Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
http://fastessaylb.com/
Indispensables
Donde ...
Guia
A SINIESTRABILIDADE NAS VíAS RáPIDAS DE ALTA CAPACIDADE10-05-2010
A información, sempre que se obteña e se reproduza de forma obxectiva é unha ferramenta moi útil para crear unha “opinión libre”, tamén obxectiva, na sociedade.

A miña intención o presentar os seguintes datos estatísticos nesta denuncia é simplemente informar á xente interesada no tema da siniestrabilidade (neste caso, sobre as vítimas mortais) das infraestruturas denominadas antigamente Vías Rápidas de Alta Capacidade ou Corredores, deseñadas durante a década dos anos 90. A continuación enumérase os datos de falecidos nas tres vías utilizadas coma mostra (Barbanza, O Salnés e O Morrazo), en todo caso, son datos anteriores os procesos de desdobramento (ATENCIÓN: os datos foron extraídos dos medios de comunicación, NON son datos oficiais, polo que poden existir algúns erros. Pero NON son erros PREMEDITADOS) :

VIAL DO BARBANZA:
56 falecidos en 14 anos dende a súa apertura. Con 40 quilómetros de recorrido.

Número de falecidos por quilómetro: 1,4 vidas/Km en 14 anos. (NOTA: Este dato NON é comparable co resto de viais da mostra, porque o vial do Barbanza levaba 14 anos aberto. Polo que, para poder comparar os datos de número de falecidos por quilómetro, realizouse unha media de falecidos durante un período de 5 anos)

Número de falecidos en 5 anos: 20 vidas.

Número de falecidos por quilómetro en 5 anos: 0,5 vidas/Km en 5 anos. (NOTA: Este dato SI é comparable cos viais de O Salnés e O Morrazo)

VIAL O SALNÉS:
26 falecidos en 7 anos dende a súa apertura. Con 17 quilómetros de recorrido.

Número de falecidos por quilómetro: 1,5 vidas/Km en 7 anos. (NOTA: Igual que no caso anterior, realízase unha media para 5 anos).

Número de falecidos en 5 anos: 18 vidas.

Número de falecidos por quilómetro en 5 anos: 1 vidas/Km en 5 anos. (NOTA: Este dato SI é comparable cos viais de Barbanza e O Morrazo)

VIAL O MORRAZO:
9 falecidos en 5 anos dende a súa apertura. Con 15 quilómetros de recorrido.

Número de falecidos por quilómetro: 0,6 vidas/Km en 5 anos.

TOTAL falecidos nas tres vías: 91 persoas.

TOTAL quilómetros das tres vías: 72 Km.

Existen múltiples conclusións segundo a persoa que analice os datos. Déixovos que saquedes as vosas conclusións.

E para comparar os datos, aquí tedes os resultados do vial con maior siniestrabilidade de Galicia, e un dos 5 con maior siniestrabilidade de Europa, que desgraciadamente, nos queda moi preto (http://www.farodevigo.es/secciones/noticia.jsp?pRef=2009011600_2_288849__GranVigo-parches-Fomento-evitan-autovia-deje-punto-negro-tras):

A-55 O Porriño – Vigo:

70 falecidos en 16 anos dende a súa apertura. Con 14 quilómetros de recorrido.

Número de falecidos por quilómetro: ¡¡¡¡¡5 vidas!!!!!!/Km en 14 anos. (NOTA: Igual que nos casos anteriores, realízase unha media para 5 anos)

Número de falecidos en 5 anos (MEDIA): 21 mortes.

Número de falecidos por quilómetro en 5 anos: 1,5 vidas/Km en 5 anos. (NOTA: Este dato é comparable cos viais de Barbanza, O Salnés e O Morrazo).

CONCLUSIÓN: As persoas que conducen un vehículo, teñen que ser conscientes de que existe un RISCO inherente de accidente, e por conseguinte un RISCO de mortalidade. NUNCA se conseguirá un índice de mortaldade igual a CERO, polo que, a única forma de limitar o número de falecidos pódese resumir en tres aspectos:

1) Respecto polo código de circulación e unha óptima educación vial.

2) Mellora na seguridade das infraestruturas XA EXISTENTES (con creación de medianas, etc).

3) Mellora na tecnoloxía referente á seguridade nos vehículos (Unha cousa está clara, a persoa que ten cartos para “pagarse” a tecnoloxía en seguridade que brindan marcas como Audi, Mercedes, BMW, etc. Teñen moitísimas máis posibilidades de sobrevivir que un “currito” dentro dun utilitario… “a vida é así” para iso estamos nunha sociedade de clases…)

Un saúdo.
Señor Louzán


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: A SINIESTRABILIDADE NAS VíAS RáPIDAS DE ALTA CAPACIDADE11-05-2010
Buen articulo señor louzan.

Yo añadiré un dato más, que la gente no debería olvidar (o mejor refrescar).
La carretera de la costa, antes de la construcción del corredor estaba desbordada, y la siniestralidad era apabullante. Con la apertura del corredor, los accidentes descendieron hasta casi no haber ninguno.

Ahora con los accidentes ocurridos en el corredor, miles de usuarios vuelven a inundar la carretera de la costa, y a su vez vuelve a elevarse la siniestralidad en la misma.

Señores, seamos responsables, tenemos dos vias, utilicen-las con sentidiño. Porque no tiene sentido ir todos por la misma. Los accidentes y las desgracias acabarán ocurriendo, al estar saturadas.

Ahora el corredor está vacio (para mí una delicia, una tranqulidad que solo se pudo ver en los 2 primeros años, después empezó a saturarse) y la comarcal saturada. Este fín de semana ya pudo haber un nuevo número en la comarcal (cierto es que esta persona no necesita el corredor) , pero la desgracia, asi como la saturación solo será cuestión de tiempo.

Un saludo.
Cosas que pasan
RE: A SINIESTRABILIDADE NAS VíAS RáPIDAS DE ALTA CAPACIDADE11-05-2010
Aproveito que esta este fío aberto en relación cos Corredores, pra denunciar os tipos como o que me crucei as 18:00 horas vindo de Vigo para Cangas, que che fan destellos cas luces pra avisarte de que estan os guardias un pouco máis pra adiante.
É verdade que alguns aforran uns cartos e puntos do permiso de conducir das multas que te libras cos destellos pero outros perden a vida como se reflexa no explendido artigo do "Señor Louzan" e o bo apunte de "Cosas que pasan".
O facer destellos non arregla nada, os que corren máis da conta polo corredor como o que iba diante miña afloxan o pedal hasta repasar o control e despois mecha pra diante outra vez que xa non hai máis guardias e si os hubera xa otro te faría luces.
Non facer destellos, flaco favor nos facemos, e a mellor maneira de contribuir a que caian no radar os Alonsiños, polo menos ainda que sexa nesta estrada xa que os ultimos tristes acontecementos do que vai de ano demostran que a vía non é segura, non a fagamos peor por tan só aforrar uns cartos.
Lobo
RE: A SINIESTRABILIDADE NAS VíAS RáPIDAS DE ALTA CAPACIDADE12-05-2010
A min non me gusta nada que na recta larga , os coches arrisquen todo o posible por adiantar a un ou dous coches cando lles veñen trafico enfronte, e teño que dicir que unha vez por esa misma carretera indo hacia Vigo, mirei un coche de alta gama adiantando a outros 5 a vez, e deulle xustiño pa pasar, o do outro carril contrario tivera q meterse un pouco no arcén, pero o pior de todo é que nese tramo había unha patrulla da garda civil, ( duas motos) que se qedaron mirando pao o coche e a continuación seguiron falando das suas cousas.........vamos, a min pareceme incríble a súa maneira de actuar
aldanes
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados