Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
http://essaytop.technology/
Indispensables
Donde ...
Guia
XA ESTAMOS NELA OUTRA VEZ.09-01-2010
As de Urbaser ameazan con endurecer as súas protestas porque non se cumplen as condicións laborais básicas que reclaman. Ata ahí pareceme lóxico, deben loitar por ter un salario digno e xusto, pero volver co conto de que para acadar o que queren teñamos que pagar todos as consecuencias non me parece lóxico. Os veciños non temos culpa de nada, non temos por que aguantar a merda nas rúas, nin vexo lóxico que se vaian adicar non so e avitar que se limpe a basura, senon que seica van encher moaña de basura. ¿porque nos castigan a nos?. E xa o colmo é que por riba de que a empresa é a culpable da súa situación (a pesar deque estas traballadoras aceptaron as condicións cando ascontrataron voluntariamente) parece que queren extorsionar ó concello para que acceda as demandas da empresa de querer cobrar mais. É un chiste sen lóxica, xa que así a quen mais benefician é ó responsable da situación, e coma sempre , os veciños a pagar mais mentras Urbaser gaña mais cartos.
¿POr que non semanifestan na sede de Urbaser? ¿POr que non se encerran nas oficinas de Urbaser como sería o lóxico? O sector público sempre é o mesmo, "jodemos ó veciño no noso beneficoo e coste o que coste". Eu penso que a medida mais lóxica sería rescindir o contrato xa desta empresa e facer un novo concurso aberto, despois a ver que opinan as traballadoras se urbaser non gaña o concurso. O que non se debe permitir e que empresa e traballadoras queiran presionar o concello para que lles solucione os seus problemas a conta dos cartos de todos. deste xeito calquera persoa que queira cobrar mais na súa mepresapoderá pecharse no concello para que San Millán lle arregle o problema.
Respetadea Moaña e os veciños e ide protestar a onde tedes que ir, que nas oficinas de Urbaser nin se enteran de que vos estades a facer follón, iso é un chiste.
Basoira.


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: XA ESTAMOS NELA OUTRA VEZ.09-01-2010
en primeiro lugar non so son traballadoras tamen ai traballadores . En segundo lugar ti non sabes as condicions coas que entraron e en tercer lugar teñen que manifestarse en Moaña posto que e donde eles traballan e depaso tamen cre digo que eles tamen son veciños de Moaña e tampouco lle gusta ver Moaña chea de merda
un
RE: XA ESTAMOS NELA OUTRA VEZ.09-01-2010
Teñen todo meu apoio... Teñen dereito a un convenio digno, e a unhas condicions dignas que no seu día chegaron a firmar coa empresa e que esta non está a cumplir...
Por outra banda estas cousas non pasarían se non se houbese privatizado o servicio... Por certo quen o privatizou na súa campaña electoral era completamente contrario ás privatizacións do servicio de limpeza e de augas (xunto co seu seu socio minoritario) e ainda así foi das primeiras cousas que fixo...
Todo o meu apoio para as/os traballadoras/es
RE: XA ESTAMOS NELA OUTRA VEZ.09-01-2010
As condicións coas que entraron coñecennas os traballadores /as, e eles saberán o que aceptaron ou non, o que non é lóxico é que o meu xefe nin se entere do conto e mentras todos os veciño/as teñamos que aguntar estes petates. Claro que lles dou a razon en protestar,pero non me perece ben que o seu xefe os utilice para gañar mais cartos, seguen facendolle o traballao sucio para extorsionar o concello.
O tema das privatizacións xa me da a risa. ¿crees que se fose un servizo do concello estarían estas persoas traballando? que non son funcionarios/as , non confundades. Entraron a traballar nunha empresa privada, teñen dereito a exisirlle o que queiran a súa empresa non ó concello. O concello o único que ten que esixir é que a empresa cumpra o seu traballo, e senon a calle e outra para o sitio.
O que está claro é que vendo o que se ve nos concellos co personal, non queda outra que privatizar servizos para que a xente non se acomode tanto, étriste, pero é a realidade, o rendemento do funcionariado da pena, sempre e pedir e pedir pero o seu traballo deixa moito que desexar, con casos de vagabundería extrema nas que non a rañan e se adican a pasear polo concello cobrando un pastón cada mes.
Basoira
RE: XA ESTAMOS NELA OUTRA VEZ.09-01-2010
xa estan os do BNG , a queixarse , e sobre todo escudarse , na "moaña chea de merde" para ocultar a sua responsabilidade en todo o proceso de adxudicacion dun servizo público.
Deberialle caer a cara de vergonza a un alcalde "nacionalista" , privatizar un servico publico, ter os veciños- traballadores nesas condicions de vida, e eso que no seu momento o eslogan de campaña era "facendo país"...joder ...vaia pais que fixo...(esto todo colle moito sentido cando sempre ,sempre tratan de facer campaña na defensa dos servizos públicos ...lamentable

E agora poñen a venda e culpan os traballadores por defender como poidan os seus dereitos, así e como actúa o alcalde "nacionalista , e de clase"

esto é unha vergonza...
nacionalista y de clase (¿así é o alcalde?
RE: XA ESTAMOS NELA OUTRA VEZ.10-01-2010
Buno carallo, xa estamos co politiqueo, eu non vin ó alcalde a tirar merda por ramón cabanillas,que estaba limpa. Unha cousa é que non limpes e outra que andes a enmerdar. Se volvo a velas tirando merda voulles tirar unha pedrada a ver que tal lles senta, ¿tamen e merda?. Tiñan medo a que non se acumulase basura polas ruas e así van pola vía rápida. Veña xa. Tes razón, o concello debería recuperar o servizo e ademais convocar oposicións, e fuera. A ver despois que é o que din, seguro que van pedir que llesden asplazas a elas, xa o estou vendo. Todo o sector público , privatizado ou non, está podre, e sempresomososveciñosos que tragamos;co Srgas, Xunta, Xuzgados, Basura, Limpeza.... sempre igual, osfuncionariosnon miran asituación do resto de mortais que non damos feito a pagar impostos, eleso que queren écobrar mais e mais, e o final esas subidas pagamolas todos. Imos chegar ó dia no que paguemos impostos e non den os cartos mais ca para pagarlle a esta tropa e que vivan ben.
Asco
RE: XA ESTAMOS NELA OUTRA VEZ.10-01-2010
que facil e acusar sen mais ti miraches os traballadores tirar algo eu aseguroche porque podo asegurarcho e sei ben o que digo que eles non foron porque e pillarse al mans
un
RE: XA ESTAMOS NELA OUTRA VEZ.10-01-2010
Para "Asco" :, os funcioanrios , pagan impostos coma min e coma tí , eu simplemente recordo a propaganda do BNG coas privatizacions dos servizos públicos (cando as facian outros) , e eso é unha VERGONZA.. non se pode dicir unha cousa e facer outra ....e ainda por enriba culpar os traballadores que cobran 450 euros....LAMENTABLE,,,, esa foi a xestion do alcalde con este servicio...LAMENTABLE

un saúdo , ¿nacionalista ede clase?...je,je..
mar egeo
RE: XA ESTAMOS NELA OUTRA VEZ.11-01-2010
Eu non entendo por que sempre todos os problemas se redirixen ó BNG, todos os comentarios, todas as críticas...
A modo de observación:
1º- O servizo de limpeza viaria non existia, polo tanto, non se privatizou nada, creouse un servizo, ou contratouse un servizo, igual que para asfaltar non se conta no concello con persoal nin maquinaria para o servizo. Antes solo había unha limpadora que facia de barrendeira nas dúas ruas principais de Moaña, que eu me lembre.
2º- Creo que a maioría de concellos de España funcionan de igual maneira na limpeza viaria; concurso público do servizo e adxudicación. En Moaña non se fixo nada diferente a o que pasou en Vigo, ou calquer outra cidade.
3º-A limpeza viaría nin sequera é un área de goberno do BNG (visitade a web do concello).
4º-En todo caso, estase culpabilizando dunha situación laboral que os traballadores aceptaron cando os contrataron a un partido político, cando creo que cando asinaron os seus contratos laborais o alcalde ou representantes políticos do partido non estaban presentes para o seu asesoramento, ainda así, aceptaron ese contrato voluntariamente e imaxino que sin coaccións de ningún tipo.
5º- Polo que seleu na prensa, o concello está disposto a asumir o 50% do incremento salarial que reclaman, sin embargo é a empresa quen non acepta iso e quere que o concello asuma todo o incremento e modifique as condicións coas que participou no concurso público que gañou, para gañar mais cartos e asumir a subida dos traballadores, é decir, que a empresa quere que o concello apande co que non fixo ben cando fixeron as contas para o concurso, xa que parece ser que non lles é moi rendible o negocio. A pesar de todo, o BNG segue sendo o culpable, cando é o lcalde ó único que se senta cos traballadores cara a cara, e a empresnin aparece, vamos, que nin se entera de que pasa algo en Moaña.
6º-Falando de sindicatos organizadores, tamen da un pouco o cante que sexa a UXT, que o enlace sindical nin sequera traballa en Moaña, e que do partido que leva a area de Servizos nin se mencione, xa non digamos se indagamos en como foi a contratación de personal pola empresa, vinculos familiares con ex-concelleiros... etc.

Con isto, argumentos para buscar culpables podemos expoñer mil, tanto a favor coma en contra, pero os mesmos traballadores recoñecen que o único xeito que a empresa lles ofreceu de subida é que presionen ó concello para que lle suban a cuota, polo tanto, vexa como se vexa, estanlle facendo ó traballo sucio a empresa, que o que debería facer, senon lle sen as contas, é renunciar a concesión, e participar cando se volva a sacar a concurso cunha oferta realista.
E o final, pasará o de sempre, será o alcalde quen arranxe o tema, e todos pagaremos mais polo servizo dexeito inxusto, pois a empresa tense que ater as condicións ecoómicas que ela mesma propuxo.
Recolledor
RE: XA ESTAMOS NELA OUTRA VEZ.11-01-2010

Podese decir mais alto pero non mais claro, alguns liberados veselle o plumeiro bastante, e o señor Victor non di nin pio.
Retorsido
RE: XA ESTAMOS NELA OUTRA VEZ.11-01-2010
para recolledor
en primeiro lugar o enlace sindical dos traballadores e de Moaña e traballador de dita empresa
en segundo lugar hoxe en dia todos somos enchufados pero uns traballamos para menter o posto de traballo e outros non
en terceiro lugar ti que sabes se eles contrataron cunhas condicions e resultaron outras faloche sabendo mui ben do que estou falando o que pasa que falar e criticar sen coñecer as cousas resulta moi barato
un
RE: XA ESTAMOS NELA OUTRA VEZ.12-01-2010
Tes razon , eu non sei o contrato que firmaron nen as condicions que firmaron,en ningún sitio dixen que as coñeza, digo eu que os traballadores si as coñecerían antes de firmar, do contrario é mais grave a situación do que pensaba. Pero si que sei que lle reclaman ó concello, iso seino. Pregunto ¿saben os traballadores con quen firmaron o contrato? porque a sensación que teño é de que cren que firmaron un contrato co concello, que son funcionarios ou que o seu xefe é Millán, e indo mais alá, cren por algún comentario que se pode ler, que é o bloque o seu xefe.
A min dame igual de onde sexa o seu enlace sindical, como se é da China.
Repito que parecem ben que queiran mais slario,mellorar as condicións e demais, o que me parece mal son as formas a adirección contra a que apuntan, tentando presionar danando a imaxe dun partido político ue non ten ningún tipo de responsabilidade directa con eses traballadores, e para mais recochchineo, facendolle o traballo a empresa, volvono a repetir unha e mil veces. Estan traballando gratis para que a empresa gañe mais cartos a costa dos veciños.
A ver se me podedes decir, que non o sei, cantas veces foron estes traballadores a sede daempresa a protestar, a encerrarse, a facer ruido, a tirara confeti e basura... quixera sabelo, polo menos para poder decir que o que están facendo xa éa última opción,pero é que eu non vin en prensa asede daempresa chea demerda e papeis, nin os traballadoresencerradosnin nada de nada, pornon ver, non sei nin onde teñen a sede, igual é que cadra lonxe de Moaña enon apetece desplazarse, o concello sempre pilla a man ¿non?.
Recolledor
RE: XA ESTAMOS NELA OUTRA VEZ.12-01-2010
Como se pode dicir que todos pagaremos mais por un servizo de maneira inxusta? teremos que pagar o que valga , ou a alguen lle parece normal traballar por 450 euracos , nin primos de concelleiros nin ostias iso é unha vergonza e terá que etrapar quen ande polo medio...
kiko da
RE: XA ESTAMOS NELA OUTRA VEZ.12-01-2010
Explicome, cando digo demaneira inxusta , quero decir, que Urbaser presentouse a un concurso público cun precio, posiblemente mais baixo ca outras ofertas, por iso gañou o concurso. Se agora gracias a este lios o concello lle ten que pagar mais
¿non é inxusto para os demais participantes no concurso?¿non terá que ser Urbaser quen apande coas subidas salariais? ¿non terá que ser Urbaser quen asuma o coste dos seus traballadores? A iso me refiro con inxusto, porque ó mellor, se urbaser presentase uns precios mais altos non gañaba o concurso ¿non credes?. Isto é coma se mercas un coche, un modelo X nun concesionario, e che din que aforras 1000 euros con respecto a outro co mesmo modelo, e cando vas a coller o coche dinche que as rodas van a parte, e se as queres levar tes que pagar o que costa a maiores. Pasa o mesmo, aquí a empresa vendeuse de puta madre, perodi que os traballadores tenlles que pagar o concello ¿e xusto?, e repito, que quen mais gaña non son os traballadores, senon a empresa. Parece mentira que non o vexan os sindicatos, cheirame moi mal,moi moi mal.
Recolledor
RE: XA ESTAMOS NELA OUTRA VEZ.12-01-2010
Entraron por enchufe, sabendo o que ian cobrar.Encheron de merda a estrada de arriba por que quicheron.Teñen unha empresa onde reclamar e enserrarse si queren, pero fanno no consello, rindose de todos os vesiños. teñen dereito a reclamar mais soldo, pero iso ten que ser coa empresa que os ten contratados. Si o consello recupera este servisio, deberia tomar nota, e non contratar a esta xente. Porque non lle reclaman o psoe que maioritariamente entraron recomendados por este partido. Son da mesma escuela que os do catastrazo, o campo de futbol, o punto limpo, os da plaza...........
O can
RE: XA ESTAMOS NELA OUTRA VEZ.13-01-2010
para o can
non te pases ainda que entraran por enchufe fan o seu traballo e asme de dicir si ti os viches a eles a ensuciar as calles pareceme que te estas equivocando
ñp
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados