Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
Concellos
Indispensables
Donde ...
Guia
UNHA XUNTA QUIXOTE.28-05-2010
O que pasa nos plenos de Moaña, e por ende, na política local,recordame cada vez mais a famosa novela de Cervantes, na que aparecen dous personaxes principais, Don Quxote e Sancho Panza. Digo que se parece moito a esta novela porque temos un fiel escudero, Fervenza, que defende a ultranza a unha desvaida e tola Xunta, contra vento e marea, sen querer ver a realidade, que pensa que os veciños de Moaña, o alcalde , e demais corporación, son xigantes malvados, perversos, ... que atentan contra ela sempre e en todo momento, tal e como manifestou últimamente.
E o conto vense repetindo dende hai un ano, cada vez que Moaña lle reclama ou lle pide a Xunta algo, sexa o que sexa, quen responde é Fervenza para defendela, como fiel escudero, como Sancho, decindo que en Moaña a Xunta non ten que facer nada mais do que hai feito, que a culpa é do bipartido da anterior Xunta, ou que quen ten que pagar o pato é o concello. E para esta defensa descabezada, emprega as escusas mais parbas que nos podemos botar a cara. Así onte, na moción na que o alcalde de Moaña se reduciu o soldo a 1500 euros, aduciu que o concello estaba moi endebedado, que non podía pagar e que deberían reducir mais ainda os soldos (vamos, case que pide que traballasen gartis, non coma el, claro, que cobra 5000 euros, o seu é outro tema), entonces incluso pedía que devolvesen o que cobraron estes anos para axudar ó Concello a recuperarse, pero, nese papel de Sancho, no momento no que simplemente se lle pedía a Súa defendida Xunta que dunha vez fagan algo para asumir os comedores escolares, cruzanselle os cables, e ahí non defende a economía do concello xa, porque o concello, sen competencias en educación si ten que ocuparse diso, pero a Xunta ESTÁ EN CRISIS, e claro, por iso non se pode facer cargo neste momento, amén de que a culpa ,de todo, é do Bipartito da Xunta (onde vai xa Touriño que levan un ano gobernando e todo é ainda culpa del) e a escusa para non pagar nin asumir gastos ós que ESTAN OBRIGADOS é que hai unha débeda de 4millóns de euros. Polo tanto,Sancho que ve no concello un xigante malo, o que pide é que cambe o concello con todo como ata agora (priemiro estaba en crisis o concello, agora xa non).
Pero no capítulo do barco, escrito por eles mesmos, resulta que piden que se firme un convenio que non existe,plagado de erros, e desastroso, que nin sequera garante o barco. E para mais inri, e mostra da loucura de Sancho por defender a xunta, pidelle a ó concello que asuma o custe de entorno a 800.000€ sen ter xustificación clara, nos proximos 5 anos, e cando Euloxio lle pregunta a que se debe que hai un ano,concretamente en Xaneiro do 2009, o mesmo Sancho Fervenza pedía públicamente en prensa que a Xunta debía deixarse de caralladas e arruinar o concello, e asumir integramente o coste do transporte, agora pide xustamente o contrario que daquela, QUE SEXA ESE CONCELLO QUE ESTÁ TAN MAL ECONOMICAMENTE QUEN ASUMA O COSTE, a súa defensa é que a Xunta está pasando un mal momento (o concello para iso non) e que Millán debe firmar (no aire debe ser) para que non se perda o barco que TROUXO O PP a Moaña (consta en acta, e algún día un Xuiz deberia botar man dela, porque ata onde eu sei, un partido político non pode "traer" empresas privadas para un servizo de transporte sen concursos, nin procedemento administrativo algún ¿que hai detras? iso é outro tema).
Concluíndo este resumo do capítulo, que o pobre Sancho Fervenza, non se da conta de que non pode defender os intereses de Moaña e da Xunta, e de que para os de Moaña, os intereses do Concello están por riba de deixar quedar ben ou mal a súa Xunta. Decidase señor Sancho, siga enganando a Xunta Quixote decindolle que MOaña é un xigante malvado, ou ben digalle a verdade, que Moaña é un concello humilde que precisa do barco, que precisa dos comedores escolares, e de moitas cousas mais ,nas que A XUNTA TEN COMPETENCIA EXCLUSIVA, e non podemos estar chupando paus e mais paus porque sexan uns tolos descabezados. Señor fervenza, dimita como deputado e adiquese a ser concelleiro de Moañapara reclamar o que merecemos, ou ben dimita como concelleiro, e siga adicandose a facer o que está a facer, defender a xunta e ser o seu portavoz en Moaña, asduas cousas non poden ser, ou defende a Moaña ou defende a Xunta.
To be continued....
Cervantes


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: UNHA XUNTA QUIXOTE.28-05-2010
Un dos capitulos máis tristes do grupo municipal popular o de onte no Pleno. Sinto vergoña como militante do PP de Moaña de ter a semellante botarate como portavoz. Nin temos rumbo, nin facemos que a xente confíe nunha alternativa seria. Moitos militantes atopamonos preocupados polos sainetes da nosa "comparsa" no concello.

Un saudo a todos.
EURICO
RE: UNHA XUNTA QUIXOTE.28-05-2010
Eurico, de que seas militante lo dudo mucho, xq yo estube en el pleno de ayer, y lo que me senti HONRADA, de ser de ese partido y tener a FERVENZA de portavoz. Lo vergonzoso es tener a un alcalde que falte al respeto asi a vecinos. Interrupir cuando estan en un portavoz en su uso de palabra. POR EDUCACION CUANDO ALGUIEN HABLA ELO OTRO ESTA ATENTO, y no hablar con el de al lado como si estubieran en un bar. Si hablan de lo que cobra FERVENZA, que hablaen de los demas diputados, de iguales condiciones, xq el Sr QUINTANA cobra 10.000€. O lo que cobra el Sr RODAS, como DIPUTADO PROVINCIAL.
Asi que no hables de lo que no sabes , xq dudo que estubieras en el pleno o que seas MILITANTE, xq conozco a toda la gente que fue y asistio.
LO UE TENEMOS EN EL AYUNTAMIENTO MUNICIPAL ES LO QUE UNA MINORIA QUISIERON A NO TODO EL PUEBLO DE MOAÑA.
vecina de moaña
RE: UNHA XUNTA QUIXOTE.28-05-2010
CERVANTES, me gusto mejor el libro de DON QUIJOTE, y no manches este nombre de tan gran escritor.
Toma informacion antes de hablar xq estas muy equivocado, del barco y de todo. GUAP@
LECTORA
RE: UNHA XUNTA QUIXOTE.28-05-2010
Estou moi ben informado, moito mais ca vos, e polo que se ve, moito mais ca fervenza e demais trup.
O de interrumpir... bueno, xa é o colmo que digades iso.
1º- O alcalde é o alcalde, e polo tanto,presidete da corporación e moderador. Pode interpelar cando o estime e falar cando o considere, sobre todo, PARA CHAMAR A ORDE a quen pasa dos puntos do día e fala e fala e fala, e repite e repite e repite o mesmo sen ceñirse a orde do día nin a moción que está a presentar.
2º- Iso estaría ben que volo advertisen , os que van de público deben gardar silencio sempre SEMPRE sexa cal sexa a disputa entre os concelleiros, dado que os únicos que teñen dereito a expersarse e pedir as palabras son os concelleiros. Penso que no galiñeiro de onte alí nin dios lle pedía permiso ó alcalde para falar ¿ou si?
¿de que partido eran?
3º- Como exemplo de respeto tedes o novo portavoz, Angel, que fala cando lle peta pa decir tonterías e insultar.
En fin, queirades ou non, Sancho é un desastre, tanto ou mais ca Xunta que defende.
O tema do soldo... xa está gastado, o que sei e debe saber todo o mundo, é que o alcalde de Moaña cobra 1500 euros sendo a persoa que traballa polos veciños todos os días, e Sancho Fervenza gaña 5000, por facer de portavos da Xunta e parachoques, o único que trae son malas novas ; reduccion de subvenciósn para alternalia, para o intercéltico, eliminan os campamentos de verán... ¿cando vai traer unha boa noticia?¿algo que non sexa a reduccion de subvencións?¿unha obra?¿comedores?¿libros gratis para todos?¿un algo, que leva un ano e pico e Feijoo decía que en 6 meses tiña todo arreglado. Tedes o descaro de defendelo, pero eu tamén teño o dereito de desenmascaralo, e pronto, moi pronto veñen as eleccions, e imos ver como defende a Xunta e a súa labor estes anos.
POr certo, se donase a diferencia do que cobra Sancho con respetoó alcalde, con eses 3500€ mensuais, poderíanse facer moitas cousas, pero polo carallo dixo que se baixaba el os soldo. A pela é a pela.
Cervantes
RE: UNHA XUNTA QUIXOTE.28-05-2010
Pero de verdade que pensades que a tropa actual que esta no pp poden gobernar un concello, bueno estamos enfermos ou perdemos o sentido, sinto desilo pero non se salva un por muito que doia, polo menos non estan demostrando de xeito creible a sua capasidade.
O CAN
RE: UNHA XUNTA QUIXOTE.28-05-2010
3 mil y pico votantes e todo o pueblo de moaña señorita veciña de moaña non o sabía claro muller os que non votan o pp non son de moaña
lito
RE: UNHA XUNTA QUIXOTE.31-05-2010
Para a veciña de Moaña:
No Pleno municipal hai que ter o que se chama comportamento institucional e respeto á maxima autoridade local (O Alcalde) sexa quen sexa, e do partido que sexa. Non se pode estar borregueando ó longo de todo o mandato e facendo payasadas. Os debates do concello dirixense polo Alcalde, e os corporativos teran que manter unha actitude exquisita e de respeto as reglas de funcionamento dos organos do Concello. E os veciños teran que intervir segundo o Regulamento de Participación Veciñal e conforme as normas basicas de educación e respeto.
Agora fago unha pregunta: ¿Si os membros do grupo municipal do PP no respetan e teñen comportamentos asilvestrados, como pretenden ser unha alternativa de goberno? Xa se falou no seno da Xunta Local do PP de Moaña destes feitos pero seguimos dando a nota. Temos que concienciarnos que nos tempos actuais hai que ter unha alternativa de señoría si queremos obter a confianza do poblo para servilo, pero por suposto sin estar anclados na caverna tal e como fan o noso portavoz (Fervenza) e o resto do grupo.
Xa nas pasadas eleccións fumos bastantes os que non fomos nin a votar, e o vindeiro ano o muito cambia o asunto ou teremos que quedarnos na casa outra vez porque si na outra foi o feito de dar entrada a antigos transfugas desta nos monta unha comparsa de titiriteiros.
Veciña de Moaña..... Non todos somos tontos no PP de Moaña.
EURICO
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados