Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
Concellos
Indispensables
Donde ...
Guia
A VER QUE A SOLTA MAIS GRANDE11-01-2010
Hoxe quedei parvo o ler unha noticia na prensa "Fervenza quere facer o clube de xubilados de Meira na Lonxa". Eu alucino.Califica o lugar como idoneo. Isto solo pasa en Moaña, en ningún do mundo se produce cousa tal.
Pareceme moi ben que queiran ampliarlle o local ós xubilados, pareceme moi ben que queira facer propaganda electoral, pareceme moi ben que traiga algunha inversión para moaña, pero o de facer un clube de xubilados no medio dun porto pesqueiro é unha barbaridade. A ver se pensamos un pouco mais e nos esforzamos un pouco, que xa chega coas barbaridades que fixeron en Domaio, metendo o centro de saude atravesdo no medio do porto e o clube de xubilados no medio do aterrado, de xeito ilegal, alegal ou como lle queirades chamar, pero foi unha animalada tipica. Preguntome se non haberá sítios mais axeitados en todo moaña para facer esas instalacións. Que merquen un terreo, por exemplo ó cura, e o fagan en condicions. Non sei que pensarán os mariñeiros, dende logo a min parecem unha animalada mezclar industria coa terceira idade. En lugar de invertir en mellorar as condicións dos mariñeiros cuns vestiarios, uns aseos, etc... ocurresenlle estas cousas. De chiste, a parte queda xa que non sería legal nin posible ese tipo de dotación en chan do porto, co cual me parece todo mais subrrealista.
En fin, calquera día montannos un parque infantil na punta do muelle.
Lura


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: A VER QUE A SOLTA MAIS GRANDE11-01-2010
E o BNG ,quere facer unhas pista de atletismo no paseo marítimo....(tirar os cartos , e evidente que non é o lugar idoneo é ainda por enriba quedaran sen infraestructura necesaria para o seu deporte , nin vestiarios nin todalas suas modalidades, pero... como nos regalan os cartos o Sapatero pois nada ...a tiralos)
e o BNG , tira de millons do plan E tan solo para o futbol ,casal e domaio) por terquear coa dipuatcion ...sobran concellos con inversion da diputacion en infraestructuras deportivas , pero en Moaña somos así de especiais e nin un pataco, uns a tirarse os trastos a outros e .....
en fin ..estes son os xestores que temos neste concello...
E agora sale Fervenza coa istoria dos xubilado , e os do BNG a reirse deles , que traia pasta e afrecelle outra ubicacion..e listo, en vez de reirse do Home.

llanero solitario
RE: A VER QUE A SOLTA MAIS GRANDE11-01-2010
¿De que falas meu? Estamos falando dos xubilados de Meira e saes falando ti da Deputación. ¿que ten que ver iso co que se denuncia? Non opinas se está ben ou mal aidea deste iluminado. Sempre facedes igual, os peperos non dades solucións, solo creades problemas. Co que dis non se sabe se estas de acordo ou non,non dis se a idea do teu xefe é boa ou mala, en fin, non dis nada,coma sempre, pero aproveitas para falarnos do que non che gusta do concello, para iso abre un novo fio e di o que pensas do paseo, do futbol e do que queiras da deputación.
POr outra banda, non me fales da deputación e dos sinvergüenzas que tedes ahí a roubar. se quixeran facer algo en moaña faríanno sen ter nada que ver co concello ¿ou precisan do concello para asfaltar e ensanchar as carreteras ? ¿precisan do concello para mercar uns terreos e facer o centro dos xubilados? en vigo non precisaron do concello para fecer sedes e obras, en moaña todo son problemas para gastar cartos, mira ti que cousa mais rara. Pero imos ó fio, que é que non dis nada do tema que se denuncia, porque facedes sempre o mesmo, desviar a atención do que non vos interesa. ¿que pasou co centro de saude de Meira? Agora mandades vos e xa estáben onde está, antes non valía e había que lavalo para a casa da Farmaceutica. A ver cando facedes a manifestación para reclamarlle ó Sergas , pero agora xa non interesa, o lio xa se fixo e xa se gañaron as eleccións.
Lura
RE: A VER QUE A SOLTA MAIS GRANDE12-01-2010
para LURA que preguntas que opinamos, opinamos que os nosos maiores de Meira merecen de un lugar como os demais xubilados de outras parroquias.

Opinamos que levan demandando isto fai moito moito pero que moito tempo e o concello non foi capaz de buscarlle unha solución. unha opción

E agora por ser Bloquistas ou Zapateiros e tan so por ser a proposta de Fervenza votades berros, esté mal ou ben é unha proposta é hai que estudiar os pros e contras non mirar quen presenta as propostas,

¿Mirache o faro de hoxe? Millán está de acordo, está de acordo con que él non é capaz de facer xestións e pídelle a fervenza que as faga, que pena de alcalde que temos...

Polo menos é unha opción, e o que é mellor que se faría sin gastar o concello un duro que xa bastante deuda temos...
gaviota
RE: A VER QUE A SOLTA MAIS GRANDE12-01-2010
Para Lurita:
Non teño intencion de repetir o mesmo , pero en referencia a túa insistencia , dame a sensacion que non leeches ben a miña resposta ,ou polo contra non eres quen de interpretala.
No penultimo párrafo fago referencia , a proposta , o cal invito o goberno a buscarlle unha ubicacion mellor , pero que fervenza siga buscando financiacion, eso loxicamente quere dicir ....bueno, espero que xa o entenderas....
POroutra banda , tí mesmo nos recordas que o BNG de vigo ,consigue que a diputacion lle faga cousas ....enton a pregunta seguinte sería ...
¿que pasa co goberno de mOaña , que non traen nin un pataco da diputacion? ¿acaso importa mais queimar moaña? explicate por favor , para que o resto dos mortais non vexamos inimigos donde non os hai...
llanero solitario
RE: A VER QUE A SOLTA MAIS GRANDE12-01-2010
Pois nada, vese que a opción de fervenza é moi boa, debo ser eu o único que cree que facer iso nunha zona portuaria é penoso e non soluciona nada. Adiante, hei ver canto tempo tarda en facerse , agardo que gardedes os recortes de prensa para dentro duns meses recordar o que falamos aquí. Dubido que Millán considere idonea esa opción, e si así o fai, pareceme mal. Esa zona debe ser dotacional para servizos portuarios.
Tamén é de chiste que queiran facer un local con 300.000 euros, ese proxecto debe ser comomoito unha cristalera ou unha carpa.
En fin, con respeto a deputación, lee ben, dixen que cando queren actuar non egardan permisos de ninguén, simplemente actuan ¿ponlle trabas co concello para que fagan o campo do Domaio? eu creo que non, mais ben son eles quenes saen na prensa seguido decindo que han facer o campo do Domaio cando as galiñas llessaian dentes. O igual que ampliar a carretera de berducedo , seé decompetencia provincial ¿ a que agardan? ¿que comecen a falar cos veciños , a expropiar, e a facer aceras ¿tamen é o concello quen llo prohibe? ¿e na ameixoada? ¿pediron permiso para asfalatar, ou informaron de algo ós veciños? Sotelo sabe ben como sefai o traballao, porque en Cangas ,en coiro foi porta por porta expropiando e pagando, e non houbo problemas co concello, pero aquí si hai, hai problemaspara todo canto quere facer a xunta e diputación, sempreé o alcalde que di que non quere nada, mira que cousas.
E agora o chiste este dos xubilados, con todos os respetos, pero é un auténtico bacile, e penso que o que agardan é que saia o alcalde a decir que iso lle parece unha animalada, que sería o lóxico.E si non o fai, será para ver como acaba o chiste, porque xa veredes como ó final, todo vai acabar no concello, e vai ser o Alcalde quen non deixa a portos construir no porto de Meira.

En fin, que adiante, cando me xubile vou ir para alí, así verei como vai a ameixa na lonxa en directo. Unha maravilla¡¡¡.

Por certo, que o clube de xubilados de meira terá moito ou pouco,pero tenno gracias a quen llelo deu, e non foi Barreiro.

Lura
RE: A VER QUE A SOLTA MAIS GRANDE12-01-2010
Na miña opinión non é o sitio mais adecuado pero sin non se pode buscar outro sitio ... ¿ por que non ? Istá obra é parecida a poñer a parte de arriba da plaza como para actividades culturales. O que si debe realizar o concello de Moaña é que a obra sexa de un menor impacto ambiental. O importante non é quen sino facer cousas polo pobo.
relojero
RE: A VER QUE A SOLTA MAIS GRANDE12-01-2010
o club de xubilados de meira e un capricho, un sin sentido, pero coma toda a vida , marcando e dando a nota. Hai un coletivo de xubilados en moaña que debe ser de todo pobo, sinon outro en san martiño, tiran...... tamen teñen dereito.
A proposta de fervenza e de consulta no rebullon, referente a deputasau desir que ainda que baltar non se retirara, o señor louzan e o casique maior do reino, un cancro para esta provinsia.
O can
RE: A VER QUE A SOLTA MAIS GRANDE12-01-2010

A resposta a brillante idea da proposta do "GERENTE DE PROMOCIONS E CONSTRUCCIONS HERMANOS FERVENZA", deuna o Patron Maior da cofraria de Moaña oxe no farol, o cal se opon ROTUNDAMENTE a calquer construccion que non teña que ver cos usos portuarios.
Agora vese como quiseron comprar a vontade da cofraria con aquela furgoneta que lle deron, pero que teñen eles que carrozar(gustariame saber si tamen as que deron noutros lados estaban sin carrozar), pero polo menos ainda ai "DIGNIDADE" na Cofraria.
Retorsido
RE: A VER QUE A SOLTA MAIS GRANDE14-01-2010
boas tardes a todolos foreros de moaña ,é evidente que tedes inclinacions polìticas moi profundas , lexos de buscar un pensamento cientifico de unidade xa vos tirades os trastos á cabeza.a miña opinion personal é buscar cando sexan as eleccións , gobernantes que se centren no seu pobo , nos intereses do pobo e non nos dun partido(marionetas) . ata que iso non aconteza en Moaña olvidádevos de discusións - non vamos a chegar a ningures.Graciñas polo voso tempo e ¡¡¡non ás dictaduras sexan as que sexan¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡
panxoliñas
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados