Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
anti essays
Indispensables
Donde ...
Guia
REFLEXIÓN DE RAFAEL CUÍÑA, MILITANTE DO PPDG17-02-2010
As veces a vida dáche a oportunidade de cruzarte polo camiño persoeiros cos que, a pesar de disentir en cuestións que non poderíamos cualificar como intranscendentes, aportan solucións intelixentes con algo tan sinxelo como o simple sentido común.

O profesor Beiras Torrado é desa especie en extinción na política galega que responde perfectamente ao perfil de mente preclara, ao que os “imbéciles e escuros” soen clamar iluminados. O verbo intelixente e fluído, as teses razoadas aínda que discutibles, e o carisma doutra xeración de líderes no inxusto ocaso, fai que escudriñemos frase por frase o que poida dicir un político doutra división, moi lonxe para o seu propio ego, e desgraza nosa, de todo o que podemos ver hoxe en día de aprendices mal formados de mestres insuperables. Beiras Torrado é probablemente desa caste que nace con espírito revolucionario dende o berce da súa existencia, e que o será, ata o seu derradeiro alento. Un inconformista que revélase ante o que el considera “brigada de demolición” na xestión actual desta terra, mais coa grandeza de miras de recoñecer o fracaso dos seus, alertando que o periscopio polo que se guían os actuais capitáns de proxectos anteriormente máis ou menos exitosos, non está orientado cara a dirección correcta.

Como na antiga Grecia, algúns conseguen sen querelo o “status” de poder disertar sobre case todo coa suficiente “auctoritas” pola traxectoria vital, e non pasar desapercibido, nin ninguneado, por todos aqueles que saben que nunca chegarán a ser o que el é. Nunha sociedade de políticos en fase terminal de ideas, agradécense actitudes de “país” da nosa sociedade falando claro, e dispostos a enfrontarse aos “gardiáns das esencias” da súa propia organización política, denunciando atrancos á evolución de formulacións trasnoitadas, que só provocan involución e desasosego apático nas bases do nacionalismo de esquerdas desta terra.

A Beiras decepcionoulle a administración bipartita polas súas leas e incapacidade para trocar o que el considera un período gris chamado “fraguismo”, en suposta ilusión e progreso da terra de Castelao, mais tamén recoñece que os defectos dos demais son, dalgún xeito, fracasos propios por non ter a paciencia, cando non a habilidade, de deixar “todo atado e ben atado”. Agora os lamentos do que puido ser e non foi, chegan dende voces como a súa perfecta coñecedora da nomenclatura desta terra, e quizais, a posibilidade de partir dende as ideas que deron orixe a proxectos que perderon o norte –neste caso sería máis ben “noroeste”– sexa a solución para unha esquerda nacionalista un tanto perdida e con liderados referenciais pouco claros.

Dicíalle aos compañeiros do café de redacción de Xornal, que o novo Estatuto –ese que Rueda non considera “prioritario”– debería “prohibir” que persoas tan lúcidas puideran pasar a segunda liña, cando na primeira, os mandos non son máis que imberbes políticos de escasa e pouco aleccionadora traxectoria. E si, profesor, ten vostede a miña promesa de seguir “picando” modestamente nese “muro de pedra tan duro”, como me pediu, e que lle agradezo de corazón.

Ou non?
IMPRESIONANTE


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: REFLEXIÓN DE RAFAEL CUÍÑA, MILITANTE DO PPDG17-02-2010
Canta rason tes rapas....
sabio-lector
RE: REFLEXIÓN DE RAFAEL CUÍÑA, MILITANTE DO PPDG18-02-2010
E digo eu ¿De todo isto deuse conta agora?? Que pasa que está pensando en voltar a vida politica? Pois mira que nón tivo tempo para facer todo iso que pensa agora o que pasa eche que a baquiña da moi boa leite e xa empezamos a notar a sua falla po-lo tanto e millor ir abrindo o camiño poco a pouco e si caen outros catro aniños mais ben vidos sexan veña home vontade e adiante que aínda és xoven e ben podes con todo
Un
RE: REFLEXIÓN DE RAFAEL CUÍÑA, MILITANTE DO PPDG18-02-2010
Menudo fenómeno este Cuíña Jr, como me recorda a aquel: "amiguito del alma, te quiero un huevo"... pero temén me recorda as sabias palabras do Grande Chefe indio cando decía: "hombre blanco habla con lengua de víbora".
De todos xeitos como Beiras non é parvo xa saberá quen é o seu "amiguito del alma" de verdade.
Baltar en Ourense, Cuíña en Pontevedra.
Amén
O Vello Rosmón
RE: REFLEXIÓN DE RAFAEL CUÍÑA, MILITANTE DO PPDG18-02-2010
Pois a min recórdame ó alcalde franquista de Moaña "Xeniño" (Sebastián Juncal), que lle chamaban "Palabras Dulces".
Ai, que melosiño era, como te iba enjadando pouco a pouco... mentras enchía o saco.
Tira-Puxa
RE: REFLEXIÓN DE RAFAEL CUÍÑA, MILITANTE DO PPDG18-02-2010
Os amores de Cuíña
son amores de unha Santa
desque se deita na cama
toda a noite o cú lle canta
curruvello
RE: REFLEXIÓN DE RAFAEL CUÍÑA, MILITANTE DO PPDG23-02-2010
eso que dices mola
uno
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados