Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
Concellos
Indispensables
Donde ...
Guia
VAIA CARADURA: CLARA MILLáN PIDE óS MARIñEIROS E ó FORO SOCIAL QUE REEDIRIXAN AS SúAS PROTESTAS CONTRA A APV24-12-2009
Haz click para ampliar A rexedora de Cangas, Clara Millán (BNG) pronunciouse onte ante os medios despois de coñece-la renovación da concesión de obra por parte da APV a Marina Atlántica pra que se efectúen as obras do porto deportivo de Massó. Amosouse indignada de que a prórroga se concedese en datas de Nadal e avisou que ela non vai retirar os sinais que prohiben a circulación de vehiculos pesados e que os veciños lle foron "suxerindo" que puxese ó non querer paraliza-las obras mediante procedementos legais do concello. Pide que o Foro Social e a confraria deixen de presiona-la a ela (en referencia a protestas que ten habido ou pola denuncia que Confraría interpuso contra o concello por non paralizar) e que reedirixan as súa protestas contra a Autoridade Portuaria de Vigo.
Clarita, Clarita, Clarita...quéreste escabullir como unha anguia, pero non che vai resultar tan doado. Ti tes unha responsabilidade moi grande, e dis que estás en contra do porto deportivo. Tes que cumprir. Sabes, máis unha vez, que as instancias ás que nos remites son favorables ó porto deportivo, igual que ti. Non nos interesa agora expoñer os motivos que tes para facelo, pero deberías para-las obras.
E sabes? resulta moi hipócrita e ata insultante que saias dicindo nos medios, como hoxe, que non vas retirar os sinais como dicindo que os puxeche ti alí pra que non avanzasen as obras. Para que se puxesen eses sinais un a un, e que se entere ben todo o mundo, houbo que suar a gota gorda. Ata houbo que colocar algúns cando aínda non estaban aprobados legalmente porque a señorita e os do PSOE facian a puñeta e retrasaban a operacion durante semanas pra facilitarlle o choio á construtora e sen importarlle que, día tras día, os mariñeiros ían a pedirlle educadamente e por favor que colocase os sinais. ISO É O QUE HAI.... Isto é unha sinvergüencería señora alcaldesa e se quere quedar minimamente ben, digo minimamente porque vostede xa quedou ben retratada de quen é, se quere quedar minimamente ben, decrete e asina a paralización das obras do Salgueirón para que esta xusta batalla sexa máis doada pra os mariñeiros e veciños.
Non se engane, nin nos tome por parvo. Sabemos quenes son perfectamente os responsables e vostede é un DELES. Desmárquese ou atéñase ás consecuencias.

S.O.S MASSÓ!!!

24 de Nadal de 2009

P.D: E non se queixe. A foto que lle escollemos esta vez, está vostede máis nova ainda que igual de desfavorecida...hihihi
>> Ampliar datos Mariñeiros e veciños en loita


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: VAIA CARADURA: CLARA MILLáN PIDE óS MARIñEIROS E ó FORO SOCIAL QUE REEDIRIXAN AS SúAS PROTESTAS CONTRA A APV24-12-2009
pero non paralizpu as obras ela? seica bieito lobeira o dixo ben claro en sesion plenaria, senon fora por ela¡¡
por certo discrepo cando se di que o PSOE non quiso poñer as sinais, recordo que a primeira das sinais a puso a concelleira de trafico sen permiso e sen nada, ollo, o cesar o que e de cesar.
ADIANTE COA LOITA MARIÑEIRA¡¡
ADIANTE¡¡
RE: VAIA CARADURA: CLARA MILLáN PIDE óS MARIñEIROS E ó FORO SOCIAL QUE REEDIRIXAN AS SúAS PROTESTAS CONTRA A APV24-12-2009
esta tipa es una sinverguenza
eu
RE: VAIA CARADURA: CLARA MILLáN PIDE óS MARIñEIROS E ó FORO SOCIAL QUE REEDIRIXAN AS SúAS PROTESTAS CONTRA A APV24-12-2009
Vos sodes os caraduras, sabedes perfectamente en mans de quen está todo isto e decides claramente que contra eles non ides, tedes medo a enfrentarvos aos vosos amigos do pp, a sra. Corina Porro, a Vigo? e máis doado atacar ao bng de Cangas, non tedes catadura moral para facelo, sodes indignos de chamarvos mariñeiros porque a vosa mentalidade sigue sendo de vasallos ao servizo dos intereses dos "señores". Vaia desgracia de pobo temos!!! pero non vos preocupar, no 2011 gañarán e farán o porto e todo o que queiran mentres vos seguiredes poñendo denuncias, e cando esté todo feito iredes pedir os cartos das indemnizacións que é o que máis vos gusta. Algúns recordamos como cando o Prestige so mirabades polas indemnizacións mentres os culpables da desfeita recibían vosos votos nas urnas e seguían outros catro anos. E cando esté o pp na alcaldía, so vos quedará o pataleo na oposición que é para o que servides, so para patalear e non xestionar. Bo nadal
os culpables vos
RE: VAIA CARADURA: CLARA MILLáN PIDE óS MARIñEIROS E ó FORO SOCIAL QUE REEDIRIXAN AS SúAS PROTESTAS CONTRA A APV24-12-2009
"os culpables nós"??? mira cala a boca. nós sabemos quenes son os aquí culpables e, amais do pp, estades vós, os do bng. porque queredes dicirme dunha santa vez que si tanto en contra estades porque non paralizades a obra ou lle deixades a abalo que o faga!!!???? e tedes a cara de ir de vítimas e que vos secuestran, de que todos vós atacan, pero de que vades?? PARADE A OBRA SE NON NOS QUEREDES OIR!!!
capitán can
RE: VAIA CARADURA: CLARA MILLáN PIDE óS MARIñEIROS E ó FORO SOCIAL QUE REEDIRIXAN AS SúAS PROTESTAS CONTRA A APV24-12-2009
que paralice ou que dimita ela mirará, pero o que non pode é buscarse máis enimigos dos que ten e só por un puñado de euros... e o de massó pinta mal eh, pinta moi mal.
Margareth Tatcher
RE: VAIA CARADURA: CLARA MILLáN PIDE óS MARIñEIROS E ó FORO SOCIAL QUE REEDIRIXAN AS SúAS PROTESTAS CONTRA A APV24-12-2009
Xa saen as voces, e vos sabedes quenes son os culpables? JaJaJa, o que si está claro é que buscastedes un obxectivo para derrotar e foi o bng e ides a por el sexa como sexa. Non vos importa o porto, nin a pesca, nin nada de nada, so ir a polo bng, e despois nas vindeiras cando gañen eles e se faga todo, iredes a reclamar a pasta, esa é a verdade e somos moitos, moitos os que sabemos de qué vades. E agora, alporízate que os vosos argumentos xa están farto coñecidos, so vos queda mandar calar...ja ja ja e acusades a outros de prepotencia...ja ja ja
os culpables vos
RE: VAIA CARADURA: CLARA MILLáN PIDE óS MARIñEIROS E ó FORO SOCIAL QUE REEDIRIXAN AS SúAS PROTESTAS CONTRA A APV24-12-2009
Como se nota que veñen as eleccións Clarita...
Onde hai cú hai medo
RE: VAIA CARADURA: CLARA MILLáN PIDE óS MARIñEIROS E ó FORO SOCIAL QUE REEDIRIXAN AS SúAS PROTESTAS CONTRA A APV24-12-2009
Non esquencemos

http://www.farodevigo.es/secciones/noticia.jsp?pRef=2008032900_18_211672__O-Morrazo-Clara-Millan-avisa-Foro-Social-paralizara-obras-puerto-Masso

http://www.lavozdegalicia.es/vigo/2007/12/11/0003_6392235.htm
Pensas que nos chupamos o dedo?
RE: VAIA CARADURA: CLARA MILLáN PIDE óS MARIñEIROS E ó FORO SOCIAL QUE REEDIRIXAN AS SúAS PROTESTAS CONTRA A APV24-12-2009
si si, a polo BNG vamos si si é o noso cometido. por iso cando se empezou no 2004 co plan xeral e no 2005 a para-las obras tamén iamos contra o BNG. É agora dende que Clara é alcaldesa dende 2007 cando vamos a por ela, entre outras entidades claro, por non paralizar a obra, como ten que ser. E non deixaremos de facelo ata que e o faga.
Mira os enlaces ós xornais que se meteu no comentario anterior. Mira en concreto a segunda, a da Voz de Galicia. Mirao e razóa se alguén que di estar e que estivo sempre en contra do porto e da urbanización pode facer unhas declaracións públicas como esas: "Se hai acordo, haberá porto e urbanización en Massó. As conversas coa están moi avanzadas."
Bolxevique
RE: VAIA CARADURA: CLARA MILLáN PIDE óS MARIñEIROS E ó FORO SOCIAL QUE REEDIRIXAN AS SúAS PROTESTAS CONTRA A APV24-12-2009
Para "os culpables vos" En primeiro lugar, deberias de facer os teus comentarios sen faltarlle a o respeto a nadie. No tema do "Prestige" pode que leves moita razon, non toda . ( houbo moitos mariñeiros que deixaron a piel i arriscaron a sua saude, para salvar o seu medio de vida , sen procuparlle en demasia as indemnizacions. I agora tamen hai moitos mariñeiros, que estan loitando , por salvar outra vez, o seu medio de vida ,i por suposto os seus intereses., arriscandose a ter problemas e sen pensar para nada nas indemnizacions. QUE TEÑAS UN BO NATAL.
BATMAN
RE: VAIA CARADURA: CLARA MILLáN PIDE óS MARIñEIROS E ó FORO SOCIAL QUE REEDIRIXAN AS SúAS PROTESTAS CONTRA A APV25-12-2009
cando o prestige, como din por aí moitos mariñeiros moitos!! traballaron 30 e 40 horas seguidas apañando a merda do piche ese e moitos xubilados, en aldán por exemplo, teceron rede arreo e os jipis e melenudos como lles/nos chamades tamén choiaban e os ecoloxistas e vós os do bloque, todos xuntos como cabróns e cabronas para parar esa merda que nos fodía a vida e para berrarlle a aqueles putos gobernantes que nunca máis!!!...pero agora as cousas, seica, mudaron para algúns e o síntoma máis evidente é non lembrar aquela maré humana e só falar de cartos, indemnizacións,...
apostolos mangouras
RE: VAIA CARADURA: CLARA MILLáN PIDE óS MARIñEIROS E ó FORO SOCIAL QUE REEDIRIXAN AS SúAS PROTESTAS CONTRA A APV25-12-2009
unha pregunta..
retiraron a maquina ou foi unha trola mais de Mariquitilla Atlantica?
arredemo
RE: VAIA CARADURA: CLARA MILLáN PIDE óS MARIñEIROS E ó FORO SOCIAL QUE REEDIRIXAN AS SúAS PROTESTAS CONTRA A APV25-12-2009
Retiraron, retiraron,... Agora mesmo só está a caseta sen vixiante nin nada. Supoño que haberá que dar conta dela e avisar posteriormente ós chatarreiros... non é???
Bolxevique
RE: VAIA CARADURA: CLARA MILLáN PIDE óS MARIñEIROS E ó FORO SOCIAL QUE REEDIRIXAN AS SúAS PROTESTAS CONTRA A APV26-12-2009
Simplemente recordar que hay más culpables además de la señora alcaldesa. Aquí son muchos los que juegan al engaño, a pasar desapercibidos e incluso a decir en los plenos una cosa y la contraria en privado.

La señora alcaldesa toma las decisiones pero además de su propio grupo otro grupo respaldó sus decisiones, el PSOE, porque de lo contrario la señora alcaldesa ya se habría encontrado en minoría mucho antes del último pleno. Hay que recordar que todas las decisiones relativas a bloquear o paralizar el puerto deportivo, colocar o o no señales, u otras actuaciones, se tomaban en Junta de Gobierno donde el BNG, en teoría, estaba en minoría frente a PSOE y ACE. La realidad es que el PSOE hizo todo lo posible por evitar votar contra el BNG y a favor de ACE. Mucho limbo, mucha abstención, para no verse involucrados... hasta que en un recordado pleno presidido por un alcalde en funciones, atemorizado y acobardado, los socialistas le vieron las orejas al lobo. Fue aquella inolvidable tarde en la que el amigo "Toni" tomó las riendas del pleno, se convirtió en "alcalde de facto" y no las soltó hasta oir claudicar a su amigo Otero.

Mientras tanto, otros aguantando lo que hay que aguantar mantienen intactos sus principios, sin engañar a nadie, ya sea en contra del puerto deportivo, ACE, o a favor, PP.
lector
RE: VAIA CARADURA: CLARA MILLáN PIDE óS MARIñEIROS E ó FORO SOCIAL QUE REEDIRIXAN AS SúAS PROTESTAS CONTRA A APV26-12-2009
o que digo eu, lector estas absolutmanete obsesionado cos do psoe, non sei si eres o tipico resentido do psoe, ou simplemente un tipo sen escrupulos que o unico que lle interesa e calumniar porque si, porque tu lo vales.
por certo si fas referencia a ese pleno, eu tamen estaba ali, e en ningun momento vin a ninguen acobardado, o claudicando con ese toni, si vin un pleno no que non houbo un so incidente, ni un, saise ben e iso a ti debeute foder, e por certo o psoe para a tua informacion abstivose, gusteche ou non¡¡
sigue asi, campeon
viva campeon lector¡¡
RE: VAIA CARADURA: CLARA MILLáN PIDE óS MARIñEIROS E ó FORO SOCIAL QUE REEDIRIXAN AS SúAS PROTESTAS CONTRA A APV26-12-2009
Parece que ti si que non aturas que che den na cara e con argumentos. Ou é que non podes vivir se a Hectorito non lle saen ben as chanchulladas?
A tragharrr
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados