Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
Concellos
Indispensables
Donde ...
Guia
SOBRE A APROBACIóN DO PXOM DE MARíN23-04-2010

O pasado martes asistimos atónitos á esperpéntica convocatoria dun pleno extraordinario que podería chegar a cualificarse como clandestino dadas as présas coas que se convocou o mesmo. A falta de previsión e a manifesta incompetencia do goberno bipartito que rexe o noso concello fixo que neste pleno se aprobara provisoriamente un PXOM que nin a veciñanza e nin tan sequera a oposición municipal sabe exactamente o que se aprobou.

Temos un goberno municipal que non ten a intención ou é incapaz de gobernar con transparencia e eficacia ocultando información constantemente e sendo capaz de aprobar un PXOM antes de que os numerosos veciños e veciñas e colectivos coma o noso que no seu momento presentaron alegacións ao plano recibiran ninguna contestación ás mesmas. Para resolver o misterio de como vai quedar o PXOM de Marín, a ferramenta que servirá no futuro para desenvolver urbanísticamente o noso concello, semella que teremos que agardar a que a Xunta finalice os trámites e o publique no DOG.

Estas prácticas escurantistas e caciquís confirmáronse unha vez máis tras facerse pública a denuncia de favoritismo cara a militantes e candidatos do BNG cunhas modificacións clandestinas do PXOM das que só eran participes os partidos do goberno. Legalizar, ampliar, favorecer, en definitiva caciquear por parte duns partidos autodenominados de esquerdas e progresistas.

Mais o maior despropósito e tamén o máis rastrero por ter uns claros tintes de vinganza contra a veciñanza do lugar é a reserva no lugar da Brea de solo para construír unha subestación eléctrica que vén substituír o proxecto de parque industrial xa desbotado.

Dende o Colectivo Nacionalista compartimos coa veciñanza do lugar o rexeitamento á construción desta subestación, non entendendo como despois de desbotar o parque industrial e cualificar a zona como rural de interese agrario pretenden colarnos unha subestación, cos prexuízos que causa non só a instalación e ocupación do terreo senón tamén os causados polas liñas eléctricas que se tenderán e que pasarán por riba ou ao lado das casas afectando aos terreos e zonas polas que pasen.

Independentemente das liortas de cara a galería cunha clara intención electoral entre goberno e oposición municipal ,a Xunta gobernada polo Partido Popular xa definiu o solo industrial para Marín no Plano de Solo Industrial de Galiza onde se definiron as prioridades e o prazos de execución de dous megapolígonos no Pituco e na Pastoriza incluíndo aos concellos limítrofes de Pontevedra e Moaña para que declarando a supramunicipalidade dánvolos dous proxectos lles sexa máis doado a súa execución. Polo que esta é a aposta do Partido Popular tamén de Marín por moito que hipocritamente só defendan publicamente unha delas.

Cando se sexa definitivo o PXOM traerá renovará vellos conflitos, xa que cada polígono industrial previsto, cada subestación eléctrica, terá que ter o seu propio estudo de avaliación ambiental. Non só, como dixo a Consellaría de Medio Ambiente para o Pituco. Teremos, ademáis, o desenrolo urbanístico de amplas zonas do concello que van deixar ao descuberto o verdadeiro interese deste plano: a especulación.


Marín, 23 de abril de 2010.
>> Ampliar datos colectivo nacionalista


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados