Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
Concellos
Indispensables
Donde ...
Guia
FERVE "LLA CABESA"...29-03-2010
O lider popular de Moaña entrou de cheo nun remuiño que non ten fin...Ten que estar no Faro como sexa...na rolda de prensa, no reompeolas...ainda que iso ten un prezo: crear problemas cada día e non contruibuir a resolvelos. A última é o destino da Casa do Mar exclusivamente a servizos sanitarios.
Non entro a opinar sobre se a idea é correcta ou oportuna,...senon das consecuencias inmediatas. Polo de pronto a primeira consecuencia é a paralización da posta en marcha do servizo nos locais do Concello,...de segundo a ameaza da supresión do salón de actos utilizado dun xeito permanente polas organizacións civis de Moaña, sen ter que "ir a pedir permiso o Concello", e a tercerir é a solución coa que nos obsequia neste fin de semana: utilizar o Salón parroquial...
Está claro o gusto do PP,...volver o Centro parroquial e a o TeleClub...Cando as Asociacións de Mulleres, AAVeciños, Plataformas, etc. queiran organizar charlas sobre a lei do aborto, sobre a pílula postcoital, sobre o uso do condón, sobre a pederastia na igrexa, ...sobre calqueira situación conflictiva ...terán que ir pedirlle permiso a D. Manuel, párroco, para facelo na Iglesia de Moaña?
Ou vai a entregar as chaves e a xestión dese ignorado salón de actos para a xestión libre das Asociacións civís...? A maioría dos moañeses non tiña nin idea da existencia del ata o de agora? Ou pretenden alugalo para reforzar as finanzas da igrexa?
Fervenza pensa e madura un pouco as propostas, e consulta...se non che ferve tanto o cú...
Moañes


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

QUERE VOLVAMOS A DEPENDER DA IGREXA PARA AS ACTIVIDADES CULTURAIS OU INFORMATIVAS E FORMATIVAS29-03-2010
Isto é de coña. Moi ben traida a denuncia. Eu tamén me quedei a cadros ó ver que a Igrexa ten un auditorio de 200 plazas (Mais ca Quintela). Pero como dis , todo ten un precio, non creo que saia o tema gratis (por algo se nos fala do custe ó que ascendeu a obra detallando que siguen pagando débeda) . Ademias, todo o que dis, teremos que someternos a un criterio que non é neutral, senon con tinte claramente ideolóxico-relixioso, cando non político.
Que asegure fervenza que ese acordo coa Igrexa vai permitir usar sempre elibremente eses espacios sen custe algún para todos. A ver se pode facelo, e se é por escrito mellor, que o firmado de palabra non vale nada.
Volvemos ó pasado
RE: FERVE29-03-2010
Pois a min pareceme cojonudo ter todo xunto na casa do mar e non ter que bailar dun lado para outro, e sobre todo no rosal non hai un puñetero sitio donde aparcar co tema da piscina, e o lado da casa do mar ainda que non é moito algo mais aparcamento hai.

Non sei si hai que pagarlle ao cura ou non o que si sei e que o local do rosal, tiña que pagar o concello, ou mellor dito todos e cada un de nos 31.200 euros ao ano polo alquiler, e ademais ten que pagar a reforma do local para apropialo as especialidades.

Si se poñen estas especialidades na casa do mar a reparación pagana o sergas.... e que queredes que vos diga non concello teñen de saldo negativo as cuentas sobre 15.000.000 de euros (si millons.... non se me colaron ceros....) enton que mais queredes???? que vos vaia o dentista a casa ou é que sodes do rosal e non tendes que mover o coche....

Cando unha persoa da unha alternativa pisádeslle a cabeza por que os bloqueiros estades acostumbrados a asentir todo o que di Millan non estades acostumbrados a pensar por vos solos nin ter alternativas nin propostas
gaviota
RE: FERVE29-03-2010
Precisións.
1.- Non é certo que o Concello teña que pagar o aluguer de 30.000 euros o ANO, non ó mes como algun día por ahí e ADEMAIS A OBRA DE ACONDICIONAMENTO: Precisamente o aluguer e máis alto porque leva a obriga de incluir todas as obras de reforma por parte de propietario do local.

2.- Non sei se che escaparon os ceros...pero cun presupusto anual de 12.ooo.ooo de euros, paréceme moito un desfase de 15.000.000...

3.- Xa me gustaría a min que Fervenza,..é dicir o PP,...é dicir o Goberno na Deputación,...é dicir o Goberno na Xunta..., porque iso é o que debe representar Fervenza tivese a mesma actitude de defender os cartos do moañeses - falamos de aforrar un aluguer durante un tempo determinado para dispoñer xa duns servizos sanitarios- cando a Xunta dí :
1.- que non pode haber transporte metropolitano de ría porque o Concello de Moaña ten que por unha media de 200.000 euros o ano, e con carácter indefinido.
a Deputación dí:
2.- Que non pode anchear as estradas da Deputación en Moaña, porque o concello non gasta cartos en expropiacións.
o Sergas (a Xunta) dí:
3.- Que non pode facer o centro de Saúde porque o Concello non lle da os terreos

os moañeses e moañesas, cando o Concello está no limite económico, nos preguntamos
De que é a responsabilidade do transporte, das carreteras provinciais, da sanidade? Do Concello de Moaña? Non pagamos xa impostos dabondo para esas infraestructuras autonómicos ou provinciais para que logo veñan a chantaxearnos a traveso do Concello?
Onda está Fervenza, o representante do Goberno, nestes casos? Calado, porque non pode meter baza...
eso sí, cando xa temos as instalacións para dispoñer xa de fisioterapia e odontoloxía saca da manga o do Centro de Saúde...para aforrar cartos ó Concello..ou para "bloquear" un servizo xestionado polo actual goberno municipal?
Coherencia mínima, gaviota.
moañes
RE: FERVE29-03-2010
E porque tén que pagar o local do médico de Meira?
E porque tén que comprar os terreos para o IES Paralaia?
E porque ten que facer o mantemento dos colexios e pagar os comedores?
Así non hai Concello que aguante.
outro
RE: FERVE29-03-2010
Para MOAÑES antes de falar entérate e vai a os plenos e si non vas existe na páxina web do concello un apartado de actas dos plenos donde recolle o que debaten os nosos políticos e verás como o local do rosal non é do concello é alquilado non é propiedade do concello.

O precio anual son 31.200 euros que ten que pagar o concello osea eu, mais ti mas o resto e o resto ata os 19.000 e pico de habitantes.

Os 15.000.000 de euros son débedas que ten o concello arrastradas de anos atras.

E digoche mais o concello tiña uns presupostos de 12.000.000 de euros, pero so logrou ingresar 9.000.000 e gastou 11.000.000 iso so no ano 2009 si lle sumas os anos anteriores vas mirar como che dan as contas. NON FALES SIN SABER.

Miras as actas dos plenos ahi está todo escrito.

gaviota
RE: FERVE29-03-2010
Para OUTRO, preguntas por que ten que pagar... isto aquilo é o outro... por que son competencias municipais, as leis non as fago eu nin fervenza nin millan, están ahi.... e son para cumprir senon lanzo eu unha pregunta
¿Para que hai alcalde e mais concello entón? Para que cobren catro chupons a conta dos nosos impostos?


E que se me esqueceu para MOAÑES non me fales de transporte metropolitano cando o alcalde estaba convocada a semana pasada a unha reunión en vigo e el e clarita millan, os dous millans non foron.... XA DEMOSTRARON O INTERES QUE TEÑEN POLO BARCO e por todos os que usamos eu incluida o barco cada dia
gaviota
RE: FERVE29-03-2010
A gaviota non le: ten xa o conto de memoria.
- No se escribiu que o local do Rosal fora do Concello: senon todo o contrario. Que no aluguer ia a obriga de facer as obras a cargo do "propietario".
- Tes razon, non vou os plenos, deixei de ir no momento que foron tomados polos hoolligans do PP.
- Respecto ao outro comentario, de quen son enton as competencias de sanidade, educación, transporte, estradas,...? Non son do Concello. Son da Xunta ou da deputación, no seu caso.
O que pasa, que dependendo da cor política, se fan as cousas de balde para o concello (como teria que ser sempre) ou coa chantaxe habitual...
Moañes
RE: FERVE29-03-2010
Gavotiña, a ver, o do MOañes é certo todo, por moito que escapes. Fervenza hai un ano pedía dun xeito e agora de outro, hai un ano a xunta era malísima porque non daba nada a mOaña, agora a xunta é boisima,segue sen dar nada a Moaña e resulta que o malo é o Concello. Se sodes uns caraduras. Decides que se gasta demasiado, (despois falades sen saber o que decides; se ingresan 9 e gastan 11 hai dous millóns de desfase,non 15) pero na seguinte frase decides que se gasta pouco. Pois nada, xa que les tanto as actas dinos tamen en que se gastan os cartos, e despois di en que non gastarías eses 2 millóns de desfase. Noutra frase pedides que se alugue un local para o consultorio de meira, que custa so a reforma uns 20.000€, pedides que se merquen terreos de Paralaia 200.000€, pedides que se merquen terreos da estrada da Ameixoada ou Berducedo, e farian falta sabe dios cantos cartos... pedides pedides pedides pero despois decides que gastan demasiado e hai desfase , se mercaran todo iso o ano pasado non habería 2millons serian 4 ¿non?, e agora non veñas coas exclusivas do alcalde que cos 5000€ que cobra Fervenza por non facer nada na Xunta (a parte do que cobra no concello, porque non renunciou as dietas) pagaríanse todas as exclusivas do concello de Moaña, e eses cartos tamen sae dos nosos bolsillos.
Non veñas a decir que da alternativa algunha, o que trae son un frenazo para as especialidades nada mais, aculpa é de quen lle fai caso.

Eo do Aparcamento xa é de chiste, debe haber moito aparcamento en Concepción Areal, jaja.

Frvenza ainda non se acostubrou a saber que no concello non é a Xunta, e non pode estar defendendo os intereses da xunta e do concello ó mesmo tempo, porque o concello ten que pedir que a XUnta cumpra coas súas obrigas, e fervenza non pode actuar como defensor en contra dos intereses de MOaña, que é o que fai agora. Pero nun ano, moita foto pero en MOaña ainda non miramos nada da xunta, nin un proxecto, nin unha obra, nin unha reforma... o único que traen son malas noticias e obstruccións. A bueno, viñeron con toda a cara a inaugurar a piscina, que non fixeron eles.
Gavilán
RE: FERVE29-03-2010
pero mirastes que guapiño sale co cura na foto parece que sempre busca o fotografo

lolo
RE: FERVE30-03-2010
fervenza e un imocrita eun sinverguenza, pero os outros que estan no concello non quedan muito atras. Despois do despilfarro de diñeiro empregado na praza, e que este asi , so demostra a incapasidade politica, que fervenza e un grupo de vededoras que estan en alquiler se rian de todo o pobo, manda carallo.Ese local da igrexa tamen o pagamos todos, outra burla, demasiado penoso para seguir envenenandome con esta tropa.
o can
RE: FERVE30-03-2010
PARA OCAN: O local da igrexa pagarialo ti si dis pero non todos, por que foi pagado con donativos da xente que vai a misa e eu non vou nin dun un duro para iso
Gaviota
RE: FERVE30-03-2010
gaviota informate ben, e miraras como ese local pagamolo todos gracias os politicos e os seus nefastos negosios coa igrexa, como a recalificasion de terreos en meira e este local en moaña todo foi no mesmo lote, e resulta que a casa de cultura de meira faise en outro lado, cando a igrexa se perda, pero bueno hai esta fervenza para botarlles unha man.
ocan
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados