangas

COLECTIVO NACIONALISTA DE MARÍN

APDR. Asamblea de Marín

GRUPO CULTURAL RONSEL, Aguete

CIMO-CASTELAO, Marín

Asociación de veciños “O TOMBO” de Ardán

>> Ampliar datos FORO SOCIAL de Cangas


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: POR UN MORRAZO DESENVOLVIDO, NATURAL E LIBRE DE ESPECULACIÓN10-02-2006
Con vosotros volveremos a la Edad de Piedra
RE: POR UN MORRAZO DESENVOLVIDO, NATURAL E LIBRE DE ESPECULACI׃N11-02-2006
Ti si que tes unha pedra pómez por cerebro.
Capitán Coviñas
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados