Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
http://essaytop.technology/world-poverty-essay/
Indispensables
Donde ...
Guia
PISTAS DE ATLETISMO EN MOAñA28-02-2010
Non hai moito puden leer que os ecologistas de Moaña denunciaban que no novo paseo da xunqueira, deberiase quitar algúns arbores da zona porque non pertenecian o ecosistema das dunas, pero agora o goberno do BNG quere poñer nesa zona unhas pistas de atletismo .... ¿ que pasa ? ¿ donde están os ecologistas ?.
Co duro que foi quitar o campo de futbol e que por fin temos unha zona de ocio importante en Moaña ¿ por que debemos poñer unhas instalación deportivas nesa zona ?.
Con esta denuncia non quero decir nada coas persoas e asociacións que necesitan esas instalaciones pero creo que se deben por noutra ubicación.
relojero


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: PISTAS DE ATLETISMO EN MOAñA28-02-2010
quere non queres decir nada,pero disno. estásno teu dereito, pero o ofendes a todos os que non temos asinstalacións que teñen outros deportes con todo merecimento.
Por outra banda, estás a censurar algo que non coñeces ¿viches o proxecto?¿sabes onde se situarán? a ver se deixamos as tonterias da pataleta por protestar, que postos a iso retiramos todo o paseo peonil de madeira e de pedra, farolas e demais, e deixamolo a "monte natural" como debería ser. Non tentes empregar o ecoloxismo en contra dos deportistas porque non che guste a idea, que repito, poño en duda que coñezas o proxeccto. As pistas non mudarán en nada o que agora hai, sen peches nin edificacións nin nada, todo vai no plano horizontal, nunha zona que agora non conta nin con vexetación,e que despois si a terá.
En fin, o ecoloxismo hai que apoialo e non utilizalo. E o ecoloxismo hai que entendelo e non ridicuilizao con batallitas eteriles.
Corredor
RE: PISTAS DE ATLETISMO EN MOAñA28-02-2010
sen embargo, eu tamen penso que esto é un parche mal posto.O atletas tiñan que ter unha saída digna para o seu deporte, xusto no momento que se desabilitou o que había na xunqueira, agora coas presas pasan estas cousas, a min persoalmente non me molestan no paseo , pero sen dúbida nengunha ese non e o seu futuro.

1º- o proxecto non comtempla toda-las modalidades e actividades deportivas dos atletas,polo tanto non ten futuro.

2º- 600 mil euros nunha instalacion precaria, deixa moito que desexar.(terminos deportivos, falta de disciplinas deportivas ,falta de instalacions cubertas , falta de vestiarios)

3º- comparto a idea do ponente, en canto que ainda que sexa un "bó proxecto", non deixa de ser unhas instalacion deportivas no paseo.

4º o que realmente merecen os atletas é unhas instalacions de verdade, e decir un stadio para o seus deportes (parecido o de cangas), parece moito mais razoable e duradeiro.

Eu penso que moi discutible invertir tanto diñeiro nunhas instalacions sen moito percorrido.
Pareceria moito mais sensato ,baixo o meu punto de vista , prever unha zona deportiva e empezar cun proxecto serio.
O plan "E" , da para todo..je,je,je

tira cos cartos e corre...
RE: PISTAS DE ATLETISMO EN MOAñA28-02-2010
Parece normal que os atletas queiran esto, pero calquera persoa dase conta que é un parche.(moi caro)
lolo
RE: PISTAS DE ATLETISMO EN MOAñA28-02-2010
Un parche? ¿un parche en que? Se non hai nada. Do campo da Xunqueira botaronnos, e non había instalacións. A pedir claro que pedimos, un estadio coma o de Cangas, pero resulta que o de cangas pagouno a Xunta, e ten caracter comarcal, igual que o Auditorio, sen embargo a realidade é que non podemos ir Cangas a nada, e todo é deles. En MOaña claro que soñamos cun estadio,pero tamen somos conscientes de que non temos nin os cartos, nin aspiramos a semellantes instalacións solo para o atletismo polo menos de momento e en bastantes anos. Se o futbol ainda acaba agora de ter un campo de futbol, nos sabemos que non temos o apoio que ten o futbol, ter unhas pistas xa é un logro.
Tamen digo, que co que custan as pistas, ¿pensades que se fai un estadio ou que? un estadio costa mais ca o campo de futbol do casal.

Para min xa é a inversion mais grande que nunca tivo o atletismo en Moaña, ainda que so sexan unhas pistas é un gran avance. So pido respeto para os que corren nelas, que se cuiden, e que non se critique este avance por decir que non é futbol, pois gastouse moito mais en otros deportes e non se cuestiona tanto se o gastado é a mellor ou peor opción para gastar os cartos.
Corredor
RE: PISTAS DE ATLETISMO EN MOAñA01-03-2010
Eu tamén estou de acordo que teñen que ter unhas pistas os mozos e mozas de atletismo, iso temolo claro todo o mundo, o que non estou de acordo é o lugar.

votaron a campo de futbol coa escusa de ter un lugar de ocio, de paseo, que por certo está xenial e agora poñen outro deporte, isto no meu pobo creo que se chama discriminación.

Ademais coas pistas non solucionan moito, non terán local social, nin vestuarios, nin aseos, osea que pouco mais do que estabamos.

Existe no PXOM un lugar para zonas deportivas, o problema e que non o dan aprobado.

E claro unha vez aprobado o PXOm quererán desfacer estas pistas para facelas noutro sitio mais axeitado.

O que significa tirar cos cartos, cos nosos cartos, que pouca luces teñen de verdade.
gaviota
RE: PISTAS DE ATLETISMO EN MOAñA01-03-2010
Atriste realidade e que si tibera que pagar o cansello cos seus cartos non se fasia nada,e de pena a maneira de gastar os cartos sin sentido pois hai 100 cousas mais necesarias. O mellor foi que non se tirou co palco da musica por que sinon estabamos sin el. A gastar que os cartos veñen de madri.
Ocan
RE: PISTAS DE ATLETISMO EN MOAñA01-03-2010
se o estadio de cangas e "comarcal", porque o concello no apreta para utilizar as instalacions nas mesmas condicions uns ca outros?¡Porque se tira tanto diñeiro cunhas instalacions xa feitas, e ainda poriba nun lugar non axeitado?...
Moito se fala dos localismos, cando e para os demais, pero cando e a un todo o mundo quere ter servizos o lado da casa, sexa un auditorio, sexa un médico en meira, ou sexa as pistas de atletismo....eu como Moañes , non comparto estes criterios localistas, e esta totalmente claro que esto e tirar cos cartos parsa quedar ben con uns señores (independentemente do respeto que lle teño os atletas, non é razoable facer eso alí).
Os servizos debemos esixilos, pero non o lado da casa, esto é unha aberracion....
Estou esperando o día que saia un politico sensato a falar do "morrazo" con maiusculas" , e decir , pensar en mancomunar moitos servizos necesarios....pero eiqui o paln "E" foi unha autentica vergoña...desaprobeitados pola propia esquerda, sen perpectiva de comarca en absoluto, , aceras novas e pouco mais....e unha pena.
O día que o estadio de cangas non teña capacidade para os atletas da comarca , deberíamos pensar un facer un estadio novo , preo esto e unha auntentica chapuza...
JR
RE: PISTAS DE ATLETISMO EN MOAñA02-03-2010
De acordo co deporte encontra de chapuzas, Moaña merece un estadio de atletismo en todas as condicios para entrenar, competir....etc, un estadio defiitivo, nunha zona adecuada con todos os seus servicios................. que a temos.

desde o Bipartito o que se fai e derrochar para que determinados simpatizantes ou afiliados esten contentos,unha inversións desta embergadura precisa dun consenso total e de boa xestión
O Quin
RE: PISTAS DE ATLETISMO EN MOAñA03-03-2010
os bloqueiros nin se defenden....a derrochar ¡¡¡¡¡¡¡
a presumir de obras ¡¡¡¡¡¡¡¡
Plan E
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados