Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
Concellos
Indispensables
Donde ...
Guia
TENTAN COLAR DE NOVO O CONVENIO04-12-2009
Haz click para ampliar O Foro presentou hoxe un escrito no concello expoñendo a súa postura e esixindo o fin da defensa de intereses particulares e a convocatoria urxente do Consello Sectorial de Urbanismo. Transparencia xa.

Está a aparecer información sobre unha serie de propostas presentadas polo equipo redactor do Plan Xeral de Cangas, Consultora Galega S.L. sobre a ordenación dos terreos da factoría Massó. Sobre estas propostas e as circunstancias que as acompañan, o Foro Social de Cangas quere facer as seguintes matizacións:

• Consultora Galega deslígase do proceso comezado polo avance e as suxerencias presentadas a este para presentar unhas propostas absolutamente ligadas ao desbotado convenio Massó

• O convenio Massó e as cantidades entregadas a conta non poden, en opinión do Foro, impoñer de ningunha maneira as decisións sobre a ordenación da zona, que débense tomar en atención única e exclusivamente ao ben común

• Así se recolle no acordo de goberno asinado. Lembramos tamén que o interventor do concello informou no seu día contra a utilización deses cartos. Pensamos que non é tarefa da corporación actual velar polos intereses da promotora e que deberá ser esta a que inicie a vía legal que considere máis convinte para reclamalos

• O prezo de 40 millóns de euros citado por Consultora Galega para unha posible expropiación a desenmascara como valedora dos intereses da promotora. Esta mercou os terreos por 13,3 millóns no 2006 (Frigoríficos os mercara por menos de 6) e Consultora lles adxudica tres anos despois un valor de expropiación tres veces superior

• En Moaña estanse citando prezos de 20 €/m2 para expropiación para zonas verdes, con ese prezo, o valor total dos terreos chegaría como muito as 2,5 millóns de euros, cantidade perfectamente asumible polo Concello ou a Xunta. En todo caso o prezo o decidiría un Xurado de Expropiación

• Consultora tamén ten que explicar a posible situación das necesarias zonas verdes no concello de Cangas. Como xa suxerimos ao avance, a declaración de Serra Nacente como zona verde non é posible, por ser forestal e comunal, e, para solucionar o déficit débese expropiar unha gran cantidade de terreo. Para nós, O Salgueirón é o emprazamento máis adecuado.

• Tampouco estamos de acordo con desbotar alegremente a cualificación industrial actual. A explotación inmobiliaria do chan está na raíz da crise actual, é claramente insostible e non produce riqueza, a destrúe. O Salgueirón ten 28.000 m2 de naves que poderían estar dedicadas a industria non contaminante, respectuosa co patrimonio e o entorno e relacionadas basicamente co sector primario que creara emprego e contribuíra realmente ao ben común

• Por último, as propostas de Consultora non citan o porto deportivo, pero claramente o favorecen

Con respecto á actitude dos membros do goberno municipal, observamos que a alcaldesa, Clara Millán, descobre os seus obxectivos ao tomar as rendas de urbanismo, e fuxe totalmente dos compromisos asinados co acordo de goberno: transparencia, participación, obter un PXOM de consenso que non atenda a intereses individuais, conservación do patrimonio, protección do ambiente, o paisaxe e o litoral...etc. etc..

Pola súa parte, Héctor Otero, do PSdeG PSOE, tamén segue o xogo a favor da promotora e mantén sen explicacións o uso e inversións municipais realizadas no Campo Massó, en vez de esixir da propietaria o adecuado coidado e mantemento das súas propiedades e traballar cara a un plan xeral feito por e para o cangueses/as


SOLICITASE:

Que se teñan en conta as opinións expresadas, que se aperciba á empresa redactora do plan xeral para que dunha vez por todas defenda os intereses dos cidadáns, que por parte do goberno municipal sexa respectada a legalidade e os acordos de goberno asinados e que, en aras da transparencia e a preceptiva participación popular na planificación urbanística, SEXA CONVOCADO DE MANEIRA INMEDIATA O CONSELLO SECTORIAL DE URBANISMO, creado no 2005, e que leva practicamente un ano sen reunirse
>> Ampliar datos foro social cangas


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: TENTAN COLAR DE NOVO O CONVENIO04-12-2009
Sres do foro social, a foto que acompaña esta denuncia ,esta moi lograda, pero e imperfecta. en ela falta unha unha cara tamben moi coñecida, que tamben tera algo que ver en este embrollo.
latigo
RE: TENTAN COLAR DE NOVO O CONVENIO04-12-2009
Ter que ver, ao mellor ten que ver moita xente, na foto están os principais culpabeis, e pode que falten bastantes: Pedrosa, Luis Lara, Caballero, Dolores Villarino, Touriño, Quintana, Gomez Millán, Marnotes, Jiménez de Cisneros, Antón Louro, Delfín Fernández...

Pero parésme que non te refires a ningún deles. Fala, fala por esa boquiña, que máis de un/unha dixo algunha vez que ía abrir a caixa dos tronos e non a abríu ou non había tronos ou nen sequera caixa...
bífida
RE: TENTAN COLAR DE NOVO O CONVENIO04-12-2009
Bifida, ¿non sera que hai moito hipocrita ,nese foro ?
latigo
RE: TENTAN COLAR DE NOVO O CONVENIO04-12-2009
non a marees tanto e fala o que teñas que falar
liscanso
RE: TENTAN COLAR DE NOVO O CONVENIO04-12-2009
¿ Non estades fartos de falar de ese tema? falade da borracheira de Joan laporta presidente do barcelona.
latigo
RE: TENTAN COLAR DE NOVO O CONVENIO04-12-2009
Pero o Foro Social existe?No Xulgado non existía...E un partido político elexido democráticamente coma dos que falan?Poden exixir algo?Representan a quen?...
DÚBIDAS
RE: TENTAN COLAR DE NOVO O CONVENIO04-12-2009
Xa sabemos que a algún de vos só se vos pode falar de fútbol ou de que obedezas a este ou aquel amo e que repitas as consignas que saen na súa folla parroquial.

Xa sería muito falarvos de que poda haber asociacións cidadáns INDEPENDENTES dos partidos políticos, ou de que un cidadán calquera poda esixir a eses partidos tan democráticos eles que cumpran a lei, pero serían temas interesantes a tratar se saísedes algún día (dubidoso) do voso hooliganismo
the BOSS
RE: TENTAN COLAR DE NOVO O CONVENIO04-12-2009
E me pregunto eu....porque os do Foro non protestaron polo pelotazo urbanístico que se deu en Electroauto???? Intereses particulares? Creo que sí
indio
RE: TENTAN COLAR DE NOVO O CONVENIO04-12-2009
Estou de acordo con indio. Cantos millons cobraron nese pelotazo de Electroauto? Por qué non se denunciou esa aberración? Aí non se rompeu coa estructura urbanística das antigas casas de Massó? Canto cinismo..... "Ai meu deus, non deixes que outros se enriquezan como xa fixen EU antes"
carliños
RE: TENTAN COLAR DE NOVO O CONVENIO05-12-2009
Ti nos dirás porque non foches denunciar se tanto problema tes. Clara Millán non ten dignidade, é o único que queda claro.
Money
RE: TENTAN COLAR DE NOVO O CONVENIO05-12-2009
Claro que existe
http://www.facebook.com/group.php?gid=249095290296

E non é un partido político, é unha plataforma cidadá da que supostamente sigue formando parte o BNG
http://www.cangasnonsevende.org/quen.html

A quen representa? (Conta que os datos sempre son extrapolables)
http://www.farodevigo.es/portada-o-morrazo/2009/08/02/manifestacion-puerto-deportivo-masso-moviliza-5000-personas-cangas/354625.html

Resumindo: Representa a moitas máis persoas que votos leva o BNG en Cangas
http://www.delmorrazo.com/tribuna/municipales_2007.html

Clara Millán estáse a cubrir de gloria.
RESPOSTAS
RE: TENTAN COLAR DE NOVO O CONVENIO05-12-2009
Que pena me que se utilice a xente desinformada. Sabedes quen non aceptou comprar os terreos de Massó no pasado? Mariano Abalo e a súa formación......o que pasa é que daquela a culpa era do PSOE...despois do PP.....e agora do BNG.....Nunca da FPG ( o partido que máis persoas, mediante o enchufe, meteu no concello)
JJAJAJAJA
RE: TENTAN COLAR DE NOVO O CONVENIO05-12-2009
Eso no te crees ni tu ni tu caballo, ¿el foro social?, ¿quienes son esos? si no existe dicho foro, ala seguid como cuando se reunian los vagabundos en los pajares y se ponía a arreglar el mundo, para mi teneis el mismo crédito, osea NINGUNO, sois una banda de espabilaos, de esos que tiran la piedra y esconden la mano, ni mas ni menos
FORO SOCUAL ¿? juas, juas, juas vaya banda
RE: TENTAN COLAR DE NOVO O CONVENIO05-12-2009
Pois para non existir ten moitos seguidores no Facebook polo que se ve
Risa nerviosa
RE: TENTAN COLAR DE NOVO O CONVENIO05-12-2009
¿E pódese saber cando tivo a alcaldía a FPG para poder decidir iso? Que eu saiba foi presidente da xestora municipal (que non alcalde) e era unha xestora (FPG, PP, IU e BNG).

Se te referes a época de Euloxio, tampouco foi alcalde, pero xa se ten demostrado as vosas desesperadas mentiras ó respecto:

1997-SETEMBRO-19
O Alcalde-Presidente do Concello de Cangas, naquel momento Euloxio López Gutiérrez, compareceu, mediante escrito, ante o Xulgado do Social número un dos de Vigo a fin de expor, entre outras cuestións, a imposibilidade do Concello de actuar como lexítimo licitador no procedemento de poxa promovido polo citado Xulgado respecto dos bens da sociedade "Massó Hermanos S.A.", concretamente no referido ao "Terreo na zona marítimo terrestre entre os lugares de Salgueirón e Punta Balea, ó nordeste dá zona dá Ría de Vigo. Inscrita ó folio 151 do libro 42 de Cangas, tomo 426, predio 3.402 de 16.992 m2. Taxada en 115.545.600 pesetas.".
Explicaba o Alcalde-Presidente "que en ningún caso é xuridicamente admisible a taxación dunha concesión administrativa utilizando para iso ou valor real ou de mercado do ben sobre o que recae a concesión pois ambos os dereitos -a concesión e a propiedade- son radicalmente diferentes, non estando sequera o segundo deles no mercado dada súa condición de ben de DOMINIO PÚBLICO PORTUARIO o que implica a súa INALIENABILIDADE".

Advertíase no escrito en cuestión "que ou art. 75. 1 do Texto Articulado dá Lei de Procedemento Laboral no seu segundo inciso sinala que os órganos xudiciais corrixirán de oficio os actos que, o abeiro do texto dunha norma, persigan un resultado contrario ó previsto na Constitución e nas leis para o equilibrio procesual; a tutela xudicial e a efectividade dás resolucións.".
Remataba o escrito solicitando que se anulase a valoración realizada e instando unha nova taxación conforme a dereito.(denuncia penal do Foro Social, Cangas 24 marzo 2008)
Que aprobeite
RE: TENTAN COLAR DE NOVO O CONVENIO05-12-2009
Vaia, parés que deixache aplanados os catro parvos de sempre, que o único que fan e chuspir consignas que saen da esfera dos seus partidos. Dades risa! Como era aquilo que resou por aí algún tempo... "É que Mariano e Sangabriel foron os primeiros en pagar a contribución..."

S.O.S. Massó!!!
Bolxevique
RE: TENTAN COLAR DE NOVO O CONVENIO05-12-2009
Eiquí o único aplanado e aplatanado eres tí Bolchealcrique.O foro e marianodependente ,ademais de acoplarse outros entes con gran afán de protagonismo e de saír na foto.Antes de meterse a confraría eran os catro jatos,eses son o foro;deixade de tentar enganar a xente que xá no enganedes a ninguén ;todo mundo en Cangas saben quen sodes e os intereses personais que tedes.
SPRINGSTEEN
RE: TENTAN COLAR DE NOVO O CONVENIO05-12-2009
Vamos a ver Espringsteen, non sei a quen te refires cos "acoplados". non estou a favor nen en contra deles, pero o que si me consta, e que en alguns temas de vital importancia paraos sectores implicados,(pesca, etc..)foron determinantes,e as futuras xeracions de eses sectores, teran que estarlle agradecidos. Pode que no foro non todos persigan a mesma meta, pero sei que moitos estan aí, por interes xeral.
Antonio Maria rouco Varela
RE: TENTAN COLAR DE NOVO O CONVENIO06-12-2009
clara millan dimision xa polo ben dos cangueses
pof
RE: TENTAN COLAR DE NOVO O CONVENIO06-12-2009
Tes moita razón SPRINGSTEEN xa todo o mundo en Cangas sabe quen é quen, deixouno moi claro RESPOSTAS. E aínda que che produza histerismo, eses catro jatos que ti dis foron quen de parar unhas obras ilegais durante estes catro anos (e os que lle colguen). O que creo é que só sabes moverte por interese e pensas que o resto funcionamos igual pero por sorte non é así.
Massó loita digna
RE: TENTAN COLAR DE NOVO O CONVENIO07-12-2009
Clarita Millán tiña que estar no centro da foto desta denuncia xa que lle gusta tanto figurar, e non o Otero (Puentes y Calzadas).
Supermodelos 2010
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados