Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
Concellos
Indispensables
Donde ...
Guia
COA TÚA SAÚDE NON SE XOGA. O TEU DIÑEIRO NON SE TIRA14-04-2010
Haz click para ampliar O 16 de Abril a Plataforma Contra a Privatización do Hospital Único convoca á sociedade a unha manifestación de rexeitamento contra a intención do Partido Popular de privatizar os servizos sanitarios.

Asistimos a outra agresión da Xunta contra os dereitos cidadáns. Seguindo os ditames do Fondo Monetario Internacional, causantes da actual crise económica, as empresas privadas queren meter man nos servizos públicos coa axuda do PP e de Núñez Feijóo, mais xa sabemos as graves consecuencias deste tipo de feitos. Mesmo o actual candidato británico do Partido Conservador ao Goberno apoia a xestión pública do servizo sanitario despois do fracaso estrepitoso acontecido na Gran Bretaña cando Margaret Tacher nos anos 80 privatizou un servizo exemplar en Europa como era daquela o británico.

Dinnos que a Xunta non ten cartos para ampliar Montecelo, mais en 20 anos a Xunta gastará 6 veces máis do que nos costaría a ampliación.

Os veciños e veciñas de Marín e da Area Sanitaria de Pontevedra teñen que coñecer como lles vai a afectar esta política privatizadora da Xunta de Galiza:

1. Os hospitais privados teñen entre o 20 e o 30% menos médicos, enfermeiras e persoal de apoio que os públicos.

2. Segundo o Banco de España, a empresa privada non mellora a xestión dos servizos públicos.

3. Con xestión privada, o número de camas redúcese unha media dun 30%.

4. En Madrid, nengún dos 7 hospitais de capital privado se entregou en prazo. Teñen menos da metade dos médicos por cada 1000 habitantes que os públicos.

5. O modelo privado é máis caro, pois as empresas levan beneficio. Quén paga a diferenza? Nós, con máis impostos.

6. Privatizar a sanidade é o primeiro paso para instaurar o copago: pagará máis quen máis enfermo estea.



Desde o Bloque Nacionalista Galego animamos á sociedade marinense para que acuda masivamente a esta manifestación cidadá e exprese o seu rexeitamento a este proxecto de facer un hospital privado e de recorte de dereitos básicos e para que a Xunta retome o proxecto de ampliar Montecelo dado que é a única garantía factíbel de protexer o sistema sanitario público.

>> Ampliar datos BNG - Marin


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: COA TÚA SAÚDE NON SE XOGA. O TEU DIÑEIRO NON SE TIRA16-04-2010
animo e para diante que ala nos atoparemos.
ocan
RE: COA TÚA SAÚDE NON SE XOGA. O TEU DIÑEIRO NON SE TIRA16-04-2010
animo e para diante que ala nos atoparemos, hai que parar a desfeita de estes coruptos que queren seguir facendo omesmo que o gurtel, temos que paralos.
ocan
RE: COA TÚA SAÚDE NON SE XOGA. O TEU DIÑEIRO NON SE TIRA19-04-2010
o que queren facer e levar o dominguez para montecelo e así privatizalo e logo edificar nos terreos do dominguez,negocio redondo, o telmo estse a frotar as mans, haber que din os peperianos disto.
pedro
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados