Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
Concellos
Indispensables
Donde ...
Guia
A XUNTA NON VAI REDUCIR O BILLETE DO BARCO...12-11-2009
Segundo o Faro de Vigo, así de claro o deixou onte nunhas xornadas en Vigo o D.Xeral de Mobilidade: A Xunta non vai subvencionar o billete do barco porque sería unha discriminación a outros medios de transportes (..MOMBUS?..) ou a os usuarios doutros Concellos...
Pero, en que quedamos? Non dí Fervenza un día si e outro tamén que a culpa de non reducir o prezo é dos alcaldes de Moaña e Cangas e que na Xunta teñen diñeiro abondo para facelo?
Quen mente aquí?
A Plataforma debería dicir algo...
navegante


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: A XUNTA NON VAI REDUCIR O BILLETE DO BARCO...12-11-2009

En que quedamos, pepiño o ferrol non diso nada dos billetes nin da estacion maritima cerrada él e o encargado de REPARTIR PPIRULETAS.
Retorsido
RE: A XUNTA NON VAI REDUCIR O BILLETE DO BARCO...12-11-2009
Eu o que non entendo é por que veñen en barco a MOaña e despois van cagando no cacho. A estación segue sen abrir, e o barco segue sendo caro. O que pasa aquí é que Fervi fala antes de que lle den permiso, e o home ten voluntá, pero quen manda non, e así imos ver como mentras un pimpim anuncia pinta o parvo A xunta real, vai desmentindo.
POr outra banda, xa é de chiste que Fervi defenda no concello que hai que buscar solucións a situación económica e despois lle pida que sexa o concello quen subvencione o barco, cando o concello non ten competencias sobre o transporte e debería ser a Xunta e a consellería quen o asumisen integramente. Son estas paradoxas, parece que ainda non se deu conta de que xa está a gobernar el, e segue co chip posto de que goberna o soe para seguir decindo tonterías e perdendo tempo.
En fin, agora entra tamén no lio MONBUS, os seu amigos, que claro, queren tarta tamen, ent´´on non poden discriminar, e así pagamos todos, e xa veremos canto lle aguantan os barcos.
Carga a un costado
RE: A XUNTA NON VAI REDUCIR O BILLETE DO BARCO...12-11-2009
PLATAFORMA POLA DEFENSA
DO TRANSPORTE PUBLICO E
DA RIA DE VIGO

A XUNTA NON REBAIXARA O PREZO DO BILLETE:
O MONOPOLIO DE TRANSPORTE POR ESTRADA IMPON A SUA LEI.
Así de claro deixouno o D. Xral. de Mobilidade, onte, nas “Xornadas da mobilidade na area metropolitana” que se celebran en Vigo ante a pregunta feita polos representantes da Plataforma.
Os temores da Plataforma se confirman. As dilacións inexplicables, as desaparicións de partidas orzamentarias, as contradiccións do Conselleiro, a cortina de fume da”presunta”negativa de colaboración dos Alcaldes e, por fin, a verdade:
As presións de MOMBUS na nova Xunta botan abaixo o protocolo e o convenio de subvención do billete do transporte de ría.
Na semana en que a Xunta acorda co sector a prórroga de 10 anos nas concesións do transporte por estrada (que o bipartito tiña conxeladas) e cando se dedican máis de 20 millóns de euros para subvencionar este tipo de transporte, confirmase oficialmente que non se vai reducir o billete para os milleiros de usuarios..
De nada parecen servir os protocolos asinados nin os compromisos asumidos publicamente: Non haberá reducción do billete e na recuperación da caracter público do transporte de ría “vaise a ir con calma”. Esta e a aposta do Goberno actual.
Nesta loita de intereses a Plataforma entende que teñen que prevalecer os dos usuarios e un transporte alternativo e non contaminante fronte as compañías privadas de transporte por estrada e as multinacionais que precisan facer negocio cas grandes infraestructuras que estragan o noso medio.
Ante o silencio da Delegada Territorial, a quen lle temos pedida dende fai semanas unha entrevista, a Plataforma vaise dirixir nos vindeiros días a todos os grupos parlamentares cunha emenda os presupostos de Galicia na que se recolla a partida correspondente a subvención do billete, que figuraba xa no ano 2009, co seu correspondente desglose plurianual ata o 2013. E a partir de aí, verémonos na rúa.
FERVENZA, PROTAGONISTA VOLUNTARIO
O deputado autonómico Sr. Fervenza e cabeza do PP en Moaña ten asumido un papel protagonista fronte esta loita dos usuarios tratando de facer capital político persoal neste asunto. E nestes intres a Plataforma está lexitimada para pedirlle explicacións.
Nesta mesma semana trouxo a Moaña a unha comitiva de deputados do PP para gabarse do transporte de ría e afirmar publicamente, que sobran cartos na Xunta para o billete e que a culpa a teñen os alcaldes de Moaña e Cangas por non asinar o convenio.
Por qué minte o Sr. Fervenza? Apropiouse do traballo da Plataforma na defensa do barco e a prol da rebaixa do prezo do billete e agora non é quen de admitir que é cómplice do engano ós usuarios perpretado dende a Consellería coa conivencia de Mombus.
Imos darlle a oportunidade de facer algo máis que repartir piruletas na defensa do transporte de ría e que se faga, de paso, outra foto co Conselleiro de quenda para o seu álbum familiar: que apoie a emenda que nos vindeiros días vai recibir para que nos orzamentos se recolla o compromiso que, el e o seu partido, teñen co Morrazo.

O Morrazo, 12 novembro 2009.

Grupo de traballo da Plataforma: Federación AAVV A Chamusca (Moaña), Federación de AAVV Eduardo Chao (Vigo), Federación de AAVV de Cangas, Plataforma de Defensa da Ría de Vigo, CIG e Usuario/as do transporte de ría.

PLATAFORMA
RE: A XUNTA NON VAI REDUCIR O BILLETE DO BARCO...13-11-2009
Eu son partidaria de non subvencionar a todo quisqui como se está a facer, pero paréceme unha chorrada a escusa da discriminación posto que primeiro: Monbus ten o monopolio do transporte no Morrazo e segundo porque a eles xa os favorecei u goberno Fraga (o raulito era moi amijete de don manuel). Ademais o transporte do barco ten a singularidade de ser algo especial, turístico, rápido, antiatascos, pouco contaminante etc, e por iso merece unha axuda especial para o seu mantemento. Debían facer máis bonos, máis enlaces autobus barco (acordos entre monbus, nabia e vitrasa)
Moañesa
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados