Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
https://ehow-tv.com/
Indispensables
Donde ...
Guia
A VOLTAS CO AUDITóRIO DE MARIN01-02-2006
O pasado martes 31 de xaneiro publicaron-se nos meios de comunicacións unhas declaracions do alcalde de Marin onde manifestaba que o auditório non se construiria definitivamente no porto. Ademáis, tamén se informaba dunha xuntanza en Santiago entre membros do governo muncipal e o Director Xeral de Deportes da Xunta dandonos tamén un novo pau ao anuciar que non vai haber cartos para o pavillón de Seixo nen para arranxar o campo de futbol de San Pedro.

Tamén no mes de outubro cando se fixeron públicos os orzamentos da Xunta para o 2006 xa manifestamos desde o Colectivo Nacionalista o noso malestar por seguir mantendo a Marin no ostracismo inversor. Desde a Xunta governada polo PSOE e o BNG continuan coa política dos seus antecesores de discriminación hacia o noso concello.

Pero o peor de todo é a tomadura de pelo que supón para os veciños e veciñas de Marin o baile que os nosos políticos municipais están facendo co virtual auditório que non saben onde poñer e andan movendo do Parque Eguren ao porto e do porto ao Parque Eguren pasando pola finca de Briz.

Desde o Colectivo Nacionalista temos claro que estamos ante un novo enfrontamento partidário entre o PSOE e o BNG próprio dun periodo pre-eleitoral onde cada un xoga a fastidiar ao contrário, poñendo por diante os seus intereses de partido fronte aos intereses xerais.

Están demostrando a incapacidade como governantes e como oposición para solucionar os problemas de Marin e dota-los das infraestruturas necesárias para o seu desenvolvimento.

De nada serven acordos plenários e anos de negociacións e xuntanzas con distintas administracións. O xogo político, e máis agora que nos achegamos ás eleicións municipais, fan que os catro partidos con representación municiap, PSOE, MarIn, BNG e PP, poñan por diante os seus intereses partidários e xoguen coas inversións provocando que o auditório ou o centro de saude ainda non estén construidos.

Estes duas últimas lexislaturas podemos da-las por perdidas para Marin, xa que non se fixo prácticamente nada desde o governo municipal. Tan só demostraron a sua capacidade para desaproveitar as poucas inversións, tendo un governo amigo ou enemigo na Xunta, que nos deron.

Agora querenos vender un parking e unha zona de ocio na Praza de España, en terreos da autoridade portuária. En qué consiste unha zona de ocio? Tendo en conta as poucas luces dos que nos governan pode ser calquer cousa. Na práctica o que van facer é volver taponar Marin e entregar-lle eses terreos á "iniciativa privada".

As zonas de aparcamento son necesárias, pero é máis intelixente promover uns servizos de transporte públicos que comuniquen a vila coas parróquias e fagan inecesário o uso do vehículo próprio. Está é a única forma de desatascar de coches Marin e facer unha vila máis saludábel e ao servizo das persoas.

Demandamos que se faga o auditório, pero que busquen unha ubicación axeitada que non destroce o Parque Eguren, que si que é unha zona de ócio para moitos rapaces e rapazas que xogan ali, e que nos permita abrir Marin ao Mar.

Marin, 1 de febreiro de 2006.

>> Ampliar datos Colectivo Nacionalista de Marin


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados