Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
Concellos
Indispensables
Donde ...
Guia
MANI E CONCERTO SOLIDARIO12-11-2009
Haz click para ampliar Tendo en conta tódalas agresións que estanse a realizar nas rías galegas (como pode ser: recheos no mar para portos deportivos elitistas coma no caso de Massó en Cangas, peiraos, chan industrial enriba da ría, silos para almacenaxe, destrución de dunas e praias… a rede de colectivos “A Ría Non Se Vende”, convoca unha MANIFESTACIÓN para o día 14 de Novembro en Vigo, as 19:00 h. e con saída dende a PRAZA DOS CABALOS ate a autoridade portuaria.

O remate da manifestación, o acto culmina cun CONCERTO SOLIDARIO a favor da rede. O concerto será na SALA FARÁNDULA (Churruca) a partir das 23:00 h.

Neste concerto poderemos ver os seguintes grupos:

- Labregos do tempo dos Sputnicks :Leo e Aremeghona + García Mc (membro do colectivo Dios Ke Te Crew). Hip-Hop e alternativo.

- Mor Pasteff. Mestura Africana de Percusión e Afrobeat

- Celebration Sound: Novo sound system afincado en Porto (Portugal). Mais coñecidos anteriormente como “Portal do Reggae Sound”. Selecta Xibata, Aerosoul, Toga e Princess Zamii.

- Selectah in Helicopta Sistema de Son, acompañados por: Gendbeat (beatbox/ragga) + Aliv Vila (reggae/rap) + Aligator (Raggamufin dende France) + Bolinghiman (Reggae).

- O colectivo BerraBatuka amenizará o evento.

As entradas anticipadas estarán a venda na cabeceira da manifestación a un prezo de 3€ e en taquilla a 4€.

É moi importante a asistencia e máxima difusión de este tipo de eventos, xa que neste tipo de mobilizacións e onde se chega realmente a conseguir a paralización de obras e proxectos que van contra o noso medio.

Dende ARÍANONSEVENDE animamos a tod@s a colaborar e acercarse o sábado a manifestación e o concerto.

E a nosa solidaridade co Festival Furtivo.
>> Ampliar datos ARÍANONSEVENDE


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: MANI E CONCERTO SOLIDARIO12-11-2009
iran a esa manifestacion os de BNG?
jamakuko
RE: MANI E CONCERTO SOLIDARIO12-11-2009
Ja! si claro hombre que ellos están en contra del puerto deportivo y de todos los rellenos (menos dos recheos financeiros no seu partido e nos seus petos)
Hipócritas beneways
NON MÁIS RECHEOS NA RÍA
RE: MANI E CONCERTO SOLIDARIO13-11-2009
Mellor que non veñan, non quixera rompe-lo pau da bandeira ghallegha...
Mencer Vermello
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados