Notice: Undefined index: numPag in /srv/www/delmorrazo.com/www/denuncias/verDenuncia.php on line 20

Notice: Undefined index: pagTotal in /srv/www/delmorrazo.com/www/denuncias/verDenuncia.php on line 21
Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
Concellos
Indispensables
Donde ...
Guia
O XACOBEO SUSPENDE CAUTELARMENTE A ADXUDICACIóN A LLORENTE CUENCA & MADRID POR BAIXA TEMERARIA15-02-2010
É UN NOTICIÓN, PERO O MÁIS SORPRENDENTE É QUE ESE PERIÓDICO QUE O SEU EDITOR DI SER INDEPENDENTE E QUE DEFENDE OS INTERESES DE GALICIA NIN O MENCIONA. VAIA VERGOÑA. CABALERO PODEROSO É O DIÑEIRO.


Ignacio Santos, xerente do Xacobeo, acaba de asinar unha "corrección de erros" da mesa de contratación do concurso dos servicios de desenvolvemento e execución do de Comunicación e Relacións Públicas do Xacobeo 2010 de ámbito nacional porque "non se tivo en conta a baixa temeraria".

GC leva varios días informando do malestar xenerado entre varias axencias de comunicación que se presentaron a este concurso e das irregularidades cometidas no mesmo. Así, empresas consultadas apuntan que houbo cambios "de última hora" na baremación dos concursos para favorecer a determinadas empresas. Por iso, algunhas delas decidiron recurrilo.

15% de diferencia na oferta

Santos alega que Llorente Cuenca & Madrid presentou a proposta "incursa en baixa temeraria" e que incumple o artigo 136.3 da Lei Contratos do Sector Público (SCSP) segundo a que "se concurren tres ou máis licitadores, consideraranse incursas en temeridade aquelas ofertas inferiores en máis do 15% á oferta media calculada entre as ofertas admitidas. Escluiranse do cómputo para atopar a oferta media definitiva a oferta máis elevada se supera a oferta media en máis do 15%".

Por iso, e segundo a mesma lei, a Xunta debe pedir información á empresa para que xustifique se a oferta é "susceptible de cumprimento". Para decidir sobre a viabilidade ou non desta oferta incursa en presunción de temeridade a Administración galeta terá tamén en conta, ademais da información complementaria sobre a proposición efectuada, a relación entre a solvencia da empresa e dita oferta.

Unha vez analizada a información aportada pola axencia e dos informes dos técnicos oportunos, a Mesa formulará proposta de adxudicación provisional a favor da proposición con maior puntuación que se considere susceptible de cumprimento.

"Outros intereses"

E é aquí onde entra en xogo a segunda das grandes batallas do concurso, xa que hai moitos intereses en xogo. De feito, as opinións sobre se Llorente Cuenca & Madrid poderá xustificar a súa oferta están dividadas. Fontes doutras axencias consultadas apuntan que a súa situación económica e "moi solvente", "tivo números positivos o pasado ano", conta con "avais importantes" e podería facer fronte a baixa temeraria porque non é "moi elevada" e ademais "supera en 0,20% a media". Sen embargo, outras empresas de comunicación apuntan que Llorente Cuenca & Madrid podería quedar excluíada porque hai "outros intereses" en xogo.

Estes "intereses" teñen que ver con outras das axencias que se presentaron ao concurso. Se a primeira é excluida, a segunda será a elexida para desenvolver o plan de comunicación e esta foi Estudio de Comunicación. Por iso, algunhas das empresas participantes consideran "moi sospeitoso" que esta axencia obtivera a máxima puntuación no apartado técnico do concurso do Xacobeo e din que, antes de que se coñeceran os resultados xa sabían a súa puntuación e a do resto dos competidores.

Llorente&Cuenca Madrid é a empresa que se encarga da imaxe de Fadesa e tamén foi a que promocionou as parcelas do polígono de O Pino. Nesta empresa traballou, ata fai poucas semanas, o ex director de ABC, José Antonio Zarzalejos. Tamén, e segundo as fontes consultadas, hai outra empresa que se presentou a este concurso, Asesores de Comunicación Ostos Sola y Asociados, que se encargou de campañas electorais do PP e mesmo do PPdeG.
Por qué non fala disto La Voz de Galicia?


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

15-02-2010
Antes de largar deberíaste de informar ben ;mira a "Voz" de onte domingo,páxina 7.
Informate antes
RE: O XACOBEO SUSPENDE CAUTELARMENTE A ADXUDICACIóN A LLORENTE CUENCA & MADRID POR BAIXA TEMERARIA16-02-2010
O QUE TE DEBERÍAS ENTERAR ERES TI......

O conselleiro de Cultura, Roberto Varela, atribuíu onte a “un erro de cálculo” o feito de que os técnicos do seu departamento non detectasen problemas na proposta realizada pola consultora Llorente & Cuenca ata tres días despois de adxudicarlle a elaboración do Plan de Relacións Públicas do Xacobeo 2010, o que obrigou a suspender a decisión.

En declaracións a Europa Press, Varela indicou que o proceso “se volveu retomar” para adxudicar o plan a outra das empresas presentadas. “É un erro humano, que non se fixo ben pero que se pode corrixir”, insistiu.

O pasado día 12 a S.A. de Xestión do Plan Xacobeo suspendeu a adxudicación provisional deste plan a Llorente & Cuenca mediante un escrito de “corrección de erros” no que se consideraba que a proposta incorría en “baixa temeraria” ao establecer un presuposto un 20% máis baixo que o tope consignado pola Xunta (de 638.000 euros). Se Llorente & Cuenca non acredita no prazo de cinco días a posibilidade de realizar o plan encargado co presuposto que incluíu na súa proposta, a Xunta adxudicarao á segunda máis axeitada, a unión temporal de empresas formada por Estudio de Comunicación, GT e MIPI
para que te informes ou te informen, jajajaaj
RE: O XACOBEO SUSPENDE CAUTELARMENTE A ADXUDICACIóN A LLORENTE CUENCA & MADRID POR BAIXA TEMERARIA17-02-2010
Isto mesmo e o que publicou o pasodo domingo a Voz.Segues sen enterarte ou a túa escravitude política non te deixa ler máis aló das follas parroquiais.De todo-los xitos paréceme ben que te rías da túa "ignorancia".Abur.
Segues sen enterarte
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados