Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
http://essaytop.technology/
Indispensables
Donde ...
Guia
NOVO CENTRO SOCIAL EN MASSO25-05-2010
Haz click para ampliar O NOVO CENTRO SOCIAL DO SALGUEIRON RESISTE A DESALOXO VIOLENTO




Hoxe martes 25 de maio ás 8:45 h. da mañá presentáronse traballadores do concello, axentes da Garda Civil e a policia local para facer desaloxo do novo centro social que se acaba de botar a andar no Salgueirón, en Cangas do Morrazo.




Intentaron entrar pola forza, arrancando a fechadura da porta principal de xeito violento, golpeando a porta e ameazando.




Logo varios axentes da garda civil, acompañados en todo momento por un traballador do concello limitáronse a merodear polos arredores da casa. Nese momento aproveitouse para comunicarlles os motivos polos que estamos aí como protesta contra a especulación nos terreos das antigas fábricas de Massó e lembrarlles o artigo 10º da Constitución española e o artigo 7º do Código Penal. Así mesmo se colgou un par de faixas e se pegou na porta da entrada unha advertencia legal.




Con este novo centro social reivindicase un uso social do Salgueirón e que loite ó mesmo tempo contra a especulación inmobiliaria da promotora inmobiliaria Residencial Marina Atlántica.




Esta acción non é allea ó conflito de Massó, onde se leva anos loitando contra a construción dun porto deportivo e que está directamente conectado cun macroproxecto en terra dunha gran área comercial, varios centos de vivendas e hoteis en mais de 200000m2 de terreo, con varias fábricas declaradas patrimonio industrial polo Estado, xardíns botánicos e un rico intermareal, dende hai anos no mais absoluto e consentido abandono e que pasan por ser a aútentica zona verde e de espallamento que lle queda ó pobo de Cangas á beira da ría.

QUE ESCOITEN OS POLITICUCHOS QUE A XENTE NOVA VAI A LOITAR POR TER UN ESPAZO

tamen hoxe chegan novas dende o local da tiradoura donde a señora alcaldesa ameaza con prencintar un local social o unico que habia no morrazo en estes momentoS DENDE AQUI TODO O NOSO APOIO O CENTRO SOCIAL DA TIRADOURA




CONTRA A ESPECULACION OKUPACION


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: NOVO CENTRO SOCIAL EN MASSO25-05-2010
a que teñen que ir os traballoderes do concello que os mandou a señora alcaldesa ou os seus amigos de caixa rouba, tamen podrian aproveitar e dexaloxar a frafrica de masso que esta ocupada polo concello de cangas que pasa que o conello de cangas pode ocupar e a xente moza que non ten ningun local non
jato pelexo
RE: NOVO CENTRO SOCIAL EN MASSO25-05-2010
contra o sectarismo do BNG a TIRADOURA RESISTIRA

Clara Millan Dimision Xa!!!!!!!!
jamakuko
RE: NOVO CENTRO SOCIAL EN MASSO25-05-2010
E logo algúns din que a xente nova etá perdida! Eses son catro vividores que teñen medo a que lles ocupen o posto e o chupe.
Forza á xuventude. Massó é do pobo e a Tiradoura cumpre unha función que os descerebrados que nos malgobernan non dan feito.
Forza a todos/as. Outros loitamos contra a dictadura franquista e aínda estamos aquí.
Venceremos nós!
COCHENO
RE: NOVO CENTRO SOCIAL EN MASSO26-05-2010
Hay que decorar ben esa fachada e darlle vida e os traballoderes do concello que se deciquen a traballar no seu e non a facer de criados da señora alcaldesa
RESISTENCIA MASSO VIVE A XUVENTUDE RESISTE
RE: NOVO CENTRO SOCIAL EN MASSO26-05-2010
okupas, vividores, vagos iso é o que sodes, de qué xuventude falades si sodes unha panda de descerebrados. Agora un centro social!!! ir a okupar o concello xa que tanto vos molesta
descerebrados
RE: NOVO CENTRO SOCIAL EN MASSO26-05-2010
Xa que estades ahí, porqué non limpades á zoa? pero non deixando as bolsas de lixo tiradas, levalas aos contenedores, e despois desbrozar que lle fai falla, e acondicionar os camiños que están mal, e cortar as malas herbas que non deixan medrar as boas, e recoller o lixo da praia para que todos poidamos pasear e tomar o sol. Se tanto vos preocupa coidar o terreno para todos os cidadans que temos que traballar e non podemos facelo, ah!! e despois cando todo esté bonito llo devolvedes aos donos, porque todo iso ten propietarios, e non sodes vos.
Non deixar as bolsas de lixo tiradas, ecoloxistas do carallo
RE: NOVO CENTRO SOCIAL EN MASSO26-05-2010
Que pena que dais!.Esto es todo lo que vuestra gran cultura os lleva a hacer?. Sois una banda de titeres manejados por vividores que no dan la cara y estais dando una pobre imagen del pueblo.Protestad por cosas realmente importantes y no por tonterias
iker
RE: NOVO CENTRO SOCIAL EN MASSO26-05-2010
Ostia no sabia que vivía en Venezuela o en bolivia, donde el estado se queda con empresas privadas por la jeta, xDD ya sabia yo que cangas tenía algo especial.

En fin, esperemos que algún día alguien ocupe vuestras casas como vosotros ocupáis las propiedades de los demás.

Esto va ser bochornoso para todo el pueblo. Pero bueno, nada más bochornoso que lo que tuve que presenciar en su día en la casa da xuventude (actualmente) y concello y policía local de entonces.

En fin, seguir así que esto es divertidísimo.

Mañana cuando la GC os saque a palos decir que es brutalidad policial, si es que sois masocas. Por cierto, seguro que algo ilegal también, al final alguno conseguirá que le pongan el culo pompa en la cárcel da lama.

Si señor, suerte con vuestra iniciativa.

Por cierto, uno de vuestros lideres que seguís a ciegas suele tomar el café en el alondras con su amigo constructor (dicho amigo presume a gritos que es el único que construye en cangas, y ambos se mofan de los demás), sus hijos tienen ropa de marca, su salario sale del gobierno que el tanto dice que no lo representa, tiene seguro privado porque la seguridad social no le satisface, y lo mejor de todo, hace la compra en Alcampo, una gran área comercial. Ahí queda eso, para los más avispados.

Un saludo.
Cosas que pasan
RE: NOVO CENTRO SOCIAL EN MASSO26-05-2010
boullosa cala a boquiña
RE: NOVO CENTRO SOCIAL EN MASSO26-05-2010
Si o concello ocupa a fábrica por qué os cangueses/as non van facer o mesmo?
expropiación xa
RE: NOVO CENTRO SOCIAL EN MASSO26-05-2010
Forza centro social!!
E os administradores de cartos públicos e os funcionarios que cobran por manter a seguridade pública, que miren ben as leis antes de facer indiadas
artigo 10
RE: NOVO CENTRO SOCIAL EN MASSO26-05-2010
lo mejor de todo es lo que pone el farol de vigo que los llama yonkis jajajajaja estes como siempre con su informacion eficaz que bueno
adiante a xuventude
RE: NOVO CENTRO SOCIAL EN MASSO26-05-2010
Cando hai xente que nón tén que facér .....
sem comentarios
RE: NOVO CENTRO SOCIAL EN MASSO26-05-2010
Persoalmente e humildemente, penso que estades errados. Ocupar, a estas alturas, unha edificación no Salgueirón, e iniciar un novo frente, nunha guerra que polo momento temos controlada. Estamos loitando nunha "guerra de desgaste" (unha "guerra" que dura xa 4 anos e medio...), temos que aforrar enerxía, para cando Marina Atlántica e Caixarouba intenten contraatacar, poder defender os intereses públicos da zona de Massó.

Ademais, con esta ocupación (aínda que lexítima) estades dándolle argumentos os do NON (eses que dicen; NON á zona pública marítimo terrestre, NON á zona verde, NON os postos de traballo dos mariñeiros de baixura, NON a preservación do patrimonio cultural e natural...), ós do NON, están agardando calquer "tropezo" para "saltar" a defender ós intereses dos seu "xefes políticos" (recordade que están en xogo os postos de traballo de peón e xefe, na cuadrilla de desbroce da deputación... e teñen que facer méritos...).

En fin, o obxectivo está claro (defender a zona pública e loitar contra a especulación, polo momento, MISIÓN CUMPLIDA!!!), todo o demais é superfluo...

Un saúdo.
Señor Louzán
RE: NOVO CENTRO SOCIAL EN MASSO26-05-2010
Polo que se di, o que ocupastes ten dentro material do concello, as colchonetas que se usan para os nenos nos campamentos de veran, agora resulta que non van poder collelas porque vos adueñastedes e agora que?,ides devolvelas ou quedarédes con todo a enchelo de piollos?, moitos nenos e nenas entre elas as miñas participan en esas actividades e pasaban unha noite nun pavellón que para elas era unha festa, enrriba de eses colchons, e que non vos dades conta que estades a joder ao pobo?. O concello tiña permiso dos propietarios para gardar as cousas pero vos non. A sí non se fan as cousas, eu loito por un espazo libre para todo o pobo non para que veñades vos e enmerdedes máis as cousas, quero un masso público non as edificacións cheas de ocupas.
Masso libre si pero non con ocupas
RE: NOVO CENTRO SOCIAL EN MASSO26-05-2010
SON ANTIPORTODEPORTIVO,de Salgueiron. pero que se ocupen propiedades privadas, non me parece licito e vai en contra de toda loita como di o Sr Louzan. Hoxe ocupades unha propiedade de unha empresa, ¿pero quen nos garantiza que mañan non fagades o mesmo con unha casa ou propiedade de un traballador.? pensade ven o que facedes.
Antonio Maria rouco Varela
RE: NOVO CENTRO SOCIAL EN MASSO26-05-2010
Cabe aclarar que esta xente non ten nada que ver co Foro Social.
Conste en acta
RE: NOVO CENTRO SOCIAL EN MASSO26-05-2010
menuda novedad,estos lo unico que han hecho es cambiar el hotel,el cual ya han terminado de destrozar,quemar,etc...,y como ahora ni ellos pueden soportar su propia inmundicia,tomo el "s.o.s. masso"por bandera(que con esto tienes carta blanca para hacer lo que quieras,como todos sabemos)y a ocupar por la fuerza¿esto se podria considerar neocolonialismo???. bueno mientras rompen ahi,no lo hacen en otro lado,ESTO SI QUE ES SALVAR O SALGUEIRON(dejadlos hay que poco a poco ya le hacen el trabajo a marina atlantica.
kikett
RE: NOVO CENTRO SOCIAL EN MASSO26-05-2010
deixar de mezclar cousas tamen no tabaco sobre todo os da tiradoura
un
RE: NOVO CENTRO SOCIAL EN MASSO26-05-2010
http://salvemososalgueiron.blogaliza.org/
O blog
RE: NOVO CENTRO SOCIAL EN MASSO27-05-2010
joder con aljúns!! seica fode que os rapaces non estean de botellón e xojando á plei. ata hai un que di que as súas fillas durmían unha noite en colchóns gardados nese CORTELLO. E queda todo ancho. Pois eu se é certo que o concello garda hai os colchóns penso poñer unha denuncia porque ese sitio non garda as condicións mínimas para almacenar nada de nada e menos colchóns para os nosos fillos.
okupa-te da saúde dos nosos fillos
RE: NOVO CENTRO SOCIAL EN MASSO27-05-2010
e que facia a sra de tiago e tiago indo coa mochilo o lombo e saindo do edificio ese que seica ocuparon....
non teñen nada que ver... jajajaja
un coctel que te cajas¡¡
RE: NOVO CENTRO SOCIAL EN MASSO27-05-2010
Pois non, non teñen nada que ver iso asegúrocho eu que sei máis ca ti de sobra.
Pois non
RE: NOVO CENTRO SOCIAL EN MASSO27-05-2010
Ocupemos tamén a pedra alta que menudos dous edificios que se levantaron xusto enriba do salgueiron
eue
RE: NOVO CENTRO SOCIAL EN MASSO27-05-2010
Estan abandodos hai anos polos seus propietarios para poder especular con eles? Están incluídos nos bens prpostos como Ben de Interese Cultural polo Ministerio de Cultura? Creo que non, verdade?
Incultura
RE: NOVO CENTRO SOCIAL EN MASSO27-05-2010
disculpar que non lin o de que non estaba relacionado co foro social
eue
RE: NOVO CENTRO SOCIAL EN MASSO27-05-2010
http://salvemososalgueiron.blogaliza.org/2010/05/25/sabado-29-de-maio-roteiro-botanico-polo-salgueiron/
Este sábado
RE: NOVO CENTRO SOCIAL EN MASSO27-05-2010
Hai comentarios que dan vergoña do moito que se parecen os discursos Reaganistas da loita fría para tirar abaixo o comunismo.

Sí, refírome o de usar o medo a que alguén che saque a túa casa. ¿Que carallo terá que ver unha cousa coa outra? ¿onde está a relación con que un día che vaian ocupar a túa casa???

Iso xa o fan as empresas privadas con seudónimo de "público como fenosa ou renfe... Esos son os que calquer día ocupan as túas terras e só che queda aguantarte con catro duros de expropiación.

Ala ala, QUE VEN O LOBO!!!
f&r
RE: NOVO CENTRO SOCIAL EN MASSO27-05-2010
f&r se te refires a "comunismo" o de ocupar unha propiedade privada,como a antigua cantina de Masso, enton apaga e vamonos. (tanto sea de unha empresa, ou persoal.) Porque enton, ou eu estou errado ou sei pouco sobre o comunismo., e si asi e, enton pidoche que me des unha explicacion completa e divulgativa sobre o comunismo.
Antonio Maria rouco Varela
RE: NOVO CENTRO SOCIAL EN MASSO27-05-2010
O que digo e que igual que os neocoms, estades apelando a posibilidade de que vos quiten algo. Cousa que non ten relación ningunha co tema, por iso non entendo a que ven o de comparar o de massó cunha suposta posibilidade de que che ocupen unha casa.

Non hai exemplo máis barato e simplón de demagoxia que iso.

E a mesma falacia que usaron Nixon e Reagan para botar merda sobre a URSS. Por iso digo que non ten nin pés nin cabeza certos comentarios aquí vertidos
f&r
RE: NOVO CENTRO SOCIAL EN MASSO27-05-2010
Non temo que me quiten nada, por que nada teño. Pero como no me parece xusto a invasion de un pais soberano,por imperialistas, tampouco mo parece a ocupacion de unha propiedade por un grupo de okupas. E de demagoxia nada por que o mesmo poderia eu pensar das tuas palabras.
Antonio Maria rouco Varela
RE: NOVO CENTRO SOCIAL EN MASSO27-05-2010
Massó leva anos abandonado polo concello e polos seus "propietarios". Esta xente simplemente usa o que outros non queren e ademáis cuidan o entorno limpándoo e amosandolle a quen se quera achegar a riqueza natural e o patrimonio industrial da zona. Xa é máis do que fai Clara Millán.

Por certo, os que falan das bolsas do lixo que lle pregunten á señora alcaldesa porque xa hai moito que se pediu o permiso pertinente e avisouse de que as fosen recoller e aí seguen. Respecto ó listo que suxire que se desbrocen, e acondicionen os camiños que están mal, etc. non sei se decata de que iso é de titularidade municipal e que pra algo paga os impostos. Vaia reclamar onde debes.
A basura está aí por culpa do concello porque o permiso xa se pediu mil veces
RE: NOVO CENTRO SOCIAL EN MASSO27-05-2010
Eu non sei se é que algún non sabe ler... porque no seu blogue aclaran:

"Esta acción non é allea ó conflito de Massó, onde se leva anos loitando contra a construción dun porto deportivo e que está directamente conectado cun macroproxecto en terra dunha gran área comercial, varios centos de vivendas e hoteis en mais de 200000m2 de terreo, nun espazo con varias fábricas declaradas patrimonio industrial polo Estado, xardíns botánicos e un rico intermareal, dende hai anos no mais absoluto e consentido abandono"

Así que ninguén vos vai entrar na casa, non vos preocupedes polos vosos prezados bens materiais. Aínda así, sodes uns hipócritas porque no hotel leva un montón de tempo vivindo unha xente que non fai máis que destrozalo e non vin que montásedes follón ningún nin que vos preocupase o máis mínimo.
Hipócritas
RE: NOVO CENTRO SOCIAL EN MASSO28-05-2010
* Este sábado 29 de maio terá lugar un ROTEIRO BOTÁNICO polo Salgueirón. A actividade comezará ás 11:00 da mañá fronte á torre de Massó e rematará ás 13:00 horas. O roteiro, de dificultade baixa, abrangue dende o Salgueirón até o espazo natural de Punta Balea e estará guiado por David Álvarez Graña do Grupo Anduriña.

* A partir das 14:00 h. haberá un XANTAR POPULAR no Centro Social (traede algo pra compartir).

* Xa pola tarde realizarase unha LIMPEZA COLECTIVA do novo Centro Social do Salgueirón que acaba de comezar a súa andaina.

http://salvemososalgueiron.blogaliza.org/
Fanlle dano a alguén?
RE: NOVO CENTRO SOCIAL EN MASSO28-05-2010
no se yo que problema tiene aqui la peña con los okupas y demas chorradas que se dicen ese local esta abandonado y pienso que si lo limpian y hacen actividades culturales pues bien venido sea ojala mas jovenes se animara a ocupar otras zonas de masso que estan abondanadas y hicieran hay actividades que mucho hablais pero hay algun local para reunirse y organizar cosas en cangas pues si no hacen mal a nadie a mi no me molestan que esten hay intentando hacer algo a mi personalmente no me molestan y para el que habla de colchones joder no se yo como dormerian en esos colchones los niños teniendolos en esa casa abandonado con ratas humedad etc etc asi que no decir tonterias y aimo a que mas jovenes hagan lo mismo en las demas naves que hay abandonadas en masso ya que en cangas repito que el ayuntamiento pasa de los jovenes al reves el unico centro social que hay hoy en cangas y no esta ocupado que su asociacion esta pagando un dinero y no tiene ningun tipo de subvencion la señora alcaldesa esta amenazando con precintarlo asi que no hay muchas mas opciones que tomar medidas de ocupacion de zonas como las de masso que hay muchas naves y estan totalmente en ruinas
si vivr es un privilegio okupar es un derecho
RE: NOVO CENTRO SOCIAL EN MASSO28-05-2010
Seguide así, o pobo está con vos!! jajajajaja. Un centro social nunha propiedade que non é vosa e pola que non pagades un duro, unha okupación ilegal dos que se din defensores da legaligade. Para o que di que o do desbroce e o lixo é do concello, solo faltaría que o concello tivera que ir limpar unha propiedade particular, para iso tamén quero que veñan a miña finca e a desbrocen limpen e de paso me fagan o peche que me falta por un lado. E quén de todos foi o listo que dixo que non tiñan nada que ver co foro? e o millonario ricachon que se di o portavoz de ese foro estaba de visita non? e as declaracións para "salvar o salgueirón" sos masso, inventounas a prensa?. Sodes patéticos e agora atacaredes dicindo que son un lacayo do bng, para vosa información nada máis lexos da realidade pero a vos vos da igual, todos no mesmo saco porque esa é a vosa teima, o voso é de película, non sodes xuventude, sodes miseria.
Centro social para os máis miserables
RE: NOVO CENTRO SOCIAL EN MASSO28-05-2010
¿ Por que non ocupades a XUNTA do Sr Feijo que nos vendeu que en 15 días nos sacaba da críse e haberia traballo pra tod@s? ¿Ou é que solo é clarita a que non sabe gobernar?.
Máis que hipocritas e lámbons.
RE: NOVO CENTRO SOCIAL EN MASSO28-05-2010
Est@s són unha pandilla de frikis , cantos són de cangas???
frikis nón grazas
RE: NOVO CENTRO SOCIAL EN MASSO28-05-2010
así q s¡ non tes 8 avós de kangas non podes okupar massó?? eu cada día flipo máis, neno.
bng=xenófobos
RE: NOVO CENTRO SOCIAL EN MASSO28-05-2010
A ver... o dos "miserables" Massó leva anos abandonado polo concello e polos seus "propietarios" e preocúpache agora, non? Precisamente, como defensores da legalidade que son instálanse nun espacio público porque ninguén fai nada e déixano caír a cahos. Cando era dos "okupas" do hotel que en vez de recuperalo fixeron un Cristo non dixeches nada, entrouche agora o apuro todo. Como se che mira o plumeiro... Anda por aí!

Repito, que igual non sabes ler. A merda que se sacou do Xardín de Don Paco, e deberías estar agradecido, depositouse nos contenedores fronte a gardería e ó pé das escaleiras da finca do Salgueirón despois de ter pedido o pertinente permiso. De feito a policía local, tras ser avisada por algún iluminado coma ti, tivo que dar a volta porque comprobou que todo estaba en orde. Iso son viais de competencia municipal e quen debe recoller a merda é o concello que pra iso se solicitaron os permisos pertinentes.

Ninguén dixo que o concello tivese que ir limpar unha propiedade privada, non terxiverses ou mellor aínda, aprende a ler. O que dixen foi que debes ser imbécil porque a titularidade dos camiños é municipal así como toda a merda que está nos viais (neste caso están os permisos pedidos como xa dixen) e ten que limpalo que pra iso pagas impostos. De todos xeitos, tamén sabemos que un concello pode multar ou denunciar a un "propietario" se a broza da súa propiedade invade o dominio público do mesmo xeito que lle pode obrigar a restaurar os inmobles tal como fixo Clarita co cura na rúa Real. Porque non llo di a Marina Atlántica se tan "propietarios" son?

E como miro que es bastante lento e hai que repetirche varias veces as cousas. Non, non teñen que ver co Foro Social pero iso a min dame igual porque a causa é a mesma.

PD: Por certo, ti es a proba viva da baixa competencia lingüística en galego pra que logo nos veña o Feijoo co decretazo...
Para o dos "miserables"
RE: NOVO CENTRO SOCIAL EN MASSO28-05-2010
A propósito do da limpeza das propiedades privadas.

A raíz dos incendios do 2006... ¿non saíu unha lei que sanciona o propietario que deixa as leiras a monte? xa que iso no verán representa un grave perigo de incendio. Outro motivo máis para sancionar a eses supostos "propietarios".
f&r
RE: NOVO CENTRO SOCIAL EN MASSO28-05-2010
Moi ben, moi ben Tiago ou colega, agora temos que ter un "master" en lingua galega, podo ter erros coma calquera:
abandonado = abandoado
espacio = espazo
fronte a = fronte á

Pero a teima é a mesma, por moitos permisos o que tiñades que facer é levar a merda a vosa casa e non deixala para que os meus impostos a recollan, que eu non vos pedín que limpárades unha propiedade privada, repito vir limpar miña finca que ata vos poño contedores na entrada para non deixalo na rúa. E se o Foro e os okupas son a mesma causa así nos vai, con estas actuacións non gañamos sinon que perdemos.
Competencia lingüística
RE: NOVO CENTRO SOCIAL EN MASSO29-05-2010
Unha cousa é ter erros e outra son as burradas... "lacayo" ou "lexos" Ninguén te ensinou que en galego non exite o Y animal? Hahaha

Non limpan fincas privadas, só o fan en zonas que foron roubadas e que deberían ser públicas. Por certo, os impostos non son selectivos, non sei se te decataches. Se non eu non permitiría que os meus cartos fosen para o exército, a garda civil, a Igrexa etc. Así que se o teu concello da permiso e se compromete a recoller a merda que o faga. E si, son a mesma causa, unha causa xusta. Da igual, xa estás moi ben contestado no dos "miserables"
Quen rouba a un ladrón...
RE: NOVO CENTRO SOCIAL EN MASSO31-05-2010
Se houbo roubo foi ó de FRIGORIFICOS do Morrazo , de Mariana Atlantica e de Caixa Nova,
que se quedarón cón Masso enganando @s traballador@s , comprarón a 10 e venderón a 1.0000000000 ...... fora de Masso . Os OKupas ,
só teñen un problema que estes están pó enrriba da ley .
ahi naide rubou nada
RE: NOVO CENTRO SOCIAL EN MASSO31-05-2010
Pero bueno , ó que faltaba , aghora estes okupas , querén quedarse có meu chalet , que tiña xá xunto c@s meus socios (Marrana Atlantica é cá colaboración , do
meu amijo , Oterinho, e a de GALLOSO case que feito , ván a ir dereitos
a trena xá verán , neste pobo mando eu , para eso me elixiu , a imensa maioria dos vesiños , entre os do foro ,
os marinheiros , e aljun paparachi da fpg , estou que trino , fartiña que me teñen , pero aqui estou loitando polo pobo , pór eso ei de presentarme outra ves a Alcaldesa de Cangas ,a ver onde ides topár unha mais Ghuapa é mais loitadora cá min ??
é os okupas cudadin , se nón os voto , polo menos que votén ó partido que defende a tod@s ´@s galegos , VIVA FRANCO !!! VOTA BNG !!
ARRIBA ESPANHA!!
clarita vende masso
RE: NOVO CENTRO SOCIAL EN MASSO01-06-2010
xa podian facer unha macro discoteca tipo queen ca antiga fabrica de masso, q punky
servando
RE: NOVO CENTRO SOCIAL EN MASSO01-06-2010
Bueno , a cousa xá esta en marcha vos tranquilos
tede pacencia eu só ó millór !!!
oscar graña
RE: NOVO CENTRO SOCIAL EN MASSO02-06-2010
Qe se fodan todos-los qe teñen ipotecas a 20 anos "minimo" cagons aborregados, como vos fode mirar o ben qe vivimos, mentres vivir sexa un luxo a okupacion sera un dereito, hahaha...estamos en todas partes, seguide espumeando merda qe eu me parto o cu!
Tonto el qe lo lea
RE: NOVO CENTRO SOCIAL EN MASSO02-06-2010
Escuchad okupitas de pacotilla , como llame a DElfin , os mando a los chicos de verde (al de 150 kg también ), en cuanto hable con clarita , ya veries , os voi a poner las pilas !!!
GALLOSO
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados