Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
Concellos
Indispensables
Donde ...
Guia
A GRANXA é DóS VICIñOS!!!24-01-2010
Escoitei disir que ó club Domaio quer darlle a o Axuntamento á titularidade do campo da Gransa durante 25 anos e todo iso pra que lle poñan herba de plastico eu nón creo que teñan esa pouca vergoña entre outras cousas porque o campo da Granxa nón é do Club se nón que é dos visiños que doaron no seu momento os terreos para que poidera xogar alí ó equìpo pero as propiedades siguen estándo ahí "mentras aixa equipo" pero agora si ese terreo pasa a propiedade municipal Eu quero a miña parcela que meus abós deron (pero para o club) nón para o Concello e si ó concello quere a propiedade QUE ME PAGUEN Ó QUE É MEU por que meus abós mó deixaron en erdanza
ún visiño


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: A GRANXA é DóS VICIñOS!!!25-01-2010
Ti debes ser un pouco parv@, e sentiches sonar campás pero non sabes onde. pero vouche contar un par de cousas que ti non sabes, para que te olvides das lendas sobre o campo da Granxa.
1º- O 75% dos terreos non foron doados por ninguen, senon que se pagaron con cartos do clube, é decir , que se mercaron (uns 6000m2). A doación foi duns 2000 m2, feita por 5 persoas so.
2º- Os terreos doados foron confirmados polos mesmos doadores e herdeiros hai uns meses, é decir, que ti non es neto de niguén que doase nada ó campo.
3º- Os terreos seguen sendo propiedade do DOmaio FC, non se regala nada ó Concello (ainda que daría igual, na miña opinion, xa que de Domaio non van levar o campo), ó Concello pasa a ser disfrutuario durante 25 anos(é un decir).
4º- No convenio que se asinará, o Domaio será o clube xestor do campo (como ata agora) quedando a disposición do concello aquelas horas que queden libres (entendase disposición do concello, a disposición de todos os veciños que o soliciten)

5º- O acordo é por 25 anos,porque a Deputación non quere poñer a herva, e para que non nola xoguen temos que pedir que apoña o Concello. Se a deputación puxese a herva a cesión sería so de 10 anos, dado que a inversion do concello sería a metade.

6º- Dame vergonza que para unha vez que alguen se fixa en Domaio, que quere facer unha inversión importante, saian intelixentes coma ti a emporcar e botar para atrás. Respeta os avances veñan de onde veñan, que en Domaio merecemolo dende hai anos.

Ala, e baixada nube, e cando o campo esté rematado, alapor outubro pasate a ver como quedou, epor suposto, a criticalo, porque seguro que non che ha gustar nada.

Saudiña
Herva de plastico.
RE: A GRANXA é DóS VICIñOS!!!25-01-2010
Ti non eres de Domaio¡, en Domaio decimos VECIÑO non Visiño, iso dinno noutros lares.
Granxeiro
RE: A GRANXA é DóS VICIñOS!!!25-01-2010
Dame a min que ese que dicir de domaio é o mesmo que emporca en todos os foros abertos sobre mellora de instalacións. Se vos fixades, iso de "campo de plástico" saiu varias veces noutros sitios.
imitador
RE: A GRANXA é DóS VICIñOS!!!25-01-2010
Eu espero que todo saia ben... A verdade é que o Domaio merece un campo en condicións especialmente polo seu traballo todos estes anos, pola súa afición, pola súas xentes... Ánimo e non vos deixedes nada atrás á hora de firmar o convenio co concello. Ogallá que a Deputación se sume para que a "cesión" sexa só de 10 anos...
Ánimo e que a cousa saia ben...
RE: A GRANXA é DóS VICIñOS!!!25-01-2010
Bueno acabo de chegar do susgado e vexo que xa saiu á guardia pretoriana pero sa bos digo que nón vou a entrar en polemicas con naide o dito veremonos onde corresponde cada quén cós seus papeis que eiquí nón imos a arranxar nada
Ún visiño
RE: A GRANXA é DóS VICIñOS!!!25-01-2010

Asi me gusta "VISIÑO" que contribuias a vaisar o paro dos "ABOGADOS" e mais dos "XUICES" e que fagas circular os cartos que parados non rinden. A proposito tí es de DOMAIO ou pasabas por aí, pregunto.
Retorsido
RE: A GRANXA é DóS VICIñOS!!!25-01-2010
que sepas que eu cós meus cartos fago ó que sae dos co.... pero iso non quer disir que deise que os demais tamén o fagan é si son de domaio de todoa a vida é toda a miña familia tamen .Otra cousa é que agora por circunstasias da vida esté vivindo fora pero as miñas raices siguen é seguiran estándo en DOMAIO
ún visiño
RE: A GRANXA é DóS VICIñOS!!!26-01-2010
Si ese visiño (desde cando decimos asi os domaieses?) quixerea tanto o noso pobo, os cartos que gasta en abogados doariaos o pobo, que ten moitas necesidades. Si e verda que o abuelo doou terreos o club, non creo que esté mui orgulloso do seu neto, que o contrario do seu abuelo, fai zanganillas o progreso do pueblo.A historia porá a cada un no seu sitio.
Dumio
RE: A GRANXA é DóS VICIñOS!!!26-01-2010
ALEGROME POLO DOMAIO. PERO....A CHAVE DO MOAÑA QUE?. PORQUE NON FAN O MESMO QUE EN DOMAIO E AFORRAN ESES CARTOS, SEGUN OS DATOS DO CONCELLO 120.000 EUROS. EN QUE?
PIRATAS DO CASAL
RE: A GRANXA é DóS VICIñOS!!!27-01-2010
Para "O do casal" , o goberno de Moaña entra nunha contradiccion tremenda , efectivamente tal e como dices , o concello no campo do casal asumiu os gastos "correntes" , o argumento no seu momento foi que non se podia permitir que unha inversion tan grande estivera en mans de 4 persoas e non controladas polo propio concello..bla,bla, bla agora cos de Domaio , como os directivos non queren pasar polo lío que armou o concello no casal , deciden , que simplemente eles se faran cargo da inversion municipal ..e acabouse o conto....Cabería pensar moitas cousas , pero dende logo algun dos dous convenios non casa co discurso do botarate do alcalde neste asunto.
un saúdo , nacionalista e de clase.
sintético
RE: A GRANXA é DóS VICIñOS!!!27-01-2010
Pero a ver, se os casos nin se parecen no cor da herba.
A o Domaio ofreceuselles dous modelos de convenio e elixiron o que elixiron, porque así o decidiron en asamblea.
O caso do Casal, é ben diferente.
No Casal o concello é dono do campo, contructor e administrador do mesmo, dado que é municipal. Polo tanto, os usos deben ser regulados polo concello.
En Domaio o campo é do Domaio, cedido por 25 anos para usos municipais, é decir, o Domaio aporta unha boa parte do capital ¿que aportou o Moaña para o campo do Casal?. Se facemos contas rápidas, e se o campo do casal rondou os 2,5 millóns, e o do domaio costase o mesmo, ou algo menos, chagaríamos a conclusión de que se o concello aporta medio millón, ó Domaio estaria aportando entorno a 2 millóns de euros ¿non si?. Xa partindo diso, creo que o Moaña non debe nin abrir a boca.

A parte queda xa todo o tema do comportamento dese clube, desobedecendo , asaltando as instalacións, rompendo portas... polo que deberían ser sancionados E NON O FORON.

E total, os usos dos dous campos serán idénticos, os dous clubes teñen os mesmos dereitos, solo que o Domaio ten mais deberes que aceptaron voluntariamente, iso é cousa deles.
Eu teño claro que se fose o alcalde tampouco me fiaría do Moaña, e menos tal e como viñeron actuando nos últimos anos, nos que botaron da xunqueira a todo dios que non fose amigo ou coñecido. O caso do Samertolameu e todo o atletismo xa foi algo esperpentico, fai ben en non permitir que fagan o mesmo no Casal.
Plástico
RE: A GRANXA é DóS VICIñOS!!!27-01-2010
Para o Pirata; O Moaña non paga un duro no Casal; nin limpeza,nin mantemento, nin lavandería, nin luz, nin auga, nin gasoleo... nada. ¿quedache claro onde van os cartos? o Moaña no casal non paga NADA DE NADA, tosos os cartos que gañan os gastan en pagar fichas e demais, e tamén as cuchipandas varias que fan de vez en cando.
Plástico
RE: A GRANXA é DóS VICIñOS!!!27-01-2010
Para Plastico: tí mesmo o dís , o convenio que asinou o alcalde co moaña , e unha puta merda, pagamos todos (gasoleo etc.etc.. .....enton? de quen é a culpa? do energumeno do alcaldillo.
E ainda por riba o C.D. Moaña , como é lóxico fai o que lle sale dos collons...
O convenio fo lamentable , e asinouno con foto incluida...ja,ja,ja,
sintético
27-01-2010
A UNICA DIFERENCIA ENTRE OS DOUS CONVENIOS E SOAMENTE UN CAPRICHO POLITICO. O SR ALCALDE AINDA LLE ESCOCE O DAS MANIFESTACIONS RECLAMANDO UN CAMPO DIGNO MUNICIPAL, XA QUE QUEN BOTOU TANTO O FUTBOL COMO O ATLETISMO DA XUNQUEIRA FORON ELES,E OS SOCIOS DO MOAÑA ESTIVERON DACORDO POLA MELLORA QUE SUPOÑIA PA XUNQUEIRA. TODO O DEMAIS SON ARGUMENTOS VARATOS. CON RESPECTO AS CUCHIPANDAS NO MOAÑA CADA UN PAGA A SUA DO SEU PETO, NON SEI SI NO CONCELLO OCURRE O MESMO.

En internet el uso INDISCRIMINADO DE MAYÚSCULAS equivale a estar gritando y se considera de mala educación.
Te agradeceríamos que enviaras tus aportaciones en minúsculas.
PIRATAS DO CASAL
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados