Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
http://fastessaylb.com/lab-report-guidelines/
Indispensables
Donde ...
Guia
EN CONSERVA PRA CANDO?31-05-2010
Gustariame saber como veciño en que consiste ese programa cultural. Sabese se o concello vai ter parte neste acto? Cando e , e que dia o celebran?
Gracias os que montan este tipo de iniciativas que deberian sair do concello e non da man de xente moi digna que fai esta laboura.
viva en conserva¡¡


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: EN CONSERVA PRA CANDO?31-05-2010
Tes un enlace con toda a información e mais o programa na paxina principal desta web.

de nada
RE: EN CONSERVA PRA CANDO?01-06-2010
Manifesto do proxecto O proxecto ‘Enconserva’
Nace co fin de crear un espazo común para que os artistas do Morrazo e do entorno da Ría de Vigo poidan exhibir as súas creacións de forma aberta ao resto dos cidadáns e fóra das salas de exposicións tradicionais.
O principal obxectivo da iniciativa céntrase en promover unha exposición colectiva onde teñan cabida as distintas
disciplinas artísticas: pintura, escultura, fotografía, ilustración, vídeo, teatro, literatura e música, entre outras. Cada artista que desexe unirse ao proxecto poderá participar cunha peza da súa creación, que logo será exhibida ao público nun evento que combinará mostras, proxeccións e actuacións en directo.
Para lograr unha unidade neste traballo, propuxose centrar a actividade arredor dun tema común: a antiga fábrica conserveira de Massó.
Despois dun amplo debate e podendo ser o obxecto desta actividade calquera outra temática, optouse finalmente pola industria que durante décadas deu emprego en Cangas a máis dun milleiro e medio de persoas, a superfactoría de O Salgueirón.
A Asociación Cultural DESKARGA FURTIVA encabezará a organización do programa, actividade aberta a toda proposta que propoñan os artistas participantes.
Co claro propósito de abordar o tema de Massó e a súa salientable figura como un dos principais elementos patrimoniais da historia recente do municipio cangués, a organización considera que existe un enorme potencial documental arredor de Massó, que pode servir de fío condutor do conxunto das manifestacións artísticas. Achegar, desde a arte, esta peza fundamental da historia de Cangas ás novas xeracións, e facer lembrar ás máis veteranas o que supuxo a vida na fábrica, a súa importancia social e económica, a súa arquitectura, os seus avances sociais no referente aos servizos de que dispuñan os traballadores e moitos outros aspectos en relación ao que foi este ‘imperio’ da industria conserveira. A fábrica canguesa foi a maior de Europa no sector. Na inmensa maioría das familias canguesas e do resto do Morrazo, algúns dos seus membros traballaron, de forma directa ou indirecta, na fábrica. O proxecto ‘Enconserva’ intentará, así, rememorar aqueles anos e devolver aos verdadeiros protagonistas da historia parte da súa memoria. Ao mesmo tempo, reivindícase a conservación destes bens patrimoniais, cuxo conxunto arquitectónico se encontra actualmente nun estado de total abandono e deterioro, e por veces, ao límite da ruína.


Programa do evento Sábado 12 de xuño

19.00. Apertura da mostra de arte na nave de redeiras (son serea).

22.00. Peche da exposición.

23.00. Proxección nocturna de fotografías, acompañada dunha actuación en directo do violonchelista José Ramón Rocha.

23.30. Actuación de la compañía Teatro Nu.

00.30. Proxección de vídeos documentais sobre Massó.

Domingo 13 de xuño

12.00. Apertura da exposición na nave de redeiras (son serea).

12.30. Actuación de la Coral Santiago Apóstol de Cangas na nave de redeiras.

13.00. Degustación de conservas da marca Massó e outros produtos, adicada aos antigos traballadores da conserveira.

13.30. Actuación de ‘O Neto de Manoel’ xunto á nave de redeiras.

14.30. Peche exposición.

17.30. Repaertura da mostra (ata as 22 horas) e proxección de vídeos na nave.

18.30. Exhibición dos debuxantes Luís Davila e Alberto Guitián, que realizarán viñetas a gran tamaño.

19.30. Pintado dun mural con ilustracións da fábrica de Massó dirixido ao público infantil.

21.00. Actuación do grupo Balea’s Blues Quintet xunto á nave de redeiras.

22.00. Peche do programa.

Tamén se convocará un certame de debuxo nos colexios, titulado ‘A fábrica de Massó’, cuxos traballos se exporán logo na nave de redeiras.

PD
Todas as actuacions e as proxecions seran na explanada da nave das reideiras.

EN CONSERVA INFORMA:
RE: EN CONSERVA PRA CANDO?01-06-2010
Menos mal que ainda queda xente que organiza cousas por que si non morreriamos de asco neste pobo.........
you
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados