Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
http://essaytop.technology/berkeley-application-essay/
Indispensables
Donde ...
Guia
NO PPDG AINDA HAI XENTE BOA...22-11-2009
Eu pensaba que non, estaba completamente convencido, pero no PPdG aínda hai políticos interesantes. Acabo de quedar sorprendido. QUE POÑAN POR FAVOR A ESTE SEÑOR NO LUGAR DE FEIJOO (aínda que non sei se La Voz de Galicia o permitiría).



Rafael Cuiña: “Non entendo que o meu pai quixera a Fraga como a un familiar ata o final”
“Eu coñecín un PP que miraba do Pardornelo para Galicia pero agora en moitos temas mira do Padornelo a Madrid”Rodri Suárez | Actualizado 22/11/2009 - 09:41 h. COMPARTIR NOTICIA: 17 Comentarios 37 voto/s Vota Rafael Cuiña: “Os actuais líderes de PSdeG e Bloque parecen de transición” Unha das personalidades máis interesantes do panorama político galego di non querer saber nada, polo de agora, da primeira liña política. Pero malia a aparente contradición, Rafael Cuiña ocupa por dereito propio un lugar no centro do escenario, tanto pola súa militancia crítica no PPdeG como pola súa posición pública e activa a prol do idioma galego, o que o coloca moi lonxe da tendencia máis achegada a Galicia Bilingüe que existe dentro da súa propia formación. Por razóns como esta e sen renunciar á súa tradición, máis ben ao contrario, xa é moito máis que o fillo do ex conselleiro Xosé Cuiña.



Para cando unha presenza máis activa de Rafael Cuiña no panorama político galego defendendo a súa opción dun centro dereita galeguista?

Por certas razóns que todo o mundo pode supoñer creo que teño un amplo coñecemento do que é a política galega, especialmente do PPdeG ou incluso do BNG, no que teño grandes amigos. E como coñezo ben a política galega, o que me pide o corpo é precisamente non meterme en política. Pero tamén teño na cabeza a frase de John Lennon na que afirma que a vida é todo aquilo que che vai acontecendo mentres ti fas outros plans. E bos amigos da familia, empresarios importantes, dinme que dea o paso, que non faga declaracións pechándome portas. E aínda que teño o xene político, non sei se herdado ou propio, a día de hoxe non teño pensado dar o paso, non me apetece demasiado. Agradezo moito que a xente me pregunte, tamén a doutras forzas, pero de momento quero seguir como estou.



Está dentro do PP.

Son militante de base do PPdeG. Co Partido Popular de Galicia, e remarco o “de Galicia” como determinada concepción de partido, únenme lazos sentimentais. Hai cuestións nas que son moi crítico, ás veces demasiado crítico para ser militante pero é un exercicio de responsabilidade.



Que opinión ten da Xunta de Alberto Núñez Feijóo?

Eu teño que dicir que teño unha alta estima persoal polo presidente da Xunta, pero hai temas, como pode ser o lingüístico, nos que non sintonizo demasiado con este Goberno. En liñas xerais non estou moi afastado do que é este Goberno, pero en temas puntuais que teñen unha gran relevancia para a sociedade galega teño un distanciamento que case cualificaría de ideolóxico. Por iso digo que eu coñecín un determinado PP que miraba do Padornelo para Galicia e agora atópome cun PP que en moitos temas non lle importa mirar do Padornelo para Madrid, e eu niso non estou.



Pero hai galeguistas na Xunta ou no PP?

Feijóo intenta ser galeguista, pero no seu equipo hai poucos. Pero no PP hai moitos militantes de base que teñen un sentimento galeguista, moitos, máis no rural que nas cidades pero o graneiro de votos do PP sempre estivo máis no rural.



Existe espazo para unha cuarta forza, de centro galeguista ou nacionalista?

Eu falando con politólogos como Xosé Luís Barreiro desta teima que teño co galeguismo, el dicíame que no sociolóxico non hai espazo para ese partido, pero eu non o teño tan claro. Hai moito votante potencial do centro dereita galeguista que ata o momento estivo votando o PPdeG, os socialistas da súa á galeguista con xente como Ceferino Díaz e, quizais en menor medida, o BNG, que está máis identificado coa esquerda nacionalista. Eu teño falado con todas as forzas desa tendencia, como Converxencia S.XXI que acaba de xurdir, como Terra Galega, como o Partido Galeguista que agora afronta un proceso de fusión con Coalición Galega e teño que dicir que algúns están un pouco verdes, nunha fase de idealismo. Outros veñen rebotados doutros sitios, estando con xente de Terra Galega vin que falaban en castelán...on teñen unha composición de lugar moi clara de por onde queren ir. E probablemente entre eles poidan acabar nun reino de taifas.



Pero esa forza tería os apoios necesarios para comezar a andar, ou sexa, tería apoio do empresariado?

Creo que hai grandes empresarios do país dispostos a apoiar e financiar unha proposta galeguista moderada, dende o liberalismo á socialdemocracia.



Que diría na actualidade da figura de Manuel Fraga?

A min dende moi neno educáronme no respecto a Manuel Fraga. Meu pai tivo un cambio na súa vida; dende que caeu en desgraza, nunca volveu ser o mesmo. Con todo o cabreo que podía ter con Manuel Fraga con todo o que pasou, ata o último día da súa vida quixo a Manuel Fraga como se fose o seu pai, cuestión que eu nunca entendín e que cada día entendo menos. Educáronme no respecto a Fraga pero Fraga ten que estar á altura da súa lenda.



Antes de falecer, o seu pai dixo que sería deputado nas seguintes eleccións. Referíase dentro do PP ou tiña na cabeza outra forza?

Meu pai sempre dicía unha frase, porque sempre falaba de posibilidades, máis en momentos de cabreo, e aseguraba que mentres vivira Manuel Fraga –ao final Fraga segue aí– pero que mentres vivise Fraga nunca o traizoaría. Polo tanto, seguramente se refería ao PP. O que pasase despois é unha quimera, seguramente eu teño a resposta pero imos deixalo aí.



Agora existe unha moi importante mobilización social a prol do idioma galego, eido onde vostede é claramente visible, o que lle ten enfrontado a certos sectores do partido no que milita.

O Goberno galego está sometido a presións de grupos antigalegos monolingüistas disfrazados de liberdade. Feijóo é moi intelixente e nomeou un secretario de Política Lingüística cun currículo moi axeitado para facer outro decreto do galego. Eu non creo na imposición do galego da que acusaban o bipartito. Como me dixo unha vez Anxo Quintana, o bipartito non quere impoñer, senón poñer. Quedeime con ese axioma e creo que é absolutamente certo. Dentro do PP hai xente de todo perfil, disposta a defender o galego chegado o caso e xente, algunhas pseudoelites das cidades que consideran o galego unha lingua inferior que está ben para o folclore pero non para ser vehicular nesta sociedade.



Mantén diferenzas co Goberno galego respecto á lingua. Pero que opina da súa acción no económico, hai quen ve deixadez no I+D.

O PP defende as políticas liberais. É fundamental investir en I+D. Hai tempo falábase do modelo de Irlanda, do tigre irlandés; logo parece que todo aquilo caeu. Galicia ten unhas características moi singulares e sobre iso hai moito opinador de taberna. Hai moita xente seria para tratar iso, e hai moita desa xente que non está na Xunta pero debería colaborar.



Non hai desa xente seria na Xunta?

Feijóo tivo a intelixencia de facer un gabinete de perfil técnico, para así non ter os problemas doutras épocas, o único conselleiro de perfil político é Alfonso Rueda. E logo todo o mundo sabe que as grandes mentes deste país teñen unhas retribucións que como conselleiros non poden recibir. Polo tanto, é unha evidencia que hai moito plan B. Talvez por aí vén o problema.



Falar con vostede é ver a un político.

Eu por desgraza teño o xene político. Animal político, no mellor sentido do termo, pois creo que son, pero estou moi cómodo porque sei ata que punto é complicado enfrontarse aos poderes fácticos, como vivín na miña casa e non baixar a cabeza. Polo tanto o que me di a cabeza, máis que o corazón, é seguir como estou. Non o sei, a vida vaite poñendo en situacións, coñezo a servidume da política, sei o que costa ter unha posición coherente, como por exemplo fago co galego en medio de tantas presións de grupos antigalegos, sei demasiadas cousas como para dar agora un paso que non me apetece, pero quizais dentro dun ano tedes a xentileza de invitarme de novo e estou metido nalgunha liada destas.



Pero sería dentro do PPdeG, reformulado este en clave galeguista, ou nunha cuarta forza?

A min gustaríame que o PP cumprise o que está nos seus estatutos, que é ser unha forza galeguista. E se a evolución é para outro lado, pois determinadas persoas tomarán outros vieiros, ou non. Pero a min úneme unha relación especial co PPdeG e con moitas persoas nas que confío. Pero tamén teño que dicir que me separa dende o punto de vista ideolóxico moito doutras persoas. Normalmente isto último cálase, pero eu prefiro dicilo.



Como é a súa relación actual con outro referente galeguista do PP como Xesús Palmou?

Téñolle un gran cariño a Xesús Palmou e á súa familia, é unha desas persoas que non entendo que non estean na primeira liña, sei que moita xente intentou intoxicar a relación entre a familia Palmou e a familia Cuiña e sei que unha vez felizmente superados eses problemas, só podo falar ben, moi ben, de Xesús Palmou.



Como valora os catro anos de Goberno bipartito PSOE-BNG?

Creo que no bipartito fallou a comunicación, fallou a transmisión de dous­ gobernos, algo que en gran medida era certo, parece que os conselleiros do PSOE só despachaban con Touriño e os do BNG con Quintana; non había coordinación e iso ao final transmítese á sociedade. Na campaña, cando vin falar ao PSdeG de que estaban en contra da imposición lingüística, ese día, ademais de algunha enquisa interna do PPdeG, deime de conta de que podían perder as eleccións. E evidentemente así foi. Pero o Goberno actual debe aproveitar as medidas positivas do bipartito, non sería entendible o contrario por simple liorta política.



Hai quen di que é o seu desexo, que el nega, pero en todo caso fálase moito de que futuro de Feijóo pasa por Madrid.

Eu creo que o posto máis importante ao que pode chegar un político en Galicia é a presidencia da Xunta e aí é onde está Feijóo. Eu non estou na súa cabeza, pero tamén estou seguro de que un político da súa valía faríao moi ben en Madrid. Pero eu prefiro ser presidente deste país a ser ministro ou presidente do Estado. Será que eu son un nacionalista moderado.



Nese sentido, que opinión lle merece o asunto das caixas e o seu futuro?

As caixas teñen que manter a súa condición de galegas, iso está claro. Non se lle dá moito mérito ao que teñen feito as dúas caixas en Galicia, coa obra social, coa potenciación ao empresariado, o que é Galicia hoxe en día e froito do que fixeron as caixas. Haberá que ver cal é a situación real de ambas as dúas, é curioso que a do norte queira a fusión e a do sur, non. Aí ten que haber un liderado político e parece que o presidente da Xunta está por esa labor. Pero en ningún caso deben perder a súa galeguidade.



Que pensa da parálise da reforma do Estatuto galego mentres outras comunidades avanzan con novos textos e da definición a incluír nel?

Eu creo que Galicia necesita un novo Estatuto, adaptado aos tempos nos que vivimos, que non son os oitenta. Falando cun alto dirixente político, en todos os conceptos, como Alfonso Rueda dicíame que non era unha prioridade. Pero eu penso que se hai outros pobos do Estado con estatutos, Galicia non pode quedar nunca por debaixo do nivel competencial deses pobos. Os cidadáns non entenderían que o noso Estatuto quedara por debaixo do de Cataluña. Logo está o do preámbulo, no que a algúns lles preocupa que Galicia sexa definida como unha nación. A min non só non me preocupa, senón que creo que Galicia é unha nación dentro do Estado español. Pero moita xente do PP está en contra desa definición.



É duro ou difícil para vostede pertencer a este PP?

Pertencer a este PP non é duro, pero ás veces non é coherente. Pero a traxectoria do PP non é liñal senón que ten derivadas e eu talvez estou agora nunha derivada que antes era central.

http://www.xornal.com/artigo/2009/11/22/politica/non-entendo-meu-pai-quixera-fraga-familiar-ata-final/2009112200345170047.html


NO PPdG AINDA HAI XENTE BOA...


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: NO PPDG AINDA HAI XENTE BOA...22-11-2009
Rafael Cuiña: “Os actuais líderes de PSdeG e Bloque parecen de transición”
“Non podo entender que xente do nivel de Anxo Quintana estea apartada”R. S. | Actualizado 22/11/2009 - 00:52 h. COMPARTIR NOTICIA: 0 Comentarios 10 voto/s Vota Como valora a situación actual do BNG?

Penso que o BNG está no seu peor momento da historia, nunha transición cara non sei onde. E hai cousas que non entendo. Eu teño unha especial querenza por Anxo Quintana, creo que debería ser un dos tótems da política galega. Non entendo que xente do seu nivel estea apartada da política mentres outros máis mediocres, apoiados por grandes movementos de base, ocupan poltronas que non están preparados para asumir. E algunha crítica cariñosa chegoume dende dirixentes do PP porque sempre falo ben de Anxo Quintana, pero falo ben de Anxo Quintana porque a min interésame este país. Por exemplo, de Pachi Vázquez teño unha boa opinión persoal, teño outra política pero ten o meu modesto respecto. Pero creo que Galicia non se pode permitir o luxo de prescindir de xente como Xosé Manuel Beiras, Emilio Pérez Touriño ou Anxo Quintana. O nivel da política galega está moi baixo para que estes estean fóra dunha primeira liña na que están outros menos capacitados.



Cara onde pensa que vai ir a corrente Máis BNG?

Máis BNG é un proxecto moi interesante, nel está a xente que eu considero máis valiosa do BNG, como Carlos Aymerich, Teresa Táboas, Xoán Antón Pérez-Lema e Anxo Quintana. E a min gustaríame que fose un partido independente do BNG, porque a socialdemocracia que defende esta corrente ten pouco que ver co movemento marxista dominante da UPG. Se iso vai pasar? Están por ver as derivadas que poidan xurdir dos resultados das próximas citas electorais.



Nesa liña, ten unha opinión formada de como está funcionando a oposición á Xunta en conxunto?

Os dous líderes da oposición parecen de transición. De Pachi Vázquez teño unha boa impresión persoal e a Guillerme Vázquez non o coñezo de nada, pero o BNG creo que non sabe cara onde vai e o PSdeG está esperando a chegada do Mesías, que sería José Blanco, que teño que dicir que é o mellor que lle pasou a Galicia en moitos anos. Teño un gran concepto de Blanco e do que está a facer por Galicia en Fomento.



É consciente que este tipo de declaracións poden ser moi críticadas.

Eu non intento enfrontarme a ninguén. Sei que hai sectores dentro do PP que me chaman fascista por defender a lingua galega, o cal non estou disposto a deixar de facer. O que máis me importa a min é Galicia, poñer o meu pequeno gran de area para facer país. Xa sei que parece a declaración dun político ao uso, pero é totalmente certa.
NO PPdG AINDA HAI XENTE BOA...
RE: NO PPDG AINDA HAI XENTE BOA...22-11-2009
Sinceramente ESPECTACULAR
Andres
RE: NO PPDG AINDA HAI XENTE BOA...23-11-2009
Ohhhhhhhhhhhhh!!!!!!!!!!
Ahhhhhhhhhh!!!!!
máis blablablablablablablablablabla....
de tal pau...
RE: NO PPDG AINDA HAI XENTE BOA...23-11-2009
estou dacordo , o problema , e que estamos resaltando a un crítico co partido popular, e se observaramos para adentro veríamos que os críticos do BNG , ¿que se lle fai?
alabanza
RE: NO PPDG AINDA HAI XENTE BOA...23-11-2009
¿Por qué crees que habería que facerlles algo?, ¿Qué lles farias ti?
Señor ou señora ALABANZA, recórdasme a Camps, alias "El Curilla", que soio fai uns días que falou de camionetas, cunetas, paseíllos e terminoloxía diversa que nos recordou a todos o que facían os vosos abós fai 70 anos.
¡Menuda mala hostia que te gastas!
Tira-Puxa
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados