|
|
| COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA
|
| RE: SEGUIMOS SEN ESCOLA INFANTIL NO HIO | 30-04-2010 | | vai falar con hector e clarita a ver que che contan | | un mais |
| RE: SEGUIMOS SEN ESCOLA INFANTIL NO HIO | 30-04-2010 | Xa falei con eles, e cos do Consorcio e todos me dicen que a escola estará para o curso 2010/11, pero e que o curso remata en xuño de 2011..... e necesito ese servizo para poder seguir traballando.
Non vou entrar na trampa de criticar a uns si e a outros non, todos teñen parte de culpa e posiblemente os pais/nais do Hio tamén por non poñernos serios con este tema. Creo que se concedeu demasiado tempo para que esta instalación funcione e o mellor é o intre de tomar outras medidas. | | PAI DO HIO |
| RE: SEGUIMOS SEN ESCOLA INFANTIL NO HIO | 01-05-2010 | | Pa min isto e unha putada. | | E non teño mais que decir |
| RE: SEGUIMOS SEN ESCOLA INFANTIL NO HIO | 01-05-2010 | | Hoxe había obreiros traballando ahí, podo aseguralo porque os mirei, os do pp quiseron paralizar as obras nunca quixeron a escola infantil do Hio pero siguen en marcha e están traballando, espero que poidamos levar aos nenos este curso porque ao mellor queren inaugurala eles nas próximas eleccións e nos quedaremos outro ano igual. | | pai tamén do Hio |
| RE: SEGUIMOS SEN ESCOLA INFANTIL NO HIO | 01-05-2010 | | quen che dixo que os do pp non querian a escola infantil clarita, psss | | eu |
| RE: SEGUIMOS SEN ESCOLA INFANTIL NO HIO | 01-05-2010 | Non sei si os do PP non queren a escola infantil, pero o que si é certo é que repasando hemeroteca podemos lembrar que publicamente manifestaron a intención de cambiarlle o uso o edificio.
Agora teñen a oportunidade de manifestarse con feitos, que a poñan a funcionar xa. | | PAI DO HIO |
| RE: SEGUIMOS SEN ESCOLA INFANTIL NO HIO | 01-05-2010 | | Demolición do tapón ás vistas e escola de nenos no CEIP Hio que sobra espazo | | cruz de castro comunal! |
| RE: SEGUIMOS SEN ESCOLA INFANTIL NO HIO | 03-05-2010 | Quen dixo que a Cruz do Castro non é comunal?. Para aclarar calquer dúbida, o espacio foi cedido para ese uso, non perdendo a titularidade comunidade de montes.
O anterior participante creo que ten que darse unha volta polo CEIP do Hio e mirar como está, ¡¡que necesita un novo que ten 30 anos¡¡¡¡ e ademais unha recomendación, lea a lexislación.
Estou cos pais do Hio, que se poñan a rematar o edificio e que entre en servicio xa. | | Comuneiro |
| RE: SEGUIMOS SEN ESCOLA INFANTIL NO HIO | 04-05-2010 | Os comuneiros do Hio cederon o espazo en Cruz de Castro tras unha "espectacular" acción manipuladora da alcaldesa e con bastante inxenuidade pola súa parte. Unha "cesión" que non creo que teña moitas contrapartidas e que en pura legalidade debera consistir nunha permuta, os terreos de montes en man común teñen un destino forestal, non para os equipamentos que lle faga falla a un concello.
E o CEIP ten só 30 anos, o ladrillo caravista non creo que estea a cair, faralle falla en todo caso unha reforma, probablemente máis barata (aínda que menos chamativa) que un tapón visual furando a pedra.
O que pasa que repartir cartos públicos debe dar moi bos beneficios, parece que entre reformar e facer novo os políticos non dubidan case nunca. | | a de antes |
| RE: SEGUIMOS SEN ESCOLA INFANTIL NO HIO | 04-05-2010 | Para a de antes: o teu descoñecemento da lexislación é enorme. A actual lei de montes e os estatutos da comunidade dicen que se poden facer cesións para equipamentos sociais por 25 anos, prorrogables outros 25 e non soio para iso sinón que tamén para cultivos que non sexas forestais. Por outra banda, si eres comuneiro/a, que o dubido, tiñas o dereito e a obriga de estár na asamblea onde se debatiu a cesión e opinar libremente. Lembroche que a proposta foi aprobada por mais do 95% dos comuneiros alí presentes co cual non hai ningunha ilegalidade neste proceso tal como insinuas. E mais, si ti a miras e eres comuniero o teu deber é ir o xulgado coa mesma.
O resto do que dices, sigo decindo que non tes coñecemento da realidade nin do colexio nin moito menos das carencias da parroquia. | | Comuneiro |
| RE: SEGUIMOS SEN ESCOLA INFANTIL NO HIO | 05-05-2010 | bla, bla, bla...Cóntame o das contrapartidas. Qué gañan os comuneiros/as co adefesio? unha escola? e non hai outro sitio?
O que pasa é que a falla de cultura é moi atrevida e asociada co engreimento pior
E xa sabemos que o Hío é unha parroquia asoballada e miserenta que vai rexurdir da man do "clan".
Dades noxo | | neonacis |
| RE: SEGUIMOS SEN ESCOLA INFANTIL NO HIO | 05-05-2010 | A mirar si entendes as cousas, as expricacións sobre as contrapartidas non serei eu quen chas conte xa que iso guste ou non é unha decisión da asamblea de comuneiros e polo que miro ti non o eres asi que.....
E retito, a decisión foi a que foi con todas as consecuencias boas e malas e o Hio xa vai sendo hora de que se poña as pilas e se faga respetar.
Non temos centro de saude, non temos escola infantil, non temos en algúns sitios servicios esenciais ( auga, saneamento), as estradas nin che conto.......
Temos un pabillón para o que o colexio tivo que ceder terreo para que o campo de futbol pudese " coller" xa que o diseñeron mais grande que o terreo do que dispoñian.
Cultura e educación a de cada un, pero iso si, seguro que mais que o anterior contertulio. | | Comuneiro |
| RE: SEGUIMOS SEN ESCOLA INFANTIL NO HIO | 05-05-2010 | | Póñocho fácil: non hai contrapartidas | | xx |
| RE: SEGUIMOS SEN ESCOLA INFANTIL NO HIO | 06-05-2010 | O dito, que non queredes que o Hio teña servicios. Guste ou non, teremos a escola infantil e seguiremos pelexando polo resto.
O demais, opinións de políticos frustrados. | | Comuneiro |
| RE: SEGUIMOS SEN ESCOLA INFANTIL NO HIO | 06-05-2010 | ordiá, que envexa...
sodes ruíns, a escola que proxectábades está nun sitio ruín, os xeitos de manipular a asemblea foron ruíns, os favoritismos nos postos de traballo nas galescolas foron ruíns e os argumentos que corrían polo Hio de que a urbanización de Massó daría cartos para invertir no Hio non eran ruíns eran miserables..
Pudrídevos | | flipaos |
|