Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
http://essaytopkey.com/essay-on-conflict/
Indispensables
Donde ...
Guia
O PARQUE INFANTIL DE TIRáN10-05-2010
Este parque infantil de Tirán é a asignatura pendente do BNG nesta lexislatura.
Todo empeza cando o concelleiro Dani Rodas intenta cederlle 70 metros de terreo público para unha vivenda particular, do xenro do Chulero, feita sen permiso( sendo concelleiro de urbanismo nese momento Euloxio Santos Leites).
Ante este atropello un grupo de veciños deciden movilizarse e defender os dereitos lexítimos da parroquia.O grupo de goberno incluido o concelleiro Víctor Pastoriza( responsable de parques), non son capaces de defender o patrimonio público e os veciños teñen que recurrir a vía xudicial.
¿ Pensa o señor Millán presentarse de novo as eleccións con este panorama?
As persoas na vida política valóranse cando se mollan.De nada vale facer de cura como Dani Rodas sendo de Tirán e o señor Millán culpando ós veciños decindo que todos somos do PP e da falange.
Os únicos de dereitas neste conflicto son eles que pretenden regalarlle o terreo a un particular.
Calderón de la chalana


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: O PARQUE INFANTIL DE TIRáN10-05-2010
Non te preocupes, que imos saber pronto como queda o tema finalmente, e igual algún vai ter que ir cambiando de versión dos feitos, porque parece que os únicos que non vedes a realidade e a verdade sodes catro coma ti,e coma Fervenza que estades preocupados por un tema que non ten sentido, nin pes nin cabeza, o parque está igual ca sempre, non se modificou nada, nin me creo nada de que se lle cedese terreo a ninguén, ¿non se abriu unha investigación xudicial? pois agora a agardar o resultado, e coidadiño co que pase o final, porque os culpables, de calquera das tres partes implicadas, terán que dar moitas explicacións ós veciños. Fervenza por espolear ós veciños para joder ó Goberno coñecendo os datos. Os veciños "acusadores" por insultar, instigar, alborotar, mentir, ou acusar ós concelleiros, ou ó concello, se demostrades que cedeu terreo público a un particular.
Antes de que comecedes a chamar de todo ó alcalde e a un concelleiro de Tirán, agora que hai unha investigación oficial aberta, agardade un pouquiño calados ata a resolución, despois chamde o que queirades a parte culpable do lío.
E que se Rajoi, con toda a merda que ten abordo, di que non pasa nada... e ninguén se escandaliza, aquí parece que solo co rumor ou sospeita de catro xa é suficiente para enmerdar a labor da xente que traballa.
Pois nada,paciencia e verdade.
Garzón
RE: O PARQUE INFANTIL DE TIRáN10-05-2010
O parque de Tiran , esta dentro de un recinto publico, asi que tienen que defenderlo es el gobierno municipal, no los vecinos, pero cuando el grupo de gobierno es incompetente y no entran en sus intereses, a ellos les da igual. Ahora tambien hay que preguntar a este gobierno incompentente donde esta el dinero de los toboganes, columpios....... que iban a instalar o donde estan fisicamente, ya que cuando no les interesa hacen oidos sordos a los vecinos del pueblo de Moaña.
moañesa
RE: O PARQUE INFANTIL DE TIRáN11-05-2010
Si, os columpios tennos o alcalde na casa para que xoguen os seus fillos,¡¡non te jode¡¡. Anada que non hai parques agora no concello de Moaña.
Unha
RE: O PARQUE INFANTIL DE TIRáN11-05-2010
Isto é "demencial", menudos dous, o Eulojio y o Rodas, co beneplacito do Sr. Alcalde. Que haberá detras de toda esta historia do chulero. Non é normal que se defenda o interés dunha persoa ante o interes xeral dun pobo.
Resulta que vas pedir un permiso para fazer calquer obra na tua vivenda, e te extrorsionan, che fan firmar expropiacions e cesions, e resulta que a este Sr. lle deu un alto a casa e ainda lle regalan o camiño.
Cada día que pasa esta mais que claro que aqui hai gato encerrado, que lle deberán a este Sr, ou non será que os ten collidos a todos con algunha falcatruada, mirade que o "chulero" é expertiño en fazer lios.
Que se deixen de historias, e que non veñan que si son dun partido ou de outro, o que está acontecendo en Tiran e unha falta de respeto a todos os veciños, e pensade que pronto chegaran as eleccions, entón será cando veñades a fazer as "pelotilladas" polos barrios.
O Prado
RE: O PARQUE INFANTIL DE TIRáN11-05-2010
Jajaja. O do alto a casa é certo. Xa mo dixeron a min tamén , sen licencia nin nada. Pero non lle preguntes a Euloxio que daquela ainda non estaba. Fala con Fervenza, que ten no seu grupo a dous con responsabilidades diso, ou senón , directamente fala con Javier Barreiro, que se saltou un informe da polícia que advertía do que estaba a facer o Chulero e pasou de todo. Abal sabe do temamais ca ninguén, e o Palito tamén ha de saber, o que non se debe enterer demasiado é o seu xefe, ou mais ben, debe pasar deles. A ese non o extorsionaron ,como din por aquí, por facer un alto sen licencia nen cesións nin nada, ¿que habia daquela?
Outra ves
RE: O PARQUE INFANTIL DE TIRáN11-05-2010
Por precisar...mellor esperar que os xuices se pronuncien con documentos na man. En calqueira caso dende que empezou o conflito no ano 2006 o parque sufriu unha transformación extraordinaria: dun solar cheo de herba e pedras, con aramios enferruxados, e pezas de madeira podres...agora se pode ver unha pista multiusos perfectamente dotada (obra e firme do Concello, elementos de xogo da Deputación), catro ou cinco pezas modernas e perfectamente instaladas sobre piso dese blando, o muro perfectamente restaurado, o acceso do "veciño" con peche de seguridade para que os nenos non saian a carretera...e absoluta tranquilidade para desfrutar dil...En fin, os veciños de Tirán poden dar grazas o conflicto porque agora teñen un parque ben dotado, non tan bo como os do centro pero...tampouco debe haber tantos nenos,seguramente...
Por outra banda, se non estou mal informado, a autorización de paso e a obra de ampliación "ilegal da casa do chulero" non lla deron Rodas nin Leites...según parece foron asinadas por Barreiro (PP) e Carmen Sotelo (Concelleria naquel momento do PP tamén, e agora directamente implicada con toda a súa familia neste conflito veciñal).
Por precisar.....
varela
RE: O PARQUE INFANTIL DE TIRáN11-05-2010
A ver para empezar estou de acordo con todos e respeto a opinión de todos pero estades mezclando o tousiño coa velocidade.

Os veciños reclaman un terreo público, de todos nos que "supuestamente" o concello lle "regalou" a un veciño, isto é tema dos veciños que denunciaron ante o valedor do pobo e agora denunciaron tamén no xulgado.... Ben ata aquí estamos de acordo, todavía non hai xuicio nin condena nin resolución.

Pero por outro lado o PP o que fixo foi levar ao xulgado outro tema, NON O DO TERREO.

O concello cobrou 12.000 euros da xunta no ano 2006 para poñer xoguetes no parque de Tirán, mandou facturas decindo que puxera xoguetes no parque de Tirán, e non os puxo.

Agora Pastorisiña no ano 2009 volveu a pedir unha subvención a Zapatero para o parque de Tirán, e agora si os puxeron,

¿Como é posible que en tres anos puxeran duas veces xoguetes en Tiran?

A primeira vez, cos cartos da xunta non os puxeron pero SI mandaron a xunta a factura decindo que si os puxeran .... osea que cobraronse os cartos pero non puxeron os XOGUETES EN TIRAN.

Tampouco o alcalde deu explicacións de donde gastaron eses 12.000 euros, vale que pode que sean en outros parques pero NUNCA DIXO EN CAL NUNCA CONCRETOU.

ISO É O QUE DENUNCIA ANTE O FISCAL O PP non o tema do terreo, non confundir as cousas.

A ver e sexades do color político que sexades ¿de verdad non vos gustaría saber que lle fixo millán a os 12.000 euros?.

e sobre todo por que a empresa emitiu unha factura donde pon COLOCACION DE ELEMENTOS DE XOGO NO PARQUE DE TIRAN??????
Gaviota
RE: O PARQUE INFANTIL DE TIRáN11-05-2010
Isto cheira a chamusquilla. Que se investige ata o final e que se asuman as responsabilidades.
Arroás
RE: O PARQUE INFANTIL DE TIRáN11-05-2010
A este concello o terian que levar a fiscalia, xa que cheira desfalco, e o peor, estan que os veciños de Tiran defendendo o que terian que defender o concello sendo un terreo municipal. MILLAN E PASTORIZA TERIAN QUE TAPAR A CARA DE VERGOÑA
AXUNTAMENTO 2010
RE: O PARQUE INFANTIL DE TIRáN11-05-2010
a todos os veciños:CONVOCAMOS A TODOS OS VECIÑOS A UNA REUNION INFORMATIVA O PROXIMO XOVES AS 21 HORAS, NA CASA DA CULTURA DE TIRAN.SE FALARÁ SOBRE A SITUACION DO CONCELLO, O VALEDOR DO POBO, E A XUSTIZA, NON DEIXES DE AXISTIR.
VECIÑOS SOMOS TODOS.
A RANA
RE: O PARQUE INFANTIL DE TIRáN12-05-2010
12.000€???? que forte ousexa que o de roubar non pasa solo en Marbella, que caras mais duras e despois queixase de que o concello non ten cartos e os veciños coma parvos a pagar impostos da basura atrasados ( non e culpa dos veciños senon do concello), se os xoguetes do parque fosen para outros parques supoño que terian que sustificalo ante a administración que lle concedeu os cartos non??? e non o fixerón???" Corrupción en Moaña, que forte. deverianos de dar vergonza ter un goberno coma esta ( a mim xa ma da) non por ser de dereitas ou de esquerdas ehhh senon pola publicidade que estes M....tes estan dando o resto de Comarcas
alguen
RE: O PARQUE INFANTIL DE TIRáN12-05-2010
o mais grave de todo, e que presentaran facturas de ter feito unha obra que nunca se chegou fazer. E por parte do axuntamento, me parece unha falla de responsabilidade o calar e non dizir o que fixeron cos cartos. O único que conseguen é que cada vez se "enmerde" mais toda esta historia, e que nos fagan entender que se fixo algo irregular, pois senon xa terian rebatido o problema
Moañas
RE: O PARQUE INFANTIL DE TIRáN12-05-2010
Si repasades un pouco a historia dos feitos miraredes que os mesmos que comenzaron este follon, o goberno do pp, siguen fosando na mesma merda que eles crearon, falo de barreiro e de mucha e toda a orda pepera que falan por non estar calados creando un problema onde non o habia, pero siguen pensando que o gran caso do parque de tiran lle dara a alcaldia o bombero de fervenza. Muitos veciños de tiran e de moaña que estan enmerdando o nome de esta parroquia, tiñan que tapar a cara con un saco, todos son mui bos, e se chega o estremo de rirse da chente pedindo oilas portas diñeiro para un contencioso contra o consello por un problema creado por persoas do mesmo fanatismo. Para moañesa, gaivota,arroas,arana,alguen,axrnyamento1010,para ser alcalde de moaña, hai que ser persona e non un titiriteiro como o que vos presentades.
o can
RE: O PARQUE INFANTIL DE TIRáN12-05-2010
hai CAN CAN guau guau guau.... que mal ladras colegita.

Mira a min dame igual si queren ganar eleccións ou si outros están buscando perdelas pero

¿DONDE ESTAN OS 12.000 EUROS MATARILE RILE RILE?

Iso é o que quero eu saber e non como simpatizante do Partido Popular ou como despreciantes do Bloque senon COMO VECIÑA DE MOAÑA.

Como veciña quero saber e EXIGO UNHA INFORMACION a quen me representa e a quen manexa os CARTOS PUBLICOS que son teus meus e de todos os veciños.

gaviota
RE: O PARQUE INFANTIL DE TIRáN12-05-2010
Aqui non se trata de cores politicos, me da igual do partido que sexa, da igual que sexa PP, BNG, PSOE ou INMO, o que cometa un delito, que o pague. Aqui esta en xogo o diñeiro de todos, e me parece lamentable que enriba se queiran rir de nos e fazernos parvos.
Se alguen sabe que as cousas non se fixeron como se debian, todo o meu apoio para que se denuncien da igual quen sexa.
Arroás
RE: O PARQUE INFANTIL DE TIRáN12-05-2010
e aljen sabe da tirolina que iba poñer no parque de Tiran, non sera que desapareseu para sempre
rum rum
RE: O PARQUE INFANTIL DE TIRáN12-05-2010
CAN non defendas o indefendible q eres mais fanatico ca min q veñen os veciños de tiran os plenos e riome de eles porq son un caradura coma daniel rodas compañeiro meu de toda a vida q debe ser de cangas porq de tiran non e jajajaj
MILLAN
RE: O PARQUE INFANTIL DE TIRáN12-05-2010
a tirolina esta gardada no concello porque o chulero non deixou que na puxeran diante da sua casa.os veciños de tiran non entendemos o porque este tio le da ordenes al señor alcalde y ni dios dice nada que mal rollo señores.
de tiran
RE: O PARQUE INFANTIL DE TIRáN12-05-2010
a corrusion, o amigismo, enchufismo, casiquismo........... esta en valencia, madri, na conta de caixa galisia en pontevedra etc, .En moaña de momento non, por que este pobo non o consinte a ninguen, e diso deben tomar nota os trapalleiros e mintireiros.
o can
RE: O PARQUE INFANTIL DE TIRáN12-05-2010
Can, non fales moi alto, nin cuspas o aire, que de momento dos 12.000 euros non se sabe nada.
Tirolinas
RE: O PARQUE INFANTIL DE TIRáN12-05-2010
¿Pero de que falades?¿Que 12000 euros? Xa estades insultando ebotando por fora antes do xuizo ou da investigación. Primeiro era porque lle deron terreos a un particular e agora épolos cartos ue se gastaron nus columpios. Xa estamos aenmerdar que veñen as eleccións. ¿Parecevos tan dificil de entender? O alcalde non vai sair dicindo nada, que vai a dicir , que gastou os cartos en aparatos para parques pero non os colocou onde debería?¿Cal é o nome dese delito?Porque roubar non é, nin nada do que vos asegurades que fixo xa de antemán, eu polo que lin na prensa é o que entendo, mercaronse aparatos e colocaronse noutros parques porque en tirán non se podería por estes líos, e antes que perer a subención seráo mellor que sepodería facer,digo eu. Resulta gracioso esta denuncia do PP, que no fondo , é contra o aparellador municipal que debeu certificar que os aparatos se instalaron correctamente onde se especificaba na subvención, pero despois, teñen a todo un conselleiro, Mister Hernandez, que certificou e pagou, repito, CERTIFICOU E PAGOU unha estrada completiña con fondos públicos da UE, isto xa vai para un par de anos, e resulta que a famosa estrada ainda hoxe é un camiño en obras, jaja. E o das depuradoras desaparecidas? Que sepagaron 15 e so aparecen instaladas 8?, va, pero iso non é nada para o PP, son actuacións habituais según eles, TODO UN CONSELLEIRO. E agora, vennos a Moaña , TODO UN DEPUTADO a denunciar que os columpios dunha subvención non se instalaron onde se certificou, total, para conseguir , a parte de enmerdar, que Moaña teña que devolver os 12000€ desa subvención, menos mal que traballa por Moaña, e di que o concello está arruinado, pois con estas axudas que temos da Xunta e do Deputado ...imos ben de carallo. Outra cousa é que demostren, se teñen o que teñen que ter, que algén do goberno roubou un soo céntimo, que saben que non o poden demostrar.
Pero bueno, vese quen trae para Moaña e quen se opóne incluso quere levar. Vannos joder coa broma 12000€, anon ser que o xuíz sexa sensato.
Garzón
RE: O PARQUE INFANTIL DE TIRáN12-05-2010
Hai GARZON GARZON que mediño tes non? e que pena tes???? a ti dache igual onde colocaran os xoguetes non???? COMO SE NOTA QUE NON ERES DE TIRÁN e que falta de respeto polos veciños de tirán mostras....

Pois a min non me da igual, e si de verdad están noutros parques ¿en cales? ¿por que nunca llo dixo nin os veciños , nin a oposición nin ao valedor do pobo?
¿Por que unha empresa fai unha factura donde pon: elementos de xogo para o PARQUE DE TIRAN se non os colocou alí? e por que dende o concello firman corroborando iso..... POR QUE SON UNS MENTIREIROS

Sabes???? cando se piden subvencións a deputación as asociacions de veciños e digoche de primeira man por que eu solicitei algunha para a asociación de veciños na que estou, nun ano tivemos problemas cos veciños a hora de facer a obra, falamos con deputación e deixounos cambiar os cartos para outra obra mandando NOVA FACTURA COA OBRA NOVA e nova memoria.

O DELITO NESTE CASO non será roubo que eu non digo que o roubaran pero si FALSIFICACIÓN DE DOCUMENTACIÓN e si o fixo unha vez sabe dios cantas mais hai....

Pero bueno.... é o que temos....
gaviota
RE: O PARQUE INFANTIL DE TIRáN12-05-2010
canto inorante . si hay denuncia noxusgado en pontevedra por o tema do camiño que e da xenta de tiran e no do veciño e si hay denuncia polos 12.000 euros .
de fontes
RE: O PARQUE INFANTIL DE TIRáN12-05-2010
Pareceme totalmente inxusto o que se lle está a facer os ténicos municipais , que sin comelas nin bebelas , e por culpa dos politicos barriobajeros que temos en Moaña (non se salva ningún, excepto Euloxio), e van pagar o pato deste desaguisado , e estou seguro que se fixo coa boa intencion para non perder os cartos para todolos veciños de Moaña.
llanero solitario
RE: O PARQUE INFANTIL DE TIRáN12-05-2010
llanero solitario xa sei quen eres. eres euloxio tes que defenderte ti solo pq como ben dis estas solitario. lembroche q dos 12 mil hai papeles firmados por ti euloxiño que poñen alcalde en funcions... mais de un esta cajado
gaviota
RE: O PARQUE INFANTIL DE TIRáN13-05-2010
gaivota carroñeira vai traballar por que con tanta pena que tes polos cartos , por que non fasedes unha coleta pepera e os xuntades e asi acabase o conto.
o can
RE: O PARQUE INFANTIL DE TIRáN13-05-2010
o que nos falta ajora, o Eulojio no medio das chanchulladas de Tiran, seica e expertiño neste barrio en faser o que non debe e se non que lle prejunten os vesiños xa veredes o que vos din.
sera que non lle interesa que o barrio vai parriba pa que non se masifique cos turistas e asi poida disfrutar el da praia do campin no vran. Menudo pajaro.
Eulojista
RE: O PARQUE INFANTIL DE TIRáN13-05-2010
Tedes razón co Sr. Euloxio, pois nas últimas eleccions me parece que sa lle deron un bó escarmento aquí no barrio. A pouco mais sae co rabo entre as pernas, e queda fora do goberno municipal. Está claro que cada un ten o que se merece.
A Masandía
RE: O PARQUE INFANTIL DE TIRáN13-05-2010
para O CAN amiguiño alguns xa traballamos, pero ainda que traballemos para traer un soldo as nosas casas tamén nos interesa e nos preocupamos de saber en que "TRABALLAN" os nosos representantes.

Espero so que o fiscal se apure a mirar o caso e que saque a luz a mais de un.....

Si como di miña aboa DOECHE A BARRIGA POR ELES pois a cojerse... pero a min no me doe por ningún e dame igual quen caia si e PP, BNG, PSOE ou INMO pero que se acaben as mentiras e os trámites corrumptos e pouco legais.

CAIGA QUIEN CAIGA
gaviota
RE: O PARQUE INFANTIL DE TIRáN14-05-2010
corruptos habelos hailos, o carallo e dar con eles...
hai ....que tropilla temos en Moaña....inda que si o pensas ben , peor andan por Cangas etc.etc...digo eu...
llanero solitario
RE: O PARQUE INFANTIL DE TIRáN14-05-2010
Si alguine falsifico que pague= Inahilitación + carcel.
Un escarmiento para los políticos, que no hacen mas que reirse del pueblo, nos quieren hacer tontos.
populis
RE: O PARQUE INFANTIL DE TIRáN18-05-2010
http://breaseixo.wordpress.com/2010/05/18/ecoparque-de-cadro/
gurtelguai
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados