Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
Concellos
Indispensables
Donde ...
Guia
MOAñA RECEBE OS ENTULLOS DO TúNEL DO AVE02-02-2010
Como a paralización do peirao do Areal impide agochar os millóns de m3 que saen do túnel da Miñoca e a Lebre, xa atoparon un par de novos “usos” para eses “valiosos minerais”: a urbanización do Golf Domaio.
Os cameóns de FERGO GALICIA cruzan a ponte, saen en S. Lourenzo e xa está, cerquiña, sen jastar muito jasoil e algunha utilidade se lle tirará a toda esa pedra moída. A poza da Moura e os campos regados por esas augas pensan igual que Corina Porro, se non eran malos para botar á ría, porque no 2002 o que ían facer era muito pior, isto tampouco é malo, nin ilegal nin precisa de que o sepa ninguén.
Outros cameóns deitan parte dos entullos na marxe esquerda da autovía a Ourense, antes de Ponteareas, noutra área “fora da lei”, e non se che ocurra vir a cheirar, forasteiro.
o Far West


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: MOAñA RECEBE OS ENTULLOS DO TúNEL DO AVE02-02-2010
Despois querremos usa-lo AVE
Pepe
RE: MOAñA RECEBE OS ENTULLOS DO TúNEL DO AVE02-02-2010
A ver amigo, Pepe, que tera que ver a utilización do AVE, con denunciar que non "saben", ou sexa, que non tiñan planeado, que facer cos entullos do túnel. Se tanto che gustan, danos a túa dirección que che enviamos os camións de terra... Todo sexa porque o resto poisamos utilizar o AVE nun futuro...

Coma sempre, a falta de xestión política, e o caciqueo, dominan neste puñetero estado de dereito...

Señor Louzán
RE: MOAñA RECEBE OS ENTULLOS DO TúNEL DO AVE02-02-2010
Nada ten que ver o "progreso" ven feito con as Barbaridades de votar a merda en lugares non autorizados, ou a mar (muelle do Areal) sen barreiras de proteccion de ningun tipo., por que as barreiras que ponen son para enganar a opinion publica, porque non levan nada mais que unha lona de un metro de altura e os lodos e metais pesados van directamente a o mar.
batman
RE: MOAñA RECEBE OS ENTULLOS DO TúNEL DO AVE02-02-2010
Destas cousas sabese ben nos montes do Morrazo , e non especialmente polas obras do ave , e se non que lle pregunten a Encongal.
Sempre xamais
RE: MOAñA RECEBE OS ENTULLOS DO TúNEL DO AVE02-02-2010
Non é Encongal é EXCONGAL.
Pero ups!! deston creo que non se pode falar na rede. Dalle mal rollo a algúns.
Sácalo
04-02-2010
Aqui podese falar destas e outras cousas, aqui enchen os montes de merda co cosentimento do consello, de todos os politicos que ali estan representando o pobo, pois teñen a obligasion de denunsiar este tipo de cousas. En outros consellos esta pasando o mesmo, pero esta enfermedade pasiva , e por que a clase politica en xeral e mediocre, tirando a mala.
O can
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados