Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
Concellos
Indispensables
Donde ...
Guia
A XUNTA PAGA O 10% DA NOVA ROTATIVA DE LA VOZ08-01-2010
Economía fala dunha subvención de máis de 2 millóns a Galicia Editorial S.A, sociedade que en realidade é parte do Grupo Voz.
Por Walter Burns | Sabón | 07/01/2010
Na véspera da noite dos Reis Magos, unha sorprendente nota de prensa da Xunta anunciaba unha axuda de 2,2 millóns de euros a Galicia Editorial S.A. (GAESA). Malia que na información do Goberno non se explica, GAESA é en realidade parte do Grupo Voz.

E é que La Voz de Galicia S.A. controla o 98% das accións de GAESA, segundo datos do Rexistro Mercantil consultados por Galicia Confidencial. A verdadeira identidade do receptor da axuda desvelouna un lector do blog Feijoomente, crítico co Goberno conservador.

O IGAPE entregará ao grupo do editor Santiago Rey 2,2 millóns para “ampliar as súas instalacións e incorporar nova maquinaria de impresión, elementos de transporte interno e equipamentos informáticos”. Esta cantidade significa máis do 9,9% dos 22 ,15 millóns que, segundo Economía, son o investimento subvencionábel.

Cando o diario anunciara a compra da rotativa “máis avanzada de España” falara dun investimento de 25 millóns de euros polo modelo Colorman 9 do fabricante Manroland.

Por que seguen a editarse tantos dogas en papel?

GAESA é a sociedade que utilizou o Grupo Voz a comezos dos noventa para cobrar por imprimir o Diario Oficial de Galicia. A Xunta é unha das poucas autonomías que mantén unha gran edición do seu boletín oficial en papel, que agora imprime La Voz de Galicia S.A.

O bipartito tamén subvencionou a modernización doutros xornais

A concesión desta gran axuda ao diario coruñés causará malestar no resto da prensa do país. Porén, hai que ter en conta que non é a primeira vez que a Xunta subvenciona a renovación tecnolóxica dalgún xornal.

Por exemplo, durante o bipartito a Consellería de Industria (BNG) concedeu unha a El Progreso e a Editorial Compostela (El Correo Gallego, etc.) axudas para a súa modernización. Iso si, a cantidade, non máis de 12.000 euros, non é comparábel co que agora vai recibir La Voz.
AGORA ENTENDO TODO O QUE PUBLICA ESTE XORNAL


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: A XUNTA PAGA O 10% DA NOVA ROTATIVA DE LA VOZ08-01-2010
Simplemente vergonzoso
charly
RE: A XUNTA PAGA O 10% DA NOVA ROTATIVA DE LA VOZ08-01-2010
Riete ti dos 2000 euros que pasan do concello a Xunta, agora pasan os da Xunta 2 millóns a mans privadas, e eses si que non volverán para Moaña. Diso tampouco digades nada gavotas. E levades 6 meses.
Gavilán
RE: A XUNTA PAGA O 10% DA NOVA ROTATIVA DE LA VOZ09-01-2010
Ala veña, a seguir votando polos que vos rouban.

País de paletos
f&r
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados