Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
http://fastessaylb.com/
Indispensables
Donde ...
Guia
MAID O MESMO ATA 2020. NON SE MELLORA O TRANPORTE PúBLICO.25-11-2009
Sempre estamos protestando que non se mellora o transporte publico para poder deixar en casa os nosos coches, pois ben, a Xunta volve recuar e deixa en vigor o actual sistema de concesións ata o 2020, tragando coas ameazas de monbús. A anterior Xunta xa tiña o proxecto para actualizar o sistema de transporte interurbano, pero agora estes nos volven enganar, e o que tanto prometeron en campaña, e despois de campaña ó final quedase en mentiras e mais mentiras. Acabase o plazo da UE e así quedamos, na mesma situación caótica. O barco segue sen ser subvencionado, non se planifica o transporte por carretera e deixase todo en mans de intereses privados que solo buscan o beneficio económico.
Agora que vaia Fervenza a repartir piruletas nas paradas de monbús para endulzar a viaxe en bus. Decían que en tres meses estaría toido funcionando e reformado...e oque vemos é que temos que ir tragandonos todo, barco, bus...menos mal que xa non temos peaxe en rande, que senon ainda estaríamos pagando.
Os de sempre volveron, e nada cambiará.
>> Ampliar datos País


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: MAID O MESMO ATA 2020. NON SE MELLORA O TRANPORTE PúBLICO.25-11-2009
E ti crees que si subvencionan o transporte público a peña vai utilizar menos o coche??
A menos que o poñan gratis, que o dubido, creo que non vai ser así.
O que ten que facer a Xunta é parar de facer máis autovías e invertir e xestionar directamente o servicio do transporte público.
donde está o transporte público??
RE: MAID O MESMO ATA 2020. NON SE MELLORA O TRANPORTE PúBLICO.25-11-2009
Exactamente, a implajtación dun sistema público sería en principioo a solución, pero co que acaban de facer anulan esta posibilidade, nin a través de subvención nin de xestion pública. Toqueda como está, en mans privadas, sen competencia.
Mais do mesmo
RE: MAID O MESMO ATA 2020. NON SE MELLORA O TRANPORTE PúBLICO.25-11-2009
Ben pouco tardaron en enseñar ó que van: privatizar e mentir os usuarios: Onde esta a promesa que o 3 de decembro o transporte de ría volvería a Xunta?
Onde está o compromiso que antes de fin de ano o billete estaría subvencionado cos cartos que deixou o goberno anterior?
Onda meteron eses cartos?
Dentro de nada levarán un ano gobernando, e hai que empezar a pedir contas..
Non é dabondo con piruletas nin con botarlle a culpa os outros? Agora xa non falan nada dos alcaldes, non eran eles os que tiñan a culpa de todo?
Fervenza deixa de facer fotos para teu album familiar e dá respostas concretas.
A propósito, quédache algun conselleiro por fotografiar?, de quen é a camara,? por que as fotos non veñen firmadas)
lancha
RE: MAID O MESMO ATA 2020. NON SE MELLORA O TRANPORTE PúBLICO.26-11-2009
A min xa me parece un chiste, fervenza ten que comezar a trabar na lingua, e leva 6 meses.
Vaiamosnos olvidando de todo o que prometeu... a culpa de que estes non fagan nada é do goberno anterior, xa está, e menos mal que so botaron tres anos e medio. Agora estes seica van ter que botar polo menos polo menos 16 para comezar a facer algo.
Pero para algunhas cousas foron rápidos carallo; mira o de Iberdrola, non rascou bola tres anos e medio e agora é o rei do mambo, fanlle o reparto eólico novo, pode valeirar os rios cando queira e o tempo que queira, os das piscifactorias poden montar onde queira como queira, o de pescanova xa é o jefe, montou un porto deportivo ilegal, xa llo ían tirar, pero agora xa vai ser legal, as galescolas duraron un mes, os libros de texto gratis 3, os proxectos que había po morrazo mes e medio... para algunhas cousa tiveron tempo de sobra.
Agora seica vai ser culpa do concello de MOaña, que non sei qu epinta en todo isto, se as competencias en materia de transporte son da Xunta. Se o concello non pode decidir nada de nada en trasporte metropolitano ¿por que temos que pagar? se o concello non te cartso abondo para as cumprir coas súas obrigas e competencias ¿por que imos terq ue cubrir o custe das medidas da xunta? non o entendin antes, e non o entendo agora. Que pague quen é responsable e quen ten a potestade para atoma de decisións.
Jazz
RE: MAID O MESMO ATA 2020. NON SE MELLORA O TRANPORTE PúBLICO.26-11-2009

A todo o dito anteriormente PORQUE A ESTACION MARITIMA DE MOAÑA SEGUE PPECHADA.
Retorsido
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados