Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
Concellos
Indispensables
Donde ...
Guia
SUBVENCIóN BILLTE DO BARCO XA.29-11-2009
O pasado sábado en Vigo, representantes de 125 AAVV de toda a área metropolitana, dende Pazos de Borbén ata Gondomar, apoiaron unánimente a proposta da plataforma, a través da Fed. AAVV. de Moaña, A CHAMUSCA, para que se implante xa o billete subvencionado no barco, e se nun prazo de 3 meses non se produce haberá movilizacións. Incorporamos o documento presentado pola plataforma e apoiado por todas as AAVV: PLATAFORMA POLA DEFENSA
DO TRANSPORTE PUBLICO E
DA RIA DE VIGO




XORNADA DE MOBILIDADE NA AREA METROPOLITANA DE VIGO

28 novembro 2009

O transporte de ría dentro do transporte metropolitano


PROPOSTA de ACORDO:


A PRIMEIRA MEDIDA NA IMPLANTACIÓN DA ATM DE VIGO NO VINDEIRO TRIMESTRE DE 2010, SERÁ A POSTA EN MARCHA DA SECCIÓN DO TRANSPORTE MARÍTIMO.

ESTA SECCIÓN ESTA PENDENTE DA SINATURA DO CONVENIO CORRESPONDENTE QUE DESENVOLVE O PROTOCOLO XA ASINADO POLA CONSELLERIA DE TRANSPORTES E OS CONCELLOS DE CANGAS E MOAÑA O 7 DE XANEIRO DO 2009 PARA A CREACIÓN DA SECCIÓN DE TRANSPORTE DE RIA DENTRO DO TRANSPORTE METROPOLITANO DA AREA DE VIGO E QUE FOI RECOLLIDO NOS ORZAMENTOS DA XUNTA NO ANO 2009, CON DESGLOSE PLURIANUAL ATA O ANO 2013.


ANTECEDENTES DOCUMENTAIS:

- Lei 2/2008, de liberalización do transporte marítimo.
- Decreto 228/2008, que regula a prestación do mesmo.
- Anexo Técnico do Convenio da ATM de Vigo (Outubro 2008).
- Proposición de lei (ILP) da Area Metropolitana de Vigo (artigo 10).
- Protocolo entre a Consellería e os Concellos de Cangas e Moaña para o fomento do transporte marítimo na ATM de Vigo (Xaneiro 2009).
- Escrito D.Xral. de Mobilidade de 10-08-09.
- Convenio de colaboración Consellería e Concellos para “actuacións de fomento do transporte marítimo na ATM de Vigo” (pendente de sinatura).
- Anexo Técnico da Sección de Transporte Marítimo.
- Acordo parlamentario unánime na Comisión de Política Territorial do 17-06-09, polo transporte marítimo na Ría de Vigo.



-------------------------------------------------------------------------------------------------

ESTADO DO TRANSPORTE DE RIA:

• Necesidade do servizo: 1.200.000 viaxes anuais no 2008( 900.000, Cangas e 300.000, en Moaña)
• Características do servizo: ecolóxico, rápido, alternativo ao transporte terrestre, privado e tamén colectivo, sen necesidade de grandes infraestruturas.
• Situación xurídica: libre competencia, regulamento 2008: con sete días de prazo de suprimen liñas, horarios ou o servizo na súa totalidade. Total inseguridade e falla de garantías.
• Apoio social: 12.000 sinaturas, máis de 3.000 manifestantes.
• Compromisos políticos para a aplicación tarifaría metropolitana: Acordo parlamentar, acordos plenarios, protocolo asinado, escrito D.Xral. Mobilidade, proposta de Convenio e anexo técnico,...
• Actual Ruptura dos compromisos da administración: Argumentan: “posible discriminación con outros operadores terrestres (Monbus?) ou outras localidades...”



XUSTIFICACION DO ACORDO :



1º.- A Sección Transporte Marítimo na ATM de Vigo é unha previsión tomada política e administrativamente dende o momento en que a sentenza do Tribunal de Xustiza da Unión Europea, do 09-03-2006 anula a concesión a Mar de Ons e deixa o transporte de ría nun réxime de libre prestación de servizos regulada pola lei 2/2008 e Decreto 228/2008, nunha situación de inseguridade e falla de garantías do servizo e dos dereitos dos usuarios coa consecuencia dunha paulatina deterioración coa supresión de horarios e itinerarios.

2º.- A súa posta en marcha antes da Area Metropolitana, mesmo que o propio Transporte Metropolitano sexa unha realidade, é unha aposta social e política que se define como “primeira fase da integración de servizos de transporte metropolitanos na ATM de Vigo, ao tempo que contribuír á propia mellora dos servizos marítimos que se veñen prestando fomentando o seu uso entre os seus potenciais usuarios”.

3º.- Supón, pois, o primeiro chanzo do Transporte Metropolitano ao se comprometer a Xunta de Galicia e os Concellos nese proxecto, do que o transporte de ría é unha primeira proba de aplicación práctica do modelo.

Para tal fin, as partes intervenientes teñen elaborado e posto en común un proxecto de explotación do transporte marítimo metropolitano, que pretende constituírse nunha primeira fase da integración de servizos de transporte metropolitano, ao tempo de contribuír a propia mellora dos servizos marítimos....¨(Convenio Xunta-Concellos, preámbulo, pax. 2)

Singularmente este Convenio introduce a política tarifaria do transporte metropolitano nos concellos asinantes, sendo esta actuación o anticipo a súa xeralización progresiva no conxunto da referida área de transporte metropolitano.(Convenio Xunta-Concellos, cláusula 2ª)


4º.- Dende a óptica funcional é conveniente a súa aplicación separada e previamente o proceso do transporte metropolitano en toda a futura área, onda teranse que conciliar intereses de 14 operadores e 12 concellos en moi diferentes condicións de mobilidade.
-
“...en tanto non se integre a área de transporte metropolitano de Vigo de xeito pleno e se expandan as actuacións que nela se prevén, a promoción do transporte marítimo debe centrarse en ...actuacións singulares de promoción...coa implantación dun sistema tarifario integrado (Anexo técnico: 2.12. Promoción transporte marítimo metropolitano.- Xullo 2009)

5º.- Os aspectos xurídicos e administrativos tamén recomendan o seu tratamento en momento diferente e previo a unha ATM de Vigo que tende a incluír a todos os medios de transporte existentes na área:

- O transporte metropolitano supón que a Area Metropolitana se subroga na posición da Xunta pasando a ostentar a titularidade das concesións públicas que transcorran integramente no territorio da Area ( artg. 10 ILP).
- O transporte de ría non é unha concesión pública, funciona en libre prestación de servizos por operadores privados que “poderán optar a participar voluntariamente en medidas de coordinación e bonificación das tarifas aos usuarios en condicións semellantes as do resto de servizos de transporte da area (artg. 11 Decreto 228/2008).
- Por tanto a complexidade do transporte metropolitano aconsella unha fase experimental do transporte de ría coa creación da Sección do transporte marítimo xa que “...estes servizos, dotados dunha regulación xurídica inspirada nun principio básico de forte liberalización, diferente por tanto á prevista para o transporte terrestre. O obxectivo desta Sección é habilitar a integración do transporte marítimo da ría de Vigo no conxunto do sistema de transporte metropolitano de Galicia e, singularmente, no marco do plan previsto para a ATM de Vigo.” ( Anexo técnico: Introducción.- Xullo 2009)

“As administracións da área deberán por en marcha, de xeito prioritario, unha integración de servizos e tarifas, tanto para o transporte por estrada como o transporte marítimo, este último, non obstante, dadas as peculiaridades que nel concorren referente a tipoloxía de servizos e o réxime xurídico diferenciado, reclama a aceleración da posta en marcha daquelas medidas de integración, sempre sobre a base de que, no marco de liberalización existente neste modo de transporte, calquera armador comunitario poderá acceder ....¨(Convenio Xunta-Concellos, preámbulo, pax. 2)


O Morrazo, novembro 2009.
plataforme tte. rñia


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: SUBVENCIóN BILLTE DO BARCO XA.30-11-2009
O BNG movendo seus peóns cara unha área metropolitana con larpeiros contratos de privatización conxuntos.
O que fai falla é unha empresa PÚBLICA de transporte PÚBLICO que reinvirta os beneficios na comunidade.
privatizacións NON
RE: SUBVENCIóN BILLTE DO BARCO XA.30-11-2009
Mas que un comentario es una reflexión para posteriormente abrir un debate. ¿El objetivo de la supresión del peaje de Rande, en realidad era que los impuestos de todos los gallegos nos paguen a los usuarios del Morrazo el uso individual de nuestro vehúculo?. ¿Habría que determinar el coste real vía impustos pagados por todos, para justificar la continuidad de esa esención? ¿Es lícito seguir subvencinando un trasporte individual, insolidario, que requiere incremento continuo de infrastructuras como autovías y viales secundarios que requieren expropiacióes mal pagadas, y un i`portante coste dañino para el medio ambiente?. ¿Cuanto tiempo vamos a seguir soportando los gallegos este coste y no tener un trasporte colectivo público con la suficiente calidad en frecuencia, rapidez y coordinación con otros medios de la red publica metropolitana? ¿ No sería más rentable utilizar ese dinero en el desarrollo de una alternativade transporte colectivo público de calidad y en la construcción de alternativas de transporte colectivo de nuevo cuño como transporte ferroviario o un transporte marítimo rápido y seguro.
Como ciudadano gallego quiero someter al debate de esta reflexión por si fueroa de utilidad.
leo
RE: SUBVENCIóN BILLTE DO BARCO XA.30-11-2009
A Plataforma "defínese do TRANSPORTE PUBLICO NA RIA", por tanto non é o seu obxectivo manter o sistema de liberalización e prestación privada do transporte como ven sendo ata o de agora por unha sentenza da UE do ano 2006.
Pero para superar esta situación avalíamos como un paso previo, ou polo menos necesario nestes intres, implicar as administracións "na subvención do billete ó usuario" (non a compañía,que seguiría cobrando o mesmo) como parte dun futuro transporte metropolitano onda as administracións recuperan e xestionan as liñas de transporte actualmente en rexime de concesión.
Estes pasos previos nos porían en condición de forza para esixir o goberno galego a utilización do Regulamento de transportes da UE que entrará en vigor dentro duns días, o 3 de decembro, para a recuperación do carácter público do servizo e a súa titularidade.
plataforma tte. ría.
RE: SUBVENCIóN BILLTE DO BARCO XA.01-12-2009
Este é un pais de subencións, se algo non da por se pecha a porta. Estamos mal acostumbraos.
chikilicuatre
RE: SUBVENCIóN BILLTE DO BARCO XA.01-12-2009
Por que non facedes un estudo serio de canto costa realmente o transporte de ría?. Nascimento dicía que a liña de Cangas non era rentable, pero lle entra outra compañía e non se vai, aínda rectifica e di que perder non perde. Vivimos de medias verdades repetidas unha e outra vez polos medios de desinformación.
balandro a domaio
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados