Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
Concellos
Indispensables
Donde ...
Guia
O APARCADOIRO DA PISCINA, PABELLóN, HOTEL16-11-2009
Esta denuncia vai para o responsable municipal de turno.
Está claro clarísimo que fan falla mais sitios onde aparcar. Non se poden xuntar unha piscina/ximnasio un pabellón deportivo é un Hotel e non prever sitios dabondo onde deixar os coches/motos..... E xa non digo nada sobre as bicicletas Será tan dificil ter un minimo de sensibilidade deportiva-ambiental e por un aparcadoiro para as bicicletas o carón dunhas instalacións deportivas.
QUEREMOS UN APARCADOIRO PARA AS BICIS...Sr Alcalde/concellal
REMO 88


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: O APARCADOIRO DA PISCINA, PABELLóN, HOTEL16-11-2009
que visio tedes en moaña ,en aldan o lado da miña casa teño,un supermercado,unha macro panaderia,unha libreria,estanco,perruqueria,bar,taller de soldadura.cando teño que entrar ou sair da casa teño que pedir que me saquen o camion ou coche de turno ,teño liñas amarelas que ningen as respeta,e a grua municipal aqui non chega. respeto a moaña estou chea de oir criticas absurdas cando nestes intres e o mellor pobo do morrazo con diferencia
moañesa de corazon
RE: O APARCADOIRO DA PISCINA, PABELLóN, HOTEL16-11-2009
Evidentemente, entra dentro dos dereitos dos cidadáns esixir aos que xestionan as institucións públicas unha maior eficacia no seu labor. O problema, penso eu, é cando un comeza a distorsionar a realidade e a dar por feitas moitas cousas. Quero dicir que non hai máis que botar un pouquiño a vista cara a atrás para ver como estaba Moaña, carallo, que pouca memoria tendes. Uns por peperos empredernidos e outros por autómatas hipersensibles non parades de buscar onde non hai (ou cando menos onde non hai tanto). Abride os ollos e pechade a boca...
in silence
RE: O APARCADOIRO DA PISCINA, PABELLóN, HOTEL16-11-2009
A ver si se me entende.
Non é unha cuestión de hipersensibilidade, e sobre todo non é unha cuestión política. é cuestión de racionalidade e de aproveitar o que temos o mellor posible. (sabedes o custo de facer catro ferros para que se poida ir en bici as instalacións deportivas).
Despois virán as multas por aparcar enriba dun paso de cebra que ninguen utiliza (as portas do pabellón están permanentemente pechadas cun candado) ou aparcar no sitio reservado os minusvalidos(que en ese sitio son bastantes) ou multas por o que sexa. [O concello está moi sensible co tema das multas (hasta multan saltandose a toreira o reglamente general de circulación)...Canto máis con razón.
Penso que é positivo sacar a luz as fallas que poidan ter as instalación e porlle remedio...Sobor de todo si o custe é irrisorio como pode ser un aparcadoiro para as bicis
REMO 88
RE: O APARCADOIRO DA PISCINA, PABELLóN, HOTEL16-11-2009
Home, o lugar penso que debe ser outro en canto a "denuncia", no concello podese facer solicitudes ou demandas, e por correo electrónico tamén. Constame que algúns concelleiro responde, e con moita amabilidade.
Penso que é certo que se debe ir mellorando o tema das bicis, non so na piscina, senon en pabillóns, bibliotecas, colexios...
Pero o que hai é exceso de coches, e vou decir por qué.
1º- Os veciños do rosal, teñen plaza de parking nos seus edificios, sen embargo deixan os coches fora, s efosen un pouco mais sensibles non farían isto e deixarían o aparcamento en superficie para os negocios e servizos da zona.

2º. Considerase que o número de aparcamentos debe contarse cun radio de 500 metros, e penso que dentro dese radio hai moitas plazas de aparcamento, iso si,moitas veces saturadas, pero hai que ter en conta que non s epode aparcar sempre a 20 metros, outras veces aparcase a 300 e non pasa nada por camiñar un pouco. Antes si quenon habia plazas , nin estab aregulado o parcamento. Gustaríame que alguén contase o número de plazas dende o concello ata a piscina e as ruas do rosal.

3º. Xa para rematar, de paso que moitas veces pedimos plazs de aparcamento, tamén hai que suxerir como facelas, porque eu nesa zona penso que está todo mais ca aprobeitado, a non ser que se fagan nos tellados dos edificios, hai aparcamentos subterraneso nos edificios, aparcamemnto regulado en superficie, e non lle vexo moito espacio mais. Coa oferta de aparcamento que hai en superficie ningunha empresa se arriscaría afacer un aparcamenmto subterraneo debaixo das rúas.

Pero o das bicis sería boa idea, e solucionaría en parte o dos coches.
BH
RE: O APARCADOIRO DA PISCINA, PABELLóN, HOTEL16-11-2009
Completamente de acordo con BH (aínda que eu son de Orbea), pero esta denuncia ven ó pelo porque soio fai unha semana que imos á piscina e xa falamos de un pequeno aparcadoiro para bicis. Nada complicado, un simple tubo en espiral valería. ¿E os sitio?, pois na nosa opinión, cremos que na parte de abaixo, no Paseo do Poeta Manuel María, a carón das escaleiras estaría ben, non molestaría a ninguén i estaría á vista dos que están no ximnasio. Iso si, habería que “sacrificar” un pouco de céspede, nada do outro mundo.
E con respecto ás plazas de aparcamento para coches…xa BH, penso que con moita sensatez, dixo todo o que hai que decir.
Tira-Puxa
RE: O APARCADOIRO DA PISCINA, PABELLóN, HOTEL16-11-2009
estou dacordo coa denuncia, o que non acabo de entender e que bh , che comente que este non é sitio adecuado para esto...esta de broma? ou queri decir que "si vas polo concello . e.tc..etc..",
non sei, pero veume un certo aire dictatorial, ou sexa a pegacarteles do alcalde. Andan o seu traballo diario por estes lares e todo que non sexa do seu agrado tentan deconectalo....
"Aparcamento para as bicis " , eso é o que ten que anotar o pegacarteles , e irl a decirllo o alcalde oua victor etc.etc.e que o fagan..

ciclista
RE: O APARCADOIRO DA PISCINA, PABELLóN, HOTEL16-11-2009
A min pareceme moi ben, os aparcamentos para as bicis, pero eu con tres fillos vou ter que mercar un tanden moi grande....
e o peor de todo e que seguen sen corrixir os prezos para a familias como a miña, nesta preciosa piscina .Un atraco.
familia numerosa
RE: O APARCADOIRO DA PISCINA, PABELLóN, HOTEL16-11-2009
hombre, esta claro que es una zona deportiva muy importante y que por lo tanto necesita mas plazas de aparcamiento, pero tambien es cierto que en las inmediaciones hay muchisimas plazas, pero claro estas ya no estan en la puerta de la piscina o del pabellon y hay que andar un poco, pero si aparcas donde los institutos, por el paseo te pones en un plis en la puerta de la piscina.

En cuanto a lo de las plazas de minusvalidos, esta visto que si no las hai ahi, no los habra en ningun sitio, pues a parte del pabellon y de la piscina, hay un centro de dia, AFAMO y tambien esta la casa de la mocidade y el hotel, por lo tanto es normal que haya plazas de aparcamiento.

Es normal que haya fallos y defectos, pero yo creo que en planeamiento y planificacion de las calles paseos y de los aparcamientos, esta claro que esta a años luz de cangas, que es un desastre.

un saludo!
vecino
RE: O APARCADOIRO DA PISCINA, PABELLóN, HOTEL17-11-2009

A ver ciclista, podias aproveitar e sacar outro fio que nos levara outra vez o campo de futbol, je je como se che mira o plumeiro, que magoa que non se che ocurrira a tí o tema, pero non te preocupes ome si queres podes entretenerte por exemplo preguntandolle a teu pai porque cando era concellal votou en contra de gastar nin un peso no campo de futbol.
Retorsido
RE: O APARCADOIRO DA PISCINA, PABELLóN, HOTEL17-11-2009
BH...Esta sección do foro chámase "denuncia aquí" por eso empezo así o escrito.
Non sabía que habia unha sección para deixar as queixas (tomo nota) e sí efectivamente, polo menos un concellal si que responde, e ademais faino axiña e moi ben (por experiencia propia) e o Sr. Concellal de medio ambiente: Daniel rodas.
Unha suxerencia de como facer un aparcadoiro amplo é suficiente pode ser facelo nas fincas que hai a continuación do pabellón (haberá que expropiar claro) mira no Google maps.
Vecino...Son consciente da existencia do centro de disminuidos físicos.

Vou a mandar un correo o concello pedindo un aparcadoiro acorde coas instalacións (inaudito hoxe en día que se fagan estas infraestructuras sin contar cun aparcadoiro acorde) É sobre todo que nos poñan un aparcadoiro para por as bicis (isto si que é inaudito..Por catro patacos vamos en contra do medio ambiente e da saturacíon do tráfico no pobo) xa se sabe. Vida sana, deporte...... E o que queira que o faga tamén.
Xa atopei como: vamos a páxina do concello: Concello de Moaña" Na izquierda da páxina entramos en partcipación cidadá e despois en queixas e suxestións e ahí xa deixamos constancia da nosa queixa
REMO 88
RE: O APARCADOIRO DA PISCINA, PABELLóN, HOTEL17-11-2009
Nas próximas semanas instalaranse aparcadoiros para arredor de cincuenta bicicletas, unha parte (pequena) frente á piscina e outra maior no Paseo de Manuel María (frente ao ximnasio da piscina). Foi idea do xerente da piscina, que está en todo. Para os coches: mentras non haxa outra solución, recordar que a rúa do Unicornio (frente ao IES As Barxas) ten aparcamento para máis de 70 coches... e solo está a tres minutos da piscina. Para os que despois botan hora e media dando pedales no ximnasio non debe de ser un gran esfozo, digo eu. A disfrutar, que outros queren e non poden. O Concello pensa en ti.
INFORMADO
RE: O APARCADOIRO DA PISCINA, PABELLóN, HOTEL17-11-2009
A ver si é verdade..... Quedamos a espera.

REMO 88
RE: O APARCADOIRO DA PISCINA, PABELLóN, HOTEL17-11-2009
Gracias Informado, ós que nos gustan as bicicletas estamos de noraboa, ¡nada menos que 50 plazas para bicicletas!, o problema sigue sendo para os malpocados donos dos coches, que ainda non se sabe nada da rede de funiculares, tranvías, metro, ou similar que una a Piscina cos aparcamentos dos alrededores.
¡E que ter que andar 3 minutos a pe, róncalle un "juevo"!
Tira-Puxa
RE: O APARCADOIRO DA PISCINA, PABELLóN, HOTEL17-11-2009
Igual non se me entendeu, digo que este non é o foro para dirixirse a un alcalde ou concellal, non que aquí non s epoida denunciar o que sexa preciso.
Se tes unha denuncia sobre aparcamentos e mobilidade terás que facerlla chegar a persoa responsable, a concelleira Teresa Suarez ou ó alcalde MIllán en tal caso, pero se te dirixes a eles a traves dun foro... non existen garantías de que se enteren. Digo eu.

En canto os que falades de pegacarteis... non vou entrar en paparruchadas, porque os únicos que vin polas rúas pegando carteis non eran precisamente do partido político do alcalde, e as pintadas que se poden ler nalgúns lugares tampouco creo eu que sexan obra do partido do alcalde, así que deixadevos de caralladas e respetade un pouco a xente normal.
BH
RE: O APARCADOIRO DA PISCINA, PABELLóN, HOTEL17-11-2009
De verdade puxeronlle rúa do Unicornio o lado do IES As Barxas??? jaja, pero quen foi lumbreras que lle puso ese nome...?? cando menos xordo, Ou sexa que en vez de Ollicorno,puxeronlle Unicornio, joer flipo.
lois
RE: O APARCADOIRO DA PISCINA, PABELLóN, HOTEL17-11-2009
Ollocorne. Ese era o nome popular que aparecía nas escrituras e cupos. É unha deformación da palabra "unicornio", debido probablemente a unha figura inscrita na fonte do Pazo, na subida das Abilleiras. Seguramente fora máis acertado poñerlle o nome popular, pero o Pleno do Concello decidiu darlle o nome culto. ¿Que máis dá? O triste é que ningúen se acorde de por que se lle dou ese nome e que a fonte estea cerrada e chea de malas herbas.
INFORMADO
RE: O APARCADOIRO DA PISCINA, PABELLóN, HOTEL18-11-2009
BH.... Claro que entendo o que dis...soio que non me gusta queixarme así en xeral, gústame persoalizar, e ademáis este foro fai de megafono ou caixa de resonancia. (si non son eles, algún dos que lle pululan o rededor enteranse) Ou como mal menor construese opinión na xente, que no fondo é do que se trata (si non se pode amañar directamente o asunto.
De todolos xeitos, estou contigo que o primeiro e máis correcto sería usar o apartado que para tal fín ten a páxina web do concello (Cousa que ata abrir este post descoñecia....Mira tí por donde algo xa saquei en limpo)
Un saúdo
REMO 88
RE: O APARCADOIRO DA PISCINA, PABELLóN, HOTEL18-11-2009
En primer lugar os ciudadans temos todo o dereito do mundo a facer criticas e si poden que sexan constructivas.
Non e mala a idea de aparcamento para bicis. Deixar xa de decir sempre o mesmo de " como estaba moaña ". Moaña esta creciendo e mellorando porque e normal o malo seria que non crecera.
Eu non discuto que hay moitas cousas que estan ben feitas pero quedome coa pregunta de se pode facer mais ? Na miña opinion si xa que o que eu vexo e que estanse centrando en buscar problemas.
O mais lamentable de todo e que as obras que se fan non se controlan ni vigilan.Vou poñer varios exemplos :
campo de futbol = acceso os baños para minusvalidos
campos keniata = non se pode xogar de noite porque as luces non teñen ptencia e estan mal reguladas
carretera de baixada o muelle = asfaltaron a semana pasada e se pasas co coche vas botando
E asi se poderian seguir con mais obras realizadas.
Fernando
RE: O APARCADOIRO DA PISCINA, PABELLóN, HOTEL18-11-2009
Moaña está crecendo, crece sola, como as margaritas na primavera.Incluso cando hai crisis Moaña crece sola, como unha rapaciña bonita que diría Xil Ríos... Pero eses malvados políticos inútiles non vigilan a máquina do asfalto e os coches bailan enriba do firme -¡ai dame o teu amore!-, olvidáronse de plantar os aparcamentos para bicis no medio do cesped, non mediron os postes do alumbrado nos campos de fútbol 7. Se non fora por eles, a grada do campo de fútbol estaría no oeste e a piscina sería máis barata. É unha lástima que estes inútiles políticos non deixaran medrar sola a meniña bonita á que lle nacían sola campos de fútbol, piscinas, asfaltados, xardíns, paseos, aceras anchas, árbores. Que monitoooo isto de que Moaña crece sola... como crecía hai oito anos. (Cántese con música de José Luis Perales).
LUISA FERNANDA
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados