Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
Concellos
Indispensables
Donde ...
Guia
A GALA ESCOLA DO HíO29-01-2010
Nunca me gustou a ubicación donde se está facendo, pois penso que non é o millor sitio pois se eliminan unha vista privilexiada da ría de Vigo e das Cies, pero a favor está que será un alivio pra nosos cativos e as suas familias. Pero agora que os fillos do PP tomaron a XUNTA, parece que non teñen pensado de rematala.¿Cal é a solución? Graciñas.
un pai de familia numerosa


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: A GALA ESCOLA DO HíO29-01-2010
A solución é instalar aos nenos no infrautilizado CEIP do Hio e tirar xa esa típica obra de políticos que invisten nosos cartos cara á galería e que é un auténtico atentado paisaxístico
cruz de castro
RE: A GALA ESCOLA DO HíO29-01-2010
¿Dende cando vos importa a vos o paisaxismo? Manda carallo en la Habana. O que hai que facer é esixirlle á Xunta de Frijolito que conclúa a obra e que a poña a funcionar, que boa falta fai. ¿ou é que co despilfarro de cartos (en nome da austeridade) en cambiarlle o nome ás Galescolas (Galiñas Azuis) xa remataron o seu traballo?. Esta panda de pseudotecnócratas o único que saben e destruílo feito polo bipartito, pero de novas propostas nada de nada.
¿Peperos ecoloxístas? Ja, ja, ja.
RE: A GALA ESCOLA DO HíO29-01-2010
somente hai unha solucióm "DEMOLICIÓM" DEMOLICIÓM DEMOLICIÓM .....
sk
RE: A GALA ESCOLA DO HíO29-01-2010
Non estou en contra nin a favor das "galaescolas", pero creo que non e o lugar mais axeitado por estar a o lado dun lugar de esparcemento con unhas vistas paixaxisticas das illas cies inmellorables . Para os veciños i os que veñen de fora.
batman
RE: A GALA ESCOLA DO HíO29-01-2010
as vistas son millorables , vai a Donon e alucina. A Galescola , demolicion Xa!!!!
Eu.
RE: A GALA ESCOLA DO HíO29-01-2010
Queria mirar eu cantas veces fostes mirar as Cies dende alí. Podemos discutir si é mellor ou peor sitio, agora o que non é discutible é que foi unha decisión tomada en asamblea de comuneiros que son os propietarios do terreo.
EU TAMÉN
RE: A GALA ESCOLA DO HíO29-01-2010
Si demolición, o que había que demolervos é o sentidiño que vos falta. Sí e de paso demolede o Facho porque as vistas son aínda mellores.
Burros é pouco
RE: A GALA ESCOLA DO HíO30-01-2010
os osos cativos tamen teñen dereito a gozar das vistas, ou so pensamos nos turistas, veña xa, galaescola no hio si, e xa que esta a medio facer na cruz de castro, agora que a rematen
rbld
RE: A GALA ESCOLA DO HíO30-01-2010
A asemblea de comuneiros que decidíu ceder o terreo contou coa presenza da "faraona" despregando todo o seu poder coercitivo. Que llo pregunten de novo a ver que din.
fascismo
RE: A GALA ESCOLA DO HíO31-01-2010
Na Asamblea que mencionades estivo a Alcaldesa e mais a Sra SantaClara, o mesmo que cando estaba Sotelo e solicitaron permisos para as excavacións do Facho. Nas asambleas se recibe a todo o mundo e se escoitan, logo decidimos entre todos e a decisión é asumida por todos, os que estamos e os que non.
Estaredes de acordo que esa instalación é moi necesaria no Hio o mesmo que outros servicios que non temos polo que eu apoio a construcción da mesma. Si pensades que os nosos nenos poden estár dentro do colexio actual é que descoñecedes o estado do mesmo.
Tamén estou de acordo en que os nosos nenos en que teñen dereito a disfrutar desas vistas, do entorno e seguramente, o agradezan mellor que os de fora.
EU TAMÉN
09-02-2010
Somente unha solución DEMOLICIÓN , DEMOLICIÓN , DEMOLICIÓN (CLARA BOMBA A PAIXASE)
tirofijo
RE: A GALA ESCOLA DO HíO10-02-2010
A tí si que había que DEMOLERCHE a cabeza por cabezón... e tamén algo máis.
tere
RE: A GALA ESCOLA DO HíO10-02-2010
Polo que publica hoxe a prensa, as obras continuan en uns dias. ¡¡¡ a mirar si é verdade¡¡¡. Sigo sin entender por que se pide a demolición de un edificio que vai prestar un servizo que agora non temos e é moi necesario. Bueno, cada quen coas suas ideas pero respetando as dos demais.
EU TAMÉN
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados