Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
public policy essays
Indispensables
Donde ...
Guia
O CAMPO É MUNICIPAL!!!08-11-2009
O CAMPO É MUNICIPAL!!
Por tanto as chaves tenas que ter O Concello.

A PISCINA É MUNICIPAL!!!
Por tanto as chaves as ten... ¡¡Aqualia!!

Eh?? Pero non tiña que telas O Concello?

Ai, ai, ai, ai, ai.
Canta incongruencia entre discurso e feitos.
Canta mentira para acceder a mandar
Canta vergoña sentimos a xente de esquerdas cando vemos estes Alcadillos de 5ª, cos seus acólitos (concejales de 10ª) acomentendo, unha é outra vez, accións tan contrarias a sensibilidade, a intelixencia, o amor, o senso de esquerdas, o senso social.

P.f, deixénse de quen ter que ter as chaves e decidan:
Ou máis conxerxes...
Ou disponibilidad plena do conxerse o servicio dos usuarios...
Ou chaves para os usuarios...

Chave para os usuarios!!!
Outra institución Municipal con uso privado!!!

Pois si, esa é a realidade social do noso pobo, dos pobos que nos rodean e de case todo o mundo occidental. Necesidade de servicios competitivos, acordes o mundo actual.

É evidente que esta corporación, esta xeración actual de políticos está obsoleta para entender o mundo actual. Un mundo flexible, dinámico, divertido, legislado e educado; distinto de mentalidades lineales que non son capaces de imaxinar un mundo mellor do que os seus medos lle permiten.
Nothing


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: O CAMPO É MUNICIPAL!!!08-11-2009
un forte aplauso amigo, estou contigo. Agarto que todos leamos con atención as túas palabras e nos deixemos de tonterías e que lle deamos á vida o valor que realmente ten, e que ningún personajillo nos someta
azorra
RE: O CAMPO É MUNICIPAL!!!09-11-2009
Amigo, vaiseche a pinza un pouco. Pero mira, tes un puntiño de razón en algo.
Piscina Municipal- Chaves para acualia (Previo pago de 50 quilos, e a asunción de todos os gastos que xeneran as instalaciósn, asi como dotación de materiais e o 0,5% dos beneficios anuais duranto un periodo de 20 anos)

Eu digo que se faga o mesmo no Casal.
Chaves para o MOaña- Pago de 50 quilos, asunción dos gastos e dotacións de materiais que precisan as instalacións e o 0,5% dos ingresos durante 20 anos.

Deste xeito, xa podedes decir que tedes todo o dereito a ser os donos concesionarios das instalacións e regulalas como vos queredes, los amigos (filiales) primero y después los que vengan si es que nos caen bien. Total, eu para ir ver ó MOaña teño que pagar entrada, e mais cara ca ir un día a piscina, pero a coña é que teño que pagar duas veces, porque me cobran na entrada e ademais estoulle pagando luz, auga quente, limpeza, vixiancia e mantemento tamén, namentras que na piscina pago os tres euros e listo.(A auga quente, luz, mantemento... van incluidos nos tres euros)

Ten razón fervenza que este alcalde arruina ó concello, que mal negocia co MOaña.
Olvidarvos xa.
RE: O CAMPO É MUNICIPAL!!!09-11-2009
Amigo, cando falas de pagarlle ó Moaña entrada, luz, agua, etc... que pensas que estás falando de pagarlle a unha empresa privada como Aqualia. Como podes decir de pagar 50 kilos, e inda menos de 0,5% dos beneficios, cando hai moita xente ó longo dos anos que puxo cartos dos seus bolsillos e saben perfectamente que non os van recuperar.
Sinceramente, hai que pensar un pouquiño o que se escribe, ter respeto por toda a xente que pasou por un club que mal ou ben tentou que houbera un sitio onde ocuparse un par de horas durante tres ou catro días á semán e non estiveran facendo outro tipo de cousas menos saudables. Estamos facendo de todo isto unha película, non tedes argumentos, metéstedes a pata e si o pobo de Moaña ten un pouco de sentido común vai facer que o paguedes onde tedes que pagalo, que é nas urnas, pois estamos nunha democracia, inda que parece que xa o esquecéstedes
pepito
RE: O CAMPO É MUNICIPAL!!!09-11-2009
Eu non entendo que é o que gana Millan o non darlle as chaves, doulle voltas e non o entendo.

Ademais para que se fan os plenos, supoño que para cumprir as votación, se de catro grupos políticos tres queren darlle as chaves, que pasa que os BNG conta mais que os demais, ademais nin sequera votou en contra senon que non votou, que se abstuvo, polo tanto e que lle da igual que se aten as votacións dos demais.

Millan deixa de pintar o parvo, agacha a orella e dalle as chaves.

¿Cantos vais votos queres perder? están votando o bloque polo chan, eu penso que a mais de un do bloque estalle caindo a cara de vergonza contigo no poder.

Vaite xa home antes de que votes a moaña a unha dictadura.
gaviota
RE: O CAMPO É MUNICIPAL!!!09-11-2009

A ver si alguen autorizado me pode contestar as sueguintes preguntas:
1ª E certo que os veteranos supostos filiales do moaña pagan por sogar no campo.
2ª E certo que o moaña perdeu unha subvencion por entregar a solicitude fora de plazo.

Gracias.
Retorsido
RE: O CAMPO É MUNICIPAL!!!09-11-2009
O campo do Casal e municipal, polo que as chaves telas que ter o concello. O mesmo que nos pasa os que utilizamos o pabellón do Rosal, temos que esperar na porta a que Rocha abra o pabellón (muitos sábados tarde sen tempo de calentar antes do partido e muitas outras veces temos que chamar a municipal para que vaian a buscado a casa). Adamais os domingos e festivos temos que xogar en Domaio ou Reibón por no abrir o Rosal o axuntamento.
Se lle dan unha chave do Casal os do fútbol os que usamos os pabellóns tamen queremos chave dos mesmos, igualdade para toddos os cidadans ou senon que contraten mais conserxes e se pode ser competentes.
veciño
RE: O CAMPO É MUNICIPAL!!!09-11-2009
Os folloneros do moaña , foron o pleno co mesmo estilo de albariños , catastro , e desir o estilo pp, chuleria e bronca a falta de argumentos razonables. Mirando este panorama maldigo a hora en que apollei o campo de futbol, nunca pensei que poideran cair tan baixo. A xogada do pleno sailles ben,nostante eu como veciño que tamen paga o campo, digolle a millan que o primeiro e para que ningen se chame a engaño, tanto a directiva do moaña, fervenza, euloxio, e pastoriza,firmenun documento para repoñer do seu bolso todo o que se rompa no campo, para non ter que pagalo nos nunca mais, por que somos miles os que estamos en desacordo con todo isto, e despois que coman a chave. Por favor que non se gaste un euro mais no campo.
O can
RE: O CAMPO É MUNICIPAL!!!09-11-2009
Para Pepito.
Claro que non ten sentido o que escribín, como non o ten a denuncia comaprando a piscina e o seu uso co campo de futbol polo tema das chaves. So puxen o exemplo de que se alguen quere darlle un uso igual o campo (O CD MOaña) que faga o mesmo que Acualia ¿non?.
POr outra banda, os que decides que trabllades tanto no campo e demais, iso sería antes, agora hai conserxe e limpadora, non ten que andar a directiva con esas tarefas. A directiva tense que encargar de dirixir o equipo, e non preocuparse do campo, e se hai algunha deficiencia, entonces si que terán que protestar. Iso é o que non entendedes. ¿non se cumpren os horarios de apertura e peche do campo? ¿para que queren abrir o campo fora do horario que teñen pedido? NOn se entende.
Millán meteu a pata, pero por firmar ese convenio. NUnca se debeu firmar nada con esta xente, e o uso debería ser coma o de calquera clube municipal, piden un hrario de uso que se debe cumplir e respetar, e nada mais. Eu tamén quero un convenio deses de "uso privativo" entonces van ter que facer 20 pavillóns en MOaña.

E ademais , engadir, que s eo problema é que flatan conserxes, ou non se cumpre o horario, o que tedes que esixir é outro conserxe mais non as chaves, ahí é onde s eve cal é o interés real, adueñarse do campo para sempre e que o concello sexa simplemente o "pagafacturas" do clube.
O mesmo de antes
RE: O CAMPO É MUNICIPAL!!!09-11-2009
a ver bloqueiros: o convenio que lle dá exclusividade o C.D. Moaña fixeno e asinouno o voso lider espiritual (ALCALDE) , polo tanto agora non valen remordimentos de conciencia coa auga ,luz , limpiadora, mantenimento ,pabillons de deportes etc.etc.etc..todo eso xa está recollido no convenio...
por outra parte , parece que non acabades de entender que a votacion do pleno foi :
a favor 11 (inmo, pp,psoe)
abstencions 6 (bng)
dito esto , non se pode ir por ahi decindo que sodes miles de moañeses etc.ec...sodes no mellor dos casos unha minoría , esa é a realidade.
En todo caso se queredes non entregar as chaves, no pasa nada, queda moito tempo para seguir traballando este tema , e poñer a cada un no seu sitio , agora ben ,ollo coa PREVARICACION .

SODES UNS FACHITAS E RENCOROSOS
BNGUAIS
09-11-2009
RESULTADO VOTACION PLENARIA:

VOTOS A FAVOR: 11 (INMO, PSOE, PP)

ABSTENCIONS: 6 (BNG)

AINDA NON VOS CHEGOU?

En internet el uso INDISCRIMINADO DE MAYÚSCULAS equivale a estar gritando y se considera de mala educación.
Te agradeceríamos que enviaras tus aportaciones en minúsculas.
PENOSOS
RE: O CAMPO É MUNICIPAL!!!09-11-2009
O alcalde tenta enganar a opinion pública mezclando os pavillons ,e nada mais lonxe da realidade....¿estón porque asina un convenio exclusivo o cd. moaña , con locais de uso privativo dentro das instalacions?, Se de locais públicos fala, que lle faga o mesmo os locais veciñais etc.etc.. Que por certo dalgún non ten nin chave o concello(martinga).
Deixandonos de demagoxias , a realidade e que esto solo pasa eiqui, ¿alguen se cree que en vigo cada vez que se forma un equipo novo , teñen que rotar para deixalo xogar en travesas?por favor , este tema non ten mais que aplicar o que fan en todolos concellos , e punto , non hai nada que inventar ,, estades metidos na mentalidade atascada e non hai maneira de facervos ver que esto xa está inventado.
PENOSOS
APENADO
RE: O CAMPO É MUNICIPAL!!!09-11-2009
o alcalde vai cedendo terreo , este fin de seman os veteranos , xogaron sen problema , polo tanto está aplicando o acordado no pleno.
agora cabe preguntarse que estivo facendo ata agora o alcalde apagando luz, cortando auga , prohibir alcohol , joder as coladas).
Esperemos que esta seman lle entregue as chaves o C.D. Moaña e acabar con este rollo.
es os veteranos que?
RE: O CAMPO É MUNICIPAL!!!09-11-2009
¿coñece alguen un campo de futbol municipal que non teña chaves o propio clube?

non hai ningún,

bueno si, unha aldea (MOAÑA) poblada por irreducctibles galos resiste ahora y siempre al invasor con una pocion mágica que los hace invencibles "EL CEREBRO" ..tedes unha comedura de cerebro de carallo , cuidarse.
Asterix
RE: O CAMPO É MUNICIPAL!!!09-11-2009
preguntome eu? si despois do pleno dixo , que non ía a respetar o acordo plenario? , como deixa xogar agora os veteranos? como non corta a luz?como non identifica a quen beba alcohol na cantina? como no jode a señora da limpeza deixandoa sen colada ou a medias?
trapalleiro alcalde
RE: O CAMPO É MUNICIPAL!!!09-11-2009
Xa está, parece que agora tedes medo de que Millán volva a gañar as eleccións. Se tedes tan claro que o bloque vai quedar fora por culpa das chaves, tranquilizadevos gavotiñas. descansade e esperade. Ide repartindo concellerías e vendo que ides facer en diante. Asegurovos, que o mesmo día en que governedes habedes ter as rehivindicacións que facedes enriba. Pero agora descansade co das chaves que xa sabedes o que hai, que pesadiños, primerio que si veteranos, despois que si chaves, despois que si conserxes... vaime dar a risa alá por xuño, cando vaiades pedirlle axuda ó cabezón de Millán para pagaras débedas que ides acumular, despois será que non axuda a ruina do moaña...xa comezastes cando foi da xunqueira, e seguiredes ainda que vos desen as chaves, o campo y la virgen en verso. Pero neste foro sodes cansinos, cada dous post colgades o mesmo cos mesmos fios, xa aburre. NOn hai novidades no asunto, e agardo que non as haxa .
O mesmo
RE: O CAMPO É MUNICIPAL!!!09-11-2009
e ¿que será de Beatriz Riobó? ¿alguén sabe algo dela?, ¿ainda está como concellala de deportes?
¿e certo que ten o sindrome da avestruz?
un saúdo agradecería resposta
I LOVEYOU
RE: O CAMPO É MUNICIPAL!!!09-11-2009
Xogan os veteranos porque botaron fora o terceiro equipo con ameazas, coma os cans cando lle mexan no seu territorio, e renunciaron a xogar no Casal. Agora so quedan dous equipos, e seguen os horarios do Concello. Que pleno ni que caralladas. Que PP, INMO e PSOE vendan o seu voto non significa nada, todos teñen o mesmo interés. Non sei por qué non presentan unha moción de censura xuntos para gobernar, son todos da mesma pelaxe, e comezan a campaña electoral con tempo, iso é que moito medo teñen de non mellorar os resultados das anteriores, ou de que o BLoque gañe, a pesar das chaves.
Vaites
RE: O CAMPO É MUNICIPAL!!!09-11-2009
Para iloveyou:
Que eu sepa o outro día pareceume vela no pleno, solo se lle miraba o rabo (ou cola) , pero trouxo o pobre do home a atender calquer malentendido...e iso que tiña que madrugar , pero aguantou estoicamente ata que rematou o pleno , colleuna da man e levouna para a casiña...
chrly bromw
RE: O CAMPO É MUNICIPAL!!!09-11-2009
entón , eso quere dicir que o alcalde non manda nada eiqui ou que?, xa había horarios para todos, ou terían medo a perder o campo onde levan xogando 6 anos?
O equipo maikel abd bets ,sabe perfectamente que pode xogar en Moaña, e aforrar os cartos , e saben como teñen que vir , igual que en todolos lugares, nin mais nin menos , igual que fixeron onde estan agora, e dicir ir o campo , preguntar que horarios hai libres e solicitar o horario que mais lle conveñan dos que quedan libres .
E o concello o que tiña que facer é reconocer esta situacion , e darlle normalidade o tema igual que en todas partes, ¡pero si xa esta todo inventado¡
un saudiño
RE: O CAMPO É MUNICIPAL!!!09-11-2009
¿creedes que é normal , que cada vez que se forme un equipo , rote todolos cantos estan xogando en calquera instalacion municipal ?

isto non pasa en ningun lado , per en Moaña , querdes que suceda , e iso e inviable eiqui e en todas partes.
¿a quen lle pareceria normal que si levo ensaiando o meu grupo de baile na casa da cultura todolos sabados as 6 horas , que o formar un novo grupo , tivera que rotar con eles ou collerian o horario libres que quedan?
e evidente non?
pensemos coa cachola
RE: O CAMPO É MUNICIPAL!!!09-11-2009
Para othing.

o concello a de ter unhas chaves, por suposto , pero unha copia , e cando remate o convenio que asinache , xa veremos onde estas , pois xa falaremos.
nada de nada
RE: O CAMPO É MUNICIPAL!!!09-11-2009
Millan trapalleiro , estivese intentando botarnos fora das instalacions por todolos medios despois de levar usandoas mais de 20 anos , e agora nin te atreves a dar a cara... valentin , bety etc.etc.. sodes lamantables, nin se che ocorra tocarnos mais os güevos , ALCALDE MINORITARIO
PEQUENO GRAN HOME
RE: O CAMPO É MUNICIPAL!!!09-11-2009
O SR. AFRANIO , "AMEAZA" con non comprar lotería do Moaña ja,ja,ja , eu recomendoche que non merque cava catalan , panpano ....eres como os pperos...
entendo que ten que joder perder unha votacion sendo alcalde , iso si que ten que doer, por certo a ver si e que vai tocar e despois ainda é peor..ja,ja,ja,
pepero
RE: O CAMPO É MUNICIPAL!!!09-11-2009
MENTRES NON SE SOLUCIONE ESTE TEMA , non pararemos , digono , porque somos polo menos mais pesados co alcalde , temos paciencia , e non pararemos de meter fios ou hilillos ou o que sexa ata que esta inxustiza remate como ten que rematar. Que é, respetar a vontade da maioria de Moaña.A ver si vades a pensar que vades a ir polo mundo facendo o que vos salga dos güevos e os demais "temos que olvidarnos do tema", despois de amargarnos os fins de seman cortando auga, luz, etc.. iso pensaradelo antes amigos , que avisados estávades, con mala herba foche a dar parsa pensar no abandono do tema....antes queda un ano e pico para traballar casa a casa , amigo a amigo sobre esta e outra cuestions moi interesantes para o pobo, para que sepan a quen teñen no poder....cada un de vos ten unha historieta detras boa para empezar a desgranar lentamente....
mais agonía
RE: O CAMPO É MUNICIPAL!!!09-11-2009

Os silencios da directiva do moaña son clamorosos, espero a resposta as miñas preguntas
non quero pensar mal pero a directiva tendra que decir si esta dacordo cos insultos e ameazas que se verten neste foro denantes de que a cousa vaia a mais.
Retorsido
RE: O CAMPO É MUNICIPAL!!!09-11-2009
Para retorsido:
1º - Non é certo que os xogadores de veteranos paguen por usar as instalacions, iso é unha blasfemia con mala ostia dalgún politico "retorsido".
Os veteranos o que aportan a entidade son os beneficios da cantina e outras labores socias nas que colaboran continuamente, e por outra parte aumentase a oferta deportiva do clube , posto que cando un xogador lle chega a hora de retirarse , ten a oprtunidade de seguir ligado o clube ata que o corpo lle poida ( a maioria dos xogadores dos equipos de veteranos pasaron polas categorias inferiores e senior do Moaña)...polo tanto o valor engadido do clube e moito maior....isto xa leva sucedendo dende fai 20 anos.....
2º - En canto o da subvencion , teras que facerlle un escrito a direcctiva e preguntarllo, digo eu , si estas tan interesado.Non creo que este medio sexa o mellor para falar temas de cartos.

3º - Quen si perderon as subvencions, foron os equipos de veteranos, que dende que o BNG esta no poder , e disto xa fai uns anos ,retirou as subvencions de 300 euros que había por equipo.E imaxinome que para algún lado irian....e dicir que xa enmpezaron facendo amigos no futebol...

un saúdo
veter-ano
RE: O CAMPO É MUNICIPAL!!!09-11-2009
para retorsido:
¿que insultos? , si superas o que é , despois de 20 anos no campo municipal , que veña o politico de turno a cortar a auga , luz, joder lavadoras, non deixar traballar a limpiadora ameazar con cortar os recursos economicos da cantina...e todo iso dende a casa co telefono móvil....entón non falarías de insultos , dirias que alguen actuou sen conciencia do que estaba a facer, e o peor de todo e que non houbo quen lle dixera nada e o fixera entender que estaba actuando erroneamente, contra a vontade do pobo, sen razon e perdendo un nicho de votos que cun pouco de tacto , de seguro tiñan ganados...pero bueno , avisados desto estiveron , agora a seguir remando...ata que eles queiran...
Remero
RE: O CAMPO É MUNICIPAL!!!09-11-2009
Isto é para directiva do MOaña. Gustaríame ter mais información sobre o asunto e saber canto lle custa ó clube o aluger das instalacións e que parte do gasto corrente das mesmas asume. Pareceme inxusto por parte do alcalde que non ceda unha copia da chave se estades cumplindo e pagando os gastos das mesmas, sempre a cando as respetedes e asumades os custes de reparacións e demais desperfectos que loxicamente, sempre se producen , pero que son inevitables, para iso estan os campos. Creo que mentras cumplades a vosa parte do convenio non debe haber inconvinte.
Un saúdo.
Veciño
RE: O CAMPO É MUNICIPAL!!!09-11-2009
Me preocupa tanta replica non acorde a denuncia...
...Me nego a creer nun pobo contaminado.

...Este goberno de odio, está destrozando as relacións humanas e NON PODEMOS CONVERTIRNOS EN RENCOROSOS!!!.

"La violencia es el miedo a los ideales de los demás" - Mahatma Gandhi

Ánimo a debatir con senso, rotundidad, forza e cariño, pero tamén con opinión, creando tendencias, diferenciándose, xendo orixinal...



Nothing
RE: O CAMPO É MUNICIPAL!!!10-11-2009
Para veciño: o que tes que facer e pedirlle unha copia do convenio o alcalde , e ahi xa che ben todo moi ben reflexado, e mais debería ser publica.
parece ser que cando se colgou na rede o alcalde montou en cólera, será por algo?
palestino
RE: O CAMPO É MUNICIPAL!!!10-11-2009
¿Por qué iba a montar en cólera?, ¿por un documento público?
Non cola, mentireiro.
ccc
RE: O CAMPO É MUNICIPAL!!!10-11-2009
Pepero non disimules falangista do carallo
O SINIOR AFRANIIO
RE: O CAMPO É MUNICIPAL!!!10-11-2009
pra que quere o alcalde un campo de futbol cerrado pos paxariños ou que pero pensar pra que e o campo porfavor foisevos a olla
aldan independiente
RE: O CAMPO É MUNICIPAL!!! E ESTá ABERTO11-11-2009
Para toda esta tropa que fala e fala, que eu saiba, no casal estanse xogando todos os partidos programados, sabados e domingos. Que eu saiba, no Casal estanse levando do cabo todos os entrenamentos programados, toda a semana. Que eu saiba, no Casal estase abrindo e pechando o Campo seguindo os horarios comprometidos. Estiben falando co conserxe o día que fun ver o campo, e estaban entrenando uns rapaces con total normalidade. POlo tanto , a miña conclusión, é que toda esta montaxe neste foro é un FAROL cun fin único de desprestixiar a unha persoa, e o triste, é que ese desprestixio faise a todos os niveis, non so ó politico, senon ó personal, con insultos e provocacións. POlo tanto, quen poida demostrar que o campo está pechado todo o día "para os paxariños", que alí non deixan entrenar, que alí non deixan xogar, que o alcalde prohibe a entrada a directiva, e demais denuncias feitas neste foro, que o demostre. So se me reoñeceu que non se lle abriu ós veterando porque non tiñan autorización municipal para o uso ó principio, agora seica xa a teñen e fan uso do campo con normalidade.
Esu convencido, de que se non fos epolas chaves, o follón sería pola cor da herba. En fin, é o que hai .
Visitante
RE: O CAMPO É MUNICIPAL!!!12-11-2009
para visitante:
todo o que falas ,quedache atrasado ....no pleno quedou claro os problemas que se viven diariamente...non veñas a inventar nada agora...
e si non pensaradelo antes de cortar a auga etc..etc...

o pleno xa dictaminou , ok
local
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados