Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
Concellos
Indispensables
Donde ...
Guia
OS DELIRIOS DE GRANDEZA DE RIVAS, DE NOVO26-02-2010
Ás voltas con O Real. Este home está crecido. Seica lle entrou envexa a torre de Dubai e agora volve a delirar cunha torre de mais de 100 metros para a Finca da marquesa. O curioso é que el mesmo declara que "Sé que no es normal" (!!) Menos mal que o recoñece...De verdade que non aparecerá alguén serio - non bromistas como este Rivas - que poña algo de cordura sobre o que se debería facer ahí, isto é, o auténtico parque público de Moaña, esa zona verde que os habitantes de O Real veñen demandando denda hai décadas? Mentras tanto, o Rivas que vaia descansando a súa cabeciña que falla lle fai.
Real_ista


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: OS DELIRIOS DE GRANDEZA DE RIVAS, DE NOVO26-02-2010
Si pretendes algo serio non veñas coa cantinela demagóxica do parque publico que os veciños bla,bla,bla...Fai unha proposta seria, é decir, realizable.
Silencio
RE: OS DELIRIOS DE GRANDEZA DE RIVAS, DE NOVO26-02-2010
Este verán pasado fun a un concerto de Milladoiro na Xunqueira, e como era de noite e había bon tempo víase toda a ría. Unha fermosa vista.
Pero había por alí había uns jodechinchos que todo lles parecía maravilloso e a min ocurríuseme que si en vez de ter toda aquela fatástica visión lles construíramos 5 ou 6 torres de pisos alí mismo, na Xunqueira, os jodechinchos non volatarían a molestarnos.
Agora síntome comprendido con este macro proxexto de Ribas. Soio quero animalo a que extenda os seus valiosos coñecementos ó resto de Moaña.
Soio apuntarlle que detrás da plaza, si tiramos o palco da música, queda un solar mui digno. Con uns bos cimentos poderíamos superarnos e chegar ós 110 m de altura..., pero iso ten que ser o maestro Ribas quen o decida. ¿Quén son eu para dar orientacións?, era soio unha idea.
Torres-up
RE: OS DELIRIOS DE GRANDEZA DE RIVAS, DE NOVO26-02-2010
Ata a fecha todos debemos estar agradecidos os proxectos realizados por Mr. Rivas.
Peleándose, coma sempre, él sólo contra todos, personalizando os proxectos que disfrutamos todos, como se foxen os últimos en realizar.

Coñezo parte dos detalles desta obra proposta por Rivas. Esta obra é unha máis da gran cantidade de proyectos que ten desarrlollados no seu taller,... e tamén na súa cabeza.
Non coñezo a nadie, NADIE, que dedicara tanto tempo da súa vida a pensar nun Moaña mellor.
Rivas, tivo que escoller na súa xuventude entre Moaña ou Vigo; e quedouxe con Moaña.
Rivas poido e pode dedicarse a actividades mercantiles ordinarias propias do seu oficio ENXEÑEIRO; pero prefire dedicarse o extraordinario. Rivas pode facer "moitos amigos" propoñendo parques públicos, pero prefire "amigos" e propon "evolucionar".
Quizás moitos se sintan incómodos con estas propostas, porque cuestionan a eles mesmos e o mellor e descalificar, burlarse e minimizar a que obliga a que se movan.
Mellor seguir así; quietos. Qué nadie nos moleste.
Betty Mcall
RE: OS DELIRIOS DE GRANDEZA DE RIVAS, DE NOVO27-02-2010
pois a min parecdeme unha proposta moi seria , a ter en conta.
Dende logo moito mellor ca que aprobaron miLLAN e compañia , ma cal quedaría mOaña con 4 torres , con mais pen aque gloria....
Agora ben , se o que plantexades , e que teñamos un paque publico , dende logo todos estariamos dacordo ¿digo eu? , pero a hora de dar edificabilidade pareceme unha idea xenial , concentra a edificabilidade , gaña espazo publico , e quedaría algo singular....xenial ánimo Rivas , xente coma vostede fai moita falla a Moaña...

O lóxico , e facer propostas , non solo criticalas.
Bar con v
RE: OS DELIRIOS DE GRANDEZA DE RIVAS, DE NOVO27-02-2010
estoy de acuedo con el bar con v, si queremos todo el terreno publico , me parece bien , ahora si queremos edificar , me parece una idea estupenda , ¿acaso alguien prefiere las torres que tenia puestas el plan general?
real
RE: OS DELIRIOS DE GRANDEZA DE RIVAS, DE NOVO27-02-2010
El real-lista este lo que tiene es mucha demagogia, la idea es muy buena, desde luego que por lo menos se a estrujado el cerebro , y no lo qe propusieron en el plan general que es una chapuza , la misma que se hizo en el Real años atras...
el con
RE: OS DELIRIOS DE GRANDEZA DE RIVAS, DE NOVO27-02-2010
A min dame a sensacion que os politicos de moaña , non estan preparados para estas propostas atrevidas , e decir nin se atreven a debatilas , o temor a ser criticados ou que sexan recordados negativamente,esto fai que non teñamos capacidade para facer cousas estraordinarias.
A clase, é politica , non técinca , e eso sempre é un problema.
¿politicos?
RE: OS DELIRIOS DE GRANDEZA DE RIVAS, DE NOVO27-02-2010
neste foro hai moito demagogo , estes que se rien da proposta ¿que é o que queren para a fincas?
Por favor, non vale decir, que se quere un gran parque publico , sen edificios, eso estamos todos dacordo. Agora , proxecto con edificabilidade ¿que propoñedes?
Alguen se preguntou se a proposta de Rivas e viable?
juan
RE: OS DELIRIOS DE GRANDEZA DE RIVAS, DE NOVO27-02-2010
Estes bloqueiros,sempre a destruir, a gora eles queren 4 bloques ja,ja,ja,
tumadre
RE: OS DELIRIOS DE GRANDEZA DE RIVAS, DE NOVO27-02-2010
Aniko JUan,algun día reconoceran todo o traballo feito para o ben de Moaña....
Animo juan
RE: OS DELIRIOS DE GRANDEZA DE RIVAS, DE NOVO27-02-2010
Onte fixo Juan a gran torre do Real, e hoxe vailla levar o vento
Foise co vento
RE: OS DELIRIOS DE GRANDEZA DE RIVAS, DE NOVO27-02-2010
Lo que pasa con Rivas es que es un GENIO y como le pasa a todos los genios es un absoluto incomprendido. Animo Juan, hay mucha gente que apoya tus propuestas, pena que muchas de ellas se queden solo en un proyecto.
apoyo
RE: OS DELIRIOS DE GRANDEZA DE RIVAS, DE NOVO27-02-2010
Pero de verdade non sodes capaces de imaxinar o que é un monstruo de 100 metros de altura ahí? Cheo de vivendas nun barrio sen infraestructuras de nungunha clase, cunhas rúas agora mais estreitas e con serios problemas de tráfico? Ten razón o realista: isto non é Dubai nin Exipto pra tan faraónicas obras. Se cadra naquel emirato árabe sí tería moito éxito o Rivas este de marras.
A rivas
RE: OS DELIRIOS DE GRANDEZA DE RIVAS, DE NOVO27-02-2010
A min paréceme tan descabellado unha torre de 100 metros no Real que me pareceu millor tomalo de coña, como antes.
Non me meto coa capacidade de Rivas nin coas boas ou malas intencións, pero non estaría de máis que se baixara un pouco máis a ras do chan e se deixara de andar polas alturas.
Torres-up
RE: OS DELIRIOS DE GRANDEZA DE RIVAS, DE NOVO27-02-2010
Estades dacordo nas 4 torres que propon o goberno municipal?

Alguén deste foro, que critica, ¿pode aclararnos se lle gusta as 4 torres do bronx?

un do real
RE: OS DELIRIOS DE GRANDEZA DE RIVAS, DE NOVO27-02-2010
Lendo o que dí o faro gustaríame moito botarlle unha ollada o proxecto.


Rivas defiende su proyecto de una torre de 21 plantas en la finca del Real

El arquitecto moañés busca crear otro "hito" en la ría de Vigo, visible desde uno y otro lado

REDACCIÓN - MOAÑA El arquitecto moañés, Juan Rivas, ha retomado su propuesta urbanística para la finca del Pazo del Real, que había comenzado en 2002, y que hasta hoy sigue sin respuesta. La finca sigue a expensas de que se firme un convenio urbanístico para su desarrollo. Lo que propone Rivas es una torre configurada con terrazas escalonadas, con hotel, comercios y viviendas, de 21 plantas, que se alza a modo de faro sobre una plaza. Simula un gran barco amarrado al puerto, con remate en forma de proa, restaurante y mirador. En la parte baja hay una cuatro plantas de espacios comerciales. Se proyecta un lago delante del pazo, aparcamiento con 500 plazas. El pazo se destinaría a museo del mar, guardería y bibilioteca. La idea es crear un nuevo hito en la ría de Vigo, visible desde uno y otro lado.

http://www.farodevigo.es/portada-o-morrazo/2010/02/26/rivas-defiende-proyecto-torre-21-plantas-finca-real/415233.html
Arqui
RE: OS DELIRIOS DE GRANDEZA DE RIVAS, DE NOVO27-02-2010
O proxecto é una autentica paletada, e a torre é fea e desfasada como un raio. Parece dun arquitecto loco no desarrollismo dos 60.
Qué pasa con esta xente? que non viaxa, que non mira revistas, que non ten internet?
vaite a túa haus
RE: OS DELIRIOS DE GRANDEZA DE RIVAS, DE NOVO27-02-2010
En primeiro lugar, non son veciño de Moaña, aínda que, sí son un asiduo visitante, por iso só me gustaría aportar un dato (un exemplo), bastante representativo, para que o debate sexa constructivo.

Un bo exemplo, que representaría moi ben a proposta do señor Rivas, sería a Torre de Toralla, en Vigo, que ten 70 metros de altitude. Así vos facedes unha idea do proxecto constructivo...

Non entro a valorar a proposta do señor Rivas, principalmente porque non son veciño de Moaña.
Señor Louzán
RE: OS DELIRIOS DE GRANDEZA DE RIVAS, DE NOVO28-02-2010
Aqui estamos de coña. Vaia por diante que non me gusta este señor como arquitecto nin sequera os proxectos presentados e feitos en Moaña, dada a nula capacidade de análise do entorno socioeconómico e paixasístico que guían os proxectos deste home,pero iso sería un tema a debater noutro foro. O que quero decir, a todos os que opinades, é, en primeiro lugar que esa finca ten dono, non é pública. Si é unha finca grande, con elementos catalogados e demais, pero é privada, digo eu que os donos teran algo que decir sobre o que queren ou non queren facer na súa propiedade ¿ou a algún de vos vos obrigan a facer o que non queredes na vosa propiedade? Se os donos queren facer catro edificios, penso eu que non lla vai impoñer o señor rivas ou o concello facer un bicho de 100 metros, centros comerciais e a hostia en verso ¿ou si? jaja. dame a risa. Temos outra gran finca no Rosal, con pazo e todo, que fagan proxectos tamén para esa finca e veña, que obliguen o seu acaudalado dono a facer o que nos prazca ós veciños. Estamos de coña. Por se alguén non sabe, os donos da finca son quenes negocian co concello a forma de urbanizar a súa propiedade, non un arquitecto, que por gusto e pracer fai un debuxo (non un proxecto) dunha torre nunha propiedade privada. E o maximo do desproposito, é que o publiquen nos xornais para ver que pasa crear polémica. Puido pintar a torre noalto do monte Xaxán, ou en calquera sitio, e o carallo éque da a entenderque é o concello quen ten que decidir, jaja os donos deben ser aquí as últimas monas, ¿quen llepediu opinion a este intelecto? Xa aburre este tipo cosseu proxectos, vale que teña amigosno concello, pero creo que existen procedementos coma os concursos públicos de ideas para facer propostas, porque en Moaña hai mais arquitectos, enseñeiros e incluso veciños con ideasposibles de desenvolvemento, e non andamos pregonando nos medios cada paranoia que se nos ocurre.
En fin, penso que se lle está faltando o respeto amoita xente; ós propietarios, que parecen as últimas monas. Ó Concello, aquen se responsabiliza de algo no que non deben entrar, o concello debe decirdir o que non sepode facer, non pode obrigar a facer tal ou cual proxecto, entre outras cousas, porque non é propietario. ös arquitectos e demais profesionais, pois creo que teñen o mesmo dereito a presentar ideas e que estas se fagan públicas a pesar dos enchufes que este señor teña no concello e na prensa. ös veciños; que se están enganando dando a idea de que eses terreos son públicos e poden decidir ata os cartos que se van invertir. E enganase a si mismo, pensando que éun visionario por buscar verticalidade, nomedio dun conglomerado urbano que tende a horizontalidade predominante. Isto non é New York, nen Dubai, nen Malasia, isto é Moaña.
Descanse a cabeciña, que todos sabemos debuxar.
Bauhaus
RE: OS DELIRIOS DE GRANDEZA DE RIVAS, DE NOVO28-02-2010
Para "bahaus".

Eres un pouquiño demagogo (ou non tes idea)...polos seguintes motivos:

- O concello ten moita responsabilidade no que se faga nesa finca, solo faltaría que cada propietario decidira o que quere facer (irianos moito peor do que nos vai).E mais, sen o beneplacito do concello no se faria nada(ten que recalificala),enton queda claro que ten moito que decir, non veñas aeiqui a deixar o concello no cuarto da saude.(pero coa pasta)

- os propietarios , tan só queren rentabilidade economica, dalle igual que sexa unha torre catro etc.. e decir sudalle a polla o que lle suceda a moaña con este proxecto ( ti polos coma se foran dous xubilados a decidir os ultimos anos de vida), detras de todo esto esta un gran promotor , que por certo MIllan e compañia xa coñecen ben.

- en canto a que sabes debuxar....entendo que sabrás, no me queda a menor dúbida, pero debuxos dos teus xa temos infinidade en Moaña, cun urbanismo sen pés nin cabeza, e decir , un urbanismo feito polo politico de turno, e non polos técnicos de turno.
-en canto as críticas a JUan Rivas, non me parecen razoables, debes coñecer mais a fondo os seus traballos para poder criticalo, con esto non quere decir que todo o que faga sexa ouro, pero ten ideas a ter en conta ....unhas mellores ca outras...pero todas elas novidosas....

Politicos coma tí, deberiades terlle moito mais respeto os tecnicos ...entre eles a o señor Rivas.

Fluidin mucolitico
RE: OS DELIRIOS DE GRANDEZA DE RIVAS, DE NOVO28-02-2010
A ver, cada propietario claro que decide o que quere facer, non sei se me expliquei, o concello non me di a min se no meu terreo teño que facer unha casa de 2 plantas,de planta baixa, ou de tres ou catro, ¿ou si? o que me di é que non podo facer un edificio, ou unha casa de 50 alturas , ou o que sexa que non cumpla coa norma, é decir, dime o que non podo facer, por exemplo , se os donos da finca queren facer esa torre de 100 metros, teran que decirlle que non pode.
Por outra banda, a rentabilidade dos propietarios decidiranna os propietarios, non un arquiteccto veciño de Moaña ¿ou vaille regalar o proxecto e a direccion de obra?.
Por último,os meus traballos e debuxos non saen publicados nos xornais, polo tanto non os podes valorar nen criticar. O señor Rivas exponse a que lle den parabéns, pero tamén a que o critiquen, e si non quere iso xa sabe, que non publique .
Non fai fallla ser un xenio para que che saquen un debuxo nun xornal.
Por suposto, tedes todo o dereito a valorar a idea positivamente,pero eu tamen teño o dereito a valorala, neste caso negativamente. O igual que outros traballos e ideas que coñezo. Falta xa pouco para ver o resultado final do paseo. POlo momento so se ven duas esculturas, para min gustanme, pero no que levo visto non me gusta nada do que se está facendo,sobre todo, porque parece que non se fixo nada novo a parte de derruir os estorvos que quitaban as vistas do mar, e cortar árbores. A idea das pasarelas de madeira parecenme un luxo que non imos tardar en ver desaparecer, a tenor dos feitos acontecidos últimmamente, a metade dunha xa marchou coa marea. Veremos canto será o custe do mantemento destes ornamentos en materiais tan delicados coma a medeira, a acción dos vándalos, do tempo, do mar... temos exemplos de paseos en grandes cidades con elementos similares, que acaban por ser substituídos polo alto custe de mantemento (cousa que parece que no noso concello non se ten en conta), e Moaña non destaca polo bo funcionamento municipal, cando para tapar un buraco da carretera tardan meses non me imaxino o que poden tardar en cambiar unha das pasarelas.

En fin,o de político non o entendo, pero se o fose, como moito habería un concurso de ideas antes de decantarme por esta da megatorre.

Como en todo na vida,sempre hai opinións, e a miña é tan aceptable e criticable coma calquera outra, sen ter que tacharme de demagogo por certo.
bauhaus
01-03-2010
En Moaña por desgracia parese que calquer cousa que este home propoña os que gobernan no concello lles parese algo sublime, e asi nos bai. Si este señor quere facer torres faraonicas que se baia para benidor, dubai e sitios polo estilo, para encher de merda un pobo mariñeiro como moaña, xa chega cos politicos , que gracias a eles se construiron nos ultimos 5 anos miles de vivendas, das cales a mitade estan sin vender, e so cresemos en veciños 100, a iso chamase deteriorar un pobo e empobreser a calidade de vida dos cidadans. Nostante ustede sigua coas suas arroutadas que algun loco as tera en conta. De pena.
O CAN
RE: OS DELIRIOS DE GRANDEZA DE RIVAS, DE NOVO01-03-2010
Alguen neste foro, pode respostar ou propoñer a edificabilidade que lle otorgou o axuntamento a esta finca? Que faría? 4 torres, 2 torres e decir , que propoñedes?
Falar e moi bonito ...pero propostas de momento....na nai...
A ver si vai resultar que a chapuza ordinaria presentada e aprovada polo concello e o que vos mola...vaites vaites
LLanero solitario
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados